ÚLTIMA DEMOSCOPIA
Por uns vendedores de soños. Pero cansancio mais grande é o que nos produce a lideresa coas súas ocurrencias. Estou seguro co da filtración da declaración da renda foi cousa súa, pra non falar doutras cousas comprometidas para ela e de intres pros electores. Todo se pode esperar desa muller, marrulleira e intrigante
Calquera tempo pasaado foi anterior, e o presente consecuencia do pasado. O Goberno de Aznar ten o mérito de haber liquidado todalas empresas públicas produtivas; así logrou dunha atada dous obxectivos: facer caixa e facer inmensamente ricos ós amigos, adxudicándolles unhas empresas moi rendibles, por un valor menor ó real. A elo sumou a creación da burbulla inmobiliaria e os privilexios a Institucións afíns, como o privilexio rexistral da Airexa, que Zapatero non tubo agallas a modificar. Boa herdade nos deixou o sinistro personaxe.
Calquera tempo pasado foi anterior, e o presente sempre é consecuencia do pasado. O goberno de Zapatero fixo cousas ben e noutras cometeu erros de libro. Non soubo parar a burbulla inmobiliaria a tempo , pero quén para a música cando todos se están divertindo. Aí é onde un goberno demostra a visión de futuro, cando sabe parar a música no medio da festa.