Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

EN OLLO ALLEO

 

O alcalde de Ourense, do PSOE,  gástase cen euros, do concello, nunha festa agasallo a un compañeiro. Por similar motivo, o goberno da CA do PP de Valencia gástase, a cargo do presuposto da CA, 460 euros que custou a mariscada. O alcalde de  Santiago, co gallo das festas da Asunción, invita a varios colegas da corporación a unha pulpada. Pecata minuta. En diversos autohomenaxes, como foi a toma de posesión da lideresa, gastáronse 1.800.000 euros, que foron abonados á trama Gürtel. Algúns dos servizos nin se chegaron a realizar; outros, realizados, foron facturados cun recargo do 60%. A mesma CA de Madrid, segundo informe da Intervención do Estado, desglosou varios contratos pra adxudica-los ós gürtelianos. O partido de Rosa Díaz, marca branca do PP, descubríronselle varios casos de corrupción en Valencia. Qué terá Valencia?. Pois ben, o PP de Ourense quere que o alcalde dimita por eses cen euros indebidamente gastados, o que me parece ben. Pero é un curioso defecto visual, ver unha palla no ollo alleo, e non ver gran morea de vigas nos propios.    

 

A IGNORANCIA PERXUDICA

A IGNORANCIA PERXUDICA

 

Segundo a Deputada do PP Escuredo, as mulleres que abortan son as mais ignorantes . Estas palabras escandalizaron tanto deputados doutros partidos como do seu propio. Tal foi o caso de Celia Villalobos, quen abandonou o Pleno do Congreso o escoitar tales declaracións e se abstivo ó votar a lei.

Durante o debate da moción presentada polo PSOE contra a reforma da lei, Villalobos ergueuse do seu escano e abandonou o hemiciclo tras intercambiar unhas palabras con Esteban González Pons.

Villalobos explicou despois a Europa Press que abandonara o hemiciclo por non compartir en absoluto a posición expresada por Escudero, que a abocado a non participar na votación. Tamén eloxiou a liberdade de voto que neste tipo de votacións adoita dar o grupo parlamentario de CiU aos seus deputados.

O que a mentira esconde é que as mulleres que mais se beneficiaron da lei de aborto actual son as que menos recursos teñen. As que teñen  mais recursos como a Escuredo e outras Peperas, teñen medios pra ir a Londres e con ese cinismo do extremismo relixioso, que nega o aborto ás pobres, cando elas son libres de practicalo, pódense permiti-lo luxo de apoiar a reforma da lei do aborto do ayatola Gallardón. Por suposto, non teñen solidarizade coas mulleres que non teñen os seus mesmos medios. Estas terán que concibir fillos con malformacións, acudir a abortistas clandestinas, con risco pra súa vida. O Goberno que as obriga a estas situacións, négalles axudas á dependencia. No fondo, os ultras, ricos queren que as mulleres pobres paran como coellas, pra ter unha man de obra barata e abundante, e as mulleres, e esas familias en situacións de necesidade extrema, son mais maleables. Teñen tan interiorizado o sistema que, en palabras do ultracatólico e extremista Ministro do Interior: as abortistas son comparables a ETA

O PUBLICO É NOSO

O PUBLICO É NOSO

 

 Que o público é noso, e o que non é noso sobra, despréndense dos feitos, ademaiss da  ideoloxía neoliberal do PP. Unha gran parte da familia do Presidente da CA de Madrid están de chupóteros, enchufados en postos  moi ben pagados da Administración Pública; pero non é a única esta extensa familia en chupar do público. A familia da lideresa Esperanza Aguirre, que é partidaria de privatizar, como ultraliberal que é, está enganchada á teta da Administración  Pública, o mesmo que a da Cospedal, a da Botella e un longo etc. Mais rechina o caso do xerente do hospital de Hellín, que despediu a vinte especialista, restrinxindo a carteira de servizos do hospital. Cando súa nai precisou ser operada dunha hernia discal, ollo, que non era sequera urxente, e si o fora podía ser traslada a outro centro, como todo o mundo, fixo vir, dende Albacete a todo un equipo de médicos, enfermeras, etc., abrindo un quirófano pola tarde. Noutro país, o xerente, despois de paga-los gastos do seu peto, sería cesado, igual que a Conselleira de Sanidade. O que nos sobre a nos do público hai que privatizalo. Os cidadáns que non sexan do PP, que paguen os servizos, ou que morran. Palabra da CE.

UNHA CRISE PROS POBRES

UNHA CRISE PROS POBRES

 

 

   Vivimos nunha crise, económica e de valores. O certo é que non é unha crise universal, non lle afecta a todos por igual. O diferencial entre ricos e pobres medrou de xeito exponencial coa crise; así, os ricos son cada vez mais ricos, e os pobres son cada vez mais pobres. Esta é unha crise, non solo dos pobres dun pais en crise, senón que é unha crise de países pobres. As causas da crise din que é por vivir por riba das posibilidades do país, iso  pode ser moi certo, o asunto está en determinar quen viviu por riba das posibilidades, ¿O Pais, ou os  seus habitantes?. Visto os distintos antecedentes, parece claro que foron os países, na súa meirande parte, por incompetencia e corrupción dos gobernantes os que viviron por riba das súas posibilidades.  Os valores da sociedade, en parte polo efecto da crise, centráronse nun culto o diñeiro. Nesta confusión de valores emerxe a airexa católica impoñendo a súa doutrina moral, por suposto, ós pobres.

UNHA COVEIRA

UNHA COVEIRA

  

Inocentes nos, que tíñamos o capitán pescanova por un superheroe; en realidade era un corsario, ou quizá un asaltador de bancos, que en lugar de asalta-los bancos de peixe asaltaba os bancos do diñeiro; unha pesca de secan, moito mais produtiva.  PESCANOVA era algo así como a cova de Alí Babá e os cuarenta ladróns. Por moitas contas que fixen, recorrendo incluso ós logaritmos neperianos, non cheguei a comprender, cómo se pode endebedar a unha empresa como PESCANOVA en mais tres mil millóns de euros. A xuíza debeu ver algo moi claro cando apartou a Fernández de Sousa da dirección. Se tan grave viu a cousa, por qué non o meteu na cadea. Será que o da cadea solo é pros pobres. 

BOADIL

 

 

Rajoy, dende Granada, non chorou como fixera Boadil. Nosoutros si choramos,  de oírlle dicir que o goberno sabe o que fai. Si o goberno sae o  que fai, é certo, que con premeditación está arruinando o país, aínda que penso que cando un Presidente do Goberno ten que utilizar ese argumento é que realmente está navegando a cegas e non te idea do que debe facer. Pide que teñan fe no Goberno

OS TARDOFRANQUISTAS

 O apostolado do Ministro de Xustiza en contra do aborto, solo pode leva-la acabo unha persoa cunha mente enferma, no seu descargo cabe dicir que non deixa de ser un monaguillo do poder eclesial. Estes, tardofranquistas, como o Ministro Wert, son uns meros instrumentos da España negra, antidemocrática e antisocial; por ser meros instrumentos dos poderes escuros, non deixan de ser responsables das súas políticas, xa que senón estiveran de acordo, sempre poderían dimitir;

 

VIDA NO PARLAMENTO

VIDA NO PARLAMENTO

 

  Alguén tiña que ser o que lle parara ós pes a Feijoo. Estaba acostumbrado  a te-la oposición acolloada. Non mudou de estratexia, en canto de debater, que é pra que serve o Parlamento, dedicouse a aguilloar e insulta-la oposición.  Pero alí estaba Beiras, home de acendido doado, que saltou, e foi a por Feijoo.  Quedou demostrado que Feijoo e Beiras precísanse pra montar a escena; doutro xeito o Parlamento trócase non lugar aburrido e predicible. Nun acto celebrado na USC, Beiras, entre outras lindezas, chamoulle a Feijoo narcopresidente. As NX peperas arremeteron contra Beiras. Normal que defendan o seu Presidente, pero debera ser Feijoo o que  despexara as dúbidas das súas relacións cos narcotraficantes e non guinda-las NG a escea, nin fuxir pra México, onde viron as debilidades dun sector naval e lle deron  unha dentada, facéndose con Barreras a prezo de saldo. Tampouco tapa o conto a súa ameaza de reduci-lo Parlamento, favorecendo os seus intereses. Se realmente quere aforrar que suprima as Deputacións e que racionalice ós concellos. Se quere renovar adecuadamente o sistema electoral, que faga que cada elector sexa u voto, que non perpetúe o caciquismo.    

PARO, OU TRABALLO

PARO, OU TRABALLO

 

Non sei que se celebra no día de hoxe , si é o día do traballo ou é o día no que recordamos que algún día había traballo. Con mais de 6.270.000 parados hai pouco que celebrar, e mais despois da comparencia do trío de Ministros que nos dixeron que eran incapaces de frea-lo paro. É penoso que nos queiran facer crer que outra política non é posible, cando se lle ofreceron varias alternativas. O Goberno solo pensa en poñer orde na rúa, a base de paus; bo sería que se preocupara de poñer orde na economía.

ILEGALIZALOS

ILEGALIZALOS

 

  Rouco está furioso porque o PP non ten derrogado a lei do aborto e a o matrimonio gay. O mesmo Papa, a instancia de Rouco, pediulle explicacións a Rajoy na audiencia que lle concedeu. Os sectores mais ultras e cavernícolas, espoliados por un clero ocioso, está axitando o panorama político pra prohibi-lo aborto. Que nade se esqueza que vivimos nun país teocrático, a democracia non volvera mentres non se ilegalice a airexa. A paz social depende delo. A crise a eses parasitos non lles importa porque o goberno mantenos a salvo, pra nada tocou os seus privilexios económicos, pero aínda queren mais, queren condicionar a vida civil e  impoñer a súa doutrina a ese 57% que non cre na moral que predican; unha sociedade que quería antes un cacho de pan, deixando o ceo pra logo, no inferno xa viven.

NON SE ARREDAN

NON SE ARREDAN

 

  Os voceiros do PP non se apean da burrra: non lles importa que haxa 6.270.000 parados. Eles seguen fachendosos da súa política, de axudar ós bancos e deixar na indixencia ás familias. Os parados, como di a lideresa E. Aguirre, teñen que estar agradecidos de emigrar, así amén fan  turismo. Non é emigración, é, como di a Ministra de Traballo, mobilidade exterior. Tiña as miñas dúbidas de que esta señora, que nunca traballou, que sempre viviu á sombra da gaivota, tivera idea do que é o traballo, e non me sacou da miña dúbida. Deixoume sorprendido a construción de un novo vocabulario; i é que os peperos, a falta de outras aptitudes, reveláronse como uns mestres do linguaxe escuro; ese que nade lles entende, pero que lles permite unha `política de embaucamento ós electores.       

LEA NO PARLAMENTO

LEA NO PARLAMENTO

O semanario NOVA GALIZA publicou que tanto Manuel Fraga coma Gerardo Fernández Albor mantiveron encontros con coñecidos contrabandistas arousáns. Así, apunta este medio que os lugares habituais de encontro de Manuel Fraga cos narcocontrabandistas eran os bares-restaurantes "Santos", "Benito Calteiro", "La Sirena" e "Alúmina", na localidade pontevedresa de Vila Nova de Arousa.

"Vioque tem comido com Manuel Fraga em mais de umha ocasiom no Parador de Cambados. Naquelas datas era freqüente que estivessem acompanhados à mesa por tam ilustres comensais e sobejamente conhecidos como Luís Falcón, “Falconetti”, ou Vicente Otero Pérez, “Terito”, sócio habitual em todo o tipo de negócios do narcodelator Manuel Carballo Jueguen, outro dos ilustres financiadores do PP. Todos e cada um dos comensais tenhen contribuído em mais de umha ocasiom com quantidades acima dos 50 milhons de pesetas para os “populares”, sinala o Novas.

De esa relación pepera co mundo do narcotráfico, incluida a súa relación con Marcial Dourado, non quixo falar Feijoo; pola contra adicouse a insultar e provocar a Beiras. No Parlamento debera haber un control sobre as drogas e ningún parlamenttario debería intervir si houbera a mínima sospeita que estaba baixo o efecto das drogas.

CHULO E FALTÓN

CHULO E FALTÓN

 

  Con ese aire de macarra, de chulo e faltón, Feijoo,intentou e conseguiuno, provocar a Beiras, no Parlamento do Hórreo. É un aburrimento o Parlamento, o PP foino baleirando de contido e agora vai camiño de convertelo nun circo. Teño a certeza de que Feijoo debera ter prohibida a entrada no Parlamento. Feijoo é home de tarberna; non sabe comportarse no Parlamento. O Parlamento é un lugar pra debater, non pra insultar e provocar

PODE SER CONTAXIO

PODE SER CONTAXIO

 

  O Alcalde de Alcalá tamén arremete contra homosexuais, das mulleres. Isto pode ser unha evidencia de que a intolerancia é contaxiosa. O Bispo des Alcalá está nesa mesma línea, aínda que é mais belixerante. O seu caso pode deberse a un problema persoal co sexo, a algún tipo de trauma. Nada se lle oíu  dicir do abuso sexual a menores, nin da caridade. Pra el solo hai privilexios e dereito de pernada dos que teñen que ser castos e xenerosos. O tema do aborto, no que a airexa española é moi belixerante e non escapa ó debate. Monseñor Reig Pla, Bispo de Alcalá, foi a punta de lanza da ofensiva eclesial e modernizou o discurso da airexa. Sempre que a parella non sinta entre as pernas a cálida chamada de Deus, pode utiliza-la porta traseira e practicar o sexo anal. O Prelado remitiuse á Biblia para xustifica-la medida. Concretamente, á pasaxe do Éxodo que a inspirou. O "ollo por ollo". Na mesma liña, asegurou que «o corpo humano é o Templo do Señor. O ano a súa porta traseira. Un bo fregués sempre prefire entrar pola porta principal, pero a cuestión é entrar, aínda que sexa a base de manteiga.  É a primeira vez que a airexa da un pinchacarneiro e fala do sexo anal entre maiores, pero limitada ó matrimonio heterosexual. Os homosexuais seguen sendo tabú e a airexa desaproba a súa relación, pra eles non hai porta traseira, solo o inferno.

 

CAN DO O PASADO NOS PERSIGUE

CAN DO O PASADO NOS PERSIGUE

 

   É historia, e a historia retrátanos cal fomos. Nun retrato da axencia EFE;  vese a un novo Felipe González desfilando coa  Falanxe, na cabeza e con actitude entusiasta, levantando a man, en saúdo fascista. Armoulles unha lea ós que pretendían editar un libro sobre a Falanxe, facéndolles retira-la  foto. Nembargante quedan dous feitos á vista, por un lado vemos que xa daquela lle gustaba ir de líder, aínda que logo mudara a chaqueta, xa fora por convicción, cousa lexítima, ou por conveniencia. Alí había moita competencia. Algo daquela época perdura no ser de Felipe González, que lle leva  a emitir opinións curiosas nun líder socialista. Dixo que os escrabe preto dos domicilios dos políticos do PP poden molestar ás crianza que habitan a vivenda. A sensu contrario, os fillos dos  desafiuzados non lle merecen consideración. ¿Haberá algo mais traumático pra un neno coma que o boten fora da súa casa?. ¿ Coma que os pais perdan o traballo por culpa de políticos ineptos e non podan paga-la hipoteca?. A conclusión é que Felipe non ten nada de socialista; como moitos políticos, foi un arribista.

EL É O PROBLEMA

 

  Unha Xefatura do Estado que ten a súa orixe na imposición dun ditador asasino, necesita dar exemplo diario de honestidade e profesionalidade. Nestes últimos tempos o único propósito do Rei parece un empeño persoal, decidido a demostrar ós mais crédulos a inutilidade da Institución. Juan Carlos debera saber que familia e Xefatura do Estado son cousa distintas, e cando as fillas se casaron seguiu a engadilas, cos seus consortes e prole á Casa Real, froito, tal vez, do concepto patrimonial que ten do Estado. Os enredos da familia do Rei, por esa vinculación á Coroa, dan o carácter de leas da casa do Rei; cousa que se houbera evitado si as fillas do Rei houberan seguido unha vida independente. Tratar de atopar outros paralelismos nas casas reais europeas, é un patético intento de salvar unha desfeita. Nade fai tanto pola chegada da III república como a Casa Real.

TAMÉN HAI NEVE

TAMÉN HAI NEVE

Unha das promesas que trouxo Feijoo de México é a de exportar leite galega a México. Así, dese xeito tan sinxelo vanse arranxa-los problemas dos gandeiros. Os galegos non somos conscientes da valía do noso Presidente, que ten solucións para todo. Eu mais ben diría, promesas pra todo; porque ó día de hoxe, e imos polo seu segundo mandato, non solucionou nada. O único certo que fixo foi endebedar mais o país, de xeito que ningún goberno no futuro poderá facer outra cousa que non sexa paga-la débeda. Mais ós galegos vailles a marcha, ou son tan ignorantes que non se dan conta pra onde nos leva este Presidente. A súa viaxe a México, onde hai moita neve, ou foi por fuxir dos problemas que tiña aquí, ou por negocios seus, nunca por intereses de Galiza.

PODEN PERO NON QUEREN

PODEN PERO  NON QUEREN

 

Poden, pero non queren, esa é o que din na Plataforma de Afectados polas Hipotecas.  O PP, coa mais noxenta hipocresía e na meirande Soedade, aproba a Lei d e Hipotecas. Non admitíu  ningunha suxerencia da oposición, tampouco incorporou ningunha proposta da Plataforma de Afectados, que aproveitaron a súa iniciativa pra valeirar de contido e sacar unha lei que favoreza ós bancos. Escoitar a un Deputado do PP dar explicación sobre o asunto, foi a demostración de que insultan sen disimulo a intelixencia dos cidadáns. O goberno do PP, que chegou o poder con enganos, legaliza o roubo das hipotecas, secuestra a democracia, e quere que lle estemos agradecidos.

MENTIU, NADA NOVO

MENTIU, NADA NOVO

 

  Feijoo dixo que dera por rematadas as relacións con Marcial Dorado no 98. O xuíz Taín dixo que en 2003., en conversas intervidas ó narco figuran varias conversacións de Feijoo. Os contratos co Sergas, no tempo de Feijoo, Marcial Dorado era un fornecedor  privilexiado. Pra non dar explicacións fuxe pra México, onde di que vai negociar con PEMEX. Xa nos vendeu mais veces o mesmo burro; así que a ver que trae agora. A súa fama o precede, na prensa mexicana anunciábase a súa visita como a dun político relacionado co narco, co significado que iso ten en México.

SI, O ENTENDEN

SI, O ENTENDEN

 

Si, o entenden, pero pensan que somos demasiado estúpidos pra entendelo nos; porque si non fóramos tan  estúpidos eles terían un problema. Os partidos políticos no nacemento da democracia foron unha solución. Hoxe, viven arredados dos problemas dos cidadáns, constituíronse nunha caste social e viven, non pra soluciona-los problemas do país, se non pra defende-los seus esaxerados privilexios. De solución pasaron a ser un problema. Iso é o que se desprende da enquisa que publicou a SER. A Cospedal non lle concedeu crédito ós resultados da enquisa, porque partidos políticos, sindicatos, banqueiros e airexa son mal valorados polos cidadáns, en contraposición ós escraches e demais plataformas cidadáns. O caso do expresidente do Parlamento catalán, Deputado de Esquerra, que se xubila ós 51 anos cun soldo anual de mais de 100.000 euros ó ano,  non é un caso único, hai  que multiplicalo por todos os cargos similares en toda España.