Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O DUPLO DO ORZAMENTO

O DUPLO DO ORZAMENTO

 

      A Xunta destina á Cidade da Cultura o dobre do que gastará na promoción do galego. Non ven necesario promociona-lo galego. Dende a perfectiva de futuro, a cidade da cultura non aportará nada ó futuro do país, que podía pasar sen que existira, pero a lingua e a manifestación externa da nosa identidade como pobo. Pero, pra algúns, esta diferenciación é molesta, de aí que pra eles sexa un éxito a extinción da lingua. Por iso destinan os recursos a chiringuitos de folclore, antes que a lingua

          

OS QUE NON RECIBEN FLORES

OS QUE NON RECIBEN FLORES

 

  Miles de asasinados polo franquismo quedaron un ano mais sen a homenaxe dos seus seres queridos. Cando a xente ateigaba os camposantos e rendía homenaxe ós defuntos; os asasinados no franquismo, que aínda permanecen enterrados en fosas clandestinas, en lugares descoñecidos, non puideron ser honrados. España sigue a se-lo segundo país do mundo con mais desaparecidos, e nada fai pensar que isto se vai arranxar. O PP é un partido franquista que quere perpetuar aquel horror, pero os feitos demostran que CIUDANOS é semellante, en balde se nutre de peperos.



REFORMA LABORAL

 

  A reforma laboral do PP foi una auténtica arma de destrución masiva do mercado de traballo. Só ocúpase de facilita-lo despedimento, o emprego temporal e os soldos de fame.  A maior axencia de noticias económicas mundial, Bloomberg, explicaría así a cifras do paro en España: ?O incremento da contratación temporal engadiu 182.200 novos empregos na economía española durante o terceiro trimestre, que inclúe a crucial etapa do verán. A pesar da mellora, España, co 21,2% de paro, mantén a taxa máis alta da eurozona despois de Grecia, pero sobre todo o número de empregos permanentes reduciuse en 18.900 no trimestre, o que agranda o abismo entre traballadores principalmente novos con escasa protección e os traballadores estables. Unha descrición certeira dun Goberno que non cesa de destruír traballos dignos -459.000 a día de hoxe- mentres presume de crear traballos con soldos miserables

QUE CHUPE!

 

  Os Deputados cobraran 11.000 euros como liquidación polo fin da lexislatura. Non está mal: hai moitos que non os gañan ó ano. Na situación en que está o país, non se pode comprender que, por riba de pagarche por folgar, che dean unha suculenta gratificación de  fin de curre

INXENUOS

INXENUOS

 

 

  Hai un perigo certo de que a acusación de acoso sexual a Baltar sexa un montaxe do propio PP. O baltarismo en Ourense, aínda que sempre foi un aliado do PP, ten unha autonomía que se escapou o control dende San Caetano, ou de Monte Pío. Foron moitos os intentos que se fixeron dende Santiago pra afastar os baltares e facerse co control absoluto do partido. Os políticos introducidos dende Santiago saíron queimados e co rabo entras pernas.  Esta acusación de acoso sexual ten un tufo sospeitoso; e farían ben os da oposición de actuar coa máxima cautela pra non se-lo instrumento que busca o PP

O DESMADRE

 

  Dos milleiros de inmigrantes que chegaron a Europa solo 81 foron ubicados; centos de miles, como moito vivirán a conta de axudas.  Os países non saben que facer con eles; mentres medran os sentimentos xenófobos, os cidadáns está asustados porque non saben en que terminará o asunto e comezan a ver como posibles as declaracións do bispo de Valencia sobre os inmigrantes. Nunca unhas declaracións dun bispo tivera tanto eco fora de España. Merkel é consciente de que foi demasiado entusiasta coa política de EEUU sobre Siria, agora quere controlar o éxodo que ela propiciou e devolver os refuxiados. Pero, ¿a dónde?.   

 

ALBRICIA

ALBRICIA

 

O PP está eufórico cos resultados da EPA que rexistra un incremento do emprego. Nada se di do tipo de emprego, pero os novos contratos asignado son en precario, moitos por horas e días, rexistrase unha destrución de emprego fixo e sigue a baixa os ingresos da SS, tanto polo que aportan os novos contratos,  como polo descenso de cotizantes. É precisamente o descenso de cotizantes o que nos mostra que a baixa do paro é por que houbo emigración de traballadores e trabase de xente en activo á xubilación. Non vexo a razón pra estar eufóricos 

ROUBO

ROUBO

 

 Ase sentenzas por roubo teñen unha constante: son inversamente proporcionais ó roubado. Os que arruinaron caixas de aforros, ou países, están libres, ou en cargos. Si algún xuíz se mete con iles vai á rúa; pola contra hai caso como o do esmoleiro que afronta unha pena de ano e medio de cárcere por roubar presuntamente media baguette nun panadería de Badalona. Pese ó mísero botín, a fiscal non dubidou en pedir para o procesado,unha condena de 18 meses de prisión.   Carmen, de 92 anos, e Urbano, de 76, foron denunciados e citados a un xuízo inmediato por roubar unha lata de anchoas nun supermercado.  En contraste, a Audiencia Nacional condenou a dous anos de cadea ós directivos de Novacaixagalicia, situación igual en moitas Caixas saqueadas. A xustiza non está pra grandes roubos e estafas, nin pra grandes corruptos; está pra roubagaliñas.

POR QUÉ VIGO

POR QUÉ VIGO

 

  O hospital ALVAREZ  CUNQEIRO trágase, en concepto de canon,  o 35% do que a Xunta gasta en Vigo. A empresa propietaria do hospital , non  solo cobra o elevado canon, polo aluguer do hospital, senón que tamén é titular de varios servizos do hospital, que presta e réxime de concesión, co que consigue engordar mais os ingresos. A prestación dos servizos é de mala calidade, tan mala que houbo  que suspender operacións pola esterilización do material quirùrxico. Iso non foi motivo suficiente pra que a Xunta fixera nada ó ríspeto. A empresa propietaria do hospital e concesionaria de varios servizos, tamén suministra persoal ó centro, como unha ETT. Un auténtico chanchullo. Qué fixo o recen nomeado Conselleiro de Sanidade pra resolve-lo caos, nada: por que o asunto está baixo  directa autoridade de Feijoo.  Solo é un boneco pra parar os golpes.  Vigo qué pode facer, o que fixo, golpealos nas furnas. por qué Vigo lle caeu esta praga.era a primeira oportunidade que tiña Feijoo de establecer o seu modelo e, ademais, Vigo e unha cidade de traballadores, e Feijoo despreza á clase obreira.

 

NADA REAL

 

   Calquera parecido coa realidade é unha coincidencia, so é un guión pra unha película, pero os medios de comunicación non deixan de pintarnos uns sucesos que nos arrepían; os feitos macabros venden mais i ese é o negocio. Parece un guión de unha película, que estou seguro que se fará. Unha nena, que xa non era un xoguete, coa súa intuición e a súa presenza, semellaba ser unha area nun zapato; convertérase  nun perigo, sabía demasiado. Había que silenciala. Agora o Fiscal centra a acusación na nai. Hai unha dúbida mais: ¿ Axudou en algo o amante?

 

NON ADMITO

NON ADMITO

 

O debate do Estado da Nación aclara pouco, pero resulta curioso que, independentemente do que se trate, o PP sempre usa o mesmo latiguillo: “non admito que Vd me de leccións”, e punto; así non se tratan cuestións pras que non hai resposta; o mesmo tempo transmítese unha sensación de autoritarismo , que non pode ser posto en  cuestión, por qué non admite ser cuestionado. O da bonanza económica é algo que tamén repiten como un matra e que cala no vulgo.  Non contan os millóns de españois en pobreza estrema, os que buscan comida nos contenedores do lixo, ós que nunca atoparan traballo; eles viven ben, moi ben. Convén recorda-la xenética destes personaxes, que sempre viviron á sombra do poder:  A orixe fundacional do PP remóntase aos ’Sete Magníficos’: Gonzalo Fernández da Moura, Manuel Fraga Iribarne, Licinio de la Fuente e de la Fuente, Laureano López Rodou, Cruz Martínez Esteruelas, Federico Silva Muñoz e Enrique Thomas de Carranza, os seis primeiros ex Ministros de Franco e o último ex Director Xeral de Cultura Popular. (Cada un achegaba unha sigla, pendente de legalización, pero posteriormente fusionáronse, dando orixe a AP, e logo o PP. Un partido franquista que se apoderou da  dereita democrática.

GALIZA E O MAGO FEIJOO

GALIZA E O MAGO FEIJOO

   Nas pasadas eleccións, Feijoo perdeu unha burrada de votos, malia o que seguiu conservando o poder, iso deulle a oportunidade seguir coa súa política de devastación de Galiza. Foi moito o que fixo nesta lexislatura. Definitivamente acabou coa industria; está traballando duro pra facelo mesmo coa pesca e a gandería. Os servizos está a privatizalos por cachos e caladamente, para que  a xente non se dea conta. Durante o seu goberno a débeda pública de Galiza bate récords,cun  pasivo acumulado é de 10.210 millóns de euros, o que supón un aumento do 110% a respecto da débeda pública galega que había en 2009,  que era de 4.859 millóns.  Ós votantes non teñen intres en saber como cadraran as contas do orzamento vindeiro. Agora presenta uns orzamentos con mais gato e menos ingresos. Moita maxia ten que facer. Vai haber cartos pra todos, xa non se pagarán impostos. Pagaremos a escote, independentemente dos noso ingreso, os xuros dos 10.210 millóns mais a devolución do principal. Será a herdade que nos deixa Feijoo. Unha lousa enriba das nosas cabezas, que lastrará a Galiza 50 anos. 

PÁNICO NO CORTELLO

PÁNICO NO CORTELLO

 

 Os empresarios do IBEX cenaron con Albert Rivera. Sabido é que os empresarios barruntan movementos electorais, queren estar ó quite, non queren sorpresas. Este significativo feito non pasou desapercibido en Xénova, nin ós moitos voitres  que planean  entorno ó poder. No  cortello desatouse ó pánico. O PP pode volver as súas orixes e quedar como o que é. Un partido neofranquista afastado da centralidade política, confinado na extrema dereita e privado dos importantes recursos que hasta agora tiña. Pode haber, xa hai, movementos políticos de altura. 

NO TUNEL

NO TUNEL

 

 

  O PP  celebrou no Congreso, cunha festa ó estilo romano, a saída da crise e a  bonanza das medidas do goberno. O certo é que non solo non saímos da crise se non  que afondamos n,5ela. Moitos españois quedarán definitivamente na pobreza , e salvo a clase alta, poucos deixarán a tras a época negra. A evasión fiscal é a propia dunha Administración en ruína, o que se une un sistema fiscal pensado en salvar ós ricos, lo que crea unha ruinosa recadación que nos leva a non superar ó déficit orzamentario, pese ó forte incremento da débeda. A gran mentira de Rajoy e o PP de que saímos da crise quedará ao descuberto porque entraremos nun proceso de estancamento producido polos insustentables desequilibrios estruturais, unha banca pendente dun fío e un modelo de Estado disparatado que está a devorar todo o esforzo produtivo da nación. A taxa de pobreza entre as persoas ocupadas é do 12,3%, entre os traballadores por conta propia chega ao 35%. Só Romanía, cun 54%, supera a España en número de autónomos pobres. Pero o paro, especialmente o paro xuvenil, é unha lacra que parece non ter fin.

SEN PENA, NIN GLORIA

 

   Pasou o debate da autonomía sen pena, nin  gloria. Nin nos medios de comunicación,  nin na sociedade se apreciou unha actividade inusual; case pasou desapercibido, solo nas axencias de viaxe se interesa a xente por un  destino.  Querían ir á Galiza, non a esta Galiza lastimosa e pobre; quen  á Galiza de Feijoo. Feijoo pintou unha Galiza tan   feliz e idílica que espertou un inxente e un fondo desexo de coñecela. Novamente nos van baixa-los impostos e darán 100 euros ó mes por fillo nacido. Decateime que sei pouco de aritmética, nada da aritmética de Feijoo. Baixa os ingresos , sube os gastos, algo non cadra. Hai que recoñecerlle as súas dotes de actor; no debate non había espontaneidade , había interpretación, mesmo votou unha bágoa. Groucho Mars era un aficionado

 

O XOGO

 

 

  Nos nove primeiros meses  deste ano, Galiza con producir o 50% de leite do estado importou 172.000 toneladas de leite. A deslocalización de industrias lácteas permitiu que se abastecera o mercado durante as tractoradas con de leite procedente de Euskadi e Andalucía. Claramente quen perderon foron os productores. O  cese de Rosa Quintana como Conselleira de Mundo Rural non resolve nada, a nova conselleira é partidaria de manter un rural controlado, e asó demostrou durante as tractoradas. En Andalucía o litro de leite págase a 31 cms, mentres en Galiza se paga a 24 cms, e así seguirá sendo, malia o seudoacordo, o que parece ser unha estratexia do PP pra que en Galiza sexa terra de miseria e caciques, e só haxa votos subvencionados e emigrantes fies ó PP. 

 

XOGO DE TRONOS

 

 O Oriente Medio é un conflito de poder entre Rusia e USA. No medio as comparsas europeas de USA xogan no conflito como aliados, cando solo levan as de perden e nada que gañar. Polo de pronto recibir a milleiros de emigrantes atraídos polos cantos de sirena de Merkel, que se cingue ó guión deseñado por USA e que se pode converter na súa tumba políptica. Rusia, a mais dos bombardeos, desprazou á zona os Spetsnaz tropas de élite que podrían  inclinar a balanza e  dar a  dar la victoria ó  exército de  Bashar al-Assad. Os EEUU, a mais. de armar, financiar e entrenar a tódolos opositores ó réxime sirio. Enreda o que pode. Ó final o que perde é o pobo; enganado e utilizado. Nunha posición abandonada polo EI había un importante depósito de armas israelís. Nun reportaxe da CNN aparecen tendas e outros elementos proporcionados por EEUU, como todo terreos,  ó EI, o que tamén se lle prové de modernos mises para combater a aviación rusa

O PARAÍSO

O PARAÍSO

 

  Galiza é un paraíso, iso nade o dubida , pero non o paraíso que nos pintan. A pobreza e o paro son unha triste realidade. Tamén a sanidade, que se privatiza por cachos, a educación pública sen recursos, ós cales van á privada. Industria destruída, agricultura arruinada , aforro emigrado. Mentres a propaganda oficial intenta convencernos do contrario. Co diñeiro público o PP fai campaña electoral, como e o caso de Rueda na emigración. Un terzo dos contratos laborais asinados en Galiza é de menos dunha semana. A temporalidade e a precariedade son un factor determinante do mercado laboral galego. Esa é a realidade; así que galegos despertai do voso sono.

QUE ME BORREN

  Os denominados  “Asociación Española de Avogados Cristiáns” queren denunciar por homicidio ós profesionais médicos que decidiron retirarlle a alimentación a Andrea.  Si estes fariseos representa ó cerne do cristianismo, eu quero que me borren do cristianismo, do que formalmente abxuro; non podo compartir o sadismo e a crueldade destes personaxes, que parecen sacados da España negra de Torquemada.  Legalmente, a  lei galega, aprobada recentemente, recolle no artigo 10  que toda persoa que padeza unha enfermidade irreversible e incurable e atópese en estado terminal ten dereito a rexeitar procedementos quirúrxicos , o que inclúe a alimentación, cando sexan desproporcionados e aumenten a agonía. Mentres, o artigo 13 sinala que son os pais quen decidirán as medidas cando o paciente sexa menor de idade.  Andrea morreu en paz. Súa irmá prometeulle que ela se ocuparía de tódalas súas cousas, que se podía ir tranquila

 

UNHA RECUPERACCIÓN SIMULADA

UNHA RECUPERACCIÓN SIMULADA

  Como o contrato de Bárcenas, a recuperación económica é simulada, non é real. O informe do Fondo presidido por Christine Lagarde explica, que para que o desemprego español baixe ata a taxa do 15% que se atopou o Partido Popular, os desempregados terán que esperar ata o ano 2021. Cando o envellecemento da poboación, faga diminuír o número de persoas en idade de traballar. A recuperación económica simulada polos economistas de FAES e o Partido Popular, é só iso, unha simulación. Os indicadores que manexan os economistas de FAES e o PP son erróneos. Algúns empresarios e especuladores, engordan o PIB, sen que alcance á capa social mais necesitada. O Partido Popular termirá a lexislatura, pero o dano causado polas súas políticas neoliberais, o capitalismo de amiguetes e a desmantelación da industria, perdurarán durante decenios.