CEN DIAS
Moito se ten dito, nunca se falou tanto de tan pouco; todo podía resumirse coa frase “cen días de destrucción”.
Parece que xa pasaron cen anos, pero solo pasaron cen días, dende que ese, por fortuna democrático, accidente electoral colocou a Feijoo de Presidente do goberno galego. Non facía falta espera-los cen días de cortesía, como el dixo, porque el mesmo se encargou de amosa-las súas intencións.
Pódese dicir que agora lle vimos o verdadeiro rostro, ademais de ser un bo actor, basta recorda-lo sentimento que puxo na toma de posesión coa lectura do discurso de investidura, con bagoas incluídas, dando mostra de ser un actor moi logrado, con moitas horas de entreno; é un doente, cunha patololoxía común a cantos fan da mentira unha verdade.
Dixo que intentou gobernar con austeridade, o dos coches, as papancias e oropeles fóiselle a man; menos mal que ía a ser austero, solo se lle foi a man e a lingua. Que había unanimidade no goberno; certo , o mellor xeito de ter unanimidade é elimina-los motivos de discrepancia; nos Consellos da Xunta reina a paz dos cementerios; os Conselleiros son cipreses e os mortos somos os galegos. A terceira parte é que parece que vai dici-la verdade , a súa verdade.
Segundo Feijoo, estamos a atravesar unha crise económica; eso xa o podía dicir cando estaban na oposición, daquela era culpa do goberno. Fixo moitas consideracións sobre as dificultades que xurdían para gobernar nos tempos de crise. A culpa, como non, do goberno anterior; por el non había crise, por nos tampouco. Enterouse da crise agora,antes non o sabía; todo o mundo, menos el, o sabía; por eso prometía o paraíso, fermosas uries pros crédulos.
A pesar de preguntarllo, non respondeu sobre o conflicto lingüístico; tampouco dixo nada do aumento do paro nos seus cen días de goberno, dos dependendientes, dos conflictos laborais actuais e das promesas incumpridas.
O mesmo que outros, está aí cunha larga man de tras que o manexa coma un guiñol, pero ten moi ben sabido o rol e o ser un home de palla non lle quita a responsabilidade.
Eu, o que non dixiro e que poña a Castelao coma o seu modelo. Eso é emporcar a imaxe de Castelao; que dixera que Franco é o seu modelo sería mais crible. Seica Castelao non poñía en dúbida a existencia de España; non coñezo a nade que o faga, nin que cuestione a existencia de Europa. Cousa distinta é admitir a España como Unidade de Destino Universal, el quizá si, Castelao non.
Os crédulos, que os hai, sobre todo en tempos de crise, necesitan creer en paraísos, nas uries, en líderes que lles fagan concibir falsas esperanzas, pra esquecerse de miserias.
3 comentarios
pija faxa -
Esta sera a miña maneira de facer comentarios ,deixando enlaces.
eo -
piuxiño -
Para cando un artigo sobre a enquisa "cociñada" pola Xunta sobre o Decreto do Galego. Pódese ver en: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/07/31/00031249039205089707132.htm