Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

SEN FUTURO

SEN FUTURO

 

 Sen futuro e sen esperanza, o PP está quitando toda posibilidade de subsistir os pobres. Feijoo obriga a que os produtos da casa leven etiqueta; as presións das grandes superficies comerciais imponse, do que alí se vende non sabemos con que foi tratado, e que supoñen pra nosa saúde .  As cada vez mais pequenas pensións completábanse co venda do sobrante da horta, agora ¿qué será deles?. Pra recatalos bancos quitan 36.000 millóns das pensión, como aínda teñen que rescatar autopistas, quitan 8.500 á ucha das pensións. A suba das pensións pode chegar a inrementarse en dous euros ó mes. Sen dúbida que estamos gobernados por desalmados

A BOLA DE NEVE

A BOLA DE NEVE

 

  A débeda española solo é superada por EEUU. Pero hai unha diferenza, aínda que a débeda de USA e moi superior, solo representa o 35% do PIB, mentres que en España sobrepasa o 100% do PIB. O pago de intereses xa é equivalente ó presuposto de tódolos Ministerios. Queda moi ben ese recurso de baixar impostos, como as contas hai que saldalas recórrese á débeda. Unha xeito de allear impostos pros que veñen detrás. Pero  os electores son así de simples e non lles interesa ver o engano. EEUU pode recorrer a fabricar mais moeda pra paga-la débeda, España ten que recorrer ós recortes, mentres mira como a débeda medra 

 

TOCOU O GORDO

 

  Aínda non houbo o sorteo de Nadal, parece que a  Galiza xa lle tocou o gordo. Nos orzamentos do vindeiro ano previse que Galiza sexa a terceira comunidade á que Montoro lle asigna un maior orzamento. Xa chove sobre mollado; unha cousa é o orzamento asignado e outro o grado de execución. No orzamento anterior non se chegou a un 50% de execución. De pouco serve que se diga que se destinan a Galiza X millóns, se logo non se executa a cantidade presupostada. A razón é que é solo uns orzamentos pra propaganda 

 

SEN VIOLENCIA

SEN   VIOLENCIA

 

  Sempre, ó longo d historia, agás o caso de Gandi, as revolucións sempre se fixeron con violencia. O que non alcanzo a comprender é que perseguen os que xeneran violencia; o asunto non é tan simple. Fai un ano, nun pleno do Concello de Baralla, tratábase de condenar calquera xeito de violencia, o alcalde opúxose a que se condenaran os fusilamentos da rebelión do 36, engadindo, que eran fusilamentos merecidos; á saída do pleno, o alcalde saudou, brazo en alto, ó modo fascista. Por mais que pediron co PP desautorizara ó alcalde, non o fixo.  non sei se de aquelas augas veñen estes lodos, pero aquel acto, como este, tamén é merecentes da mais rotunda condena. Estaba previsto un acto de repulsa pola actitude reiterada de comportarse do alcalde, que se suspendeu a raíz do atentado. Nade pode acusar ó alcalde de ser o autor material, ou intelectual do atentado, do mesmo xeito, foi temeraria a actitude do PP de culpar a todo o nacionalismo e á esquerda. Deixar que a policía investigue sen presións interesadas. Incluso pode haber sorpresas

SOLO ERA UNHA PROMESA

SOLO ERA UNHA PROMESA

 

 

    Feijoo necesita gañar unas elección. Galiza necesitaba traballo, así naceu unha promesa, que nunca   se fixo en serio. Como se di na Voz: Nada hai máis desilusionante que unha promesa incumprida. Sobre todo, se o que se promete é traballo. Ían haber traballo pra 4000 peroas. A realidade é que ó día de hoxe, nin  siquera chega a 400. Con  moito cinismo tanto Feijoo como o alcalde de Ferrol, fan que se anoxan polos encargos os asteleiros de Andalucía.  A razón obnedece a unha estratexia de Xénova pra gañar en Andalucía. Os peperros galegos, como sempre, dobran o cervviz. Galiza non lles preocupa.O alcalde de Vigo tampouco lle preocupa o asunto; el anda noutras guerras

VAITES DOMINE

VAITES DOMINE

 

    O monaguillo da Conferencia Episcopal vaise sen cumpri-lo encargo  que lle fixera os Bispos, devolvernos ó século XIX. Tal borracheira teñen de poder e de  enchenta  o clero que xa se considera con dereito a impoñer o que lles peta. Os recortes, lonxe de tocarlles a eles, aínda lles incrementou os ingresos. No ensino, propiedades públicas que se lles conceden pro seu uso e disfrute. Nunca viriades a un parasito saciado. Por el non sentades magoa, xa atopou un choiazo

CANDO UN AMIG@ SE VAI

CANDO UN AMIG@ SE VAI

 

   Cando un amig@ se vai, algo de nosoutros se vai con el, ou con ela. O baldeiro é cada vez mais grande a medida que o tempo e a distancia se fan mais presentes, e ese baldeiro nada o poderá encher. Tódolos camiños teñen o seu remate; por calquera que collamos somos xente de paso, polo que é inútil pensar que algo é pra sempre. Solo xeito de face-lo camiño e de remata-lo é importante.  Non sentas magoa polo que deixas atrás, porque o interesante irá contigo onde queira que os fados do destino te leven, o demais alédate de perdelo, tarde ou cedo tiña que ser, e  aínda que nun principio sexa doloroso, pensa que calquera cousa será mellor 

 

CO CU Ó AIRE

CO  CU Ó AIRE

 

 

  Feijoo queda co cu ó aire. Con pouco peso no goberno central, ou por desleixo a Galiza. Navantia prevé desviar oito buques do flotel de Pemex ao estaleiro de Puerto Real. Este encargo, orzado en 180 millóns de euros, estivo apadriñado desde o primeiro momento pola Xunta de Galicia. Os traballadores de Navantia Ferrol reuníronse esta mañá nunha asemblea para decidir novas mobilizacións precisamente en demanda de carga de traballo. Ás 12.30 horas, iniciaron unha marcha desde o estaleiro cara ó consistorio de Ferrol, posteriormente, membros do comité de empresa de Navantia Ferrol mantiveron unha reunión co alcalde, José Manuel Rey, outro que tal baila,  que quere narcotizalos.

 

 

SANIDADE DESTRUIDA

SANIDADE DESTRUIDA

 

   O 55% dos hospitais xa son privados e son financiados con fondos públicos. Cando o PP deixe o goberno, deixará en erencia a ruína da sanidade pública. Os usuarios, e os cidadáns en xeral, non notarán, nun principio, o cambio de sistema. A calidade da sanidade en centros públicos  irase deteriorando  paulatinamente, pra que  os usuarios vaian optando pla sanidade privada,cando a sanidade pública estea totalmente arruinada e desprestixiada, será a hora de instaurar o modelo sanitario do PP. Que consistirá na subsistencia de algúns centos públicos como centros de beneficiencia. Os privados dividiranse entre os que traballen pro seguros privados, que teremos  que suscribir, e os de élite, totalmente privados 

 

NOVA MARCHA CONTRA O ABORTO

NOVA MARCHA CONTRA O ABORTO

 

 Extrema dereita, unida ós islamistas protagonizan unha marcha antiabortista. A Conferencia Episcopal non quixo protagonismo, despois da vinculación con grupos violentos da era Rouco Varela. Esíxenlle a Rajoy o cumprimento do programa, solo nese punto, os demais non les importan. Non lles importan os pobres, cantos mais mellor. Mesnadas de pobres e ignorantes. Así a man de obra será mais barata e os poederastas terán  material. Non, nada místico, nin santo, solo infamia, manipulación e interese bastardos 

LUZ DE VERME

 

  A luz que o goberno di ver non pasa de ser a luz dun verme. Xa  tanto tempo levamos oíndo  falar de que estamos saíndo do túnel, que xa se  ve a luz do final do túnel. A luz que o goberno ve, é a luz dun verme. Xa pasamos o cabo  de Fornos, as raíces da recuperación son fortes e fondas. A economía española, segundo as cifras oficiais, é a que mellor marcha de toda Europa. Isto sinxelamente é unha broma. A suposta saída da crise é unha xigantesca patraña. Xa se crea emprego, a un nivel que se tardarían vinte anos en acadar un nivel de emprego similar a cando Rajoy chegou ó goberno.  

 

MERCANDO VONTADES

MERCANDO VONTADES

 

  A golpe de  comilonada, o PP pretende fideliza-lo voto dos vellos. No lugués concello de As Nogais, con `pouco mais de 700 habitantes, na súa maioría vellos, o alcalde do PP, fixo un convite a cargo do concello, é dicir, dos propios veciños, pra facer unha papancia. A xuntanza tivo moito éxito; éxito que o alcalde espera rentabilizar en votos. Esta práctica habitual do PP, xa a realizaran en concellos da Coruña, próximos á capital con nefasto resultado electoral pros alcaldes convocantes. Claro, non se poden equiparar con un pobo da alta montaña luguesa. Son prácticas denigrantes, que supoñen unha fame secular e unha miseria do presente, que vende a dignidade por un cacho de empanada

LECCION ESCOCESA

LECCION ESCOCESA

 

  Pouco, ou nada, ten de similitude o caso escocés con situacións nacionalistas en España, pero cada quen ve a lección no que lle interesa. A vitoria, no referendo escocés, dos partidarios de permanecer en Reino Unido leva aparellada a promesa de maior autonomía, pero nas filas conservadoras xa  xurdiron voces de desacordo. En realidade non hai mellora autonómica, porque Escocia non ten autonomía, solo un parlamento decorativo sen competencias reais. Cámeron, que non acto de soberbia e desprezo o pobo escocés, alentou un referendum que daba por gañado, NADE CONVOCA UN REFERENDUM PRA PERDELO, e que se non é polo defenestrado Gordon Brown, houbera perdido. A  dimisión do líder nacionalista Alex Salmond subraia a vitoria do non, tras un resultado que, de non se ter magnificado antes, sería notable. Tamén dá conta do esixente hábito de rendición de contas, clave nas democracias avanzadas, pero descoñecido en España, tamén constata as ansias de autonomía, que de concretarse, solo sería en sanidade, educación e servizos sociais.

 

UN BALEIRO

 

 

 Botín ordenáralle ó PP e o PSOE que pecharan o paso a POEMOS. O pasamento de Botín nada alterou as cousas a orden  está dada e cumprírase, porque o baleiro non se produce solo pola ausencia de persoas. O sistema subsiste

 

TAMÉN FINARON

TAMÉN  FINARON

 

  D Laudelino era un aplicado traballador do téxtil. O comercio no que traballaba pechou e quedou no paro, o seus anos xa non atopaba un traballo. Subsistiu remexendo nos contenedores do lixo. A morte de Don Laudelino deixa un fondo baleiro no salón da fama dos españois que non fixeron nada por España porque non son o suficientemente poderosos para ter ós poderes fácticos collidos polas pelotas. Un oco que será enchido con calquera outro español non exemplar, como ti. O mesmo tempo morreu na rúa, onde vivía, outro español dende que foio desafiuzado da súa casa polo banco Santander. Era  unha vítima mais da codicia. Finaron, pero non foron titular de ningunha noticia. Aínda no remate da vida ha diferenzas.

OS ALEMANS TAMÉN QUEREN

OS ALEMANS TAMÉN QUEREN

 

Os alemáns queren participar na lucrativa industria da guerra, xunto cos americanos. Especialmente dende o comezo deste ano, a elite política alemá axitouse para ter unha "maior responsabilidade" na política mundial. Con este fin, queren suavizar as restricións en materia de transferencia oculta de armas a rexións en crise, así como eliminar as barreiras lexislativas a chamadas intervencións humanitarias. Dende entón, houbo intentos masivos para erradicar obxeccións morais a partir da memoria colectiva dos alemáns. Queren ter as mans libres para participar en futuros conflitos militares mundiais sen restricións

NON LLE FALLEDES

NON LLE FALLEDES

 

  Gallardón falloulle a  Rouco; non vai sacar nesta lexislatura a prometida Lei do aborto. Os pederastas están moi preocupados, cada vez hai menos nenos. Os bispos e a caverna estánk  que votan fume. Botín, Isidoro, non lle falledes vosoutros tamén a   Rouco. Acordádevos  del.  

DE QUÉ FALA

DE QUÉ FALA

.  


A saída da crise é unha xigantesca mentira. O noso país ten, non solo o maior paro da zona euro, senón que os empregos novos son de peor calidade e a débeda rexistrada e a mais alta dos últimos 150 anos. O noso país ten o maior nivel de desemprego xunto a un nivel de endebedamento salvaxe, pasando por posuír os prezos máis caros nos produtos fundamentais -electricidade, gas, carburantes, telecomunicacións e servizos bancarios- e cun crédito á economía real caendo sen pausa. Cómo España, cuns desequilibrios económicos así de brutais e un patrón de crecemento insostible, pode pasar de golpe a ser a "locomotora" de Europa?  Páxariños preñados. A saída da crise é unha xigantesca andrómena.

UN AMORAL

 

 

  Considérase por enriba de toda norma, ética ou legal, por iso non debe sorprender que o cardeal Antonio María Rouco Varela, nunha decisión sen precedentes, que está a suscitar sorpresa e indignación no propio Vaticano, decidiu seguir vivindo no pazo episcopal, ainda qe xa se lle apartara do cargo, na planta nobre do edificio. O cardenal decidiu quedar na súa residencia habitual e acondicionar o primeiro piso (xusto por debaixo do seu) como vivenda do novo titular da arquidiocese. Parece que Rouco quere escenificar, con esta inesperada decisión, que segue mandando.  

 

CURRICULUM

 

 O magnífico currículo de Luis de Guindos, despois de da derrota electoral do PP de Guindos pasouse ó mundo da empresa e das finanzas e foi nada máis e nada menos que o director para España de Lehman Brothers ata que o xigante norteamericano quebrou. Foi esta quebra, por un importe superior aos tres rescates que leva Grecia, a que precipicito a gran crise económica e dende logo a maioría de presidentes europeos terían pensando moi moito nomear ministro de Economía a alguén que saía de Lehman Brothers. Por certo Luis de Guindos non se decataba de nada ou non quixo explicar  a quebra de Lehman.  Rajoy quería dar unha saída digna a De Guindos e colocalo en Europa, para quitarse de enriba as pelexas entre este e Montoro, pero este non parece argumento de peso en Bruxelas e a xogada fallou.