Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

A MATO

 

O que non sei é como pode xestionar o diñeiro público, e a saúde, unha persoa que non é capaz de saber de onde sae un Xaguar no seu garaxe, nin todos eses gastos da súa familia... Deixando a parte o tema de corrupción ou non, o que demostra esta persoa é que non pode ocupar un cargo de xestión de diñeiro público, se nin controla a súa propia casa

AS PENSIONS

AS PENSIONS

 

A media dos países europeos no gasto de pensións  é  superior á española. E nos países máis similares, moi moi superior, na metade: 14,6 puntos en Francia, 15,3 en Italia, polos 10,1 puntos españois. E non temos noticia de que eses países afronten ningún ultimato. E iso que en Italia non hai tope na contía da pensión. A que ven, pois, ese empecinamento en recorta-las pensións. Pra consumo interno, dinnos q     ue é a UE a que lles obriga a recorta-las pensións. MENTIRA. A UE non las manda recortar senón reformalas. En España tómase como referencia pra fixa-lo importe da pensión os 15 últimos anos, non o período cotizado, incrementase a idade de xubilación ós 67 anos, cando noutros países da UE é de 62 anos. Non me imaxino, por poñer un exemplo, a un peón de albanel ós 67 anos, colgado nun ándamo. Os políticos, a mais de pagarlles un seguro pra unha pensión privada, con oito anos de cotización teñen dereito á pensión máxima. Mentres se incrementa o período laboral, os xóvenes están en paro e sen devengar período de cotización. De dez membros da comisión, nomeados polo goberno do PP, pra elaborar un estudo sobre a reforma das pensións, sete están relacionados con seguros e fondos de pensión privados. O Pacto de Toledo e todo o consenso que se xestou, é agora esfarelado ra favorecer negocios privados.

REGULACIÓN DO DEREITO A FUMAR

REGULACIÓN DO DEREITO A FUMAR

 

 

  O día 31 é o día sen fume.  Nun primeiro momento a regulación de fumar foi un asunto polémico. A poderosa industria do tabaco intrigou e alimentou a idea de que se estaban atacando a sectores económicos, como a hostalería, que en España é moi importante. Tamén se aducía que se limitaban dereitos, como se o dereito dos non fumadores a vivir sen fume fora menos importante. Os prexuizos económicos preconizados pra hostalería demostráronse que eran mínimos, clientes e propietarios pronto asumiron a nova situación. A posibilidade de habilitar espazos pra fumadores, xunto coa posibilidade de optar por establecementos ceibes de fume e establecementos sen restricións, fixeron mais asumibles as regras.  Eurovegas preséntase como unha illa, que quere ser a excepción á lexislación de espazos sen fume. Pra elo o goberno fixo unha desregularización, como un traxe a medida de Eurovegas, e unicamente pra ese  establecemento.    Falta por ver, se ese reduto sen lei, se beneficiará dun liberalismo salvaxe, ou si será mais importante a saúde dos clientes. De entrada, está claro que ós promotores de Eurovegas a saúde dos seus clientes non lles importa.   A aceptación popular da normativa legal e a mínima oposición a súa vixencia, fixo desta, unha das poucas normas que a nade se lle ocorrería derrogar.    Os beneficios pra saúde de fumadores e non fumadores, xunto co aforro á sanidade pública de doenzas derivadas da acción de fumar, como é o cangro de pulmón, son os principais beneficios da limitación da acción de fumar. Hoxe a nade se lle ocorrería fumar nun centro de saúde,  en lugares públicos pechados, centros de ensino, etc. Unha lei que acadou un amplo consenso e utilidade social, que debe ser exemplo e vieiro pra outras normas

ENTROU E SAIU

Logo de depositar, para el, unha modesta fianza, Blesa saíu do cárcere. Non debía de saír cunha fianza tan baixa pro delitos que se lle imputan e pro que cobrou da caixa. Non solo non debera non saír el do cárcere, debera acompañalo o Consello de Administración, en pleno; pois tamén se lles supón coresponsables da ruína da caixa. O que faltaba pra abrirlles os ollos os traballadores, o representante da banca de CCOO, repróchalle o xuíz o encarcelamento de Blesa. Todo o Consello de Administración de Bankia tiña que ir á cadea. Ese señor de CCOO, confírmalles os necios, que hai unha casta de xente que vende a quen sexa, que solo queren chupar do bote, apoiados nos traballadores, ós que din defender. Son uns corruptos, vividores e vagos. Como a representante de CCOO no Sergas, nos tempos de Feijoo que frecuentaba as festas de Marcial Dorado, e Feijoo tiña información, de primeira man, do que se comentaba nas xuntanzas do sindicato. Blesa foi nomeado por Aznar pro cargo e fixo da caixa o principal apoio económico do PP. Como outros, ós que Aznar lles situou no cerne do poder económico, lucrouse el e os que tiña o seu carón.

ADMINISTRACIÓN PECULIAR

 

Lévase moito ultimamente o da Administración peculiar. Neste apartado de o mais peculiar, aínda que non é a única, está á cabeza a maioría dos concellos galegos do PP. Si algún fora merecente dunha medalla, sería o concello de Santiago o indiscutible gañador. De trece membros da corporación, seis están imputados, e a suma sigue. Pero aí non rematan tódolos records do PP local da capital. A depuradora queren mudala uns metros onde a situaría o actual proxecto; con elo o PP encargaría un novo proxecto, suponse a algún amigo, o mesmo que a tecnoloxía que deseñaría o proxecto, unha tecnoloxía xa superada, pero que alguén ten que colocala; porque pro PP parece que non haberá obras se non hai negocio. O mais malo é que estes retrasos poñen en  perigo as achegas da Unión Europea. Pero que mais da, ós que os Compostelanos lles deron o poder, non as van a pagar. Seremos tódolos galegos, non solo os de Santiago, os que paguemos a obra, e mais como esta.   O Presidente da Xunta xa deu  o seu aval á corporación de Santiago, a que tamén sangra co IBI ós veciños, iso si, votándolle a culpa de elo o anterior goberno. Como non está no poder, será unha responsabilidade en diferido, Os alcaldes de concellos limítrofes a Santiago están preocupados polo desgoberno e a corrupción no concello da capital, por ser un factor desestabilidade pra bisbarra

PODEN PERO NON QUEREN

PODEN PERO  NON QUEREN

 

Poden, pero non queren, esa é o que din na Plataforma de Afectados polas Hipotecas.  O PP, coa mais noxenta hipocresía e na meirande Soedade, aproba a Lei d e Hipotecas. Non admitiu  ningunha suxerencia da oposición, tampouco incorporou ningunha proposta da Plataforma de Afectados, que aproveitaron a súa iniciativa pra baleirar de contido e sacar unha lei que favoreza ós bancos. Escoitar a un Deputado do PP dar explicación sobre o asunto, foi a demostración de que insultan sen disimulo a intelixencia dos cidadáns. O goberno do PP, que chegou o poder con enganos, legaliza o roubo das hipotecas, secuestra a democracia, e quere que lle estemos agradecidos.

 

COMO DEBE SER

COMO DEBE SER

  

O ditador Videla  morreu na  cadea, onde deben morre-los ditadores. Pra España, Arxentina é unha lección de transición e de funcionamento dunha xustiza independente. Si Videla, como se di, solo foi un instrumento do poder económico e da airexa, non facía que fora menos culpable dos crimes dos que se lle acusou. Os que o utilizaron teñen a habilidade de tira-la pedra e esconde-la man. tamén en España o fixeron.  Resulta ilusorio que en España se xulgue ós criminais, cando seguen gobernando os da mesma corda e estes non son dos que non admiten errores; porque a verdade é súa. De feito é o único país do mundo onde segue, sen interrupción, cun réxime fascista. Algún, como o xuíz Garzón, sufriu nas súas propias carnes o erro de crer que estaba nunha democracia. O PP opúxose a que se condenara a rebelión militar; a razón é sinxela, eles gañaron a guerra.

VELADA AMEAZA

 

Bárcenas considera esaxerada a fianza que lle impuxo o xuíz, ademais calificouna de temeridade. Así, sen mais, quere dicir: imprudente,  exposición excesiva, etc. o que pode ser o mesmo, unha velada advertencia. O importe, preste home e o seu entorno, é o de menos, pero non poden permitir que vaia á cadea; por si tira da manta. Tendo o antecedente do xuíz Garzón hai que recoñecerlle a súa valentía e amor á xustiza           

O QUE NUNCA SE FOI

O QUE NUNCA SE FOI

 

 

De principio hai que pensar que nunca se foi de todo; porque os mediocres nunca se  van, necesitan vivir no entorno do poder. No caso de Aznar o asunto é mais complexo. Neste esperpéntico personaxe concorren diversos factores. En primeiro lugar, a paulatina marxinación da alcaldesa Botella, por parte de Cospedal e de Esperanza Aguirre orixinou este ataque ó goberno. En segundo lugar, o  cerco a Blesa e todo o que significou nas finanzas do goberno Aznar ocasionou un ataque preventivo, disfrazado de un arrebato patriótico. Como corolario hai que concluír que Rajoy, aínda que non é da miña corda, Rajoy está lexitimado polas furnas, neste momento, Aznar non. Di moi pouco de Aznar o  non ter un pouco de sentido de Estado e de non ser lea o seu partido. Con todo, era de esperar que nalgún momento, dada a situación do país, xurdira algún anano con trazas de ditador

MOVENDOLLE A CADEIRA

MOVENDOLLE A CADEIRA

 

As enquisas que dan por perdida a alcaldía de Madrid ó PP, trae como consecuencia inmediata que a Botella teña os mais directos inimigos dentro do propio PP. Tanto Cospedal como Esperanza Aguirre estanlle a move-la cadeira á alcaldesa. Non lles faltan motivos; pero vai haber unha fratricida guerra no PP e moitas patadas por debaixo da mesa. Aznar aínda ten moitos que lle deben favores e non é dos que se renden sen batalla. Os intereses en xogo, que son xigantescos, van ser determinantes

MOVENDOLLE A CADEIRA

 


 


As enquisas que dan por perdida a alcaldía de Madrid ó PP, trae como consecuencia inmediata que a Botella teña os mais directos inimigos dentro do propio PP. Tanto Cospedal como Esperanza Aguirre estanlle a move-la cadeira á alcaldesa. Non lles faltan motivos; pero vai haber unha fratricida guerra no PP e moitas patadas por debaixo da mesa. Aznar aínda ten moitos que lle deben favores e non é dos que se renden sen batalla. Os intereses en xogo, que son xigantescos, van ser determinantes

ESTABA CANTADO

ESTABA CANTADO

 

A contrarreforma do ensino non a ían parar as protestas da rúa. Non chega con ter razón, solo hai que te-lo poder e estar disposto a utiliza-lo. A paralización por unha sema da aprobación da reforma educativa debeuse á necesidade de simples axustes técnicos; non foi unha paralización por causa das protestas. O PP ten de sobra acreditado que non lle importa o que pase na rúa; son autistas e van o seu. O mais grande, nesta miseria, foi a unanimidade da oposición de toda  a sociedade civil. A explicación que deu a vicepresidenta de que a reforma pretende reduci-lo fracaso escolar e mellora-la calidade do ensino é similar a que deu a Ministra de Traballo coa reforma laboral. Temos que saber interpretar a súa linguaxe, que nunca é o que se interpretaría literalmente das súas palabras, senon o que se pode deducir das súas intencións. Coa reforma educativa volvemos os tempos preconstitucionais e solo se contenta a airexa católica, que acumula méritos pra súa ilegalización.

 

CANDO A DIMISION NON CHEGA

CANDO A DIMISION NON CHEGA

 

Logo de que os altos cargos do gobernó da Mancha deran por boas as explicacións do xerente do hospital de Hellín, este presento a dimisión; como si con iso se arranxara todo. Danlle un gorentoso cargo  e alóxano  dos focos esperando que o asunto se esqueza. Esa non é a solución, a solución é que o boten á puta rúa e que pague, do seu peto os gastos que ocasionou. Logo, se hai causa, que a hai, que a xustiza se encargue del.

RETORCENDO A LINGUAXE

 

Os que digan que non son Ministros hábiles, que son simples parcheróns, que solo serven  pra que lles poñan arreos, equivócase; son hábiles coa linguaxe, capaces de inventar acepcións novas, ou retorce-lo linguaxe, de tal xeito que nada é o que parece, nin o que debía ser. Todos recordamos o trabalinguas da Ministra de Traballo sobre os que emigran, o da Cospedal sobre Bárcenas, o do Ministro de Facenda sobre a amnistía fiscal. O de Guindos sobre o rescate á banca, Etc.

MAIS QUE UN DIA

MAIS QUE UN DIA

 

Paréceme unha tacañería, dedicarlle un día o ano ás letras galegas. Temos que te-la constancia diaria de usar e defende-lo que é noso. Non comprendo por qué o galego ten tantos inimigos e que gocen do apoio oficial. Tocounos vivir non intre histórico en que o país precisa de galegos que queiran que o galego teña mil primaveras mais, que non vivamos neste inverno permanente da nosa cultura. Que os nosos descendentes non nos acusen de non ter loitado, de deixar esmorece-lo noso patrimonio no medio de laios, sen unha loita decidida que estea a altura dos inimigos do noso idioma. Si eles son moitos e fortes requirirá que loitemos con mais determinación. Sabemos que o goberno é autista, que non fai ningún caso das manifestacións en prol do galego. Será necesario que se vexa obrigado a escoitar ó pobo. De nos depende que non deixemos que bandas fascistas e gobernos de ignorantes asasinan impunemente o noso idioma.  

DIGNOS DE ESTUDO

DIGNOS DE ESTUDO

 

 Hai unha chea de casos dignos de estudo sobre as infraccións de tráfico, xa sexa por alcohol, ou outro tipo de drogas. Hai   casos chamativos como o de Carromero, ilustre inútil das xuventudes peperas, ou o do exconselleiro e cargo do goberno de  Aznar, sen esquecer o concelleiro do PP de Santiago. A cuestión é determinar si esta xente ten unha inclinación natural o viño, ou son simples seguidores de  Aznar neste asunto. 

OS DESPOSEIDOS

OS DESPOSEIDOS

 

A de Novas Xeracións do PP,  Beatriz Jurado, dixo, en Asturias, que algúns mozos teñen querencia polas algarabías callejeras. Outros, como os mozos do PP, entre os que se atopa ela e o da CA DE Valencia, nomeado asesor cun soldo de 50.000 euros, mentres non pagan nin as farmacias , nin os comedores escolares, traballan pola recuperación do país. A tal moza , pese os seus anos, é xa senadora. O presente e o futuro presentáselles propicio. Cousa moi normal en fillos da ben situada dereita; unha dereita que nunca deixou de mandar en España, incluso cando nos criamos gobernados por un goberno de esquerdas. Os fillos de traballadores obrígannos a emigrar. Por riba, si protestan son demonizados, mallados e encarcelanos. O caso destes mozos pon en evidencia, unha vez mais, un Senado, que solo serve pra colocar a quenes doutro xeito non terían curro.  O Goberno de Baleares tamén nomeou secretaria do Presidente a mis Baleares 2009. Que mal rollo, como fede isto.  Nada mais que dicir, o Axuntamento con 270 asesores, reles o famoso Carromero, líder de NX. As crianzas dos colexios madrileños sen comida e a sanidade uns zorros. Chamativo o caso dun concello galego que non chega a 1000 habitantes e o alcalde nomeou un asesor e contratou un axudante pra Secretaria do concello. E logo raciónanlle o alpiste ó loro, e dicir, ó pobo. Todos da gaivota.

 

SOLUCION Ó PARO

SOLUCION Ó PARO

 

Non hai nada que temer; o PP ten solucións pro paro. Recomenda que recen os parados. O que non aclararon é si hai que rezar á Virxe do Rocío, ou chega  con invocar a outro ente calquera. Moitos parados que non están familiarizados con recomendacións, e mais de tan altas esferas, vanse atopar perdidos. Sería de agradecer que, amais de recomendarlles ós parados que recen, dean instrucións mais polo miúdo de como facelo. Hai que pensar que moitos de estes parados son roxos que non frecuentan as airexas. Quizá por ser roxos se atopen no paro; porque Deus coida dos seus e non quere cousas malas; como o paro. Pero esa Europa, na que tantas  esperanza puxemos, estase a converter nunha mala madastra; cada  vez son mais os que renegan  da UE. Agora pretende que España recorte mais.

INUTIL, IRRESPONSABLE

INUTIL, IRRESPONSABLE

 A traxedia do Madrid Arena, revela algo xa sabido: a incapacidade da rexedora municipal. Quixeron tapa-la boca da xefa da policía municipal, encargada  do operativo do Madrid Arena. A verdade sabe nadar e e difícil de afogar; sempre sae a flote. Os mandos da policía non quixeron escoitar as peticións, mesmo lle dixeron a encargada do operativo que se buscara a vida; non lles interesaba que controlaran o acceso de público ó local, dese xeito, como sucedeu, os asistentes duplicaban o aforo. Parece que as instrucións eran claras, ningún impedimento pra mingua-lo negocio dos amigos. Si a alcaldesa non poñía condicións, por qué se ían mollar os xefes policiais. Tampouco lle importaron a morte de cinco xóvenes, que se marchou a un spac a Portugal, en lugar de dimitir

APAÑANDO

APAÑANDO

 

Grazas a unha lei do goberno Aznar, unha simple certificación do Bispo serve pra inmatricular no Rexistro da propiedade todo tipo de bens como de titularidade da airexa. Dende que a Lei se aprobou leva inmatriculado, por este método, mais de 4.500 propiedades, sen publicidade e sen pagar impostos. Bens do Patrimonio e de veciños caeron nas garras do clero, que se apoderaron deles, sen o menor reparo. Mais non solo Aznar é culpable, tamén Zapatero deixou continua-la rapiña. Tamén nesto, non parece haber moitas deferencias entre o PP e o PSOE.