Facebook Twitter Google +1     Admin

SEN HONRA E SEN CARTOS

20090805112249-homer-simpson.jpg

 

 

 

          Aínda que se concibe como unha frase quixotesca, que reflexaría un modo de ser tópico español; foi pronunciada polo almirante Méndez Núñez no sitio do Callao: mais vale honra sen barcos, que barcos sen honra. Anos despois, outro galego, asignaría un acordo financeiro co Estado, absténdose, E dicir, sen opoñer un pero, sen discusión algunha asinou o que lle deron, perdendo case catro centésimas porcentuais na financiación que Galicia viña percibindo; é dicir, si antes éramos pobres, agora serémolo mais.

          Pra Feijoo é mais importante Xénova que Galicia; mais ben Galicia pral el é un accidente xeográfico, na que puxo as pousadeiras, con seres nados pra ser mandados,  que non lles importa que mexen por eles; o mellor algún día esperta  do soño e atópase coa realidade, porque as súas mentiras  foron descubertas.

          Volver de Madrid pra el non é nada novo, vota aló dous días da semana, “traballa” na Xunta tres. Por min podíase quedar aló. Esa case metade da semana, que non está en Galicia, pagámoslla os galegos; estanos estafando. Cando vólveo de asina-lo acordo de financiación veu sen cartos e sen honra, pero obedecendo, o cal me carga de razón pra pensar que Feijoo é solo un Guiñol, é que outros manexan os fíos.

          O modelo de finanzamento podíase considerar pechado, desde o momento en que o goberno do Estado e Cataluña chegaron a un acordo. Madrid e Valencia, malia ser autonomías gobernadas polo PP, tamén lles favorecen os parámetros aplicados a Cataluña, polo que o PP deu orde de absterse. Madrid ten os maiores ingresos por autonomía, non porque xenere mais riqueza, como o caso de Cataluña, senón porque as grandes empresas do Estado teñen a sede social en Madrid, e alí pagan os impostos, aínda que a actividade económica se realice fora da Comunidade.

          O concerto vasco non é tan histórico; eles remóntase a antes da guerra civil, e era unha reivindicación do PNV, e Aznar concedéullela, porque precisaba os votos do PNV. El primeiro, España despois. Con  Cataluña pasa algo parecido e o PSOE claudicou pra conserva-lo apoio parlamentario. De tódolos xeitos a financiación non acada o nivel de privilexio do  Pais Vasco.

          A Navarra, Franco concedeulle un privilexio financeiro, polo apoio que lle deu na guerra civil, co que seguen, moi caladiños pra que non se acorden deles.

          Volver sen cartos e sen honra,  sabendo que nin os compañeiros do partido te respetan, que ninguen quere alianzas estratéxicas contigo, que eres menos que nada, ten que ser frustrante; por eso necesita de desatinadas accións de goberno que o  reafirmen como autoridade. 

         En política, as persoas obedientes e manexables, coma el, teñen futuro; ter pensamentos propios pódete converter en perigoso, pero eso nunca lle vai ocorrer a  Feijoo; ademais, ser intelixente non é un mérito.   

05/08/2009 11:24 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: son do miño

O señor Feijoo fracasou nas negociacións para defender os intereses galegos en Madrid porque é un home de palla, unha marioneta imposta polos direxentes nacionais do PP. Así de claro

Fecha: 05/08/2009 13:33.


gravatar.comAutor: piuxiño

Este escuro persoeiro voltou de facer os madriles como saíra...cunha man por diante e outra por detrás, case que co cú ao aire. Namentres quedamos como estábamos...e inda por riba véndenos a esmola do Estado como un logro persoal. Penoso

Fecha: 05/08/2009 13:38.


gravatar.comAutor: eu o autor

Volveu en calzoncillos como Homer Simpson.

Fecha: 05/08/2009 19:25.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris