Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O NAVAL MAL

O NAVAL MAL

 

 No parlamento do Pazo do Hórreo, PP e PSOE responsabilizábanse mutuamente da crise do sector naval, lea que continuou nos medios de desinformación e na rúa; así mentres os nosos representantes non queren facer nada polo naval, de Bruxelas danlle o golpe de graza e pide a devolución de 3.000 millóns de euros. A gaivota caga por todo Galiza e a rosa perde flor e sáenlle mais espinas. Probe Galiza que xogan co teu alento.

DE ONDE SAE

 

O decreto andaluz sobre  vivendas expropiadas, levantou unha fonda inquedanza na banca, que vía como un goberno autonómico lle poñía un pouco  de freo a orxía de desafiuzamentos. Sen impedilos, nin obstaculizalos, pretende impoñer  un mínimo  de orde. O goberno español, o servizo dunha banca inmoral, arrogante e mal xestionada, intrigou pra que Bruxelas desautorizara o decreto andaluz. O resultado foi unha carta dirixida a la Junta, na que lle manifesta que o decreto pode desestabiliza-lo mercado inmobiliario e financeiro.  Antepoñe-la fortuna da banca e dos investidores inmobiliarios á traxedia dunha familia que queda na rúa sen casa e sen recursos, é escandalosamente inmoral, alarma que en Bruxelas teñan esta preocupación, e pregúntome qué  carallo facemos neste club de impresentables ¿É que unha comunidade autónoma, elixida polos andaluces, non pode tomar medidas para protexer os seus cidadáns máis desprotexidos? ¿Non teñen bastante con socializar a ruína dos bancos?. Porque pódese expropiar un chan para facer unha estrada, pasa todos os días, e non se pode expropiar ¡ o uso!! dunha vivenda para protexer unha familia?. Indignante e increible... xa non teñen o escrúpulo de esconderse en disculpas peregrinas

RESISTENCIA

RESISTENCIA

 

 Non sei que hai detrás de RESISTENCIA GALEGA. O mais seguro, ó menos o que eu sei, RESISTENCIA GALEGA é esa persoa que resiste, que vive unha vida de subsistencia heroica, nun país empobrecido pola avaricia duns poucos  e un mal goberno de Feijoo, mais preocupado en aparentar e vendernos fume, que en encara-los problemas. Non sabía que se podía imputar a alguén pola posibilidade imaxinaria de que poida cometer un delito. Algúns detidos, ós que se acusa de pertenecer, a mesma policía confesa que se probas conclusas, á RESISTENCIA GUALEGA, son acusados de pertenencia a banda armada. Dende logo, o mais cachondo, non tiñan armas. Cuidadiño, poden  acusar á meirande parte dos galegos de pertenencia a banda armada, por resisti-la fame e non morrer. Pódennos acusar de subversión colectiva por pedir traballo, ou pan. Hai que ver como a xustiza lles atiza os mais febles, mentres a Blesa se lle protexe. Mozos, que afortunadamente non causaron danos persoais, son perseguidos con saña e os que se atreven a pedir contención, acúsanos de complicidade. Mentres miran pra outro lado cando políticas asasinas causan centos de mortos, como os suicidios polos  desafiuzamentos, ou condenan á xente á marxinalidade

OS UTEROS

OS UTEROS

 Científicos de talla mundial, entre os que se atopa o austríaco, inventor da píldora do día despois, están escandalizados coas pretensións de Ruíz Gallardón, de abolir a lei do aborto; ese monaguillo tardofranquista, ó servizo da Conferencia episcopal, cúpula desa seita de traficantes da fe, unha panda de misóxinos, que se consideran donos dos úteros.

 

AS REGRAS DO XOGO

AS REGRAS DO XOGO

 

  Asistimos como pampos as contradicións no informe da Axencia Tributaria sobre ventas de determinadas propiedades da Infanta Cristina. Agora Montoro cunhas escuras escusas nega a veracidade do contido do informe; atribúe o contido a erros dos notarios. Cando temos que admitir que, al menos, quince notarios, sen relación aparte entre eles, cometen o mesmo erro, ademais sobre algo tan singular como un DNI que solo ten dous díxitos, temos que pensar que algo raro hai. Non sabemos a que se xoga, nin cales son as regras do xogo, pero seguro que algo turbio se esconde. Tan turbio que nin Montoro foi capaz de montar unha explicación peregrina, como e habitual nel.    

 

 

AMIGOS PODEROSOS

AMIGOS PODEROSOS

 

   Cando se teñen amigos tan poderoso como ten Blesa, de nada importa que a un xuíz se empeñe en procesalo. Unha e outra vez se estrelará contra muros invisibles, que o protexen. Neste caso hai un intres engadido, protexendo a Blesa tamén se protexe así mesmos. Quén sabe o que podería contar Blesa  si se sentira abandoado.

O MANTRA

O MANTRA

 

Ningunha cousa, por moito que se repita, se converte en  realidade, nembargantes non é a verdade, nin a realidade é o que importa, senón unha aparencia de verdade, que enmascare os feitos reais, cumprindo así obxectivo de crear un estado de opinión, ó marxe de cal sexa a realidade. Nin é  de hoxe, nin de antes; de sempre Feijoo repetiu o do bo goberno e a austeridade, hai que no cree, cousa non difícil nun entorno manipulable. A verdade é moi mala de afogar, e teima por saír a flote. O endebedamento de Galicia medrou o derradeiro ano un 28%. Con ser un dato preocupante, é superado polo feito de que ese endebedamento foi pra pagar gastos correntes, algo contrario a un elemental principio da mais elemental economía. Dende a chegada de Feijoo ó goberno da  Xunta, de o dubidosa honra, de duplicar o endebedamento da CCAA, co lastre que iso supón pro futuro

VESE A LUZ

VESE A LUZ

 

O goberno anúncianos que xa se ve a luz ó final do túnel. O crecemento do paro modérase e pronto mudará a tendencia. Non fai falla ser moi adiviño pra saber que o crecemento do paro se deterá. Posiblemente cando non queden traballadores por conta allea, o paro non medrará mais

 

ENREDADO

ENREDADO

 

Nade quere o expresidente Aznar, el séntese solo e pouco querido. Se non ten oportunidade el a busca, e da receitas de gobernabilidade, que di nos sacaran da crise. Sempre fala en termos ambiguos, non quere pillarse as mans. Recomenda baixar impostos, pero non di  a quen; coñecendo o elemento, será as rendas mais altas, os pobres xa están afeitos á miseria. Con esa calculada ambigüedade, non di que gastos recortaría pra baixar ingresos e déficit. Solo pensalo, danme arrepíos.

FAI O QUE EU DIGO

Fai o que eu digo, pero non o que eu fago. Esa é a ensinanza do goberno. Os grospanzas do PP recoméndannos austeridade; e si nosoutros non o facemos, eles fannos por nos, impoñéndonos todo tipo de recortes. Con escándalo asistimos a ese cobro pra aluguer de vivenda dos Deputados, aínda que teñan vivenda en Madrid. Xa nada nos debía asombrar, dende que Rajoy cobra a axuda, malia vivir na Moncloa. Mansión que lle pagamos todos. O colmo é ese que a cotío está dando leccións de moralidade. Refírome a Pons, ó que o PP lle paga o aluguer dun piso  da rede Gürtel e   cobra os 1800 euros, que poucos os gañan de soldo

 

A POLEMICA

A POLEMICA

 

  Moitas mulleres saben o que é esperar por unha consulta xinecolóxica. O xinecólogo de Saez de Santamaría está a súa disposición e cóstanos unha fortuna os españois de a pe. O que dixo o concellar de Cambados: un chochín de ouro, dentro do desafortunado, pola forma, paréceme certo. Non comprendo porque ese home queríano crucificar e todas as feministas se lle votaron á chepa As mulleres debían diferenciar, entre os que quere que se lles trate igual, e as que viven instaladas no privilexio a costa súa. Si non son capaces de  ver esa deferencia,  nunca serán libres. Os desbarres vertidos na Razón, sobre este caso, cando o mesmo suxeito, publicou nese medio, de mulleres progresistas, cousas peores, cun linguaxe obsceno e repetitivo, debía chegar pra pensa-las cousas mellor

A FÁBULA

A FÁBULA

 

Hai unha fábula que explica o dos asesores. Un rei vai de caza. Prometéranlle bo tempo, o seu conselleiro dixéralle que ía facer un día estupendo; así que foi ó monte moi veraniego. Ó pasar por unha aldea, un aldeán díxolle que se aveciñaba mal tempo. O rei non lle fixo caso. Colleuno no monte unha tremenda sarabia e pasouno mal. Ó pasar de novo pola aldea preguntou polo aldeán pra contratalo como conselleiro,  preguntoulle como adiviñara o mal tempo que faría. O aldeán respondeulle que o burro agochaba as orellas cando o tempo se ía revirar. Entón o rei mudou de parecer e contratou o burro; é por iso que dende aquela todos os gobernantes, do nivel que sexa, teñen burros de asesores. O asunto quere dicir que non se necesita ter unha preparación especial pra ser asesor, incluso chega con ser burro.  Nalgún concello pequeno galego da montaña de Lugo con medio milleiro de veciños, o alcalde ten o seu conselleiro, sen esquecer que a secretaría ten persoal de apoio. Feijoo ten medio  cento de asesores, Ana Botella 265, e Rajoy ten case trescentos, algúns sen bacharelato sequera.

 

 

OS ESTAFADORES

OS ESTAFADORES

 

   Os titulares de preferentes e subordinadas ven caer sobre as súas cabezas a guillotina do recortes os seus aforros, que veñen impostos dende o goberno. Digo aforros, non inversións, porque a xente atrapada nesta estafa non se lle supoñen os mais elementais coñecementos do mercado de valores. Na súa maioría son persoas de avanzada idade e que a única preocupación era aforrar, cando os bancos, necesitados de recursos, inventaron uns produtos complexos, co único obxectivo de conseguir recursos pra cubrir uns furados de xestión deficiente, coa conivencia do Banco de España, encargado, en teoría, de velar pola xestión financeira. En lugar de dedicarse o cometido que tiña encomendado, Fernández Ordóñez dedicouse  a aconsellar sobre recortes no mercado laboral. Agora, tras o rescate bancario e as estafas das preferentes, Fernández Ordóñez xubilouse, cos riles ben abrigados, cunha obscena indemnización, que el mesmo se fixou, sen que responda do dano causado no sector financeiro. O goberno, fiel protector dos intereses da banca, legaliza a estafa.

ASALTO ÁS PENSIÓNS

ASALTO ÁS PENSIÓNS

 

  Non é a preocupación polo futuro das pensións o que lle inqueda ó goberno,  senón a posibilidade, mellor a certeza, de dar unha boa tallada ós voitres. Hai máis dunha década que os sabios urxían a reforma das pensións, con estudos moi sesudos  sobre a viabilidade futura das pensións. Eran tamén expertos, como agora. Pero recordo o inicio do negocio privado das pensións, aló polos oitenta, os bancos e aseguradoras xa emitía estatísticas e informes. Evidentemente, tratábase de informes financiados por bancos que trazaban o escenario máis desalentador, aventurando o final do sistema. O sistema, pese ós parasitos, segue, n ingunha catástrofe das anunciadas sucedeu. O que fallaran as predicións de entonces, non é garantía de que o sistema non teña graves problemas no futuro. Unha cousa é certa,  o medo é unha gran fonte de negocio, e o goberno, si en lugar de mete-las súas sucias mans na caixa, organizara estudos independentes, daría mais tranquilidade. Dos doce “sabios”, oito son de sectores con intereses, e nin sequera os outros catro teñen garantía de independencia. Destes mimbres está feito o estudo co que pretenden dar o machadazo ás pensións

MAÑÁ VOLVEREMOS

ALARMANTES ENQUISAS

As enquisas, dentro do limitado da enquisa, poñen de manifesto o rexeitamento dos líderes políticos actuais, a escasa valoración que teñen entre os electores. Escoitando a valoración da enquisa, por parte das voceiras do PP e do PSOE, compréndese o desapego no que vive a clase política. A casta política vive fora da realidade, e parece importarlle moi pouco o que pasa no país, solo lles importa conserva-los seus privilexios, e como dixo a Cospedal, non se renderán, e dicir, pola súa vontade non se van a ir. Temos que votalos foras.

ALARMANTES ESTADISTICAS



 

 

 As enquisas,
dentro do limitado da enquisa, poñen de manifesto o rexeitamento dos líderes
políticos actuais, a escasa valoración que teñen entre os electores. Escoitando
a valoración da enquisa, por parte das voceiras do PP e do PSOE, compréndese o
desapego no que vive a clase política. A casta política vive fora da realidade,
e parece importarlle moi pouco o que pasa no país, solo lles importa conserva-los
seus privilexios, e como dixo a Cospedal, non se renderán, e dicir, pola súa
vontade non se van a ir. Temos que votalos foras.



A SOEDADE PEPERRA

A SOEDADE PEPERRA

 

Non lles importa a Soedade, pensa que a única verdade é a súa. Débense a un ben  mais importante pra eles que os cidadáns: que é a protección da banca . O electores solo incordian cada catro anos,e unha axeitada propaganda, como se ten demostrado, conduce este gando ós rediles programados. O PP, entre mentres, o seu, traballando por un futuro seguro pra eles, e pra encher mais as alforxas do ricos.

O MIDAS

O MIDAS

 

Antes de acceder ó goberno, Aznar mandou cartas pedindo axuda. Copiara de ETA o imposto revolucionario. O resultado foi un río de diñeiro que discorría cara Xénova. Curiosamente os empresarios doadores obtiñan concesións e contratos de Administracións gobernadas polo PP. Elo é o que se desprende dos papeis de Bárcenas e outros rastros. O xuíz interroga os  empresarios supostamente implicados. Como si estes foran dici-la verdade e autoinculparse. tampouco se vai descubrir nada novo dos  libros de visitas de Xénova. Non se lle ocorre a nade que os empresarios van, en perona, a Xénova cos cartos na man.

PEITO DE LOBO

PEITO DE LOBO

 

A axencia de cualificación Standard & Poor 's (S&P) confirmou o seu rating para Galicia (BBB-/A-3) . Destacau que a comunidade "segue mostrando un alto nivel de endebedamento e un elevado déficit despois de gasto de capital". Mentres tanto Feijoo incha o peito e presume de boas finanzas. Trágase a dependencia pon anorésica a sanidade, desequilibra o ensino, cun ensino privado de luxo e un ensino público de beneficencia, desprotexe ás mulleres, que lles coloca enriba a rede madre como unha nova inquisición., enche a administración de asesores e enchufados, merca a información na prensa, mediante subvencións. Todo un goberno caciquil.