A ESPAÑA DO CRECEMENTO
Hai dos xeitos de arranxar ós problemas: resolvelos, o que implica adoptar unha decisión, ou deixar que se resolvan polo paso do tempo. Rajoy procura que sexa o tempo o que resolva os problemas, nembargantes hai cousas que malia a súa indolencia son consecuencia directa dos seu actos: nomeou a Bárcenas, mantívoo no seu posto, protexeuno, deulle ánimos, aínda que agora simule non o coñecer e protexeuno fronte á xustiza permitindo que o seu partido non colaborase coa xustiza e ata destruíse probas. Fixo nomear ó seu amigo Rato presidente de Caixa Madrid, onde este paxaro rematou o traballo de saqueo que xa comezara Blesa, designado polo seu predecesor Aznar, tamén beneficiado dos sobresoldos. Mantivo no seu posto a María Dolores Cospedal, igualmente agraciada con suculentos sobresoldos da caixa B e sobre quen recae todo tipo de sospeitas de comportamentos irregulares e a certeza de ter cobrado 200.000 € dunha mordida recoñecida por ela mesma, e que agora se volatilizaron, nun contrato do axuntamento de Toledo. Nomeo a escandalosa cifra de 273 asesores,. Etc.
A trama Púnica defraudou máis de 500 millóns de euros. A rede comandada por Francisco Granados e David Maraliza que se estableceu dende o seu epicentro en Valdemoro sobre todo en máis de 40 municipios de Madrid, nesta comunidade e León, iniciou a súa actividade co auxe do sector inmobiliario en 2004, e coa crise mudou a contratos de eficiencia enerxética e desenvolvemento informático con beneficios irregulares superiores ós 500 millóns de euros. Esta cifra incrementase coas adxudicacións sanitarias e superaría ós recortes en Educación e Sanidade
Ó goberno preocúpalle a folga de futbolistas, non porque queiran manter uns insultantes privilexios, senón porque son tres días que os votantes poden pensar. A posible folga do fútbol une á clase política. Sabe Deus que poden facer os votantes sen anestesia, incluso poden darse conta da miseria na que viven
Hernández Mancha ameazou a Pepa Bueno, decindolle que o seu posto de traballo dependía de que Rajoy sequira apoiando a PRISA. Feijoo, a vista das eleccións destina 6 millóns de euros a subvencionar campañas de prensa favorable. o periodista que descubriu a Rajoy nun barcco dun narco polas rías, foi despedido, a peticiópn do PP.,Esta é unha practica habitual do PP. E logo fálannos de liberdade, de Venezuela e outras milongas
Zapatero deixou progresos sociais que son suficientes argumentos para que non selle esqueza. Étan importante o seu legado que o PP gasta esforzos sen límite en escurece-la súa figura. Pero non podera impedir que o sol salía trala noite e que a xente conserve a memoria. Non son socialista e,portanto no fago apoloxía gratuita, pero o ben feito hai que recoñecelo. Zapatero deixou unha herdanza que ben podería ter sido mellor, sendo o PSOE un partido socialdemócrata. Deixou un deficit extremadamente alto, pero deixou unha débeda do 36%. Deixou unha lei de Dependencia que o PP lla cargou. Deixou a Sanidade e a Educación en mans públicas, que logo o PP foi privatizando. Zapatero non soubo recoñecer a chegada da crise e tivo a fatal idea de chamar antipatriotas aos que a nomeasen. Meteuse en gastos, que o país non podía soportar, do que lle avisaron os seus ministros, ese foi o seu principal erro
Feijoo non goberna pro intres do pais, senón pro dos seus amigos e pra satisfacelos seus caprichos. As plantas acuícolas de Touriñán 500 postos de traballo prometidos. foron paralizadas polo goberno de Touriño, despois reactivadas por Feijóo como presidente e finalmente declaradas ilegais polo Supremo precisamente por incumprir os requisitos medioambientais necesarios. A secuencia de feitos demostra, dixo, que “foron ilegais a elaboración do plan por parte de Fraga como a decisión de Feijóo de reactivalo, e foi legal a decisión de Touriño de paralizalo por estar feito sen avaliación de impacto medioambiental”. A “broma”, dixo, supuxo o pago de 690.000 euros a Acuinor –propiedade do curmán de Álvarez Cascos- pola planta de Rinlo e 1,1 millóns á filial de Pescanova Insuíña pola de Touriñán. Caamaño lembrou que polo camiño o propio Feijóo paralizou as plantas acuícolas proxectadas en Muxía, Malpica e Camariñas polo goberno presidido polo PSdeG, que si eran legais, deixando á Costa da Morte sen Plan Acuícola. Ó fin tampouco lle pasa factura, por alí hai moitos caciques e os votantes faran o que lles digan
O sobresemento da causa Paula Prado pódese converter nun dos casos mais escuros da Xustiza.non s coñecen os motivos, nin a resolución motivada, si é que a hai. Solo se sabe que o TSXG a declarou baixo segredo e que a resolución se ditou a petición do Fiscal do caso, e que o Fiscal foi ascendido. Supoño que hai unha explicación pra isto.
A clase política española sorprende cada día cos seus privilexios de "casta". Mentres España se desangra na pobreza, millóns de fogares sen ingresos, nenos que pasan fame, fogares sen luz e sen xubilou, e un longo etc. son exemplos ofensivos pro pobo chan. Non esquezamos os fastos calefación, os nosos próceres seguen vivindo na abundancia e o saqueo de diñeiro público. O polémico deputado do PP, Rafael Hernando, o expresidente socialista Felipe González, o expresidente Aznar, o exvoceiro do PP, Eduardo Zaplana, a vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría a Presidenta da Mancha, Cospedal, o exrei xa leba 57.000klm recorridos dende que se xubilo, e vida de luxos dos príncipes da airexa é escandalosa.
Despois do fracaso colleitado nas eleccións andaluzas, o PP precisa aire pra incha-lo peito e levanta-la moral dos seus seareiros. Votaron man dunha creación de emprego temporal de semana santa. A euforia é pra autoconsumo, os ingresos á seguridade social son decepcionastes e non se corresponde, nin augura unha mellora laboral. O que si augura é creación de un mercado laboral precario, en condicións de escravitude. Ter traballo xa on é sinónimo de saír da miseria; hai unha clase socia que é a de traballadores pobres.