Facebook Twitter Google +1     Admin

A NEGACION DA DEMOCRACIA

20090815175019-20090815111223-dictadura-democracia.gif

 

          Si queremos comprende-la actitude do PP, temos que facelo partindo da base de que non é un partido que  cree na democracia, polo menos a meirande parte dos seus órganos de goberno; incluso a súa filosofía, tanto de goberno, como de oposición, é a típica dun partido que está no sistema a desgusto.

          Eu sempre pensei que o da corrupción  e o da trama Gürtel  eran episodios, que se podían   dar en calquera partido, pero a entrada en tromba dos máximos responsables do partido, acusando a policías, fiscais, xuíces e goberno, fai espertar a un do soño e pono no camiño da cruda realidade; a eso é o que nos inducen as intervencións de Cospedal, Rajoy, Arenas, etc, a unha corrupción institucional, que salpica a estructura do partido.

          Sempre se poñen de víctimas, apelan a inventarse tramas organizadas na súa contra, todo pra esconde-la corrupción e o amíguesmo.

          Dentro do PP hai xente que cree e vive a democracia, pero os responsables da estructura do partido e organizacións e persoeiros con pedigree do antigo réxime, impoñen o seu pensamento e modos.

          Non creo que cheguemos a que se fagan festas como as de Berlusconi, aínda que o PP chegue ó poder, porque ese é un personaxe único, pero estase a leva-la política por un camiño moi parecido.

          Non sei si esta xente cree na democracia, na división de poderes e no estado de dereito, semella que non: amosa unha incrible coincidencia cos batasunos e están ó borde de que se lles aplique a Lei de Partidos; non sería nada disparado promover a súa ilegalización, así podería xurdir unha dereita democrática semellante ás europeas.  Mentres en Galicia sigamos a ser a reserva material  da reserva espiritual da ultradereita española, temos un futuro moi negro.

 

 

 

 

15/08/2009 11:12 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris