O MELLOR
O Director xeral de Montes da Xunta de Galicia é un home que non se corta un pelo a hora de votarse flores, modesto, e cunha cara mais dura que un seixo.
Asegurou que o sistema contraincendios da actual Xunta é o mellor de España, abofé que ten razón, co outro goberno no chovía seguido como agora, estaba cheo de roxos, cos que Deus non quere nada. Pola contra, agora temos a Deus da nosa parte e mándanos auga do ceo a esgalla. Con tan bo aliado non hai porque terlle medo ó lume. Supoño que eso era o que quería dicir, con aquelas palabras tan ben ditas, que ninguén entendía.
Mirade por onde, si Feijoo é un deus, ou manda mais que Deus, a choiva de xullo é cousa súa; controlou os incendios, pero fodeu ós que tiñan vacacións neste mes, os dos hoteis, os dos cámpings, e tódolos que disfrutan co bo tempo. Xa saben, que lle pidan unha indemnización.
As brigadas tamén felices, a bota-la partida e que siga a cousa.
Si o resto do monte de España arde é porque non teñen un sistema contraincendios tan bo como o de Feijoo. Non chove como en Galicia. Que Deus nos colla confesados si o tempo mellora.
As axudas xa concedidas e non pagadas son actos firmes e débedas contraídas, pero os beneficiarios, os políticos e os sindicatos do campo son galegos cordiais.
2 comentarios
piuxiño -
serpe -
O QUE HAI QUE OIR, MEU DEUS!!!!