Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

MÉRITO

MÉRITO

 Hai que recoñecer o especial mérito á xestión do Partido Popular, que foi capaz,  en tempo record, de deixar malferido o sistema de pensións, un sistema que aguantou máis de cen anos mellorando o benestar e a calidade de vida dos españois. O  Ministerio de Economía recoñece un déficit record para o ano 2016, e o fin do Fondo para o 2017. Si están gobernando os bos, e ademais créase emprego, como din.  Cómo é posible que esgoten a ucha das pensións en cinco anos e estean preparando unha drástica redución das pensións. Mentres, España é un dos poucos países con pensión vitalicia ós políticos  

EN TROQUE DE NADA

 Sen querer saber das bases o CC o PSOE decide darlle todo o poder ó PP en troques de nada. A indignación dos simpatizantes e militantes é unánime, pero é preocupante a fuga e militantes, rendidos e vencidos. A escisión parece cantada, posiblemente sexa o mellor. Non pinta nada esa xente que hai no partido que non é socialista, e menos obreiro 

 

NO NOME DA LIBERDADE

     Felipe González e Cebrián foron  apupados  na Universidade.  A Felipe González saíronlle curiosos amigos na súa defensa, como Cifuentes, Esperanza Aguirre, Rajoy e mesmo Hernando.  Aínda soa no vento os apupos o entón presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero,  durante o desfile da Festa Nacional. Cifuentes, naquel momento vicepresidenta do Parlamento autonómico, escribía o seguinte no seu blog: " Nun país democrático, calquera expresión de protesta cidadá é sempre lexítima. O pobo ten todo o dereito a saír á rúa e manifestar libremente a súa indignación ante as actuacións dos seus  gobernantes, sexan da cor política que sexan".  Cebrián calificou o escrache como un intolerable ataque á liberdade de expresión. O mesmo Cebrián que despediu ós periodistas que intentaron exercer a liberdade de prensa en EL PAIS. Ó PP tamén se sumou Ciudadanos e, por suposto, LA RAZÓN e ABC. Atrás quedaron os tempos nos que PP e PSOE debían aparentar confrontación, antagonismo. Agora xa non fai falta, porque todo o peor da mafia deste país reuniuse baixo un mesmo epígrafe con nome de película de Pajares e Esteso: Os Constitucionalistas

 

 

COSIDA

 

   A boca da militancia socialista está cosida pra que non falen, nin que dicir dos vasallos do PP, que solo poden asentir. Dende que asumiron o poder, logo  da morte do ditador, PP e PSOE, repartíronse o poder e protexéronse mutuamente, organizaron pequenas escaramuzas entreles, pra  facer crible a democracia, despois do éxito do 23 F. A costureira maior do PSOE votou man da agulla e repasa os cosidos pra protexer ós sátrapas do PSOE. A militancia empeza a pensar e  falar        

 

CONTUBENIO

 

. As urnas absolvéronnos, din os do PP. España é católica ata na súa democracia. Os pecadores son absoltos, porque hai quen perdoan co seu voto o que a xustiza condena. Pero as urnas non absolven, para iso están os confesionarios. As urnas non branquean, pero poden ennegrecer. Non exculpan ós corruptos, incriminan  ós quen lles votan. ÓS socialistas van darlle  o goberno a banda. Son tal para cual, un roto pra un descosido. Que deus lles perdoe, eu non.

 

HONRA

 

 

  A posibilidade de novas eleccións non é ningunha traxedia, é solo unha opción, e si o PP saca maioría absoluta, entón é porque España o merece. Si o PSOE saca menos votos, ó menos serán votos con honra e mais vale que deshonra con votos. Si as bases socialistas están en contra do goberno de Rajoy será por coherencia ideolóxica

 

UN ANTES E UN AGORA

   Cristina Cifuentes, antes do xuízo do Gürtel: "Non quero que se anule o proceso da Gürtel, quero ver a eses señores no cárcere" Así presumía o PP de colaborar coa xustiza antes de pedir a anulación do xuízo da Gürtel.  Pouco lles importa que Rajoy soubese da Gürtel e de Bárcenas e non correse á xustiza a denuncialo, que nos mentise cando o negou públicamente e cando dixo que toda-las contas do PP eran legais. A quén lle importa o que fagan e o que digan, os seus votantes son así, así seguirán e nunca cambiarán. Rajoy sábeo e ten a desfachatez de suscitarse unhas novas eleccións porque sabe que ata algúns arrepentidos volverán. Ata agora coñeciamos os arrepentidos da mafia que se ían, aquí temos votantes que se arrepinten de castigar a corrupción e volven. O problema do noso país non é que haxa cómplices, é que hai instigadores.

 

ROUBO ORGANIZADO

ROUBO ORGANIZADO

  En pleno desenrolo do xuízo do caso Gürtel sae a luz o xeito en que o PP instruía os  seus cargos representativos pra burla-la lei de financiación  de partidos políticos e financiarse ilegalmente. OO PP remitiu ós cargos autnómicos e alcaldes un manual para poder supera-lo límite de gasto das campañas electorais durante a época da trama Gürtel, O partido aconsellaba ingresa-los donativos, ou extorsións,  en contas  particulares, e dende elas finacia-los gastos das campañas sen que quedara constancia, para así poder superar el límite legal. Nas Comunidades facíanse sesións privadas pra ensina-los procedementos ós alcaldes e non incorrer  en un delito electoral. Típico mafioso.

 

0 SUSANATO

  O Presidente do "Susanato", Javier Fernandez: a corrupción do PP e a Gürtel non son inconvenientes para falar co PP e facilitar  o Goberno de Rajoy na Moncloa mediante a abstención; porque se sente obrigado a respectar ós  votantes do PP,. Non así ós votantes socialistas 

 

MAQUILLAXE

O goberno do PP é como unha megafactoria do maquillaxe. Non un, tódolos datos estatísticos que dan son falsos. As contas que envían a UE son falsas é cumprimento do déficit unha quimera. En lugar de incrementa-los ingresos, coa reforma fiscal que lle pide a UE, solicita ás empresas o anticipo do imposto. A débeda increméntase nun record apocalítico.  O paro real supera os 9.000.000. Normalmente os datos da EPA son os que se toman como referencia debido ás restricciones da estatística de dato rexistrado. Segundo estes datos oficiais máis de 4,5 millóns de españois atópanse en situación de desemprego. Con todo, estas cifras non reflicten a realidade do mercado de traballo español porque descartan a unha gran cantidade de cidadáns que non poden acceder ao mercado laboral. A cifra real do paro en España é de máis de nove millóns de persoas. España vai moi mal, malia a propaganda oficial.

 

CONCEPTO FEUDAL

 

    O GS, no Hórreo,  nomea portavoz a Abel Caballero, e viceportavoz a Beatriz Sestayo. A idea de unha organización, a estilo  feudal, como sistema de clientelismo que algúns políticos pretenden impoñer nos seus feudos, solo contribúe a un debilitamento da organización. É difícil de comprender pra un caciquiño, que mais aló da súa vila hai vida. Costa entender que alguén diga que Leiceaga se autonomeu portavoz do grupo, cando Leiceaga foi candidato á presidencia da Xunta e os Deputados electos o ratificaron. A posteriore, demostrouse que a rectificación da lista de Pontevedra foi acertada e necesaria.  

 

O SOBRE

O   SOBRE

 Vin un artigo que me pareceu xenial, diccía: Non era unha trama contra o PP, como dixo Rajoy, o PP parece  unha trama contra os cidadáns deste país. Pero hai oito millóns de españois que aprenderon de Mariano a facerse os distraídos, a poñer cara de plasma cando oen falar da corrupción do seu partido. Hai oito millóns de votantes do PP que cando botan o sobre do voto na urna esperan que o sobre vólvalles cheo.

É NECESARIO

 

 

  Á vista dos acontecementos actuais, xurde unha pregunta, ¿é necesario o PSOE?. Parece que no arco da dereita, ónde se situaría ó actual PSOE non habería lugar pra dous partidos cos mesmos prantexamentos; ambos solápanse. Pero o socialismo é necesario, sempre que  exista intención de facer unha sociedade mais xusta e un lugar pra utopía, pero un socialismo que se desprenda dos dinosaurios e sen a corrupción co atafega nalgunhas instancias  e nalgúns territorios. O PSOE actual morreu e sobrevive na agonía das contradicións que o levaron a autodestrución. A escisión é inevitable. As palabras do barón Alfonso Guerra son elocuentes, así como as de Leguina, que demostran que esa xente está noutra dimensión.

 

MALOS GALEGOS

 Din, no resto de Españistán que os galegos son unha dor constante pra España e hai que votalos do Estado. Franco, Rajoy, Feijoo.  Sempre aparece un galego pra foder ó país . Algunhas Autonomías queren independizarse, ós galegos queren votarnos

VIVINDO O MAL

 

  Normalizamos o caciquismo e a corrupción, a verdadeira orixe e os verdadeiros culpables da rendición  do pobo. Non existirían gobernos corruptos, nin maiorías absolutas, sen os caciques e os muñidores de votos. Pero nos tempos de hoxe, os medios pra formación de opinión, entre os que están os chamados medios de información, xogan un papel determinante. Non é importante facer, senón comunicar que se fixo, aínda que non se  fixera. A Xunta deso sabe moito; proba delo son os tres millóns e medio de euros, contabilizados, en subvencións a medios de comunicación, os que hai que engadir o pago de información de propaganda das consellerías. Tamén, na situación como a actual, onde un emprego por precario que sexa, é a única opción á que aspirar, son medios que se usan pra conseguir  fieis que lles e apoien,  con tal de recibir algo por miserable que sexa.

 

EN CANAL

 

  Ó PSOE abrírono en canal. Non se sabe que van facer co seu cadáver, pero pouco importa, quizá lle fagan un funeral de Estado, pero iso non reparará o dano feito ó partido. resulta grotesco que o gañador fora Rajoy, que agora non se conforma coa investidura, quere un cheque en branco. Ó  fin de contas gañaron os seus. Mais as cousas non van resultar tan sinxelas como pensaban. Cómo lle van vende ós seus votantes un incondicional apoio ó PP. Cómo van a xustificar a complicidade coa corrupción

RENDIR CONTAS

 

 

  O Alcalde de Vigo,responsabiliza a Ferranz polos malos resultados dos socialistas nas eleccións galegas. A lista que el formara pra provincia de Pontevedra excluía todos ós que non eran da súa secta. A lista fora modificada pra facela mais plural. E iso molestou ó alcalde Vigo, malia que no primeiro  posto figuraba un candidato proposto por el. Os efectos da modificación da lista por Pontevedra foron tan catastróficos que perderon sete Deputados no Pais Vasco. Non participou en ningún acto de campaña. Esa é unha conduta grave, terá que responder por el. De calquera xeito, a súa  carreira política está no ocaso.  

OS LAIOS

OS LAIOS

 

   O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xa está artellando que recortes vai facer, o sinistro Ministro de Economía vai lle dar unha lista, que excluirá á Monarquía, Airexa, Parque Móbil, organización territorial e políticos.Os novos recortes e axustes serán en forma de putadas para a sociedade española, e especialmente para os cidadáns galegos. Os excelentes resultados das eleccións en Galicia proporcionaron ó Presidente argumentos pra facer o que lle pete, sen preocuparse da dor que cause. Din, no resto de Españistán que os galegos son unha dor constante pra España e hai que votalos do Estado. Franco, Rajoy, Feijoo.  Sempre aparece un galego pra foder. Algunhas Autonomías queren independizarse, ós galegos queren votarnos.  

O NOSO HOME

O NOSO  HOME

 

  Pedro tiña un curro de 500 euros, un curro miserable, pero era un curro. Agora que quedou no paro, sen axudas, segue vivindo a súa vida de desafogo, grazas a súa muller Balbina, que é boa administradora. Pedro ten un dos fillos, o maior Xenaro, en paro, e Santos, o fillo menor, eivado e sen axudas. A Balbina xa lle diagnosticaran eivas no feto, pero convencérona que seguira co embarazo, incluso lle deran axudas económicas, pero as axudas desapareceron  cando Balbina pariu. Agora  tiña unha porca, que lle morreu de peste porcina africana, cinco galiñas, unha delas cega, e unha coella, que xa pariu nove coellos. Pedro síntese o Amancio Ortega dos coellos. Iso si, ten un magnifico horto de verza galega, e tódolos días poden comer verzas cocidas solas, porque agora non teñen carne, nin unto, tampouco patacas, que unha néboa as queimou; pero nas eleccións todos foron votar ó PP, non queren arriscarse a que veña  outro goberno e lles  quite o que teñen

VEN SENDO

VEN SENDO

 

  Aínda que non se presentara Feijoo, o PP houbera ganado igual. Os votantes do PP acudiron, como sempre, en masa. De pouco importa que o PP desfixera mais que fixo; de pouco importan as privatizacións; de pouco importa a crise do leite, o desmantelamento do naval, da industria, do paro, ou da emigración; nin os setecentos mil pobres. A corrupción non quita un solo voto o PP en Galicia. En Galicia tense moi asumida a corrupción, é un xeito de abono, o fin de contas, caciques. Canto mais corrupción e mais caciquismo, mais medra o PP. Pra mostra Ourense. España é a reserva espiritual de Europa, e Galicia ven sendo  a reserva material de esa España. A esquerda democrática, dividida e desorganizada, abandonada  polos votantes, que optaron pola abstención e o desentendemento da política. Moi intelixentes.