Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CO RECORDO

 

   Nun xulgado de Andalucía vaise a resolver sobre un caso de desaparecidos, o que é o mesmo, achar os restos duns fusilados polos franquistas. É inaudito de que pese os anos transcorridos dende a guerra civil, aínda hai quen pon toda clase de trabas pra atopa-los restos dos fusilados. Incluso sacan, pra xustifica-la súa postura, feitos como os de Paracuellos; cando o certo é que houbo no bando rebelde moitos paracuellos, incluso despois da guerra, pero o importante non é  poñe-los mortos dun, ou doutro bando riba da mesa pra ver que foi mais animal. O que se trata, sinxelamente, é de achar uns restos. Poñendo trabas nunca se vai poder pasa-la páxina.

NA POLÉMICA

NA POLÉMICA

 

  A maioría dos comentaristas opinan que a Ministra de Traballo, pra que coinciden en calificativos negativos, que é a principal culpable do desastre das pensións e do paro. Ela é o que é; unha persoa que dende que naceu non fixo nada. Por razóns familiares sempre militou no PP. Fixo lo mellor que sabía facer, é dicir, nada. Precisamente foi ese mérito de ser unha persoa sen ambición e sen criterio, o que lle valeu pra ser Ministra de Traballo. Gañadas as eleccións, os que dirixen o goberno na sombra precisaban unha persoa que nos lles puxera ningunha oposición pra falcatruadas que ían facer. Os Ministros, en xeral nulidades, foron nomeados pro cargo, porque a súa personalidade ía permitir que os que manexan os guiñoles teñan a man s libres. A culpa das pensións, do paro, dos desafiuzamentos, do desmantelamento da sanidade, da dependencia, etc. Non é culpa da Ministra de Traballo, nin sequera do goberno, a culpa é de quen lles votou.

 

¿PRA QUÈ?

¿PRA QUÈ?

 

  Despois deu dunhas días de ausencia volvemos á cita.  Chegou o momento de preguntarnos para que a vale a autonomía, un ha forma de goberno, que os que obtiveron a maioría non cren nel. Sendo prácticos, ¿compensa manter o sistema?. Si a autonomía solo serve pra empregar xente do partido, privatizar areas da Administración, nas que os amigos fagan negocios suculentos, endebedar ó pais, etc. Temos que admitir que non solo non compensa, senón que é un elemento de involución e fábrica de inxustizas coa que non podemos convivir

MALO E CRUEL

 

  De Guindos ten  o dubidoso honor de ser o peor Ministjro de Economía de toda a UE. Aí sigue coas súas recetas de mal cociñeiro pra sacarnos da crise  e cada vez estamos mais metidos nela. Na comparecencia no Congreso mofouse dos desafiuzados, minimizou a cifra de afectados e anunciou a cifra simbólica de alugueres pra 1% dos desafiuzados. Fixo honra os seus antecedentes. O capitalismo mais salvaxe que propón é culpa nosa por eses votos cos que limpan a súa merda

 

O NEAL

O NEAL

 

   O Presidente  da A de  Madrid ten empregada a toda a familia, cosanguinea e política na administración da CA. É unha larga lista de privilexiados. Non sei cantos son, pero son moitos. Con todo,  solo é a punta do iceberg. Cargos, pros que non existe plan de adelgazamento de suculentos empregos, copados por amigos do Presidente e familiares de peperos; fan do chiringuito unha endogamia que pugna co desamparo e pobreza do resto dos cidadáns. De ente os gorentosos empregos que hai, chamoume a atención  o da muller de Rato; nomeada presidenta dos paradores, cobra tres veces mais que  o mesmo  Rajoy. supoño que pra paga-la súa elevada nómina,  despediu a 644 traballadores de Paradores. Inútil intentar comprender por qué se pecha hospitais, por qué que recorta no ensino público, porqué se suprimen os comedores escolares, por qué se suprime a teleasistencia,  por qué se suprime as axudas á dependencia, por qué se rescata ós bancos e non as familias. O PP é o instrumento, pero foi o pobo o que puxo nas mans do PP ese poder, poder que eles agora utilizan contra do pobo que lles votou. Dáme ganas de  dicir: que se fodan, pero fodémonos todos

COMPARTIR

COMPARTIR

 

  Non compartimos algo excelente. Como país punteiro, compartimos con Soria a excelencia do ladrillo. En Soria constrúen a cidade do Medioambente, en Galiza a Cidade da Cultura. Auténticas sangrías económicas de obras sen sentido, mentres se pechan escolas e hospitais.  Pra mais, Feijoo, na investidura prometeu remata-la obra. Solo de pensalo entroume friaxe e vértigo. Queda a esperanza de que, unha vez mais, as promesas de Feijoo as leve o vento e nos vexamos menos posesos da tolemia da Cidade da Cultura.

ASÍ NON

 

   As sentenzas, sobre o eólico e o ensino do galego, especialmente a do eólico, van a supoñer un duro quebranto pro Tesouro da Facenda Galega, ó ter que indemnizar ós prexudicados polo Decreto de Feijoo. De xeito, vai ser o pobo galego quen pague as arbitrariedades dos seu gobernantes, as chulerías, os caprichos e os compromisos dos seus gobernantes. Sería  difícil de entender que ningún grupo político, ou social, lle esixa responsabilidades económica,  no prexuízo certo e avaliable, que causou con un acto notoriamente prevaricador. Non podemos pretender que os cidadáns cumpran a lei, si son os responsables do goberno os primeiros que as pasan polo arco de triunfo. Finlandia pasou de ser un pais en quebra a triplicar o su PIB, cando decidiron meter na cadea ós crápulas que os afundiron, políticos e banqueiros.. Si queremos ser un país serio e con futuro, hai que esixir responsabilidades penais os gobernantes, xa está ben de fribolidadese de chanzas.

ACABAR CON ELA

ACABAR CON ELA

 

   Non é unha hipótese, é un feito, pretenden acabar coa clase media. A crise é a desculpa perfecta, pra trazar un plan ideolóxico que deseñe un novo modelo de sociedade. Con ocasión da crise, á clase media póñenselle toda clase de trabas, xa sexa en impostos, en recortes de dereitos, ou calquera outra maquinación, pra facerlle a vida mais difícil, de tal xeito que asalariados, autónomos ou pequenas empresas teñan que desaparecer. No futuro solo haberá dúas clases sociais; os moi ricos e os pobres. Estes últimos non terán outra finalidade que servir á clase poderosa, sendo ese o único fin e razón da súa existencia. A ciencia ficción será superada, existiran dúas clases sociais: Os morloo e os ilois. Os morloo vivirán dos ilois. Os ricos viviran dos pobres, como sempre foi, pero nun futuro iráselles domesticando e modificando xeneticamente, pra que acepten mansamente o seu papel. Hai dúas claras accións que confirman esta opinión: A crise, invento do poder económico, como fenómeno planetario, fana recaer fiscalmente sobre a clase media, co obxecto de destruíla, Os ricos, co invento das SICAV, mantéñense á marxe e a súas fortunas a salvo. A desaparición do estado do benestar prexudica, especialmente,  ás clases medias. Os ricos non o necesitan e os pobres xa non solo lles falta  que lles poñan o chic

 

OS POLITICOS DESACREDITADOS

Diría mais, os políticos non os desacreditou o pobo, desacreditáronse eles mesmos, e viven nun mundo paralelo, cheo de abundancia, de privilexios i exento de privacións,. Acabamos de asistir ó esperpento de inventar un informe inexistente sobre a corrupción nos  competidores. O bulo está lanzado; do bulo sempre queda algo; ese é o que sempre sole ocorrer. Neste caso é posible que ó PP lle salia mal o xogo.  A operación Pokemon é outro fronte aberto polo PP, que está sementando dor e desconcerto. Mentres a uns se lles cobre coa sospeita, os corruptos, de sobra coñecidos, nade lles molesta, o igual que os contrabandistas que se meten na política pra que nade se meta nos seus negocios. Os grandes salarios a multiplicidade de Órganos públicos, a multiplicidade de asesores dos políticos, que en nada asesoran porque carecen de aptitudes pra facelo; o único mérito que teñen é ser do entorno do asesorado. Ós grandiosos salarios, mi grandes nestes tempos, suman viaxes ó estranxeiro, dietas comedor e outros luxos; ós que os mortais nunca verán.

PODE SUCEDER DE NOVO

 

  Os que seguen o xuízo do Prestige estes días está asombrados das declaracións de López Sors. Que era Director da Marina Mercante cando o acédente do Prestige. Non é de estrañar que as cousas foran tan mal naquela ocasión con personaxes como este Sors, que se pode catalogar como amoral, mentireiro e prepotente. Pretende o PP que toda a responsabilidade daquela traxedia non vaia mais alá de López Sors. Que o chapapote non pringue a Aznar, Cascos, Manda Huevos e Rajoy.  O desprezo dos responsables daquela desfeita pódese visualizar no comportamento de López Sors, un  comportamento chulesco e prepotente, de quen se sabe fora do alcance da xustiza.; xa que si o quixeran responsabilizar de algo, xa que el autoincúlpase, o xuíz tiña que ordenar o seu ingreso en prisión. Como sabe que iso non vai suceder, arrógase un protagonismo delirante e colocase por riba do goberno, co obxecto de que todo acabe nel. Calquera pode ver que non hai ni a mais mínima intención de chegar ó fondo do asunto. Os cidadáns ven unha burla que se gaste tanto diñeiro en montar unha farsa, na que non resulte nade responsable e todo resulte mais negro que o chapapote. Pra mais unha catástrofe similar pode volver ocorrer.  Polos mesmos lugares seguen circulando barcos monocasco como  o o Prestige. Solo  é cuestión de tempo.



LOGROS DESPOIOS DUN ANO DE GOBERNO

LOGROS DESPOIOS DUN ANO DE GOBERNO

  

  1. Mais paro. Na campaña prometeron acabar co paro. Van a polos seis millóns, e medrando
  2. Aumento da pobreza e as diferenzas sociais. A perda de traballo e da vivenda, leva a xente a vivir na rúa. Os contenedores de lixo e os comedores sociais son testigos da traxedia. Pero tamén a precaridade laboral e a baixa de salarios pros que aínda teñen sorte de ter un traballo
  3. –Contracción do PIB. O nivel de produción baixa, pra que se vai producir si nade pode consumir
  4. Descontrol do déficit. Baixan os ingresos e a actividade económica, polo que é imposible controla-lo déficit
  5. Aumento da prima de risco
  6.   Fuga de capitai. A falta de confianza na marcha económica, orixina unha fuga enorrme de capitais. Mais de .300.000 de euros na época mariana
  7. Morosidade en records. Os bancos deron créditos que a xente agora  non pode devolver, polo que a morosidade acumulada aumenta
  8. Mais de 500 desafiuzamentos diarios. Déronse hipotecas sobre bens sobrevalorados, que unido a perda de postos de traballo, imposibilita paga-las cuotas. Os bancos orixinaron a burbulla inmobiliario, agora seguen enriquecéndose coas desgrazas da xente. E os dous grandes partidos fan que queren solucionalo
  9. Incremento da débeda. O rescate ós bancos e as obras sen sentido, obrigaron a un endebedamento monstruoso. Mentes xestores e banqueiros non pisan a cadea. O PP acaba de blindalos pra que non poida ser procesados

10 incremento da inflacción e o mesmo tempo deflacción, fenómenos  contrapostos, pero que conviven nunha paradoxa

11 retroceso do estado de benestar. O estado do benestar, o que agora culpan  da situación económica, non o mal goberno, é solo un recordo.

12 Retroceso en investigación. Non tíñamos moita tradición en investigación. Había un tímido avance, pero agora oficialízase a súa defunción.

13 retroceso en dereitos laborais e sociais. Coa sempiterna cantinela do goberno de crear emprego, baixo o ditado do poder económico recórtanse os dereitos laborais e sociais, sen mir6amentos e coa maior brutalidade.

14 Educación publica ó borde da ruína. Mentres se crea una educación privada e ideolóxica seuperfinanciada, arrinconase o ensino público.

15 Sanidade en desfeita. A sanidade era dos mellores servizos públicos, pero a cobiza de beneficios da privada empuxa á privatización e o abandono do público

16 infraestruturas paralizadas. Xa non se inverte en infraestruturas e un preguntase que sentido teñen as estruturas administrativas que as dirixían

17 ´Dependencia case anulada. A dependencia déuselle unha patada, e deixana morrer,.

18. España ocupa o último posto  da UE e gasto social. Maiores e, sobretodo, nenos están o borde da exclusión social.

Iso si, xa se ve a luz ó final do túnel, segundo o goberno.

XUSTIZA POLITIZADA

XUSTIZA POLITIZADA

      Di Barreiro  Rivas que o alcalde de Lugo non debe caer na trampa e deixa-la alcaldía. Barreiro Rivas sabe do que fala, a el pasoulle o mesmo sendo Conselleiro. Pode ser culpable, tamén e posible de que sexa inocente, eu non son quen de xulgalo, nin vou comete-lo atrevemento de votarlle os cans encima. Non quixera tomar partido, pero a sospeita de manipulación política da xustiza faime desconfiar. Ós edís de Ourense, procesados pola mesma xuíza, parella dun alto cargo do PP, non aparecen agora indicios de delito. Pero que mais da, o mal xa está feito.  Mentres os escandalosos casos de corrupción: contratos, probas de aceso pra persoal da Xunta, concursos e un largo  etc, nade lles mete o dente

 

TURISMO RURAL

 

Trátase dun deporte nacional que antes se chamaba ‘ir ó pobo’.
A diferenza é que se vas o teu pobo é gratis, e se fas turismo Rural vas a un pobo que non é teu e pagando unha pasta.
Para facer turismo rural non vale calquera pobo. Ten que ser un pobo ‘con encanto’.
-E que é un pobo ‘con encanto’? Pois un pobo que sae nunha Guía de pobos ‘con encanto’. Se é que cae polo seu propio-peso.
A estes pobos adóitase chegar a través dunha estrada comarcal ‘con encanto’, que é unha estrada con tantas fochas e tantas curvas que cando chegas ao pobo estás ‘encantao’ de baixar.
E cando entras ao bar intentas integrarte cos veciños.
- ¡ ¡ Bos días, paisanos!!! Que é o típico de aquí?
E o do bar pensa: ‘Pois aquí o típico é que vingan os estúpidos da cidade os fins de semana a deixarse duascentas mil pesetas’.
O seguinte é aloxarse nunha casa rural ou ‘casa con encanto’, que é unha casa adornada con moitas vasillas e restras de allos no teito, que non ten nin tele, nin raio, nin microondas.
Iso si, ten uns mosquitos trompeteiros que pola noite fan máis ruído que unha Derby Coiote.
Logo decátaste nunhas casas que non teñen ningún encanto, pero teñen jacuzzi, parabólica, Internet e porteiro automático de que os do pobo viven.
A túa casa non ten porteiro automático, pero ten unha chave que pesa medio quilo.

Outra vantaxe que ten facer turismo rural é que podes elixir entre unha casa baleira ou vivir cos donos. Estupendo.
Vaste de vacacións e ademais da túa tes que aguantar unha familia postiza. Que pola noite ti queres ver a película, eles os documentais, e te formulas:
’ Quen manda máis, eu que paguei 600 euros ou este señor que vive aquí? ‘.
Pois gaña el, que ten garrote.

E enriba dinche que tes a ‘posibilidade de integrarte nos labores do campo’. Que quere dicir que te espertan ás cinco da mañá para muxir unha vaca. Non te fode? É coma se te vas a unha gasolineira e teste que poñer ti a gasolina, ou coma se vas a un McDonalds e tes que recoller ti a bandexa. Ou sexa, o normal.

Así que te ergues ás cinco para muxir as vacas.

Que digo eu: por que hai que muxir as vacas tan cedo?
Se o leite está aí.
Non se poden muxir despois do aperitivo? Eu creo que isto é amolar por amolar, porque á vaca lle ten que sentar como unha patada nos ubres que a esperten ás cinco da mañá para que lle toque as tetas un estraño.
Que a vaca che mira como dicindo: ‘Tío, se queres leite mírache á neveira colle un tetra cartón’. É que son ganas de molestar.

Pero o ‘encanto’ definitivo son as ‘actividades ao aire libre’.
Como cando te poñen a facer sendeirismo, que é o que habitualmente se chama andar, e consiste, pois iso, en poñer un pé diante doutro ata que non poidas máis, mentres os do pobo che adiantan nun ‘todoterreo’ con aire acondicionado..

Pero ti encantado. Vas polo campo como abducido. Vólveste bucólico e todo che parece impresionante: ves unha ‘caca’ de vaca e soltas:
’Ummmmmh que olor a pobo. ‘ A pobo? A pobo non, ule a merda. Iso si, a merda ‘con encanto’.

E todo, sexa o que sexa, sábeche a gloria: no mesón póñenche dous ovos fritos con chourizo e ti na túa cidade non comes estes ovos, nin estes chourizos. E dislle ao camareiro:
- ‘Oiga a que este chourizo é de matanza? ‘
- ‘Pois, case porque a punto estivo de matarse na curva o do camión de Campofrío’.

De súpeto oes unhas badaladas e dis:
-‘¡Ah!. Que paz!. Non hai nada como o son dunha campá. ‘
E o do bar diche: ‘ Pero se está gravado! Non ves o altofalante do campanario? ‘

Nese momento te preguntas se os sons das galiñas e dos grilos non virán nun CD: Rural Mix2005’, ‘Os 101 Maiores Éxitos campestres. ‘

Do único que estás seguro é de que os mosquitos trompeteiros son de verdade. Que pareces un Ferrero Roché con varíola.

Eu creo que, de luns a venres, a xente destes pobos vive como todo o mundo, pero o fin de semana distribúen pola estrada a uns tíos disfrazados de pastores e cando ven que se achega un coche, avisan os do pobo co móbil:

‘ Eh, que veñen os do turismo rural,’! E cambian o cartel de
’Videoclub’ polo de ‘Tasca’, soltan uns cans coxos polas rúas e sentan á entrada do pobo a dous avós facendo alpargatas, que logo te compras unhas e che saen máis caras que unhas Nike.

En fin, eu creo que unha montaxe tan grande como esta non pode ser obra de persoas illadas. Estou seguro de que están implicadas as autoridades.

Imaxínome o alcalde: - ‘Queridos paisanos: este verán, para incrementar o turismo, imos importar máis mosquitos do Amazonas, que o ano pasado tiveron moito éxito. E quero ver a todo o mundo con boina, nada de gorritas de Marlboro. E facede o favor de pintarvos o cello, que non parecedes de pobo! E as avoas Nada de top less no río, que espantades aos mosquitos..Ah, e por certo: Este ano non fai falta que ninguén faga de parvo do pobo. Cos que veñen de fóra xa vale!

NA RÚA E SEN COVERTURA SANITARIA

  

  O drama de quedarse sen casa, únese o quedar en paro, se ningún tipo de axuda e sen cobertura sanitaria. Os 26.000.000 de parados, as case 400.000 familias sen cobertura sanitaria e eses 400.000 desafiuzamentos, pintan un pais de miseria. Mentres unha boa parte de España vive na indixencia, moi por debaixo do umbral de pobreza, outra parte dos españois viven na opulencia: políticos, sindicalistas, banca e airexa.. a cuestión é cánto tempo aguantará o pais esta situación. Facer que se moven pra que nade cambie, ese é o obxecto do Decreto que aprobou o goberno pra arranxa-lo tema dos desafiuzamentos. Asociacións de xuíces din que é unha publicidade enganosa, e iso é o que é. O goberno, nin arranxa nada, nin ten intención de facelo; solo quere da-la sensación de que fan algo. É un goberno de crápulas, pra crápulas.

OS VIOLENTOS

OS VIOLENTOS

 

 

Sempre se dixo que a violencia enxendra violencia. A policía en Madrid reparte paus. Grupos violentes provocan o caos en Madrid. Un viandante apartouse da rúa por onde corría a policía e os manifestantes e recibiu, na súa atalaia, un pelotazo da policía, que deu con el no chan.  En Tarragona os mossos  golpean a un menor. Unha menor que lle afeou o policía o golpe que lle dera ó neno, recibiu,  por resposta,   unha malleira de tres policías. A violencia dos mossos xa é algo mítico. Sería de esperar que eses violentos policías, que non saben actuar cun mínimo de proporción fora expulsado do corpo. Pero xa temos a experiecia de que iso non ocorrerá. Tamén a policía o sabe. Considérase inmune, o que unido a ese estado de ceguera por droga lles leva a cometer esas barbaridades. De qué outra maneira, se non, se explicarían os feitos. Na burla está que son os ciudadanos os que pagan os policías pre que os mallen. A explicación da policía catalana de por qué lle rebentou a cabeza o neno é insultante; sendo eles, foi consecuencia un rebote.

O ESTADO NUNHA MALETA

 

Os ultraliberais, entre os que destaca en España  Aznar,  Deguindos,  a dimitida lideresa de Madrid e a Cospedal queren reduci-la presenza do estado a un residuo testimonial que sirva unicamente pra socializa-las perdas. Na sanidade viron o gran negocio i  é un dos sectores ó que lle teñen mais ganas, privatizando todo o que se lles ocorre. Teñen como modelo a sanidade dos Estados Unidos. Queren facer realidade as ideas dun conselleiro dun presidente ultraconservador dos Estados Unidos que dicía que quería reduci-lo estado pra que lle coupera nunha maleta e logo afogalo logo nunha bañeira.

O PARTO DOS MONTES

O PARTO DOS MONTES

 

  Pra reforma-la constitución pra contenta-los mercados,  chegoulles un momento, sen consulta popular, de noite e con alevosía.  Despois de levar dous anos poñendo obstáculos ás propostas de outros grupos parlamentarios, PP e PSOE simulan unha sudorosa xornada de traballo pra afronta-lo problema dos desafiuzamentos.  Aínda así, fan, que tras unha durísima negociación, non chegaron a un acordo Non teñen vontade de solucionalo problema, e non atopan xeito de vendernos a moto, ademais, a banca, que lles financia, tenos collidos polos collóns e non lles deixa salta-lo guíon. Porque unha cousa está clara, queren que a nova criatura siga favorecendo ós bancos, a xente pouco lles importa. Non lles conmoveron os desafiuzamentos, nin os suicidios; foi a presión social o que os preocupa e que, a pesar súa, se moven. A cousa é sinxela, si os bancos fixeron unha valoración cando deron a hipoteca froito desa valoración houbo ese negocio xurídico, ¿ a qué ven agora unha nova valoración? . Tamén si lles estamos dando cartos, ¿por qué non se rescatan as familias, mediante créditos brandos?, ¿ ou non se crea unha bolsa de aluguer  cos pisos dos desafiuzamentos , mediante unha sociedade pública de aluguer, que sería a propietaria dos pisos?                                 

XA SE ESQUECERON

 

   No fragor da  batalla política, previa as eleccións, había promesas de felicidade pro pobo, de trallar por el. O resultado amargo  pra uns, veu a demostrar que é mais importante que o pobo crea as mentiras de uns,  que as boas intencións de outros. O resultado da  contenda electoral, con todo, amosou que o pobo non se fía das promesas, das que xa está escaldado, e igual que o santo, desconfía cando a esmola é moita, tamén  desconfía das promesas de fartura. Co 27,5 % do censo Feijoo ten asegurados outros catro anos pra seguir amolando o país. Non é cousa de ideas como di o alcalde de Pontevedra, é cousa de persoas, de cartos e, sobretodo, marrullerías.

AS MENTIRAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

  As mentiras nos medios de comunicación, independentemente da súa finalidade, debían  estar tipiflicadas como delito no código penal e ser obxecto de persecución penal de oficio.  Mentres non haxa unha responsabilidade penal dos directores  dos medios de comunicación, cousa que vai ser difícil, imos ter que aprender a ler, ver e escoitar con criterio crítico, cousa difícil nun  país cun alto nivel de analfabetos funcionais. Por exemplo no diario LA VOZ recollíase unha información, segundo a cal, nas touradas celebradas na Coruña houbera grandes colas pra adquirir entradas. Nada certo. O lobby taurino, por un lado, e o concello por outro, intentaban xustifica-lo apoio económico, con diñeiro público ó evento, mentres se recorta en asuntos fundamentais. Cousa semellantes vémolas a cotío, xa procedan de sectores económicos, ou políticos.

 

AS COUSAS SON COMO MENOS ESPERAS

 

    Un tipo vai co seu amante a un hotel e ao entrar ve o coche do seu sogro aparcado e di:
-Mira o meu sogro, o moi cabrón! Non se con quen terá vido a follar, pero o vou foder.
Achégase ao coche e róuballe o estéreo.
Cando o tipo sae do hotel, vai á casa do seu sogro a visitalo.

Como é normal estaba moi enfadado e pregúntalle:
_¿Qué pásache sogro, que che vexo de tan malo humor?
O sogro contéstalle:
_Qué que me pasa? pregúntao á idiota de ti muller,
que lle preste o coche para ir a misa e roubáronlle o estéreo

A vida é unha obra de teatro que non permite ensaios.