Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

EN XOGO

EN XOGO

 

 

          Non hai cousa que o goberno do Feijoo non sometera a revisión. Eu creo que se poden contar cos dedos da man os proxectos do anterior goberno que deixaron en pe, e sobran dedos. E seguiran esborrallado as paredes da democracia, namentres alguén siga rindo os seus malos chistes e nade lles plante cara, e os desterre do pais.

          O goberno de Feijoo está cheo de malas herbas: son soberbios, chulos, prepotentes e mentireiros, e se queremos que estas malas herbas  non sigan sangrando a Galicia, chuchando a sabia da nosa terra e a sangue dos galegos; temos que xuntarnos todos, de dereitas e de esquerdas, unirnos como nos unimos contra da dictadura  e librarnos deles.

           Feijoo non fixo un cambio de goberno, lexítimo en toda democracia, mudou de réxime. Están a facer, exactamente igual, que fixo Hitler, aproveitando a oportunidade que lles da a democracia, instaurar un réxime no que solo se respeta a vontade do líder ó servizo dos intereses de Galicia Monolingüe e da FAES.

          A anulación do proceso  selectivo para acceder á Función Pública Galega foi un dos derradeiros golpes; un suceso que non acontecía dende 1936. Cando o partido está en xogo, deciden paralo e cambia-las regras, para xogalo coas cartas marcadas coma se foran tahures do Mississippi. O obxectivo parece claro, non adiantaríamos nada destapándolles a trampa. Son unha praga bíblica para esta  terra e ningún bennacido pode ignoralos e mete-la cabeza baixo terra. Si cada un de nos convence a dez mais, e montamos unha cadea, sortearemos os seus medios de propaganda.

           As probas foron convocadas con arreglo a unhas normas legais, houbo un tempo pra impugna-la convocatoria, ninguen o fixo, foi firme, publicouse unha lista de admitidos, que tamén é firme; os admitidos teñen uns dereitos que ninguén pode vulnerar, é semellante a un contrato de adhesión e o adquirir firmeza ninguén o pode modificar unilateralmente. A seguridade xurídica esixe que as regras do procedemento non se cambien en pleno proceso,  para o caso, seguen rexendo as regras da convocatoria.

          Feijoo funcionario da Xunta e Rueda funcionario da  Administración Local, parecen non crer na limpeza dun proceso selectivo, as súas razóns terán.

0 comentarios