Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CRISE EUROPEA

CRISE EUROPEA

 

 

  Ademais de Willy Meyer de IU, varios políticos como o eurodeputado Javier Nart de Ciutadans, Cristobal Montoro do PP, Elena Valenciano do PSOE ou a presidenta de UPYD Rosa Díez, aparecen na lista do fondo de pensións xestionado por unha SICAV. Non é solo un caso que afecta os implicados, contribúe a desacredita-las Institucións europeas, a alonxar, aínda mais, esta Europa corrupta, chea de viividores

PUTA VIDA

 

 Desafiuzan unha familia con un neno de 21 días. A protección á vida solo é mentres non se nace, unha vez nado, as crianzas e a súa familia terán que enfrontarse á vida sen ningunha protección. O cinismo do PP non ten límites. Está en contra do aborto, pero unha vez que a crianza ben ó mundo que se arranxe so

 

OS PATRIOTAS

  Emilio Botín e a súa familia, José María Aznar; Dores Cospedal; Rodrigo Rato; Narcís Serra; Eduardo Zaplana; Miguel Boyer; José Folgado; Carlos Solchaga; Josep Piqué; Rafael Arias-Salgado; Pío Cabanillas; Isabel Tocino; Jordi Sevilla; Josu Jon Imaz; José María Michavila; Juan Miguel Villar Mir; Anna Birulés; Abel Matutes; Julián García Vargas; Anxo Acebes; Eduardo Serra; Marcelino Oreja, son algúns dos 569 españois que depositaban o seu diñeiro no estranxeiro sen que este fose declarado en España. Así o asegura unha información publicada polo rotativo máis prestixioso do mundo, The New York Times, No último capítulo que viu á luz deste serial versa sobre o ocultamento por parte de Emilio Botín e da súa familia dunhas contas secretas establecidas dende a Guerra Civil na banca HSBC.  

 

OS PATRIOTAS

  Emilio Botín e a súa familia, José María Aznar; Dores Cospedal; Rodrigo Rato; Narcís Serra; Eduardo Zaplana; Miguel Boyer; José Folgado; Carlos Solchaga; Josep Piqué; Rafael Arias-Salgado; Pío Cabanillas; Isabel Tocino; Jordi Sevilla; Josu Jon Imaz; José María Michavila; Juan Miguel Villar Mir; Anna Birulés; Abel Matutes; Julián García Vargas; Anxo Acebes; Eduardo Serra; Marcelino Oreja, son algúns dos 569 españois que depositaban o seu diñeiro no estranxeiro sen que este fose declarado en España. Así o asegura unha información publicada polo rotativo máis prestixioso do mundo, The New York Times, No último capítulo que viu á luz deste serial versa sobre o ocultamento por parte de Emilio Botín e da súa familia dunhas contas secretas establecidas dende a Guerra Civil na banca HSBC.  

 

o mensaxeiro morto

 

    Logo de que afundiran as Caixa galegas, logo de que foran reflotadas con diñeiro público; por fin  foi regalada  a Capriles, dunha coñecida familia ultra de Venezuela. A presentación en sociedade de ABANCA, que xurde das cinzas das caixas galegas, fíxose ante o mais granado da sociedade político-económica galega, con especial presenza da dereita e notables  ausencias do nacionalismo. Na mediática presentación prodigáronse en promesas que solo será iso, promesas. Hai que ter clara unha cousa, o negocio do diñeiro é sempre o mesmo, sexa quen sexa o empresario. O regalo está feito e os beneficiarios xa están listos pra comer. Todo foi bo bonito e moi  barato. Fundir un banco, rescatalo con diñeiro público e regalala a un amigo que nos pagará o favor. Os  "salvapatrias" venden o pais ós estranxeiros. As caixas morreron de man de politicos e mangantes varios. só quedan voraces bancos, de dubidosa españolidad(su españolismo esta en Suíza e Sicavs). Na nostalxia queda Caixa Rural Galega, pronto irán a por ela. 

 

ESPAÑA CAÑI

ESPAÑA CAÑI

  Esta é a España do PP. Fiscales que protexen a corrupción. Evasores fiscais, co Ministro do ramo á cabeza, corrupción generalizada, delicuentes amnistiados, persecución de ideas, restauración da Idade Media, etc

IGUALIÑOS

IGUALIÑOS

 

   Gobernos de PP e PSOE financiaron con 80.000 euros ex-combatentes de Franco que axudaron a Hitler. A Irmandade nacional da División Azul recibiu subvencións públicas de forma ininterrompida dende o ano 2000 por un importe total de case 80.000 euros. A coroación de Felipe VI e o aforamento do rei, veu poñe-la guinda as múltiples coincidencias ideolóxicas e de estratexia entre PP e PSOE. Apoios mútuos e axuntamentos e outras Institucións, forman parte dun sindicato de intereses.

Sen nada

Sen nada

 

  Catro millóns de parados están sen ningunha prestación, nin sobres. O 27,5% dos nenos españois está na pobreza. Os do PP reciben sobres con sobresoldo. Eles descoñecen a pobreza. A Airexa recibe do Estado 11.000 millóns de euros, ós que hai que engadir a exención de impostos e outros privilexios, o que eleva a cifra a 43.000 millóns de euros o ano. A corrupción costa a Facenda miles de millóns, os políticos innecesarios custan 500 millóns de euros ó ano; parques móbiles de película, sementeiras de asesores, etc. Si todo se arranxara, España sería un país con superávit e non habería fame, nin miseria.

OS CHANCHULLOS DA FREMAP

OS CHANCHULLOS DA FREMAP

 

 

 

   A mútua patronal atravesaba apuros contables, ó non poder xustifica-las contas. A Administración de Zapatero exercía un control sobre as finanzas da organización polo uso dde fondos públicos e sospeitar que non era transparente. A mutua pretendía que o control da Administración era unha intromisión na xestión privada. Os fondos públicos, que era o que motivaba o control, debían sufrir unha sorte de mutación máxica ó pasar as entidades privadas e escapar a todo tipo de control. Cando  o PP gañou as eleccións respiraron tranquilos, ó fin ían poder face-las cousas como querían. O escándalo é tremendo,  41 millóns de euros esfumáronse, pero nade irá á cadea

FACTURAS NOS CAIXONS

 

   O que dixo que non éramos un país punteiro en tecnoloxía, erraba. A Xunta presume de boa administración, vai de sobrada, i é única  en non   acudir ó fondo estatal de financiación. Nos caixóns da Xunta acumúlanse moreas de facturas sen pagar. As transferencias a outras administracións adíanse. Deixan de prestar servizos, péchanse comedores escolares  i evítanse recoñecer novas obrigas como as do Risga. Pero non todo é austeridade; por exemplo Galicia Bilingüe,  asociacións antiaborto, centros de ensino privado de matiz relixioso, arranxos de bens eclesiásticos etc, non coñecen os recortes. E si a cousa vai a peor, adiantase o peche do exercicio e as obrigas pasan o exercicio seguinte

 

FONDAS CI CATRICES

FONDAS CI CATRICES

 

 

 Pasaron anos, pero as feridas da masacre da sublevación franquista non se curaron e transmítense como unha estigma as futuras xeracións. A visita da Maxistrada arxentina que investiga os crimes do franquismo, deixou o descuberto o medo que aínda hai na sociedade española a tratar asuntos do réxime de Franco. No día de hoxe, cativo e desarmado o Exército vermello, as nosas tropas vitoriosas alcanzaron os seus últimos obxectivos militares. A guerra rematou", dicía o último parte oficial emitido dende o cuartel xeral de Franco o 1 de abril de 1939, coa voz do locutor e actor Fernando Fernández de Córdoba.   Este non foi o epílogo. Solo foi un punto e seguido dunha sanguinaria represión. Nas posteriores datas houbo case medio milleiro de mortos, xa fora por fame, frío, e outras causa derivadas da penosa situación da poboación. As execucións continuaron e cífrase  en perto de sesenta mil. Os actores materiais e os que seguen ocultando e intimidando os inv+estigadores, son culpables

REFORMA FISCAL

REFORMA FISCAL

  Montoro acaba de anunciar unha reforma fiscal con baixada de impostos. Non fai falla ser un experto fiscal pra saber que a reforma a quen realmente beneficia é ás rendas mais altas e o capital; pero os subnormais  creranlles. O Director do B de E. Xa di que pra cadra-las contas haberá que recortar 55.000 millóns de euros. A ROJA apeárona do mundial e xa o goberno non conta coa caixa tonta pra entreter ós idiotas, por  iso quere mercar canal + e outras empresas de información libre, a través de empresas afíns, pra seguir narcoinformando ó pobo. A un empregado, de renda baixa, pode supoñerlle a redución tres euros mensuais, per a unha renda alta 1.700 euros ó me. As rendas do capital  pode supoñer unha sustanciosa redución, que unido o clásico fraude fiscal será un escándalo. Haberá unha suba dos impostos indirectos, unha redución do gasto social, manteranse os santuarios e os dos políticos, agrandando a fenda entre ricos e pobre; pero curiosamente isto é o que parece querer o pobo.

POLA AUSTERIDADE

POLA AUSTERIDADE

 

   A Xunta merca 58 coches novos, tendo os Audis de era Fraga, que electoralmente lle atribuíra a Touriño. Feijoo non paga os coches, os coches fáinolos pagar a nos, pra facer un uso subrealista deles, pois funcionarios de a pe, pra trasladarse a algún chirnguito da Xunta, desprazase en coche oficial. O parque móbil, que non deixa de medrar, ten mais de 2.000 vehículos, moitos, como o do Presidente, que é de abricación francesa, son producidos fora do país. A estes chourizos non lles importa despilfarrar diñeiro público, mentres a miseria esténdese polo país, trátannos como un fato de iidiotas, i eso debemos ser. Non facer por votalos do poder e mandalos á cadea, é de traizón á crase humana

O ALCALDE DIKXITAL

 

  Santiago xa ten novo alcalde, o terceiro da lexislatura. Malia ser un alcalde dixital, escollido, se supón, pra limpa-la imaxe de corrupción que o PP deixou en Santiago, te un escuro pasado, cunha habilidade demostrada pra nadar nas riadas xudiciais. Catro cargos da Dirección da Consellería de Infraestruturas da Xunta, están imputados no caso Campeón por suposto tráfico de influencias na tramitación irregular de contratos en favor das empresas da trama de Jorge Dorribo. Os investigadores gravaron unha chamada dun funcionario deste departamento a Carlos Monjero, man dereita de Dorribo e responsable da firma de estudos técnicos Proitec, na que o traballador da Xunta daba instrucións ó empresario pra amaña-la adxudicación do proxecto de mellora da estrada que une Cerdedo e Campolameiro (PO-230). "É en relación a un tema que teño por escrito da directora  Ethel Vázquez, agora Conselleira, dun proxecto que tedes que realizar vós no concello de Campolameiro", podíase oír na gravación. Cando os axentes acudiron ás oficinas da Xunta a pedir o expediente, foron informados pola directora de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, tamén imputada na causa, de que non existía. Pra desgracia dos catro cargos de Infraestruturas implicados no caso, as xestións para amañar aquel contrato deixaron máis rastro á parte da conversación teléfonica interceptada polos investigadores. No rexistro da sede de Proitec, os axentes de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria conseguiron a proba de que o encargo a dedo do proxecto da PO-230 a unha empresa da trama non eran imaxinacións súas. Alí encontraron un documento con cabeceira da Xunta no que o entón subdirector xeral de Estradas, o tamén imputado Luis Miguel Muñoz Bretos, co visto e prace do seu superior, Ethel Vázquez, solicitaba ofertas para a obra a Proitec e a outras dúas firmas que, como lle insinuaran dende a Xunta a Monjero na picada telefónica, tiñan relación tamén coa trama e, polo tanto, presentarían propostas o suficientemente malas para ser descartadas. Isto explica, tamén, a imputación do Ministro socialista Blanco, por Dorribo. Utilizado  por...., logo dunha longa entrevista no despacho de Feijoo, entre Feijoo e Dorribo

 

ACOLLONIDA

ACOLLONIDA

 

   A chica da curva está acollonida con Carromero, Esperanza Aguirre, o fillo de Gallardón, o concelleiro do PP de Santiago; así como outros ilustres peperos. Cabe preguntarse que teñen estes condutores co alcohol. Aquela promoción do viño e o volante, a rebeldía as normas de tráfico,  que fixera Aznar, debe ter moito que ver. Son destemidos condutores, por riba da lei, que contan coa protección do PP, de ai que sempre busque o acubillo cando son pillados no allo.

ACOLLONIDA

ACOLLONIDA

 

   A chica da curva está acollonida con Carromero, Esperanza Aguirre, o fillo de Gallardón, o concelleiro do PP de Santiago; así como outros ilustres peperos. Cabe preguntarse que teñen estes condutores co alcohol. Aquela promoción do viño e o volante, a rebeldía as normas de tráfico,  que fixera Aznar, debe ter moito que ver. Son destemidos condutores, por riba da lei, que contan coa protección do PP, de ai que sempre busque o acubillo cando son pillados no allo.

CLENTELISMO

O Concello da Coruña cesara á responsable da Fundación Lois Seoane, non era do PP a había obtido o posto por concurso. Mérito , capacidade e pública concorrencia, non son valores apreciados polo PP, menos mal que a xustiza puxo as cousas no seu sitio, e obriga ó Concello da Coruña a repoñela no seu posto e a pagarlle os salarios que deixou de percibir. Tamén a xustiza anula os nomeamentos do Interventor e  Tesoureiro que o PP fixera o chegar ó goberno municipal de Santiago. Prescindir dos que había na planeilla e nomear unha equipa que non lles molestara, exerce-lo clientelismo político é propio do PP, non  é xeito de gobernar, menos mal que a auga volve o rego

 

 

TORRRENTE

 

  Dentro das incomprensibles medidas de indulto do Ministro de Xustiza, agás dos narcotraficantes, políticos corruptos, etc, destaca a do Garda Civil que gravou unha agresión sexual, mentres se esmendrellaba coa risa. O personaxe de Torrente parece superado. Este indulto  que se lle outorgou a un Garda Civil que, non só non fixo nada para evitar unha agresión sexual, senón que ademais a gravou en vídeo co seu teléfono móbil "sen deixar de rir. Unha sentenza da Audiencia Provincial de Asturias. O seu delito tivo lugar en 2011: omisión de deber de perseguir delitos.

 

TRISTE OBRIGA

TRISTE OBRIGA

 

  Todo o mundo ten dereito á defensa, incluídos o matrimonio Basterra-Porto, unha defensa tan boa como poidan pagar. O límite debe ser a ética e a moral. Dáse por sentado que no xuízo importa a mellor defensa, incluso a costa da verdade. Os últimos, que non derradeiros, descubrimentos, no ordenador de Basterra e no móbil de Rosario, levan o asunto a uns límites escabrosos de mentes enfermas, que encolle a alma mais endurecida. Nestes casos o papel dos avogados débese limitar o xuízo, fora del, calar e non opinar.  

NON É UNHA TABERNA

NON É UNHA TABERNA

 

Feijoo debería ter prohibida a entrada no Parlamento. Feijoo é home de taberna; non sabe comportarse no Parlamento. O Parlamento é un lugar pra debater, non pra insultar, en lugar deso a cidadanía ben merecía unha explicación crible do que pasa no concello de Santiago. Nada pode oculta-la desfeita de Santiago coa súa convulsa política municipal. Solo o Conselleiro  estrela pode calma-las augas. Un home que saíu ben librado de leas xudiciais, pode ser o que necesita Feijoo e deixar de exhibir as súas dotes de follonero