Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

BAIXADA DE IMPOSTOS

BAIXADA DE IMPOSTOS

 

 Os novos tipos impositivos do IRPF  baixan, mais pras redas baixas. Ese  é a mensaxe que se quere transmitir o PP, pero o resultado real é que as rendas altas obteñen unha rebaixa dez veces superior ós mileuristas. Pras moi altas, a baixada de impostos pode ser de 60 veces a dun mileurista.  Indignante, pero esas son parte das REFORMAS do PP. Fora desta comparación quedan as rendas de salarios como o Presidente de Iberdrola e xente polo estilo. 

ALARMA

ALARMA

 

 

   A desaparición do galego é un feito comprobado. Durante o mandato de Feijoo estase dando unha perda crecente de galegofalantes. A Dirección de Política Lingüística, converteuse nun órgano irrelevante pra promoción do galego, mesmo é unha Entidade que colabora no seu desprestixio e exterminio. A comparecencia do Director de Política Lingüística evidenciou que non hai ningún plan de apoio ó galego. Coa chegada de Feijoo suprimíronse as galescolas, e o ensino do galego converteuse nunha materia optativa. Pra que fora b en visualizable a súa inutilidade, erradicouse de calquera sistema de valoración e uso na Administración pública. Pero pra elimina-lo galego nos lles chegou con limita-lo seu ensino, con medios propios, así como coa axuda de organizacións privadas, levaron a cabo unha intensa campaña de desprestixio do galego pra convencer ás familias da inutilidade do galego e do seu desprestixio social

NON ILUMINEDES A ESCURIDADE

NON ILUMINEDES A ESCURIDADE

  Non iluminedes a escuridade. O goberno danos unha estadística que defire das de cáritas e outras ONG. Cristóbal Montoro arremeteu contra Cáritas por dicir que rescatar ós 700.000 fogares sen ingresos custaría 2.600 millóns de euros, a metade do que o Goberno vai investir en salvar ás autoestradas.  Montoro criticou, asimesmo,  que a institución da Igrexa suscitase un debate "que non ten que ver coa realidade, a do seu goberno, e sigan facendo informes como este, sobre todo cando o Goberno, e máis concretamente el mesmo, están dando unhas estadísticas moi boas.  1,400.000 persoas traballan un día á semana, así non figuran nas listas  do paro

NON ILUMINEDES A ESCURIDADE

NON ILUMINEDES A ESCURIDADE

  Non iluminedes a escuridade. O goberno danos unha estadística que defire das de cáritas e outras ONG. Cristóbal Montoro arremeteu contra Cáritas por dicir que rescatar ós 700.000 fogares sen ingresos custaría 2.600 millóns de euros, a metade do que o Goberno vai investir en salvar ás autoestradas.  Montoro criticou, asimesmo,  que a institución da Igrexa suscitase un debate "que non ten que ver coa realidade, a do seu goberno, e sigan facendo informes como este, sobre todo cando o Goberno, e máis concretamente el mesmo, están dando unhas estadísticas moi boas.  1,400.000 persoas traballan un día á semana, así non figuran nas listas  do paro

CAL SERÁ O ANO NOVO

CAL SERÁ O ANO NOVO

 

   Qué país nos vai deixar o PP , logo de arrasalo todo, de roubar, estafar, manipular, de desprestixialas Institucións. Tras as eleccións terá que facerse  fronte a un escenario dantesco. Un país arruinado económica e moralmente.  O  lado positivo, probablemente sexa que a experiencia é a mellor escola e agora xa temos un máster en malnacidos, ladróns, pancistas e estafadores.   

 

MERKEL, O CANGRO

 

    Hoxe por hoxe, a Merkel goberna, ademais de Alemaña, Europa. Non ha verdadeiramente unha Europa, hai unha gra Alemaña, como soñaran os nazis. Os ingleses sábeno ben por iso recelan da actual Europa. Si os europeos queremos construír unha Europa de nacións solidarias e democráticas, Merkel é un obstáculo. A probade que Merkel é uns obstáculo  pra democracia témolo nese chantaxe que lle está a Facer a Grecia.  Scyriza pode ser o inicio duna expresión da conciencia cidadá dos europeos. O Tribunal Internacional de xustiza debía procesar a Merkel por quitarlles o pan e a liberdade ós pobos. Ten que haber un proceso similar o de Nurember. Chantaxear e humillar a Grecia é intolerable.

 

VOLVEMOS ÁS COLAS

 

  A España do PP vai tan ben que volvemos ás colas da posguerra. Hai  tal nivel de pobreza, fame e miseria, que os comedores sociais atópanse desbordados. Isto é  terrible, porque nade sabe cuanto aguantaran. Lonxe de presentarse unha mellora no horizonte, as previsións é que a pobreza  se duplique. As colas medaran nos comedores sociais. A pobreza solo é superada pola corrupción, as colas na oficinas do paro asustan

UN DISCURSO IRREAL

UN DISCURSO IRREAL

 

   O presidente da Xunta pronunciou este mércores o+ xa tradicional mensaxe de fin de ano, e no conxunto das súas palabras a idea clave que podemos tirar é a do optimismo. Un optimismo desbordante ante o 2015, mesmo no referido á situación económica. Un discurso pra ignorantes, pra cegos que non queren ver, ou que non lles interesa ver. Esqueceuse do índice de pobreza, dos contratos en precario, da mingúa  dos salarios, da conxelación de soldos públicos, en varios anos, de como os altos cargos e directores de empresas públicas se saltan calquera limitación dun xeito obsceno, da mocidade que ten que emigrar, do alto nivel de paro, que ano a ano está a medrar, da destrución industrial, de como está a afogar o sector agrario, das privatizacións, da dependencia. Pola corrupción, que é evidente de que lle preocupa pouco, paso sen darlle demasiada importancia, pasándonos a pelota.  Presumir de dici-la verdade, a súa  verdade, e tamén ocultou dicir o incremento da burocracia improdutiva,  a débeda e o estado do galego.

TERCEIRO ANO TRIUFAL

TERCEIRO ANO TRIUFAL

 

  No discurso de Nadal de Rajoy  centrouse en logros que solo el ve. Foi un insulto ós doce millóns de pobres que creou, os  desempregados, os que malviven cun traballo en precario ou mal pagado, os pensionistas, os doentes, etc. 1912 foi o ano dos axustes, 1913 das reformas e 1915 do despegue económico, que supoño será  dende o aeroporto de Castellón onde despegaremos                                                                                         

Menos emprego que cando chegou ó poder

Caída da poboación activa

O emprego creado é de peor calidade, incluso hai empregados no umbro da pobreza

Mais desigualdade social, xa somos segundos

Menos protección social

Mais pobreza, doce millóns de pobres, que pronto serán 24

A economía vai tan ben que este nadal sacaron 8.000 de euros da ucha das pensións que deixou Zapatero pra facer fronte o pago.

A Economía vai tan ben que o salario mínimo subiu un 0,05%

A economía vai ta ben que soben as pensións un  0,25%

A economía vai tan ben que recortan en sanidade, educación, prestacións de desemprego e dependencia

A economía vai tan ven que ós traballadores públicos seguen sen pagarlles a extra.

O PP, co seu discurso triunfalista,  irrita, ofende e menospreza a intelixencia, pero haberá amorais

DESPEDIDO

DESPEDIDO

 

 

  A foto de Rajoy nun barco relacionado co narcotrafico, paseado polas rías, costáralle o posto o director de Xornal de Galicia, que fora o que descubrira o asunto. O mesmo Rajoy, cun gran cabreo, segundo Galicia Confidencial, indicoulle ó propietario do periódico que a noticia podería condicionar as adxudicacións de obras á empresa Sa José. Resultado: o director cesado fulminantemente, coa formula de “mutuo acordo” e as rúas empapeladas, pero que Rajoy se relacionara con narcos solo tivo consecuencias pro xornalista que fixo o seu traballo. Estas condutas están tipificadas no Código Penal. Nada se moveu. O que non convén que se saiba tápase. E tampouco o público é demasiado esixente coa moralidade dos políticos.  

COINCIDENCIAS

COINCIDENCIAS

 

   A maridaxe, as coincidencias no esencial, os inimigos común, os mesmos amigos, os mesmos intereses económicos, fai recordar a alternancia de goberno do século XIX. Non haberá cama, pero abofe co parece, porque é o único que falta. Os cidadáns asistimos desconcertados ós desencontros, cara os seus votantes, mentres viven unha lúa de mel

¿ONDE ESTAN?

¿ONDE ESTAN?

 

  Feijoo convoca 125 prazas pro SERGAS, Canarias 1234. ¿Ónde están as prazas en Galicia?, ¿cál é a razón de que non haxa oposicións en Galicia?.En lugar de convocar prazas por concurso oposición privatízanse servizos e as sociedades resultantes contratan o persoal e, o casualidade, a afinidade ideolóxica é determinante. Nas administracións gobernadas polo PP, esta é unha práctica habitual pero tamén o fan  outros partidos, aínda que a menor escala e con mais disimulo.  Así crease unha rede de clientelismo.

 

TRISTEZA

TRISTEZA

 

   Nada hai mais triste que a fame dunha crianza. Desgraciadamente os ladróns que nos gobernan roubáronnos o nadal. A pobreza infantil en Madrid é pavorosa, pero os gobernantes, en contra de feitos determinantes e datos de ONGS, alegan que estes datos son incorrectos. O mesmo fai o Presidente Feijoo, aínda que aprobou un importante orzamento pra alivia-la pobreza infantil. O cal nos leva a preguntarnos de que se non hai pobreza infantil, a que se debe a razón desa partida económica, Vendo como pintan as cousas, atrévome a barruntar que esa partida ten mais de propaganda que de realidade, e os necesitados nada lles chegará.

VOL VEMOS OS 60

 

  As familias xa saen a comer fora. Boa verdade, a crise xa é historia. Como nos anos 60 as familias van comer o xantar ó campo, coas caldeiras plegables e todo o  equipo e parafernalia daquel tempo, a gasolina baixou de prezo e colle o auto pro campo. A crise xa pasou di Rajoy, pero os signos non se miran 

VOL VEMOS OS 60

 

  As familias xa saen a comer fora. Boa verdade, a crise xa é historia. Como nos anos 60 as familias van comer o xantar ó campo, coas caldeiras plegables e todo o  equipo e parafernalia daquel tempo, a gasolina baixou de prezo e colle o auto pro campo. A crise xa pasou di Rajoy, pero os signos non se miran 

                                                                                                                                                                                                                                                                                      

 MUROS FORA

   Un muro mais caeu co desconxelación das tensas relacións   de Cuba e EEUU. Non todos se aledaron do suceso. Os sectores mais ultras da Florida e FAES viviron un día  de loito. Europa, que seguiu unha política de acoso o réxime cubano,por mandato dos EEUU, é claramente a prexudicada. España, anelada nunha política exterior de desprestixio, nada pintou e os beneficiarios poden ser os que crearon  o conflito. As patéticas actuacións de Carromero, son a imaxe da política española. 

UN PERIGO

UN PERIGO

 

  Rafael Hernando dixo Cos de PODEMOS está cheos de caca, pouco lle faltou pra dicir de coca. Calquera da dúas cousas podía volvérselle en contra, pero non importa, porque, qué outra cousa podía dicir o voceiro dun partido enmerdado.: Nun acto do PP andaluz en Sevilla, Hernando definiu ao novo partido político como «uns Adanes que queren destruílo todoa, Hernando definiu ao novo partido político como «uns Adanes que queira que entre un pouco de aire fresco no sistema queren destruílo todo. Non pode aturar estes corruptos que alguén, senten o hoio ameazado. Si a alguén lle asustara votar a PODEMOS; que teña a seguridade de que non poden facelo peor que o PP, nin ser, de lonxe, tan corruptos. Susana  Diaz e Rafael Hernando montando un escándalo por 1800 euros que cobrou da Universidade de Grada e os Rectores pulíronse en  esmorgas  400.000 euros

UN CLIENTELISMO ASOMBROSO

 

   Hai axuntamentos, especialmente da provincia de Lugo,  nos que a achega de fondos, como subvencións da Xunta, supera os orzamentos normais do concello . Estas achegas dedícanse a manter un manancial de pequenas obras, xeralmente inútiles,  empregando o maior número de persoal, simpatizante do PP, creando así unha rede clientelar.     

UN LASTRE

UN LASTRE

 

     A débeda galega afoga e impide toda posibilidade de inversión, durante o mandato de Feijoo triplicouse o seu importe, supera os 10.000 millóns des euros, sen obras que xustifiquen ese endebedamento, privatizando servizos e  sen capacidade de xerar ingresos, o futura de Galiza está hipotecado por 60 anos

XA É HISTORIA

XA É HISTORIA

 

   Según Rajoy, a crise é historia. Xa deixamos a crise atrás. Isto da crise é unha cuestión de apreciación. Si ben tódolos indicadores económicos, agás a prima de risco arrefriada coa compra masiva por m parte do propio estado, presentan un agravamento da crise. Mais paro, mais recortes, menos prestacións sociais, etc. pero si, pra algúns a crise é historia, pra eles nunca houbo crise. A crise fixo mais ricos a unha pequena parte de españois, pero creou 12.000.000 de pobres, moitos na indixencia social. Esta cifra pode que corta, ten dúas partes: os que non teñen ningún traballo, e os que son pobres, porque  é unha pobreza tan peculiar que, aínda tendo traballo, a pobreza pode existir, tanto pola precariedade do traballo, como polas baixas retribucións. As diferenzas entre ricos e pobres son das mais elevadas da UUEE. É a crise do PP, os ricos mais ricos e os pobres mais pobres