Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O AVE UNHA CORRUPCIÓN MAIS

O AVE UNHA CORRUPCIÓN MAIS

 

 

  Varias persoas son  detidas polo furto, estafa, etc. de millóns de euros con motivo da construción do AVE a Cataluña. A empresa CORSAN, beneficiaria  en contratos do AVE  levou de turismo a varios cargos do ADIF ás pistas de esquí de Aspen.  Os peritos informan ó xulgado que os mortos e feridos na curva de  Angrois e centos de feridos, houbérase evitado si se respetara o proxecto  orixinal. O xuíz imputa a varios cargos do ADIF. Houbo homicidios, houbo lesionados, houbo estragos; ten que haber responsabilidades penais e políticas, pero despois de nove meses a ministra está nun cómplice silencio.

BANDAZOS

BANDAZOS

 

 Ese invento que lle chaman UPyD non deixa de sorprender. Sabemos donde saíu. Rosa Diez foi militante e cargo do PSOE. Un día a súa estrela apagouse dentro do socialismo. Foi entón cando cando co apoio económico do  “amigo invisible” funda o UPyD. Nun primeiro momento, como era de esperar, róuballe votos ó PSOE, pero a súas ideas, cada vez mais extremistas e cavernícolas, pasa a disputarlle votos ó PP, e iso pode crearlle problemas, porque todos saben o que costa manter un partido político, especialmente  cun obxectivo moi personalista e cada vez mais claro nos seus intereses. Nun mitin chegaron a afirmar que con Fraco todo ía mellor. De aí a apoloxía do fascismo non hai nada, aínda que se trate de buscar votos entre os nostálxicos do ditador. Tamén se declarou inimiga e belixerante co BNG. Cos outros nacionalismos, aínda que llo pide o corpo, procura non provocalos. Débelles ter medo

SUBA DE SOLDOS

SUBA DE SOLDOS

  Os soldos dos funcionarios están conxelados ,e baixan, o suprimi-las pagas extra. O Axuntamento de Madrid súbelles o soldos os asesores un 35%. Iso é a proba de que os recortes non lle afectan ó PP . Non son os únicos. Políticos, rei e airexa son da mesma caste. o país vain ben, pra uns estase saíndo da crise, xa se ve a mellora.

SOBRE RODAS

SOBRE RODAS

 

  Tanto nos repiten que imos ben, que isto mellora, que imos convencernos de que é certo, que imos sobre rodas. Incluso os que remexen nos contedores do lixo esperando atopar algo que levarse á boca van a convencerse que forman parte desa sombra negra que quere escurecer os avances económicos e sociais do goberno. A recuperación é un slogan, pero a forza de repetilo haberá quen o crea, sobretodo aqueles cun número moi limitado de neuronas

A IMPORTANCIA DAS PENSIONS

A IMPORTANCIA DAS PENSIONS

 

   Moitos españois viven das pensións dos seus maiores. É unha economía de supervivencia, pero que xenera unha sociedade de  parasitos, que se habitúa a sobrevir con limitacións e non enfrontarse o seu propio futuro. Futuro que será moi incerto cando o sustento das pensións non exista xa. De ú  nico medio de supervivencia á obscena utilización nas eleccións europeas polo PP. Esa é a triste realidade.

OS AYATOLAS

 

 Un crego de unha parroquia de Xaén, di nunha homilía que os homes antes chegaban borrachos e pegaban ás mulleres, agora a violencia é maior, esta homilía foi pronunciada nunha misa de primeiras comunións, un entorno moi propio. O cura non foi apartado do seu ministerio. Co bispo que teñen, non podía ser doutra maneira. O  bispo de Alcalá di que as separacións son unha doenza, e a aparenta nada de anticonceptivos, darlle polo cu. Todo se supera, 230 nenas foron raptadas en Nixeria, por un grupo islamitas. As mais novas son violadas 15 veces diarias. Definitivamente, as relixións son perigosas e grupos de fanáticos din e fan burradas en  nome de Deus.

DROGADOS

DROGADOS

Segundo as enquisas, o PP vailles dar un baño electoral os outros partidos nas vindeiras eleccións. Nin a ausencia de futuro, nin a xestión capitalista ultraliberal que está a facer da crise lle pasa factura. No fondo os españois, tras largos anos de ditadura, na que a propaganda anulaba a  capacidade crítica de decidir, asimilan como esponxas a  propaganda do PP e todo o que leva a cagada da gaivota

CAÑA CAÑETE

CAÑA CAÑETE

 

  O mitin de Lalín de Cañete foi unha festa de insultos. O home que lle quitou o campo galego as subvencións da Unión Europea, que propiciou un acordo pesqueiro devaluado, do que aínda se descoñecen algunhas partes, promete que defenderá os intereses de Galicia en Bruxelas. Mal imos si o vai  facer como agora. Din que as vacas da granxa que visitou en Lalín, están en folga e non dan leite. As vacas teñen o seu sentimento, non aturan que o seu leite teña un prezo errático, en competencia desleal con outros de Europa. Nesa orxía de promesas electorais sae a enquisa de parados, menos paro, pero pouco menos, así que non hai lugar pra triunfalismos. O PIB vai medrrar o 1,1%. Deguindos envalentónase e Cañete desmelénase. Grecia vai medra-lo 4,5%, e todos así. Cañete di que non vai segui-las indicacións de Europa como o PSOE. Nesto a Comisión Europea felicita a España por seguir as súas ordes, pero avisa de que aínda quedan mais recortes, que o paro non remitirá e que a marcha da economía é moi feble.

O AMIGO INSIBLE

AGE ten amigo invisible pra financia-lo seu proxecto. Cando era segura a perda da maioría absoluta polo PP, aparece a figura mesiánica de Beiras, que sen ter unha ideoloxía definida, mais aló do seu magnetismo persoal, divide a esquerda e salva a Feijoo, que pese a perder 200.000 votos, amplía a súa maioría. Nade sabe de onde saíu a xenerosa financiación do proxecto Beiras, quén é o se amigo invisible. A Feijoo chégalle con agardar a sombra da maceira, que as mazas caerán de maduras. É necesaria, urxente, a reforma electoral coa introdución dunha segunda volta como   a maioría dos países

 

LIBRE PRA MANIPULAR

A nade lle interesa que haxa unha información independente e veraz. Queren unha masa de borregos que sigan unha información manipulada, da que o menos importante e  a verdade. O que realmente parece interesar é a formación dun estado de opinión que favoreza uns determinados intereses. Si non é o asasinato da pomba é o seu dopaxe. A proclamación do  día da prensa libre non é mais que a certificación de que a prensa non é libre, e que nos conformamos con que un dos 365 días haxa unha información libre e independente.

OS RECORTES, ¿A QUEN?

 

  Os políticos non sufriron ningún recorte, as dietas incremetáronas nun 22%. A airexa, non  solo non sufriu recortes senón que gañou, a monarquía aparentemente sofre un recorte do 2%, que recuperou con intereses, a banca é inundada de diñeiro público, as eléctricas son colmadas de privilexios. Amnistíase ós defraudadores. ¿A quén recortan?, pois. Os dependentes, os funcionarios, ós servizos públicos e os traballadores, en xeral, son os únicos que sufriron recortes

 

PROMETE

PROMETE

Primeiro de maio, pra festexar o traballo sen traballo, e os que teñen a sorte de traballar ven como as condicións de traballo empeoran, ano a  ano. O traballo deixou de er unha maldición pra ser unha bendición. O Goberno promete crear 1.200.000 empregos en dous anos.   Non pensei que lles faltaran tantos familiares por empregar. Non pode ser que o goberno fixera esa promesa pensando nos cidadáns correntes. Por forza, tiña que referirse as súas familias, as familias que acaparan empregos, que teñen o don da ubicuidade, ou que tódolos seus membros están chupando do público, ou do que depende do público. A derradeira EPA describe un panorama aterrador. Galicia cos seus 296.500 parados rexistrados, e os seus 100.000 emigrantes dende que Feijoo goberna é a campioa do paro. Si temos en conta paro e emigración superamos a Andalucía; pero Feijoo xa dixo que a EPA mentía, que en Galicia había 70.000 persoas traballando, que non cotizaban á seguridade social, e non figuraban traballando. Os que vivan da familia, das pensións dos xubilados, furgando nos contenedores do lixo, terán que darse de alta na SS.

MOITO QUE LIMPAR

 

 

O Director da policía outorga un contrato de 400.000 euros pra fornecer de papel hixiénico  a distintas dependencias, outorga o contrato a unha empresa estranxeira.  Así non se axuda a recuperalo país. Moita merda hai. Ten fixacións, como a do 11 M. Aínda a estas alturas sigue coa teoría da conspiración e recorreu a un truquillo, non moi apropio, pra cargarse agora o comisario que levou aquela investigación                                                                                                         

PORNO DURO

 

 

 

   As declaracións dun banqueiro de que a banca non é negocio, de que non se gaña diñeiro, çé dun porno  duro. A banca costuonos 140.000 millóns de euros. Este ano gañaropn, sen contar as provisións pra reservas 7.500 millóns de euros. Pro vindeiro ano, solo o Santander te previsto gañar 13.000 millóns,  certo que parte fora de España. Pero no medio da pobreza na que vivimos, non deixa de escandalizar. A Oriol, dos empresarios, fai unhas declaracións dicindo, entre outras   burradas, que os obreiros que contratan as empresas son uns incompetentes pra iso están os cursos, que cobran e non dan, e que eses, si son malos. Si contratan a incompetentes , nun país onde hai seis millóns de persoas  buscando emprego hai moito onde escoller, o problema é dos empresarios que non saben seleccionar. As empresas non son ningunha ONG, se fan algo é por que lles interesa. Nos primeiros anos do franquismo 400.000 prisioneiros de guerra traballaron de escravos de  diversas empresas. A Oriol vota de menos eses métodos. A empresaria esta, sempre traballando pro Goberno, forrouse coa seguridade no País Vasco. Acabado o negocio de ETA, agora empeza coa seguridade nas cárceres. Na catástrofe do Madrid-Arena, ela tiña contratada a seguridade. A este paso pronto a veremos de interna. O menú dos Deputados: entrante, pescado,carne, bebida, postres varios, café e copa 3,50. Menú nun colexio, prato único, un vaso de auga e unha froita, mais ben cativa, 7,50 euros

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A VELOCIDADE SPERSONICA

A VELOCIDADE SPERSONICA

 A velocidade con que instruíron o xuízo ó  xuíz Silva. Contrasta co feito de que o mesmo tribunal aínda non xulgara ningún caso da Gürtel, logo de levar catro anos en fase de instrución.  O caso Fabra leva 9 anos.  A Maxistrada Tardón, afectada de sospeitas fundadas de imparcialidade, debía apartarse e non agardar a que a recusaran, aínda que solo fora pra garda-las  aparencias de imparcialidade. Pero o non facelo, evidencia un exceso de prepotencia, que leva a pensar que o resultado do xuízo xa está decidido e que as formas xa non importan

A VELOCIDADE SPERSONICA

A VELOCIDADE SPERSONICA

 A velocidade con que instruíron o xuízo ó  xuíz Silva. Contrasta co feito de que o mesmo tribunal aínda non xulgara ningún caso da Gürtel, logo de levar catro anos en fase de instrución.  O caso Fabra leva 9 anos.  A Maxistrada Tardón, afectada de sospeitas fundadas de imparcialidade, debía apartarse e non agardar a que a recusaran, aínda que solo fora pra garda-las  aparencias de imparcialidade. Pero o non facelo, evidencia un exceso de prepotencia, que leva a pensar que o resultado do xuízo xa está decidido e que as formas xa non importan

POÑENDO A VENDA

POÑENDO A VENDA

 

 

 A VOZ DE GALICIA, teme unha devale do PPg e xa pon a venda, defendendo e ensalzando a labor  do goberno de Feijoo. Despois de se-lo medio de comunicación que recibiu o 70% das axudas da Xunta; en total recibiu uns 45 millóns de euros do goberno Feijoo, é normal a súa inquedanza polo resultado incerto dunhas eleccións, que de entrada, xa minimizan  o papel de Galicia, cun solo Deputado probable.O cuñadísimo de RAJOY. Sería bo que nos mitins do PPg explicaran a representación que vai ter Galicia  entre os eurodiputados, e sobretodo cal é o compromiso con Galicia dos que resulten elixidos. Non hai que esquecer que o cuñadísimo non se distinguiu,  en períodos anteriores , por intervencións en favor de Galicia, polo que é igual que vaia, ou non. Os votos ó PPg, pois, serán votos perdidos   

¿TERAN UN ACORDO?

¿TERAN UN ACORDO?

  Feijoo incha o peito e sae con que os galegos apoiaron abrumadoramente as súas. É certo que ampliou a súa maioría absoluta; pero non é menos certo que perdeu douscentos mil votos.  Atrapado nas súas mentiras, daba por perdida a maioría absoluta; pero entón apareceu, en forma de neno Xesús, Beiras. O milagre  Beiras dividiu a oposición e subiu ó carro a Esquerda Unida,. Así Feijoo acadou unha sorprendente maioría. ANOVA, que é un proxecto personalísimo de  Beiras, non ten unha ideoloxía definida, é o cabalo troiano de EU, ou un proxecto do propio PP; pois mentres ANOVA exista, o PP non  vai ter problemas. O mellor ambas cousas. A política fai estraños compañeiros de cama

AS LISTAS

AS LISTAS

 

  As listas as europeas poden ser a teta dianteira dos chupes, ou un dourado desterro, dando un puntapé pra riba a personaxes que incomodan. Tal é o caso do bocachancla de Pons. Na lista do PP pras europeas está feitas sobre a base do parentesco con cargos do PP. O que mais chama a atención e o encabezamento da lista por Cañete, que ocultou a súa participación na empresa de hidrocarburos que ten como único cliente á Administración, o cal bastaría pra descartalo e expedientalo. O dos iogures caducados, ou  a referencia despreciativa á muller, son anécdotas, superadas polo suposto ofrecemento a Monsanto, pra facilita-la súa actividade. Supoño que en Europa terán en conta este feito.

FUTURO HIPOTECADO

FUTURO HIPOTECADO

 Podemos pensar que o futuro que nos agarda ós galegos é moi feo. Os repetidos recursos ó endebedamento pra pagar gastos, reputados de correntes, fan que sobre as xeracións futuras vaia a pesar unha carga fiscal que os afogue. Repetidamente, Feijoo fálanos do ben que van as finanzas galegas e anda polos mercados buscando préstamos pra ir pagando as débedas, préstamos realmente caros, dada a baixa calificación da débeda galega. Mais de 120.000 mozos galegos emigraron dende que goberna Feijoo. Si á cifra de parados sumamos a deses mozos emigrados, a cifra de paro en Galicia sería pavorosa, pero Feijoo asegura que o paro e a emigración era maior co bipartito, e o produto industrial e meirande. Oíndo isto penso que aínda segue na viaxe con Marcial Dourado. A realidade é que o traballo solo é ofertado pola empresa privada, que é unha oferta feble, que está moi lonxe de crear novos empregos, ou empregos de calidade. O emprego na Administración que debía ser en base á capacidade, e mérito, en igualdade de oportunidades, solo é en base o mérito  ideolóxico. As oposicións suspendéronse, pero hai novas formas de incorporación, en base a un descarado nepotismo. O endebedamento non é pra construír infraestruturas, senón pra pagar sobreprezos ás concesións privadas, entre outras cousas.