Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

TENSANDO A CORA

 

    Diante da probable perda de poder nas vindeiras eleccións, o PP está a incrementa-las privatizacións e o reforzamento do capital. A situación estase volvendo moio grave. Estas accións son a provocación dos irresponsables que pode dar orixes a movementos que traten de anular esas falcatruadas con métodos expeditivos. Estes personaxes tiñan que ser encausados pola xustiza, como responsables do espolio que están facendo co público. Iso sería un bo xeito de garantir que a xustiza se faga sen  violencia.

 

SOLO 40 PRIMAVEIRAS MAIS

SOLO 40 PRIMAVEIRAS MAIS

 

     O informe sobre o uso do galego e o futuro da nosa lingua é aterrador. O galego é so propiedade dos galegos, iso é unha obviedade, pero non é menos certo, que uns defenden o idioma e outros intentan suprimilo, mentres algún organismo meten o rabo na silveira e prestase óo contubernio e ó pasteleo co poder. Xa non é tempo de ambigüidades e augas mornas, os tempos son chegados, así o din as enquisas. Non se pode culpar á sociedade, nin as familias do estado do idioma. Si os goberno utiliza métodos nazis pra elimina-lo idioma e os que teñen a obriga de defendelo recorren a  filosofar  e a turrar contra dos que viven a realidade, porque eles prefiren a vida de aparencias e poder.  Mellor alguén estaría calado cando non ten nada importante que dicir, tampoucu se pode estar agochado como o zorro, hai que saír da cova e bate-lo cobre. O galego ten poderosos inimigos, compre unir forzas pra súa defensa.   

LOGRADO

LOGRADO

.  

   Feijoo creou un conflito lingüístico entre o galego e o castelán, un conflito que solo existía na mente xenocida dos co inventaron. Coa chegada de Feijoo ó poder iniciouse un frenetico acoso por tódolos medios ó galego.  O Conselleiro de Educación foi a punta de lanza, arredando o galego do ensino e suprimiu as galescolas.  Non foi a primeira e principal acción do PPg en contra do galego. Os xenocidas da cultura galega sabía ben que limitando o uso do galego no  ensino e convertirndoo nunha lingua morta e desprestixiada. En segundo lugar intentaron que a xente visualizara a inutilidade do galego, eliminándoo da Administración. Mesmo un alcalde do PPq dun concello de Ourense chegou a pintoresca ocorrencia de suprimi-los impresos en galego e sustituilos por uns inglés  

A UBRE

 

 Galiza é a ubre do PP. A vaca seguen a alimentala os galegos pra que os de fora a muxan. Euskadi ten unha tarifa da luz propia, pero o PP impide que aquí teñamos o mesmo, así en Euskadi a industria ten unha tarifa especial, e acusa a ALCOA de chantaxe. En Galiza prodúcese a maior parte da electricidade, pero o PP impide que Galiza teña o mínimo beneficio pola produción da enerxía. É a parábola da vaca, nos mantémola pra que Madrid a muxa.

 

QUÉN PAGA

QUÉN PAGA

 

  Solo dúas empresas do IBEX non teñen unha oficina en paraísos fiscais. Este simple dato danos idea da xeneralizada evasión fiscal das grandes compañías, pois non  teñen esas oficinas como loxística á produción,  senón  a evasión fiscal. E o PP aínda as premia con baixadas de impostos. O práctico desmantelamento dos órganos administrativos de persegui-lo fraude, fai que solo paguen impostos os pringados

RAZZIA

RAZZIA

 

   O dos RIAZOR BLUS foi unha razizia, unha emboscada organizada polo mais ultra do FRENTE ATLÉTICO, que co contubernio de responsables políticos, organizaron a caza do galego. Non me merecen ningunha simpatía os seareiros ultra e violentos, do equipo que sexa, pero os sucesos de Madrid prodúcenme unha fonda indignación como galego. Non foi unha liorta entre adicións, foi un acto racista, que baixo o claro slogan “a CAZA DDEL GALLEGO”, ultraxouse a un pobo coa conivencia do goberno. Posiblemente sexamos un pobo castrado, como eles din, pero a carraxe . Non sei se nos ultrasur hai policías, ou si simplemente son infiltrados, que fan o seu traballo pero a policía deulles tempo pra mallar nos galegos antes de facer acto de presenza. Ó día de hoxe non hai ningún detido polo asasinato. Que o goberno siga negando que non o avisaron é unha coña.

 

UN MARRON

UN MARRON

 

  A liberación da cárcere de varios presos de ETA é un marrón pro goberno. As vítimas do terrorismo non o entenderán,  verano como unha tracción mais do PP. O único que se lle curre a Saez de Santamaría, pra lava-la cara do goberno, é cargar cotra dos xuíces.  Como se eles fora os culpables únicos, cando o cambio dunha lei, que impediría as escarcelacións está no Congreso, que o PP monopoliza. A lei non foi adecuada ás normas europeas. Tempo tiveron, pero o desleixo, ou ó mellor  estaban demasiado ocupados en roubar e saquear España. O enfado xeneralizado das vítimas do terrorismo pode abrir unha nova brecha nos votantes máis fieis do PP. 

ACLARADO

ACLARADO

 

 

  Ese pedazo de demócrata que é Rosendo, concelleiro do PP en Ourense, chamoulle, a berros, a unha concelleira do BNG terrorista, e amosoulle unha foto, onde estaba con un imputado  por terrorismo.  Na foto víanse mais persoas e non se pode deducir unha relación particular de cercanía, pero ó bo de Rosendo bastoulle pra calificar de terrorista a edil. Polo mesmo razoamento, a foto de Feijoo pilotano unha planadora con Marcial Dorado, fainos pensar que Feijoo estaba metido nas redes da fariña. De igual xeito, a foto de Rajoy paseando polas rías nun barco de contrabandistas, teríamos que deducir que Rajoy era da familia. As repetidas fotos de Rajoy con sospeitosos de contrabando situaríano na rede. Mais cando das fotos se pode deducir unha familiaridade e amizade indudable    

XA NON HAI XEITO DE DISIMULALO

 

 O Bipartido encheu o país de Residencias da 3 ª Idade. Feijoo fixo dous grandes lotes. Un pra Fundación  San  Rosendo e outro pra un fondo no que figura súa irmá como apoderada. Uns resgalos á conta dos galegos.  EULEN, empresa na que súa irmá é apoderada, é unha máquina de coller contratos e subvencións da Xunta; o seu presidente, ante abundancia de cartos, que recorda o mana dos xudeus, subiuse o soldo dous millóns o ano. Ese mana non chega ós traballadores da empresa, a eles recórtaselles o soldo dun xeito significativo. Tamén unha sobriña de Romay  entra no reparto de chupes e montou unha empresa, moi próspera, pra recibir contratos da Xunta.

 

CO PERMISO

CO PERMISO

 

  Co permiso de Beiras, a Feijoo acábaselle o chupe. Nas pasadas eleccións Beiras acudiu ó rescate de Feijoo. Grazas á labor de Beiras dividindo á esquerda, Feijoo, pese a perder douscentos mil votos, logrou a meirande maioría. As enquisas pronostican unha caida de Feijoo. Beiras intenta recompoñe-lo seu cheringuito pra entrar no reparto de escanos A supervivencia de Feijoo está, como antes, como denantes na man de Beiras, que pese a ser un octoxenario, marcará os destinos de Galiza. Na súa longa e solitaria travesía política dos comezos da democracia, será recordado por levar acendido o candil do nacionalismo, sería un dramático final que pase á historia como o que apagou o candil 

CONSECUENCIAS

CONSECUENCIAS

 

 O ter a tarifa eléctrica mais cara de Europa vai traer consecuencias catastróficas pro pais. Alcoa pode pechar, exemplo que poden seguir outras empresas. Os privilexios das eléctricas solo se conciben sendo, como son os lugares de xubilación dourada dos político que lles pagan a peaxe coa barra libre de tarifas e exención de impostos, que cargan ós consumidores. Solo en Españistán existe un imposto ó sol, o cal é motivo de burla no estranxeiro.               

 

RESCATE HOUBO

 

 

   Uns 370.000 millóns de euros foron  empregados pra rescatar bancos, 67.000 en rescatar diversas empresas privadas, de Europa.  50.000 millóns de euros sacáronse do fondo de pensións pra evitar un segundo rescate. Temos que devolver o rescate a Europa, pero a nosa economía segue caendo. Hai 460.000 novos ricos. Os que antes eran ricos, agora son un 17% mais ricos. Os pobre xa superan os 11 millóns, España xa é o pais de Europa con mais pobreza. A evasión fiscal, as baixadas de impostos ós mais ricos, fan de España o país mais desigual. Os medios de comunicación son coacionados pra que non dean noticias negativas do PP. Según a propaganda do gobernos a reactivación económica xa se nota coas reformas “estruturales”

 

NA BOA DIRECIÓN

NA BOA DIRECIÓN

 

     Feijoo presume dun magnífico futuro pra Galiza, grazas o seu goberno. Un futuro negro pros 120.000 emigrados. Pro 23%  da poboación en paro. Pros  mais de 3.000 galegos sen teito  pra ese 37% en situación de pobreza.  Galiza esta ó rabo das comunidades Autónomas que menos diñeiro dedica, por habitante, á sanidade e ensino públicos, menor gasto en investigación e servizos sociais. A Galiza que herdarán os nosos fillos, será unha Galiza esganada pola débeda, cunha sanidade pública desmantelada, cun ensino público acurralado e desprestixiado, sen axudas á dependencia. Dende que goberna Feijoo paralizáronse as transferencias de competencias, que era unha das cousas que Feijoo soia sacar na oposición. A pesar dela, o PPg seguirá, miles de ignorantes farano posible.

 

OS BENEFICIADOS

 

  Os feitos demostran que as privatizacións non son casuais, que sospeitosamente se lles adxudican a amigos, afíns ou a parentes. Tanto as  que no seu momento fixo o PSOE, como as que esta a facer o PP, terminan nas mans de afíns. Sempre se fai pra beneficiar a alguén con intereses no asunto. Un caso cércano  témolo no novo hospital de Vigo, onde se reducen o número de  camas e servizos esenciais, pra beneficiar a Povisa e pra colmo é unha privatización encuberta, no que nin o persoal será do SERGAS. O resultado, un apéndice de Povisa. PP e PSOE está no negocio      

 

NON SE PAGA

NON SE PAGA

 

 A vida da polícía morta  en Vigo non se paga cunha medalla. Vota-los  axentes a un enfrentamento sen un sinxelo chaleco antibalas ,é un acto criminal. O axente que quere un chaleco ten que mercalo do seu peto. Gástanse os cartos en comilonadas capelas católicas, homenaxes relixiosos e outros sarados e non hai cartos pra chalecos. No hai un protocolo pra estas actuacións. Non hai aprecio pra vida dos policías, de seguridade cidadáns, nin a súa labor

                                                                                                                                                                                                                                   

UN CHEIRO

 

   Un irresistible cheiro, que non é celulosa, sae da concello da Porqueira. O posible ofrecemento do cargo de vicepresidenta da Deputación de Ourense, ou outro cargo dentro das filas do PP, amén de algúns empregos é demasiado guloso pra manter unha suposta integridade. É que o demo ten uns instrumentos de sedución moi convincentes, sobretodo pras fes febles . por moitas e peregrinas escusas que o transfuga de, ningunha é crible, mais si o bandazo é pro extremo do arco político.  Parece cencia ficion, pero no debilitamento da esquerda está a forza do PP

 

POR QUÉ

 

 

  A millonaria conta de Bárcenas, escondida nun banco suízo, está a nome de Mariano Rajoy, Presidente do Partido Popular. Qué pasa con esta documentación proporcionada polo Dresdnen Bank de Suiza?. O PSOE cala, Por qué?. Os grandes medios de comunicación esquecéronse, por qué?. A fiscalía non actúa, por qué?. En calquera lugar de Europa e do mundo civilizado ó caradeplasma señor Rajoy xa o terían sentado nunha catapulta e lazado da Moncloa. O afundimento do sistema político actual, que dende a transición estivo irmandado coa oligarquía do franquismo, chegou a un estado de descomposición insoportable  e insostible.

                                 

CON DOLOR

 

   Sacar á Ministra de Sanidade do despacho foi como un parto con dolor, custoulle saír. Chamaran a policía, pero O Ministro de Interior contéstolles que estaban ocupados desafiuzando vellas. Unha equipa de obreiros estaba preparada con ferramentas  pra desatornillala da cadeira, pero o final saíu voluntariamente, o que mereceu un eloxioso recoñecemento do portavoz do PP.

 

CHORAMOS POR VIGO

 

  A Ministra de fomento dixo en Vigo que non se ía a construír a estación de ferrocarril, conforme o que se había proxectado, porque era un proxecto moi caro.  O porto exterior da Coruña si que  é carlo. Vigo é unha cidade que ten mala sorte cos políticos. Ten un alcalde, que con  tal de manterse no poder co apoio do PP,   consinte que teñan a Vigo como un antro, esquecido e ninguneado ,e pra mais, unha mala Ministra lles escupa na cara, lles poden o proxecto do hospital  privatizandoo e reducindo nun terzo o proxecto orixinal.

 

 

MAIS CORRUPCION EN GALICIA

MAIS CORRUPCION EN  GALICIA

 

 

   Unha mais das razóns de Feijoo pra  tapa-la corrupción en Galiza, foi o intento de protexerse co PSOE, e pra iso intentou convencer a Besteiro.   Os eólicos, a autovía da Costa da Morte, o hospital de Vigo, as privatizacións, os concursos de obras, fornecementos  e servizos, a financiación do partido. Todo precisaba a  cobertura pra disimular un estado de feitos. O PSOE non se prestou e hai quen se cobra vinganza. O ventilador ponse en marcha e veremos en que acaba. De momento alíviase a presión e esténdense o manto das dúbidas, que é o mellor aliado dos corruptos. Valencia Madrid e Galiza son  as tres autonomías campionas. Non lles vai mal coa corrupción; os resultados electorais, algunha leve condena, trae a conta un proceder