Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GAITEIRO e con chulería

GAITEIRO e con chulería

 

          Para chulo, o que se di chulo, Núñez Feijoo. Pensei que a súa presencia en Pontevedra fora unha provocación calculada, organizada polo candidato a alcalde do PP de Pontevedra, Telmo Martín, mestre enredador; pero o certo é que Feijoo é un chulo, vaidoso e provocador. Facer público que viaxará nun coche sen blindaxe é unha provocación dun personaxe que teima con facerse famoso á costa do que sexa, de certo que non é mais que un presidente dun goberno bonsai; sen que se  saiba ben ó servicio de quen.

          Fai poucos días Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Señor da provincia, evitou  toparse con Feijoo no Carballiño, co gallo dunha festa de maiores. Feijoo intentouno, de feito chegou á festa tarde, pero Baltar non deu o seu brazo a torcer e non foi. O home anda moi cabreado; non ten ningunha influencia no goberno da Xunta e as inversións do goberno autonómico son un 55% menos que co bipartito. Visto así, razón non lle falta para estar cabreado. Participou nunhas xornadas literarias con varios persoeiros,  sería oportunismo ou non,  pero fixo unha defensa do galego na linea de outros políticos populares galegos, distantes do pensamento obsesivo que reina en San Caetano.        

        A Feijoo non lle falta nada pra co declaren persoa non grata en Galicia, solo lle falta cabrear a parte dos seus.

           Noticia en xornal.com:  El nazi Demjanjuk será procesado por asesinar a 29.000 judíos !que veñen,.... que veñen! ¿Qué lles pasará os que perseguen a un pobo?

          A persecución do Galego e o acoso a quenes o utilizan, fai que xurda unha forte conciencia social de defensa do noso idioma, incluso en ámbitos antes impensables.

          Funcionarios da Capitanía Marítima de Burela defenderon o dereito a usa-lo galego, e o Ministerio deulles a razón; o mesmo están a facer noutras partes das administracións públicas.O Conselleiro de cultura, que non está nesta onda, subvenciona obras en castelán; xa era hora  de que alguén importante lle puxera freo ó galego, porque estaba a piques de elimina-lo castelán; menos mal que unha mente preclara, como a do Conselleiro de Cultura, se deu conta do asunto. Agora que digan que estaba ausente; o que estaba era argallando cál podía se-la súa contribución a causa colexiada do goberno. Que empeñen tantos esforzos en combate-lo galego, réstalles tempo pra outras tarefas de goberno, non é que sexan incapaces. Chegaba con ve-la roda de prensa do Conselleiro de Educación.  – Surrealista.

          Hai moitos personaxes patéticos, pero tódolos anos hai un San Martín.

           Debe ser que  as  arbores non lle deixan ve-lo souto, solo así se explica que non sexa capaz de dar unha resposta á oposición, cando logo de pedirlles axuda para negociar con Madrid, lle pediron que concrete cal é a súa proposta de financiación. Mal imos cando nos presentamos a negociar unha cousa tan importante para Galicia e non somos capaces de ter claro o que queremos.  

           ! que catro anos mais penosos nos agardan!

0 comentarios