Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

A FAME

  A fame era un episodio que se consideraba superado. Aquela fame que nos trouxo Franco   coa súa sublevación, pensamos que nunca volvería. O coller os seus erdeiros o poder,  volvemos medio século atrás pra atoparnos nunha situación que pensabamos   que nunca ía  volver. Malia que a masiva propaganda nos intenta narcotizar pra que pensemos que todo vai mellor, se alguén se aparta da fantasía e ten o valor de ollar pra realidade, verá que hai 1.400.000 fogares nos que non hai nade traballando, un de cada tres nenos na pobreza, 4.500.000 parados 1.700.000 con trallo, pero con menos de 300 euros ó mes. Un goteo continuo de suicidios debido á situación económica, unha débeda pública escalofriante, as pensións en risco certo, a sanidade desmonta, a dependencia en total abandono, o ensino sectario as liberdades recortadas. Iso si,  o PBI mellora, os ricos son cada vez mais ricos. España é o país  de Europa con mais desigualdade social 

 

A HIENA

   A hiena Hernando foi, como é típico nel,  dos que mais dano causou a Rita Barberá. Agora  culpa a PODEMOS. Non é o único desmemoriado no PP. As coiteladas doen mais cando  veñen dos amigos e iso, xunto que nada se di, foi determinante. No 2013, o PP  negouse a homenaxear ós seis mineiros, tamén a Labordeta

 

SOMBRAS

 

 A inesperada morte de Rita Barberá, aviva a dúbidas pola similitude con outros casos relacionados coa Gütel. As diferentes mortes nos últimos anos de persoas relacionadas coa investigación da trama de corrupción máis grande do país. Ata catro casos  directamente relacionadas con Gürtel morreron, ou acabaron en coma durante os últimos dous anos. Un dos primeiros desaparecidos foi o extesorero do Partido Popular, Álvaro Lapuerta, que quedou en coma logo dunha caída no seu domicilio familiar. Meses despois, foi a muller do portavoz  dos Populares no Senado, María do Mar Rodríguez Alonso, imputada no caso e que apareceu morta nun hotel de Bilbao.  Morrer non che fai mellor persoa, e Rita, agora que morreu, non deixará de ser no recordo a prepotente corrupta que fora viva, a que se burlou da víctimas do metro de Valencia. O único que cambiou é que xa non poderá vingarse dos que a deixaron de lado. Pero iso é fariña doutro costado O Congreso, aquel Congreso no que de face á galería xa ninguén era próximo á falecida, dedícalle un minuto de silencio, malia non ser Deputada, senón Senadora. Un minuto de silencio que lle negaron a Labordeta. E os mesmos que a botaron do partido, e que, unha vez morta, volve ser a súa amiga. As dúbida ai  quedan: asasinato, suicidio, ou morte casual

 

POUCOS O CREN

POUCOS O CREN

 

  Vivimos nun mundo no  que non cremos en case nada. A  Virxe deixou de aparecer dende que os teléfonos móbiles teñen cámara. As enquisas xa nade as cre, nunca acertan. A recuperación  económica é a eterna quimera que solo cre un de cada tres; os moi seareiros do PP. O número de pobres medrou, as colas nas cociñas económicas son elocuentes. Un de cada tres nenos vive na pobreza. Ter traballo non é garantía de que se salia de pobre. Un traballo cun ingreso de 50 euros ó mes, non é paro, según o Goberno, pero é miseria. Si hai mais pobres, mais débeda, menos servizos sociais, ¿ ónde está a  recuperación?

O ENGADO

 

 A lei do ensino pode ser levemente modificada. Ese é o engado co PP lles tirou ós outros grupos, co obxecto de telos entretidos e se esquezan, ó menos, momentaneamente, da lei mordaza e da reforma laboral; principais alicerces da súa estratexia ideolóxica    

O MITO

  O franquismo creou o mito de que a transición política fora modélica. As declaracións de Adolfo Suárez de que a Monarquía fora imposta contra o desexo do pobo, solo un 20% apoiaba a monarquía. O autogolpe do 23 F  foi  unha artimaña pra  reforza-la imaxe da Monarquía e cargarse a Suárez, pro que  contou coa  colaboración de Felipe  González. As confesións de Suárez moveron á caverna mediática pra desacreditar a Suárez. Había que liquidar ó heroe pra salva-lo mito da transición   

PROTECCIÓN MUTUA

PROTECCIÓN MUTUA

 

 

  PSOE e CIUDADANOS apoiaron ó PP, e impediron que Aznar compareza no Congreso. De ter que comparecer Aznar, a seguinte  comparecencia sería a de González, o cal sería o lóxico; pero parece que aquí o lóxico é protexerse mutuamente e que siga a inmunda cloaca. 

O EGO

 

  Cando o ego nos goberna é doado cometer pecados de soberbia. Hai poucos que superen en ego o alcalde. O que non achega a comprender e que no resto de Galiza non é moi popular; ese erro de apreciación pódelle xogar unha mala pasada, e intentar cargarse a unha xestora provisional pra poñer outra provisional pode supoñer un gran desgaste pra nada. Nadar pra morrer na orella

SENTESE

SENTESE

        Non por dicir: GALICIA, GALICIA ,GALICIA; significa que se sente a GALICIA, antes ben,é unha evidencia de que se intenta agochar un sentimento de, polo menos, indiferenza. Por Galiza non se molla, agardando as migallas do señorito. Por Galiza vívese,Galiza é mais que un cacho de terra, Galiza é un sentimento. Nacer en Galiza non quere dicir que se sexa galego, solo cando Galiza nace nun se é un auténtico galego

HAI QUE MOLLARSE

HAI QUE MOLLARSE

  Facendo obstentación do seu poderío, Feijoo rodeado de 1.500 seareiros, publicitou a súa toma de posesión na praza do Obradoiro. Dende alí fixo saber ó mundo que Galicia era súa. Non todo o clientelismo do  PP estaba no Obradoiro, era unha pequena mostra. Pero o suficiente pra gastar nel os cartos que lles reten ó persoal da Xunta e outros Entes. O acto desenrolouse baixo as bagoas  das nubes, que  as derramabann pola Galiza entregada 

XA SE PASAN

 

  Que o PP merece moitos chascarillos é certo, pero algúns xa se pasan: A presunta distribución de fotografías a todo cor do novo Goberno do Partido Popular en comisarías de case un centenar de países provocou a indignación do Gabinete ministerial español e unha queixa formal ante a ONU. O propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy, cre que é unha actitude precipitada, histérica e cobarde por parte de Interpol e unha grave infracción do principio de presunción de inocencia. ?Esperarse a que empecemos a delinquir, cona?, lamentouse Rajoy. Os populares denuncian, ademais, que as fotos van acompañadas de alíalos con que se coñece no IBEX 35, na Bolsa e nos mercados internacionais aos membros do Goberno. ?A mamba negra?, para referirse a Dores de Cospedal, ?Chucky 3?, para Soraya Sáenz de Santamaría ou ?Melenas? cando nomean a De Guindos, son algúns dos apodos que inclúen os axentes, segundo a protesta do Goberno español.

 

GalIcia Galicia Galicia

GalIcia  Galicia Galicia

 

  Feijoo pide que no Parlamento  non se descalifique e que todo sexa armonía e bo rollo. Coñecendo as aptitudes de fullero, e sabendo o ben que lle vai no corpo a corpo, parece unha chiscádela á galería.  Dicía unha contertulia pepera que os galegos demostraban que eran intelixentes votando a Feijoo, nade o pon en dúbida a intelixencia dos galegos, por iso temos o nivel de vida e desenrolo que temos; tamén os andaluces o son, tamén os americanos. Pero o mais importante pra nos é Galicia, así que volvamos a ese pequeno mundo. Poden estar tranquilos os especuladores, seguirán tendo negocio; tamén os cidadá: emprego pra todos; Feijoo prometeu crear cen mil empregos, con baixada de impostos, o mesmo tempo con orzamentos expansivos. Si iso no cadra é culpa nosa non velo: Feijoo é un mago, todo é posible. Que a maioría dos galegos o apoian, é certo, non é maioría os dous terzos que non o apoian. A propaganda, o clientelismo e os muñidores de votos fixeron o seu, agora tócalle ós contertulios e os medios. 

A VENDA

 

  Por si acaso, o PP está intentando poñer a venda antes de que sufra unha gran ferida. Montoro e familia fixéronse con mil pisos, non deu explicacións de como se fixo con eles. A nai  da representante de CIUDADANOS en Madrid ten cen pisos e asi mais. A traca, e orixe do problema, son os 1.862 piso que a Botella adxudicou, sen ningún concurso, a un fondo voitre, caso que xa se atopa no xulgado. O PP inventa o caso do militante de PODEMOS que vendeu legalmente un piso,  con fin de desviar a atención. É como intentar apagar un  gran incendio cunha mexada.

 

NÚCLEO DURO

   Rajoy rodeouse dun  núcleo duro formado por membros do anterior goberno, o que fai presaxiar que haberá pouco diálogo  coa oposición, aínda que diálogo si, pero sen admitir aportacións, nin facer concesións. Rajoy será a raíña, buscouse encerrarse nun capullo, como un  verme de seda  

PERSECUCION

 

  A Inquisición do antigo PSOE xa empezou as purgas ideolóxicas. Militantes non afectos, son cesados dos seus cargos. Outros militantes, coma o dirixente de Esquerda Socialista de Aragón presentou unha demanda como afiliado e en contra das resolucións do Comité Federal. A demanda denuncia, en primeiro lugar, que o Comité Federal estaba obrigado polos Estatutos do partido a cubrir as baixas da Executiva, tralas 17 dimisións dos críticos aquela mesma semana. No caso de que o xuíz entenda que as 17 baixas xa supoñen a dimisión da metade máis un dos membros da dirección, o denunciante asegura que o Comité Federal debería convocar «de modo inmediato» un congreso extraordinario e unha consulta á militancia, como propuxo Pedro Sánchez e como establecen as normas do PSOE. Ademais, Martín-Mestre cre que foi ilegal aquel día o nomeamento da Comisión Xestora que preside Javier Fernández, xa que non está prevista nos Estatutos. As normas internas do partido si obrigan, como documenta, a cubrir as baixas da Executiva ou a convocar un congreso extraordinario no caso de que as vacantes sexan a metade máis un. Ese é o camiño hacha a irrelevancia como lle pasou o PS grego

DOR

 

  Os que nos criamos con ansia de liberade e democracia, e os que tanto humillaron os franquistas; sentíamos que os socialistas eran a nosa casa común, por non dicir dos que `perderon a vida nas  mans dos asasinos, sufriron nas comisarías e nas cadeas franquistas. O puño e a rosa  era mais que un partido, era un símbolo de dignidade e de xustiza, por iso o ver como o poder lle era entregado ós erdeiros sanguíneos e ideolóxicos dos causantes das súas penurias, sentiron o aular do lobo na noite, o desgarro na alma, a traizón dos que asumiron a obriga de falar por nos. Quén non recorda a emoción de votar por primeira en democracia, o orgullo de meter a papeleta do vello socialista, non ancián, Tierno Galvan. O PS era a esperanza da xente sinxela, o que facía posible que o fillo dun obreiro puidese desafiar ó destino matriculándose na universidade e ter un traballo no que lle pagasen por pensar e non por poñerse de xeonllos diante de ningún cacique.  Que magoa ver a traizón do electos. É como si volvera a  vida  en branco e negro.  Só desexo que non haxa paz para os malvados, para quen venderon a súa alma ó diaño e os votos da xente sinxela a un partido procesado por corrupción que ten a un terzo dos españois na pobreza, da que cremos sairamos pra sempre. 

UN NAVALLEIRO

 

   Unha idea romántica do Congreso é a de que alí se discute   se contrapoñen ides e se busca o mellor pro país. Así debería ser. O día a día demóstranos que é todo o contrario, alí méntese, insultase e protéxese a delicuentes, parece un barrizal.  Rafael Hernando está a gusto no barro. E si non o hai, xa se encarga  de traer o material necesario para formar o barrizal. É un exemplar máis dunha estirpe que no seu partido cultivan, e da que a anterior versión foi Vicente Martínez Pujalte. A diferenza é que Hernando é igual de machote, pero con menos graza. Rafael Hernando non será o mais intelixente, pero é o que mellor insulta, é o tipo que o PP adora. Pra chegar onde está, arrastrose moito. Foi co bando opositor a Rajoy, ó verse perdedor mudou de chaqueta e está no seu papel. 

SEN PIEDADE

 

  As intervencións dos portavoces no Congreso amosaron a un Rajoy soberbio  e sen piedade, Con ironías sobre pasaxes negros da súa xestión, que foron aplaudidas a coro pola bancada popular, e que se asemellaba a un grupo de monos montando unha ruidosa lea. Un Rajoy dirixíndose os  seu socios cunha falsa amabilidade, deixando entrever que si non colaboraban podía convocar eleccións, o que solo a el beneficiaría.  Rajoy cargouse desde o minuto cero o o argumento da xestora para facilitar o seu Goberno, gobernar desde o Parlamento. O PSOE non poderá exercer a oposición. Nin "revertir" nin "derrogar" nin propoñer máis gasto en materia social, porque "medidas que aumenten o déficit público non podemos atendelas". foi rotundo. Por qué  ten que agradecer Rajoy nada ós socialistas, ó fin de contas,  el gañou as eleccións, como recordou sen cesar. Ciudadanos diluído na doutrina popular e un PSOE roto  derrotado, entregou a oposición a Podemos

 

ÉRASE UNHA VEZ

ÉRASE UNHA VEZ

 

  Érase unha vez, fai moito, moito temo había un partido político  corrupto e mafioso. Agora xa se aparta do cesto as mazas podres, por quilo da imaxe, pero seguen sendo mazas daquel cesto, ó fin de contas so da mesma árbore.

COSIDOS

COSIDOS

 

 Sen consultalo coas bases, porque lóxicamente dálles vergonza facelo, os socialistas van absterse para que gobernen a organización que hoxe ten a moitos dos seus membros e amigos sentados no banquiño dos acusados pola Gürtel, das tarxetas black, da Púnica da operación Taula, etc..A sultana costureira, Susana Díaz leouse a coser, como prometeu, con tal de que resolvan o dos  ERES. Coseu a balazos a Pedro Sánchez e coseulle a boca á militancia para que non proteste mentres cose o PSOE ó PP. Nin sequera van finxir que exploran unha alternativa. O bipartidismo cose a fume de carozo a costura que a crise rachou  para pecharnos a camisa de forza da que levamos anos intentando escapar. Cósennos de pés e mans e beizos a Rajoy. Todo cosido e ben cosido.