Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

RECORTES CERO

RECORTES CERO

 

  Di Feijoo, nos mítines, que en Galicia houbo cero recortes. 1000 millóns menos en dependencia, 2700 persoas menos en sanidade, 1600 menos en educación. Amén de redución en material. Un 75% menos en inersións. No capítulo de mais: un 56% mais en sanidade privada, un 43% mais en educación privada. Multiplicación de chiringuitos, contratación de persoal a dedo. Contratos a dedo a empresas vinculadas ó partido. etc

NON HAI GOBERNO

NON HAI GOBERNO

 

  Nade quere pactar co PP. A corrupción ten a culpa, i é a disculpa pra escaquearse. España non é un país, é un parque temático da corrupción. Non facemos outra cousa que comparar fetidece. Saír desta cloaca é unha prioridade nacional. Antes de calquera pacto, é preciso que o PP faga un xesto desatascador, pero semella que o seu camiño vai pra outro lado. Tal parece ser co caso Soria, ou o de Rita Barberá. Precisamos respirar, porque isto xa non hai quen o aguante. Algún día terá que ser o primeiro dese novo tempo político , pero non será hoxe. Rajoy, ó fin parece comprendelo, il non pode formar parte do futuro.

PATADA NOS TESTICULOS

   A Secretaria xeral de Igualdade decidiu conmemorar os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos cun acto institucional de homenaxe a Rosalía de Castro. Con este motivo, o departamento dirixido por Susana López Abella convidou a Marta Rivera de la Cruz, coñecida, polas súas opinións belixerantes contra o proceso de normalización do galego. E dixo, no seu blog, logo das multitudinarias manifestacións en defensa do galego no ensino: que berren o que queiran, o que tiña que facer Feijoo xa o fixo: pechar a billa. Cortar o suministro das xenerosas subvencións. Marta Rivera asinou o Manifesto por la Lengua Común e mostrou o seu apoio en diversos momentos de maneira pública a Galicia Bilingüe. Nada en Lugo, Rivera detesta o galego. Si a RAG e a Fundación Rosalía non  fan nada, entón si que estamos onde nos toca

INSETICIDA

 

   Ibarra e outros baróns socioslistos ameazan con deixa-lo PSOE si goberna  con Podemos. Boa solución que PODEMOS sexa o insecticida co que o PSOE elimine as carrapatas e outros parasitos. Aínda que me temo que os que conseguiron un bo chupe coas portas xiratorias non se va a ir, si non os votan, i ese é o medo que lles da Podemos. Noutra división xogan as bases 

 

SI, OU SI

 

   Alguén estendeu o dedo e o sinalou a Feijoo como sucesor de Rajoy, posiblemente as vindeiras eleccións xa sexa cabeza de cartel. Tanto si Feijoo saca maioría absoluta, como si perde o goberno da Xunta, irá pra Madrid. A primeira man está xogada: unha muller e un fillo.  Amancio ten peso e poder

TRISTE

  Durante as dúas legislaturas á fronte da Xunta de Galicia o desemprego creceu cinco puntos, os salarios caeron máis dun 6% e o déficit da Seguridade Social crece a un ritmo de 400 millóns ao mes. Durante os sete anos e cinco meses de reinado de Feijóo na Xunta, o paro subiu na comunidade en máis de 56.200 persoas, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa do Instituto Nacional de Estatística. A taxa de desemprego rolda o 17,7%, por baixo da media española pero cinco puntos máis que cando o líder dos populares galegos tomo posesión do seu cargo en abril do 2009.

COMBUSTIBLE

COMBUSTIBLE

   O minifundismo fai inservibles as parcelas pra traballalas  con maquinaria, polo que son abandonadas, enchéndose de maleza, un perigoso medio pra alimentar incendios. A chegada de Feijoo ó goberno foi un cataclismo pras terras abandonadas; eliminou a obriga imposta polo bipartito ós propietarios de mantelas limpas. Non fai falla probas pra intuír que algún intres tería nelo.  Os pirómanos, sen a inxente cantidade de combustíbel, non causarían máis alá de danos menores.  Mais delicado é o asunto dos brigadistas forestais. O PPg, dende sempre, utilizounos pra xerar importantes bolsas de voto semi-cautivo. En moitos casos era o único traballo asalariado posible no ámbito rural. O intento do Conselleiro do bipartito, Suárez Canal, de racionalizar estas brigadas, produciu  no seu momento serios problemas. A súa política chocaba cos interese dos alcaldes do PP. A ausencia dunha política forestal, unida a un incomprensible caciquismo, mantennos receos  dun secular e tráxico atraso. 

PODE SER

 

 A  intransixente moral conservadora leva a situacións chungas. A nosa sociedade, afortunadamente, está suficientemente desenrolada pra que non se discrimine a nade polas súas opcións sexuais. Por qué un político homosexual ten que casarse e ter un fillo, si quere medrar na política. Por qué un cura ten que ser solteiro. Hai que ceibarse, romper ataduras. Pola contra, os mesmos non lle fan ascos ós abuso sexuais, os roubos, ás mentiras, ós asasinatos, a explotación  etc

 

OS VALORES DOS GALEGOS

OS VALORES DOS GALEGOS

 

  Entre as cousas que preocupan ós galegos, a corrupción é o que menos lles preocupa. De feito, sitúana en 5º lugar. Por diante está España e outros valores, que nos explican o inexplicable:  que os galegos toleran ben a corrupción e que non lles preocupa a merda. Un pobo singular

PARO

 

  Feijoo ía acabar co paro en tres meses, pero incrementouse seis puntos; si temos en conta a baixa de poboación e a emigración, superaríamos a Andalucía en índice  de paro. Esa é unha das promesas incumpridas e pola que ten que emigrar moita xente; pero malia iso os galegos veno co un redentor

BALANCE

BALANCE

 

 Feijoo, Durante as súas doas lexislaturas á fronte da Xunta de Galicia o desemprego creceu cinco puntos, os salarios caeron máis dun 6% e o déficit da Seguridade Social crece a un ritmo de 400 millóns ao mes.  Durante os sete anos e cinco meses de reinado de Feijóo na Xunta, o paro subiu na comunidade en máis de 56.200 persoas, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa do Instituto Nacional de Estatística. A taxa de desemprego rolda o 17,7%, por baixo da media española pero cinco puntos máis que cando o líder dos populares galegos tomogu posesión do seu cargo en abril do 2009.

 

QUÉN DA MAIS MEDO

QUÉN DA MAIS MEDO

 

  Da mais medo Feijoo, ou Rajoy. os dous teñen en común que foron axudados: Rajoy polo aceite e Feijoo polo Opus. É moi importante ter un padriño cando aínda non se ten nin nome. Podes pasar de chamarte simplemente rapaz a estar no mais alto da sociedade. Pero, cál dos dous da mais medo?. Os dous medo. Rajoy é mais burdo, Feijoo é mais sutil; pero os dous son igual de perigosos e mentireiros. Aínda que os realmente perigosos son os que lles votan, eses  dan medo

 

EMPEZOU O CURSO

 

  Pros de ensino infantil empezou o curso. Hai un déficit de prazas no ensino público, que falan, por si, da política educativa da Xunta. Curiosa o balance que fai Feijoo, que di, neso ten razón, que hai mais prazas de infatil que co bipartito. O que non di é que o bipartito tiña un plan de construción de Galescolas pra eliminar as carencias, que Feijoo relantizou e minimizou

 

SORIA

SORIA

 

 

  O elixido, Soria, ten un curriculum profesional discreto de un  diplomado, tampouco importa, solo pon o descuberto a  cara mais sucia do PP. Rajoy quixo xustificar a elección dicindo que era o resultado dun concurso i que Soria obtivera a mellor nota; é aí cando se lle notou o síndrome do aceite de Redondela. Altos funcionarios de Facenda, Banco de España, etc quedaron descartados por incomparecencia, i é que no concurso solo participara Soria, por iso resultou se-lo mellor. Foi unha elección inoportuna, por iso, dende dentro do PP se forzou a renuncia. Pero tranquilos, xa aparecerá outro choi pra Soria. Dicía Feijoo que a xente non entendería o nomeameto, non que estivera mal feito, simplemente había que esplicalo mellor. Que lumbrera da corrupción

GATO

 

  Tres periodistas ía facer unha investigación sobre o ataque as torres xemelas. Estes tres periodistas de investigación non puideron realiza-lo proxecto; morreron en sendos accidentes inexplicables que sufriron, por separado, nun prazo de 30 horas. Hai gato pechado, cada quen que pense o que queira. Eu xa estou mosqueado coa cobertura informativa que fixeran en directo

MAIS E MAIS

MAIS E MAIS

 

  Son momentos de balance. É o momento de facer balance das dúas lexislaturas de Feijoo. Hai mais paro que cando chegou ó goberno; moitos emigran pra atopar emprego, a outras zonas de España e ó estranxeiro. A emigración volve a sacudi-lo país, pra Feijoo son solo números que reducen o paro. As listas de espera na sanidade son maiores; cando chegan a unha espera escandalosa, bórrase a lista pra facer unha nova e conte de cero. Hai mais paro, pero os empregados cobra menos que os do resto de España, traballando unha media de catro horas mais á semana. A dependencia é unha rareza que se pague. As transferencias de diñeiro á sanidade privada medrou un 54%, as transferencias ó ensino privado están na mesma onda. Fai oito anos que non hai oposicións e o persoal entra a dedo. Multiplícanse os chiringuitos administrativos, non solo en Santiago, senón noutras capitais. A Débeda pública medrou esponencialmente. Os casos de corrupción xa suman a trintena  e   apuntan a Feijoo. Dos incendios forestais son dramas, dos que hai culpables privados, pero tamén a Xunta. As 1.200 medidas anunciadas p or Feijoo na campaña electoral, poñen en evidencia o pouco que fixo; bueno, algo fixo, desfacer o que fixera o bipartito

DEICA LOGO DILMA

DEICA LOGO DILMA

 

 

   Estou seguro que Dilma volverá, non  solo polo ben do Brasil, senón polo de todos nos. Solo agardo que esa data sexa pronta. O novo presiden foi acompañado por figurantes pra evitar a sensación de Soedade. A clac aclamábao.  Hai que recoñecer que a CIA sabe facer as cousas. Solo EEUU, organizador  da pantomima e, como non, a recente colonizada Arxentina lle deron a palmadiña. Termes xa anunciou privatización; as garras dos yankis están prontas

LUMES, UN NEGOCIO DE TEMPORADA

 

 

 

Busquemos ós que se benefician de que os nosos montes ardan e atoparemos, senon ós culpables, si ós sospeitosos. Cando os nosos bosques arden, os únicos que saen beneficiados son :
 As concesionarias anti incendios. Xa que cantos máis incendios teñan máis gañan. A descarga dun idroavión costa unha burrada, pero tamén costa tódolos demais medios medios, que non existirían si non houbera incendios.
A Industria papelera. Xa que compra a madeira pra celulosa moito máis barata.  A Industria madeireira. Xa que compra a madeira pra facer aglomerados tamén moito máis barata. ¿Hai vontade política de queren parar isto?. No 2.006, cando gobernaba o bipartito, o PP mandou ós concellos que gobernaba unha circular dándolles instrucións pra que obstaculizaran a política anti incendios  da  Xunta. Chegado o PP ó poder dero gan  o promulgado polo o bipartito, en canto a limpeza de montes, protección  de núcleos urbanos, etc.. Solo lles faltou dicir que defendían ós incendios.  Que se estime en mais dun 80% de lumes intencionados, resulta abrumador

FUME

 

 

 As promesas de Rajoy a Rivera, para que lle preste apoio na investidura, son fume. Un aumento de 36.000 millóns no gasto, cunha diminución de ingresos, ó que hai que engadir ós recortes prometidos a  Bruxelas e o cumprimento do déficit.. Non é preciso saber moito de cálculo, pra decatarse da evidente  contradición. Cousas tanxibles como as Deputacións e o Senado foron suprimidas da lista de asuntos a negociar, incluso a corrupción danlle unha nova definición, non é que a legalice, pero case,. I é que o PP non quere negociar, nin quere ataduras pra roubar. O que quere é que lle deixen gobernar sen ceder en nada, que lle recoñezan o dereito divino a disfrutar desa finca que lle chaman España, sen mais límite que o que lle quepa nas alforxas 

AS LISTAS

AS LISTAS

 

 As listas de   candidatos pra parlamentar foi complicada, menos no PP. O sistema de primarias esixe unha fonda convicción democrática, pra que se respeten ós resultados e non pase o que pasou con Abel Caballero. Se non hai a necesaria conciencia democrática, o único sistema viable é o utilizado polo PP, que era o que xa utilizaba pra elixir ós Procuradores en Cortes, onde os Gobernadores Civís, como Delegados do Movemento e máxima autoridade provincia, elexía ós Procuradores. Pro PP nada mudou, a máxima autoridade periférica é Feijoo, a súas decisións son inapelables,a menos  que os xenoveses digan o contrario