Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

PERDIDOS

 

 

  Os resultados das pasadas eleccións deixaron unha ensinanza que nade asume, ben porque sería admitir que o mundo dos votantes está convulso e xa nos lles pertence, ben por qué se creou unha utopía, que vai se-lo enterro duns soños. Das moitas ensinanzas que podemos ver, unha destaca: Tódolos partidos que non ofreceron soños e utopías perderon votos. A crise xerou unha onda de descontentos, unhas realidades traumáticas, das que a xente necesita fuxir. As formacións que ofrecen utopías, entrelas: PODEMOS, ESQUERRA ou BILDU, conectaron coas arelas da xente. Os demais, co seu clásico menú, que se limita a ofrecer, ano tras ano, o mesmo, perderon o apoio. Con todo, asombra que aínda haxa 7.000.000 de votantes, ós que non lles importa a corrupción, a miseria, a fame e que lles voten a crise sobre as súas costas . Cando chegue o momento de ofrecer solucións concretas, será o intre de valorar se verdadeiramente hai unha solución máxica, realista ou seguimos buscando culpables

 

UNHA CRISE PROS POBRES

UNHA CRISE PROS POBRES

 

 

   Vivimos nunha crise, económica e de valores. O certo é que non é unha crise universal, non lle afecta a todos por igual. O diferencial entre ricos e pobres medrou de xeito exponencial coa crise; así, os ricos son cada vez mais ricos, e os pobres son cada vez mais pobres. As consecuencias da crise recaeron sobre as costas dos pobres, resultando intocables os banqueiros  a airexa , ós políticos e a monarquía.  Os valores da sociedade, en parte polo efecto da crise, centráronse nun culto o diñeiro. Nesta confusión de valores emerxe a airexa católica impoñendo a súa doutrina moral, por suposto, ós pobres.

XA ESTÁ BEN

 

   O indulto convertese nun instrumento mais pra burla-la xustiza. Mentres se indulta a traficantes, corruptos,etc cunha ofensiva xenerosidade, á muller que atacou o violador da súa  filla néganlle o indulto. Estes políticos o único que pretenden é cabrear ó persoal

 

PARTE DE TRANSICIÓN

PARTE DE TRANSICIÓN

 

   Primeiro ano da transición. Parte dende O Escorial: Vencidos e desideideolixizados os grupos da oposición, continúa  triunfal a transición, O Rei apastará os rabaños, e si algunha ovella se descarría, sempre queda o recurso de corrompela. Primeiro ano da abdicación. As ovellas pacen mansas. Os seus pastores non deixaran que se desmande do rabaño. Despois de corenta anos Franco segue reinando. O Rei xuntou, a largo do seu reinado, uns   aforrillos estimados en 2.300 millóns de euros. Botín de reinado. Ademaís a xubilación real.

 

¿DE QUE RECUPERACIÓN FALA?

¿DE QUE RECUPERACIÓN FALA?

 

 

O PSOE  din que ten raíces republicanas, pouco fondas, polo que se ve. O  Rei abdicou agora porque a presenza de Rubalcaba ó fronte do PSOE garántelle un apoio seguro á transición pra perpetua-la monarquía; despois do Congreso socialista a cousa pode variar, aínda que ningún dos futuribles se pronunciou sobre o asunto. A razón fundamental é que os dirixentes solo pensen en nadar e garda-la roupa, solo unha parte das bases, que non está contaminada polo poder, segue tendo a pureza das ideas socialistas. No futuro, un futuro moi incerto, os auténticos socialistas terán que enfrontarse á casta dos burócratas. Pode que a actual liña do PSOE leve a desaparición do PSOE; nun proceso como o grego. Naqueles concellos que pactaron co PP xa se  viu o camiño.

 

PROS ESCÉPTICOS

PROS ESCÉPTICOS

 

  O único positivo da abdicación do Rei é que Rajoy ve reducida a lista do paro, despois todo é cuestionable e escuro. É cuestionable que a lexitimación do Rei pra gobernar veña da imposición dun ditador e que non pase polas urnas pra ser lexitimado democraticamente. É escuro o papel do Rei no golpe de estado do 23F. Hai repúblicas que fan bo a calquera rei, pero esas repúblicas, no fondo, son ditaduras, e de  repúblicas solo teñen o nome. En España, a I república terminou por ser un instrumento dos poderosos, mentres deixaban que o pobo xogara á política e non os molestara. A segunda república, agás de ser un reino de Taifas, que lle facilitou a un ambicioso Franco a súa sinistra misión, ía polo bo camiño, pero o pisarlle os callos a airexa e os ricos, sentencio o seu fin. A transición da ditadura a seudodemocracia non foi obra do Rei, foron os mesmos franquistas que se aseguraron a impunidade e os privilexios, a elo contribuíu uns demócratas, principalmente socialistas, comunistas e nacionalistas moderados, domesticados por corenta anos de terror, e que o final tan ben se adaptaron que terminaron contaxiados da corrupción 

BAGOAS

BAGOAS

 

Rajoy, non chorou como fixera Boadil. Nosoutros si choramos,  de oírlle dicir que o goberno sabe o que fai. Si, o goberno sabe o  que fai, é certo, con premeditación está arruinando o país, aínda que penso que cando un Presidente do Goberno ten que utilizar ese argumento é que realmente está navegando a cegas e non ten idea do que debe facer. Pide que teñan fe no Goberno. O FMI a OCDE, en moitos casos, coas instrucións previas do goberno, gaban as reformas  e  piden mais miseria, non mais austeridade.

 

OS ANTISISTEMA

OS ANTISISTEMA

 

 

Chámanlles ós antisistema ós que manifestan o descontento na rúa, ós que protestan contra as inxustizas; porque queren prohibir as manifestacións de desacordo; hai que ir como ovellas ó matadoiro, en orden e sen protestar. Pódennos deixar sen traballo, sen vivenda, sen servizos sociais. Aínda que non sexa iso o que pretenden, déixannos claro que eles son o sistema. Un sistema que solo serve á banca e o capital. Son o sistema de explotación do traballador, os que lles fan o traballo sucio ás sabandixas que deixan seco ó pobo.

NON ESTABA FUGADA

NON ESTABA FUGADA

 

A portavoz do PPg, Paula Prado, non estaba fugada, solo agachada, de supoñer que polas súas corruptelas municipais.  Deu sinais de que vivía, atacando ó BNG. non comprendo esta xenreira e non explica as corrupcións do PP. O ataque o BNG, seu inimigo preferido, será pra ocultar e non explica-la perda de votos, malia ter todo o poder do seu lado, nin o cese de Varela

PATADA DE BURRO

PATADA DE BURRO

 

  O Concelleiro de Seguridade Cidadán de Coslada, do PP, arreoulle unha coz a un señor de 63 anos que protestaba porque fora estafado coas preferentes. Dun burro solo se pode esperar unha patada, pero si é polas costas, como neste caso, o burro procede dos establos do PP, sen lugar a dubidas. Non foi detido, nin amonestado. O goberno non ve unha conduta reprochable no feito, porque defendender a estafadores, narcotraficantes,  corruptos, etc, non é delito.

 

O CÓDIGO ÉTICO

 

 

   Despois  do asunto do alcalde de Porriño, despois das investigacións sobre Paula Prado e familia, despois da apertura de xuízo pra maioría da corporación compostelana, na que hai xa unha  segunda dimisión; despois do asunto xudicial do Presidente da Deputación de Pontevedra, etc. Feijoo vai ter que sacar outro código ético, ou ben será como dos irmáns Marx, movedizo, que se adapta a todo. O mais seguro é que nunca cumpriu coa ética, o mellor é porque non sabe ben qué é. 

UN NOVO ESCENARIO

 

 As eleccións europeas teñen a súa propia linguaxe, non son equiparables ás eleccións internas, pero debuxan un escenario que é indiciario do que pode pasar en clave interna. Chegamos ó fin do bipartidismo e os actores políticos teñen que adaptarse a este novo escenario, ou complicaráselles a vida, que xa non será a plácida alternancia na que viviron. A irrupción na escena política de novos partidos, a pesar de dominar o voto clientelar e os medios de comunicación, marca o fin dunha era. Os que saiban reaccionar sobrevivirán, os que non, verán o fin do seu reinado

MARAVILLOSO

 

  É maravillosa a xustiza social do PP. Desouzan a unha muller con cinco fillos e danlle a vivenda   á filla dun militante do PP do axuntamento de    Gandar, Granada.  O Concello de Gandar (PP) non tivo en conta a súa situación nin solicitou o informe preceptivo dos Servizos Sociais municipais para comprobar se entre os solicitantes inscritos no Rexistro de Vivenda se encontraba algunha familia en situación de exclusión social. Chegaba con que se atopara se vivenda alguén do PP. É o caso de Ana Carmen, que vive na casa do seu xenro con cinco dos seus fillos e un neto. Un dos seus fillos, de 17 anos, está acollido en Aldeas Infantís. "Nin sequera podo dicirlle que vinga porque non hai sitio na casa", Encántame este país cos políticos honrados que ten, co pacífica que é a xente, coa xustiza social que hai  

 

POLO NOSO BEN

 

   Os que pelexan por un posto de Deputado non o fan por egoísmo; fanmo por altruísmo, un desinteresado afán de servizo á Comunidade. É impresionante a cantidade de boas persoas que hai, que todas elas están dispostas a face-lo sacrificio de gozar das prevendas do Parlamento Europeo. E todo o fan por nos. Non sei que se pode sentir cando sabes que seguro che vai toca-la lotería, pero seguro que é como un terremoto de pracer, especialmente pra eses que van de recheo e nin sequera fan o ridículo como Cañete. Raro que fagan pedagoxía de programa, limítanse a votarlles a culpa a outros, a meternos medo co home do saco; no   fondo, quérennos desmotivar pra que non vaimos a votar, é única oportunidade na que podemos decidir

 

DEBEN TER RAZÓN

 

 

 Feijoo presumiu no Ferrol de dar carga de traballo ó naval. É aritmética simple, o PP vai construír nos asteleiros de Andalucía un buque con 5.000.000 de horas de traballo, n Ferrol un buquiño de 1.000.000 de horas e traballo. En Andalucía gobernan os socialistas, en Galicia o PP. Conclusión somos unha anomalía, un país de borregos ós que se lles minte e se lles insulta sen o menor pudor. O naval segue en coma, solo se lle prolonga a agonía.  O traballo contratado solo empregara 265, dos case tres mil; pero algo é algo. Está desmostrado, a intelixencia dos que votan ó PPg debe ser algo oculto, virxe; pois si creen que non lles afecta o naval está errados, si creen que nos afecta o acordo lesivo pra Galicia do reparto de pesca que fixo Cañete, e os vascos, por compaixón, nos ceden gratuitamente cota da que lles deu  Cañete, si non lles importa que Cañete desviara 350 millóns  de axudas de Europa pro agro galego pra latifundios de Castela e  Andalucía, si os galegos non lles interesa que  pidamos a Europa un rescate pra banca, que teremos que pagar. Si os galegos nos lles interesa que5 se  rescaten as autopistas  e non se pague a dependencia. Galicia, xunto con Valencia e Madrid, sexa a Comunidade que dedica mais fondos ó ensino e a sanidade privada, que siga o enterro e seguide votando ó PP.

 

DEMAGOXIA

 

 Diante dun electorado pouco formado, os políticos tocan a música mais melodiosa pros oídos dos electores. Prometen baixar impostos, e baixan os impostos directos, que pouco representan nos petos do proletariado, pero moito pros ricos, pra compensar soben os impostos indirectos e recorren á débeda. No corto período do goberno Rajoy a débeda española duplicouse. España xa está situada entre os países mais endebedados do mundo e sigue medrando. A débeda son impostos diferidos que terán que pagar ás xeracións futuras. A canallada do rescate bancario xenera unha amoralidade que da unha sinal de total impunidade ós causantes da crise: Cando unha persoa comete unha ilegalidade, cando rouba a unha poboación e sae impune estáselle a dar a oportunidade de que o volva facer. Os representantes da banca son en gran parte os causantes da situación actual, estiveron a xogar nun casino e conduciunos a unha situación de extrema pobreza. Se enriba os axudamos a saír dos exercicios anuais con beneficios e ningún dos seus directivos remata no cárcere, vano seguir facendo, porque lles paga a pena.      

 

CON POUCA LUZ

CON POUCA LUZ

 

  O debate na TV entre os candidatos ás europeas do PP e mais do PSOE foi anódino, sen votar luz sobre nada, esquivando no debate entrar nos asuntos que lles podían  interesar  ós votantes. Cañete non decepcionou; actuou como un típico exemplar de macho cabrío, falto de ideas, limitouse a ler un guión preparado, e logo a soltar paridas  e o saberse perdido no  debate, no que el mesmo se derrotou , xustificou a súa ineptitude na debilidade da opoñente e na súa inferioridade, pola condición de muller. A verdade é que a bagaxe cultural da representante socialista é ben pobre, ó on ser capaz de superala no debate, xustifícase polo medo a que se prantexara algunha inmoralidade do PP. Ou particularmente do propio candidato. Pois dende os 251 millóns de euros que cobrou a súa empresa, ós enchufismos de TRAGSA. malia eso haberá moitos galegos que lle voten. non temos remedio, o noso é a servidume, son atavismos históricos que non se superan.

A POR TODO

A POR TODO

 

  Teñen a prensa, teñen a radio, teñen a TV; agora van polas redes sociais. Pode que alguén se pasara cos seus comentarios, pero Pilar Manjón leva tempo soportando burradas, sen que o PP se inmutara, Marhuenda  está libre,  pese a dicir que hai que matalos. As X do PP ensalzan o franquismo exhibindo bandeiras preconstitucionais, o alcalde de Baralla ofende ás vítimas do franquismo e xustifica o seu asasinato, etc, etc,. Agora uniríanse ós países como China e algúns árabes no control total da información.

ESMORECENDO

ESMORECENDO

 

  Hai que valorar e admitir a labor titánica  de un grupo de persoas, empeñadas en manter aceso o candil da cultura galega. A loita que libran contra os que partindo dunha falsa liberdade amenazan a nosa lingua,  esas bestas que veñen cabalgando da escuridade e están cavando as fosas nas que pretenden enterra-lo idioma galego. Os xenerosos que empregan as súas enerxías en manter viva a chama da lingua, sen utilizar outras armas que a palabra, son calificados de violentos, polos que usan o poder do goberno, dos medios de comunicación e canto organismo lles sirva ós seus diavólicos plans, e usando cartos e recursos nosos en contra nosa. Esta xente laiase que a defensa do idioma sexa pacífica, eles querían que houbera algo de violencia pra que xustificara a entrada na contenda do Ministro do Interior, que de momento se limita ás comisarías e o exterior de Galicia, con contundencia, por certo. É que dende o seu punto de vista somos unha anomalía. Creo, vendo como van as cousas,  en cuestión de 50 anos acabaran co que os ignorantes chaman anomalía, pero a loita dos soldados da luz, ó mellor conseguen alonga-lo período da primavera.

AS TRIBULACIONS DO AMIGO

 

 

 

  Si Marcial Dorado ten problemas coa xustiza será porque queira. As súas  tribulacións, dun xeito ou outro, ha de superalas solo, aínda que os amigos sempre estarán aí. A súa axuda ha de ser discreta, gardando as formas; pero ha de sentila, de feito xa ha está a ver. El sostén que a súa inmensa fortuna é froito do traballo e non do tráfico  de drogas. Non se xulga a súa fortuna, o xuízo actual é por narcotráfico, así de claro. Que teña unha fortuna inmensa, sen que se poida acreditar a súa orixe, é unha incógnita, nada mais