Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

Ó FIN SAE A VERDADE

Ó FIN SAE A VERDADE

 

   EEUU está indignado cos bombardeos rusos ó EI. Non se trata de democratizar Siria, senón de mante-la serpe. Parece que ó EI hai que darlle folgos. Está ben, i é tolerable, unha oposición, incluso algún bombardeo, pero sen mingua-la súa capacidade de operatividade bélica. Ó fin de contas é creación súa, e os fillos non se lles pode quita-la vida. Un xeneral americano recoñeceu o Congreso o bombardeo do hospital en Afganistán, iso deixou co cu ó  aire ó  mesmo Presidente, que chamou por teléfono á xefa d Médicos sen Fronteiras pra desculparse. Pero iso non escusa  ó acto criminal.   

 

A CRISE DE FEIJOO

A CRISE DE FEIJOO

 

  Feijoo non está en crise, quén está en crise é Galiza. As remudas no goberno só son unha estratexia de Feijoo pra votarlles a responsabilidade das políticas da Xunta ós cesados, cando o único que fixeron foi cumpri-las  ordes do Presidente. O que de verdade importa é que a política de privatización da sanidade non se muda, as peticións dos gandeiros caen en saco roto e política de dependencia e políticas sociais non van variar. Todo elo só é un maquillaxe de cara as eleccións vindeiras. A campaña comezou. 

ARRASADO

Un hospital de médicos  sen fronteiras en Afganistán foi arrasado por un bombardeo de EEUU. Foron 20 minutos de terror, tempo que durou o bombardeo, no que morreron  médicos, persoal sanitario e doentes. Non parece un feito casual, mais ben semella un acto criminal premeditado. O Tribunal Internacional de Xustiza sería o que tería que depurar responsabilidades, pero EEUU, como no caso de Couso  que nin sequera deixou iniciar,  non acepta as resolucións do Tribunal que lle prexudiquen. Que asco

 

O TERROR

 

 

 O hospital de Beade infunde terro ós usuarios;: os doentes van a el con resignación. Os representantes do PP no concello de Vigo,puxéronse as pilas e empréganse a fondo pra quitarlle importancia ás denuncias dos profesionais da sanidade sobre deficiencias non servizos do Hospital; o apartar da portavocía ó anterior xefe  da oposición e a súa imputación por  corrupción, marcou unha nova  estratexia do PP. As formacións políticas da cidade cederon todo protagonismo a Caballero; mentres camadas de ratas naceron  no ALVAREZ CUNQUEIRO, pero ó non haber laboratorio non  se poden facer probas de paternidade. Listos os da Xunta.

 

COMO QUEN NON QUERE

 Con mais sutileza que na CCAA  de Madrid, Feijoo  privatizou  case toda a sanidade como quen non quere a cousa; queda o persoal sanitario aínda que o están tentando a través do modelo que propuxeron de unidades de xestión clínica co que a Consellería busca un silencio cómplice dos médicos. As compras do material de radioloxía, medicamento nuclear e radioterapia destinado aos hospitais públicos decidiraas unha empresa privada , o Sergas decidiu privatizar a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica obviado a reprobación do Consello de Contas todo o material que se usa nos hospitais:. gasas, material de curas,  pra diagnóstico, xabón lencería, etc é distribuído por unha empresa privada,    dende   Negreira, unha empresa que se creou pra ese fin. Nin se busca a eficiencia nin paliar unha suposta obsolescencia do equipamento. Pendentes esta a adxudicación  da  esterilización de material clínico, por 160 millóns de euros para 12 anos, os colectivos poñen o berro no ceo polo risco de perda de calidade, en aspectos sanitarios tan sensibles dado que as empresas buscan abaratar custos para obter beneficios.

 

TODOLOS GATOS SON PARDOS

  Si a Volkswagen fora dun país do sur entenderíamos que trucara as medidas de emisión de contaminantes. Coa actuación da Wolksvagen  cae a venda e a fe que podían ter os productos alemáns. Os marxees comerciais, as ganancias sen límite. A  desmedida avaricia,  rompeu  o saco. A Caída dun 30% das acción é solo a punta do iceberg do dano producido á industria alemán. Pero o curioso é que o que foi presidente da compañía, e causante do dano, é premiado con 28 millóns de euros, en lugar de 28 anos de cadea. Iso demostra que a moral,  cando se trata de ganancias non existe, e que é un problema mundial. A indicisa política do goberno español ten orixe na decisión de Rajoy de non molestar á wolksvagen pra que non peligre unha inversión da multinacional   en Martorell

 

PEZA A CAZAR

PEZA A CAZAR

  

 Caballero, alcalde de Vigo, está acusado  po-la Fiscalía de supostos delitos de corrupción. Para que pareza que neste país non hai privilexios pra nigún partido, a Fiscalía tamén imputa a altos cargos do PP na provincia de Pontevedra: o que foi presidente da Deputación e o do PP en Pontevedra, Rafael Louzán á Delegada da Xunta en Vigo e; así como  o xefe da oposición no axuntamento de Vigo.presuntos culpables de que o PP perdera as pasadas eleccións locais en Pontevedra, e os que tamén acusa o PP de non frear as críticas o hospital de Vigo, proxecto estrela das privatizacións sanitarias de Feijoo, por esperanza debían saber  que Feijoo non perdoa os fallos

APOIOS

  Nunha cena secreta nun hotel de Vigo, Feijoo cominou ós mais de 60 xefes de servizo do hospital de Beade a que apoien o  seu proxecto pro hospital de Vigo. Con pouca fe, os apoios danse; do contrario pódense considerar cesados, porque todos eles son cargos de libre designación. Non chama atención o carácter secreto da reunión e do que alí se tratou, o mais salientable é que Feijoo en persoa presidira a reunión. Iso da idea de o mal que se viron as cousas co proxecto do Hospital de Vigo

TOMANDURA DE PELO

 

  Logo de desactiva-la protesta do gandeiros, a Ministra Tejerina presenta un acordo asinado por industrias transformadoras e distribuidoras, tamén asinado por unha asociación agraria vinculada ó PP, que solo contén declaracións de vontade, pero sen valor executivo; é dicir, industrias leiteiras e distribuidores poderán facer o que lles de a gana. O documento ´é deprimente, e demostra o apoio do PP ás industrias e os distribuidores e o pouco que lle importan produtores e consumidores    

PRIVATIZAR

  Privatizar non é solo un verbo, nin se se trata de realizar a mellor  xestión. Sempre se trata de privatizar o mais rendible pra que os amigos fagan negocio. Temos exemplos que obvian calquera explicación; por qué non se privatiza a CIDADE DA CULTURA, monumento extravagante e inútil.  Pola contra privatizase aquelas parcelas da sanidade susceptibles de dar beneficios inmediatos. O proxecto do hospital de Vigo fora aprobado polo bipartito, a primeira medida de Feijoo, tras gaña--las eleccións foi transforma-lo proxecto existente de construción dun novo hospital público en Vigo, nun de xestión privada, que adxudica a unha UTE, da que forman parte empresas do entorno do PP, éntrelas algunha de altos cargos da Xunta. Ademais da privatización, as limitacións ó proxecto orixinal, viñeron impostas  pola necesidade de manter o concerto singular co hospital privado POVISA, no que indirectamente ten intereses a conselleira do ramo. 

 

QUÉN DIXO CRISE

QUÉN DIXO CRISE

 

  A crise pasou, iso di o PP. O certo é que España estivo a piques de solicita-lo segundo rescate. Solo a intervención de Alemaña e EEUU en apoio do goberno impediron un crack da economía española; pero este apoio é solo temporal, sosterán o goberno hasta as eleccións; despois veremos o que pasa. O FMI insistía  en que era necesarias novas reformas, decatábase de que o cumprimento do déficit é imposible e de que a economía cada vai peor. O alto índice do paro, a baixada da recadación, a elevada evasión fiscal.  Os gastos en política e sindicatos son intocables, un 25% da poboación depende dela. O sostemento da airexa católica con un aporte de 13.000 millóns de euros, mais os beneficios fiscais, que supoñen un aporte indirecto cifrado en 17.000 millóns de euros. Tamén é intocable a aportación e os privilexios da airexa. Así que toca quitar mais alpiste al loro

CEN DIAS DE GOBERNO

CEN DIAS DE GOBERNO

  Feijoo di que os alcaldes das principais cidades de Galiza non teñen un bo balance nos seus primeiros cen días  de goberno. El en  sete  anos bateu tódolos records de desgoberno de Galiza. Dificilmente lle van a quitar o primeiro posto de peor gobernante, non solo de Galiza, senón de España. Solo se lle pode comparar con Monago  e  con Cospedal. Segundo os socialistas,  os populares non conseguirán darlle a volta á situación porque os datos son os que son. O salario medio baixou un 13 % máis que a media, un de cada catro galegos vive con 300 euros mes, seguimos coas pensións máis baixas e hai 159.000 persoas ocupadas menos que cando Feijoo chegou á presidencia. Con Feijoo en Monte Pío, perdeuse un terzo do emprego no sector agrario e un cuarto do sector industrial. Eles va ben

CÓMO LLO DIGO

CÓMO LLO DIGO

 

  Un neno choraba no portal dunha finca de veciños, onde se había protexido da chuvia, entre saloucos preguntábase por qué non lle daban a seus pais unha casa e un traballo,  como lles daban ós que viñan de fora, así, ó mellor, podía comer tódolos días.  Entraba eu, cando reparei na famélica crianza e inviteino á miña casa, onde lle ofrecín algo quente, pero non lle puiden responder as súas preguntas. 

LIBADOIRO

 

 O hospital de Vigo é un libadoiro ó que acudan tódolos chupóteros do PP con  un enxameo de empresiñas. Todas as chupancias peperas conseguiron triplicar o prezo de construcción, pese a que foron suprimidos servizos e reducir drasticamente a súa capacidade. Feijoo compareceu no Parlamento pra abronca-los vigueses polas protestas contra do hospitaliño. Con tono paternalistas, que recorda ó réxime pasado, recordou o que leva feito pola sanidade. Non fai falta ter moita memoria pra recordalo das fundacións, afogadas en  débedas, que o bipartito tivo que rescatar. Son xa 20 anos en que Feijoo leva traballando pra facer da sanidade un negocio. O  PP opúxose a que haxa unha comisión de investigación, ou que o  Tribunal de Contas examine as contas  do hospital de Vigo. Nade sabe con certeza o que se guisa no Álvarez Cunqueiro. Todo é escurantismo.

 

TODOS A POÑE-LA MAN

 Algúns concellos e CA rivalizaron en ofrecerse a acoller inmigrantes. Non se sabía quen  ofrecía mais. Chegou o momento, despois de que Merkel lle dera un toque a Rajoy, en que España se ofreceu a coller 15.000 inmigrantes, ós que hai que engadir os que entran  pola súa fronteira sur. Entón os concellos xenerosos puxeron a man  e reclamaron axudas de papa estado pra dar acollida.  Comunidades, como  a Valenciana, mesmo proxectan fletar un barco pra traer inmigrantes, que é a CA mais endebedada, tanto que di que non ten pra gastos sociais Tamén saíron como setas os particular que se ofreceron a participar na acollida, pero axudar ós veciños na miseria non é negocio,  e non mola

 

 

TERRA DE LEITE E MEL

TERRA DE LEITE E MEL

     Pros inmigrantes Europa é a terra da leite e o mel. Non van descamiñados. Sen ir mais lonxe, en España ofréceselles vivenda, asistencia sanitaria e unha prestación mensual que vai dende os 400 ós 1.200 euros ó mes segundo os membros da familia e non é por un mes, nin por un ano;  é sen límite de tempo. Isto é o que está previsto. Parece unha broma, nun pais de 5.500.000 de parados cun 13 millóns de pobres, 3.000.000 en pobreza extrema, un elevado número de familias sen ningún ingreso, mais de millón e medio de parados sen ningunha prestación; os comedores sociais a rebentar. España é un país de contradicións e Quixotes, pero chegará un día en que este quixotismo o ocupe unha xenofobia, que nacerá destes excesos

OS GANDEIROS Ó PAIRO

    En lugar  de ofrecer solucións o conflito gandeiro, o PP  trata de rebenta-las protestas e consígueo. Ofrecéselles ós gandeiros unha serie de medidas, éntrelas novos tipos   de contrato e medidas normativas inconcretas. Todo son vaguidades, pero a loita é complicada e desigual;  a corda rompe polo mais feble; e os febles son os gandeiros, con inimigos mesmo na casa, mentres a industria e os distribuidores son un cartel que actúa con prepotencia e impunidade. Medio litro de auga natural con gas, está mais cara no super que un litro de leite, ese é problema. Pasado Pedrafita non se dan estas cousas tan peculiares, pero todo é posible na terra controlada por Feijoo

 

DESBORDADAS

DESBORDADAS

   As urxencia do novo hospital de Vigo  foron reducidas por Feijoo nun 50%, cando  as do vello hospital   e Meixoeiro estaban xa  colapsadas pintan mal as cousas. O proxecto orixinal contemplaba a situación das urxencias e non se entende este recorte tan bestial,  que tamén afectou a outros servizos. A única razón é que se queira facer do novo hospital un centro de beneficencia pra pobres e potenciar a sanidade privada. Unha doente que se lle ofreceu unha intervención na privada, e ela insistiu na pública, o SERGAS    premina cunha espera de dous anos. As intencións do PP parecen claras  

DE ALUCINE

DE ALUCINE

 

   

    Os EEUU está moi contrariado por que Rusia apoia e asesora  a Siria  pra combater o EI, Polo que se ve a creación do EI non foi unha creación errónea de EEUU e Israel. En contra do que parece segue apoiando o monstro con financiación. armamento e entrenamento. A Israel interésalle a existencia dun estado medieval que teña en jaque  ós árabes, pero baixo o seu control

CONFUNDINDO

CONFUNDINDO

  

  A manipulación do exilio dos republicanos españois  que se fai nalgúns medios pra comparalos cos exiliados sirios, incorre en falsidades gravísimas. Parece que a intención ´é deliberada. Manipular a opinión pública e, o que parece ser unha estratexia, mentir. Os exiliados españois foron conducidos a campos de concentración en pésimas condicións, que non  valían nin pra ovellas. Non tiñan asistencia médica nin material de aseo, tampouco se lles asignou na vivenda e un salario.  Combateron coa resistencia, etc