Parecía seguro que o PSOE presidiría a Deputación de Lugo, pero un Tamayazo, como no seu tempo en Madrid, deulle a Presidencia da Deputación ó PP. O autor dos feitos, o alcalde socialista de Becerreá, que como os maltratadores, considerouse no dereito a dispoñer de ela, e xa que non era pra si, tampouco sería pro seu deputado provincial. Non sei da relación entre ambos e si iso foi a orixe do compañeiro da Pontenova. Iso, ó menos é o que parece. O alcalde Becerreá é natural de Baralla, gobernada polo famoso alcalde do PP e asunto, ou foi o exceso de ego. Calquera que sexa o motivo, hai que recordar que ós Deputados Provinciais noméaos ó partido, e a el deben o cargo. Non hai que escudarse en leas pra xustificar unha traizón
Un recente informe elaborado por Comisións Obreiras a partir destes datos conclúe que un de cada cinco traballadores por conta allea en Galicia, o que equivale ao 20% do total, sofre pobreza laboral. «Se sumamos vos tres deciles máis baixos, temos como resultado que 245.000 persoas, ou 31%, teñen unha nómina que non alcanza vos 950 euros brutos: unha de cada tres persoas asalariadas en Galicia non chega a ser mileurista», sostén Adela Poisa, secretaria de Política Social de CC.OO. Un informe de cáritas sinala que un de cada tres nenos está en risco de exclusión. O paro e a emigración alcanzan niveis alarmantes. O ensino público está nun nivel de beneficiencia. A sanidade pública está en extinción e os doen ytes son derivados á privada pra darlles negocio, a cambio colocan xente do PP Os gandeiros estanos arruinando. Na Administración crea as ANXENCIAS, que non son mais que órganos pra colocar xente a dedo. Non hai clientelismo, din eles
Un recente informe elaborado por Comisións Obreiras a partir destes datos conclúe que un de cada cinco traballadores por conta allea en Galicia, o que equivale ao 20% do total, sofre pobreza laboral. «Se sumamos vos tres deciles máis baixos, temos como resultado que 245.000 persoas, ou 31%, teñen unha nómina que non alcanza vos 950 euros brutos: unha de cada tres persoas asalariadas en Galicia non chega a ser mileurista», sostén Adela Poisa, secretaria de Política Social de CC.OO. Un informe de cáritas sinala que un de cada tres nenos está en risco de exclusión. O paro e a emigración alcanzan niveis alarmantes. O ensino público está nun nivel de beneficiencia. A sanidade pública está en extinción e os doen ytes son derivados á privada pra darlles negocio, a cambio colocan xente do PP Os gandeiros estanos arruinando. Na Administración crea as ANXENCIAS, que non son mais que órganos pra colocar xente a dedo. Non hai clientelismo, din eles
A postura de España no asunto de Grecia vaille traer a Rajoy consecuencias. España distinguiuse por pecharlle a Grecia Calquera posibilidade de acordo. Foi un dos países mais duros na mesa de negociacións. Países pequenos, con Grecia, conseguiron sumar a Francia, pra que De Guindos non sexa elixido pro Eurogrupo. Rajoy fiaba a que que lle chegaría o apoio de Alemaña. Que se ía facer o que dixera Alemaña. Roma non paga a traidores.
A postura de España no asunto de Grecia vaille traer a Rajoy consecuencias. España distinguiuse por pecharlle a Grecia Calquera posibilidade de acordo. Foi un dos países mais duros na mesa de negociacións. Países pequenos, con Grecia, conseguiron sumar a Francia, pra que De Guindos non sexa elixido pro Eurogrupo. Rajoy fiaba a que que lle chegaría o apoio de Alemaña. Que se ía facer o que dixera Alemaña. Roma non paga a traidores.
Medidas pra novos tempos, comprendería como primeira medida de goberno, ditar dentro das primeiras 24 horas primeiras, derogar todas, absolutamente todas, as normas ditadas polo PP no seu mandado decisións dun moi previsible goberno. A partir de aí empezar a reconstruílo país
Medidas pra novos tempos, comprendería como primeira medida de goberno, ditar dentro das primeiras 24 horas primeiras, derogar todas, absolutamente todas, as normas ditadas polo PP no seu mandado decisións dun moi previsible goberno. A partir de aí empezar a reconstruílo país
Rajoy fixo unha reforma no PP pra que todo siga igual. Non tocou o goberno, como moitos pensaba. Particularmente penso que nada ía adiantar introducino reformas no goberno. Falta pouca pras eleccións, e pouco se pode esperar dunha novación de goberno que non lle queda tempo pra facer correccións na política de gobernanza de cara a mellorar a súa imaxe e expectativa electoral. Pero realmente Rajoy estaría disposto a variar o rumbo da súa política?.Penso que non; de aí que as reformas solo afectara a órganos políticos, cos que blindarse e afirmar a súa posición dentro do PP. Rajoy é un autista, non ope o clamor da rúa, nin lle importa, el solo goberna pra unha minoría elitista, dos pobres solo lle interesa o seu voto
A industria farmacéutica dedica menos dun 2% dos seu beneficios á investigación. Os novos medicamentos obtéñense grazas as axudas publicas. Cando unha nova molécula se descubre as farmacéuticas fanse con ela, polos medios que sexan, pra logo impoñer uns prezos abusivos. O que realmente logran é frear as investigacións e afundir os sistemas de seguridade social que pagan os medicamentos. Non lles importa matar a galiña dos ovos de ouro, a súa concepción política é radicalmente antisocial e queren lograr os máximos beneficios a costa da necesidade extrema. Non lles importa arruinar a seguridade social, antes ben, é un obxetivo. Os doentes estaría dispostos a pagar do seu peto o que lle esixan pra recuperala saúde. Cando nada lles quede pasarana engrosa-las lexións de pobres , e así os ricos será menos e mais ricos. Por iso me parece ben que as patente se condicionen e se subordinen a un fin social, porque non están protexendo intereses lexítimos, senón a avaricia. Aplaudo que algúns países obvien as ilexítimas e antisociais patente e se fabriquen medicamentos. A industria farmacéutica e moi poderosa e ten o se servizo a profesionais e gobernos, voto ra que algún día sexamos libres destes codiciosos e haxa gobernos que nos protexan
O que foi Presidente do BE, cando os desmadres da banca, non foi, nin será xulgado, recitou austeridade, baixada de salarios, etc, mentres a banca , que era responsabilidade súa, se fundía e el non se enteaba, ou miraba pra pra outro lado. Na mesma liña o actual director do BE, recomenda mais baixada de salarios e mais facilidade de despido. Sendo consecuente el súbese o salario un 5,8%. En total 15.000 euros ó mes. A vella do FMI tamen recomenda a España mais recortes e salarios mais baixos . Sería bo suprimir estes organismos que ta caros nos saen pro pouco útiles que serven.
A sentenza do T S zanxa dun xeito definitivo a cuestión da reforma eólica de Feijoo, declarándoa ilegal, agora viran as indemnizacións que a Xunta terá que aboar ós prexudicados pola arbitraria decisión de Feijoo de anula-las adxudicacións do eólico. A Sentencia da orixe a millonarias adxudicacións ás que terá que facer fronte a Xunta. En boa lóxica, xa que o asunto ten orixe nunha das moitas arbitrariedades de Feijoo, debera ser Feijoo, o que do seu peto pagara as indemnizacións, pero o malo e que vai ser un goberno similar o que deu as adxudicacións o que pague as indemnizacións, porque Feijoo posiblemente non volva a gaña-las eleccións. Personaxes do estilo de Feijoo debía indemnizar a Galiza polos danos ocasionados dun xeito tan arbitrario
Pra Rajoy os resultados electorais poñen en perigo a recuperación económica e o emprego. Nade sabe de que recuperación económica fala, da doméstica dende logo que non. Dende a crise os ricos incrementáronse nun 40%, a crase media está acurralada, cada vez ten menos marxe, camiña coma unha especie en vía de extinción, e os pobres é o corrente. Nesta nebulosa de ficticia recuperación, Rajoy axita o medo e culpa a PODEMOS de prexudicar a recuperación. Nun alarmante e delirante discurso no Parlamento arremete contra do PSOE , ó que acusa de pactar con grupos extremistas, as ordes de Venezuela, pra modificar a vontade dos electores. Vese que a perda de poder os está volvendo loucos loucos e lles le a dicir disparates
A dimisión do concelleiro Zapata é normal. A veces empézase con bromas en twintter, pra logo atropelar a policías e terminar por perder totalmente o control e asulugarse na corrpción e insultar a cotío. Ter unha conta en twintter é algo perigoso, non é tan patriótico como ter unha conta en Suiza. A moral dun personaxe de esquerdas debe se intachable, aínda cando se trate de chistes, os peperros é distinto, eles poden insultar como Aguirre, o o portavoz do PP, pasando polo caso alcalde de Baralla, Lugo, o concelleiro que lle recomendaba a unha muller meterse a puta, a burla a Madina, chamándolle o coxo de ETA, eu n longo etc. eles non teñen referentes éticos, descoñece o significado de moral. Son fillos do franquismo…
Non é un caso de dobre moral, é a patrimonialización do poder. O PP, onde pode, como é o caso de Extremadura: o PP 'casa' con Podemos en Cañamero pra botar o alcalde socialista, tamén o intentou en Burguillos, pero un erro na votación da candidata 'podemita' frustrou o plan. Pra remedialo xa puxeron en marcha unha moción de censura, o que evidencia as gañas que lle está poñendo. PODEMOS, igual que en Xixón, colleu unha deriva que lle vai saír moi cara. En 17 capitais, o PP usou a CIUIDADANOS como muleta pra facerse co poder. A corrupción, en moitos axuntamentos, parece non ser obstáculo pra que CIDADANOS os apoie. A farsa xa quedou o descuberto. Mentres culpan o PSOE de buscar aliados, con tal de apartalos do poder, o PP de Miño dálle a alcaldía ó BNG, sen sequera pedirllo, con tal de que o PSOE non se faga con ela
O axuntamento de Bruenete ardeu en chamas. A investigación por corrupción parece se-la causa do incendio. Non é un caso aillado, xa no principio dos oitenta ardían arquivos, supostamente pra borrar as pegadas de condutas culposas. Hasta o día de hoxe non se atopou culpable de ningún dos incendios e, por suposto, ningunha proba de corrupción. A falta de escrúpulos dos delicuentes atopa a complicidade do lume e o pouco intres por investigar. E agora, neste momento histórico, quizá as trituradoras non lograra borra-las probas. Pra cando non hai trituradoras, xa se sae, o mellor o lume.
A economía galega, según Feijoo está tan ben como a Alemaña. A realidade é que 72.000 galeg@s cobran menos do salario mínimo español, 23.000 galegos figuran como autónomos, cando non o son, de cada tres nenos, un non chega a un nivel digno, 8.000 nenos están en pobreza extrema, o paro medra ano a ano, a emigración volve a ser o único vieiro, a débeda é monstruosa, as privatizacións en sanidade son como en Madrid e Valencia. Igualiño que en Alemaña
Feijoo nega que os pactos da oposición sexa democráticos,pero el se pode intenta conserva-lo poder; tal é lo caso da Deputación de Pontevedra, que pretende que o BNG lle axude a conservala pro PP. O PP, di, leva os pactos no seu ADN. Hasta fai pouco estaba en contra deles. Como dicía o portavoz socialista no Hórreo, Feijoo, en política, é como Groucho Marx, según lle conveña é unha cousa, ou o contrario. Si vemos os debates no Hórreo, dámonos conta que de Groucho sollo cole unha parte da obra. Non é un actor cómico, pola contra é airado, chulo e faltón, moi parecido a un matón de barrio. Non é un bo político, é un bo ionsultador e prepotente.
O alcalde de Vigo conseguiu unha maioría absoluta aplastante e indiscutible. O problema xurde cando non se sabe aprecia-las circunstancias que inciden no caso, e o exceso de soberbia fai perdelo sentido da realidade e se cre que todo se debe o seu encanto persoal. Tanto o Presidente da Xunta como o Presidente da Deputación de Pontevedra lle prestaron unha gran axuda. Dende a Xunta marxinouse a Vigo e privatizouselle o hospital, privatización cuxos termos mantén a Xunta en segredo;: reduiciulle o número de camas do hospital a metade, suprimiulle o laboratorio e outros servizos. O Presidente da Deputación tivo unha teima con Vigo, que o leva a ofrecerlle un pacto o BNG pra que Vigo non se faga coa Deputación. A monumental cruz dos caidos do Castro, Abel Caballero quere mantela en contra da memoria histórica e da memoria particular do sufrimento de innumerables socialistas Vigueses. Pódese ser baixo, pero non ten porque ser pequeno.
Pode que ós que viven co bandullo cheo, os convidados a comer na mesa do señor, os que teñen bos traballos e teito onde durmir, non lles preocupe a pobreza, a miseria na que vive moita xente, incluso lles molesta que se fale do asunto pra vivir nun paraíso. Pero a pobreza está aí, e parece que veu pra quedarse. Somos, despois de Romanía, o país con mais pobreza infantil de Europa. Ben poden dicir Rajoy e Feijoo que estamos no bo camiño. Pra eles dende logo que si. Os resultados do estudo, titulado «Infancia, pobreza e crise económica», sinalan que a crise, entre os anos 2008 e 2012, non soamente elevou o risco para a infancia de caer na pobreza, senón que, ademais, afondou na gravidade da situación dos fogares que se encontran en situación de carestía, ata o punto de provocar a «cronificación» da pobreza.
Nin con moito a corrupción e descomposición do PP trouxo o cataclismo electoral que cabía agardar. Houbo, si, unha muda de votos, o xurdimento de emerxente que pronosticaban a ruptura do bipartidismo. Pero unha refaga de aire pode varre-las esperanzas, as vontades non son firmes, preocúpalle á xente perde-lo que conseguiu , aínda que o que conseguira sexa a miseria. A xente non está preparada pra vivir de pe, prefire ter un amo déspota, que lle de padas no cu e seguir de xeonllos.