Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

Politica

EMERXENCIAS, FURADOS E DEMAIS

EMERXENCIAS,  FURADOS E DEMAIS

 

        O Conselleiro da Presidencia, Sr Rueda, ven de anunciar, como un gran logro, eficacia na sua xestión e demais ocurrecias, a anulación dun contrato de suministro de medios informáticos á Axencia Galega de Emerxencias. Alegou que a AGE carecía dun edificio propio e o software estaría desfasado cando o edificio esté disposto. Namentras a contar polos dedos. O mais malo, que non dixo, e que a empesa adxudicataria hai que indennizala, tanto polo lucro cesante, perxuicios de imaxe que se lle ocasionen e, a demais, sin esquecer-las  posibles clausulas penalizadoras, que particularmente figuren no contrato; por todo elo non é problema: pagaráse cos cartos de tódolos  galegos, o Sr. Rueda non poñerá un can do seu peto. Cando a AGE teña edificio propio  encargará , me imaxino, un  software, a que?, que será para toda a vida, non precisará actualización, nin mantemento. Sin comentarios.

        Logo de ve-la obsesión do Sr Rueda coa AGE, chégase a conclusión de que o que pretende é desfacela, para asulugala, disgregandoa no sistema caciquil, sin coordinación e subordinada ós poderes oscuros.

        Entre outras cousas, as grandes papancias, en restaurantes de luxo, que se fain á conta do sufrido contribuinte, cando muitos teñen que comer unha sinxela sopa, porque non poden chegar a fin de mes, non son moralmente aceptables. Pero postos a despilfarrar, que mais da rachar un contrato ou pegarse unha papancia; todo o vai paga-lo mesmo.

        O Consello de Contas ven de emitir un informe orzamentario, no que se pon de manifesto: a ausencia de buracos nos orzamentos, e a débeda de sanidade arrástrase dende os gobernos  do PPdeG. Agora con que pagamos os gaiteiros e tódolos que nos axudaron a face-la festa?. ¡Co ven que nos iba votándolle a culpa de todo ó bipartido!. Pero nosoutros, co noso lider e señor Feijoo ó frente, non gobernaremos, pero atoparemos razóns para elo.

        Sustituen a teoría da conspiración, que usou o PP a  nivel estatal, polos buracos orzamentarios. Os  desfases orzamentarrios, empezando pola déda que arrastra a sanidade, son fruto dos pasados gobernos do PPdeG; chega con dar un repaso ás hemerotecas; así que deixen de liala, de buscar disulpas  de mal pagador, e gobernen,  que o pais non pode soportar mais esta carga, que nos toca levar a costas. Xa non sein si somos burros de carga, si cargamos cos burros.

A OPOSICIÓN

A OPOSICIÓN

 

O goberno do PPgE non deixa un minuto libre para que se fale dos demais, será por iso que a telegaita fai as cousas como as ben facendo.

          Touriño era un persoeiro que vivía nun mundo illado, daba a sensación que eludía o contacto coa xente, para evitar calquera contaxio, iso fixo que non fora suficientemente popular; trataba a política con demasiada hixiene. Si non fora así, podía encher o baleiro de Quintana e gañar; claro que Quintana seguiría no candeeiro, non ia permitir que outro, no BNG,  ocupara o posto. Unha cousa se pode dicir  de Touriño: non se   agarrou a ningunha sinecura no parlamento.

          Quintana foi moi protagonista, ocupándose mais do seu que das realidades do pais. Daba a sensación de que si había un enterro el quería ir de cadáver. Así lle foi, pero, aínda mais,  enquistouse na mesa do Parlamento, con un manto familiar sobre o grupo parlamentario; menos mal que Aymerich defende a fortaleza.

             OS SUCESORES:

              Pachi Vázquez entrou no baile nun momento pouco propicio; era un peón para quentar cadeira, pero interpreta o papel con dignidade, e dun  xeito brillante; os co querían utilizar levaronse un chasco. Aválao as críticas de Feijoo.

          No BNG as cousas son distintas. Fai moito que está en caída libre e  se sigue así  é doado adiviña-lo seu futuro. Guillerme é un bo home, pero en política hai outros parámetros para un candidato. O seu cargo naceu falto de apoio suficientes; pois case a metade do BNG non o apoiou. Non é doado dar unha receita ó BNG. Os coroneis  e o seu réxime son algo trasnoitado, e mentres non o entendan así non hai nada que facer;  non se pode antepoñe-la ideoloxía o interese do pais.  Non se trata de nomear a un líder de bragueta frouxa, nin a alguén que teña imaxe de bo, pero incapaz de conectar co electorado. O mais seguro é que haxa que  refúnda-lo BNG. Moitos, será bo, quedarán  no camiño, agarrados as súas caducas ideoloxías.

 

O INQUISIDOR

O INQUISIDOR

 

Atopamos esta noticia que, de entrada, nos deixa atónitos:

http://www.galiciaconfidencial.com/?p=3370

O PP quere que o estudio do asturiano sexa obrigatorio en Asturias

         O mesmo tempo en Galicia perséguese o galego polo PPd egE, ou que mais ben habería  que dicir: polo goberno de Feijoo.

        Dun demócrata, de toda a vida, mesurado, etc, dende logo moi centrado politicamente; iso si, á extrema dereita, que controla unha  área axeitada, para a ideoloxización e os negocios, tamén para a castración do pais, de nome impronunciable.

        Pero iso, aínda que é moi forte, e o mais, que o Conselleiro lles prohibira ós Claustros, nun correo electrónico, que se debatera o asunto da consulta.

        O premio lévao  a subvención a  organización "Galicia bilingüe", de tendencia ideolóxica moi definida, reciba da Xunta de Feijoo un millón douscentos mil euros, parece que para a súa campaña en contra do galego, e dicir, por riba de ataca-lo pais, aínda lles temos que pagar, ¡para nota!.  É visto que algún non se lle pon a cara colorada, -tena moi dura.

        Nin os cartos, nin o pais é de Feijoo, nin de ningún grupo de iluminados. Tanto os cartos como o pais é de tódolos galegos

        E curioso que non haxa cartos para actividades extraescolares, para comedores escolares, sanidade, estradas, persoas dependentes, etc., e o haxa para eses menesteres.

        A consulta, de seu, xa é kafkiana; pero que xa non lle fagan caso si non resulta do seu agrado e que, de antemán, xa teñan escollido o vieiro, é de alucine.

         Os que se din "bilingües", tiñan que empezar por quitarse esa denominación, que ofende, porque non fan mérito o nome; que se chamen dunha vez monolingües, que se quiten a careta e que digan que o seu fin é borrar o galego, prohibilo, como nos tempos do caudillo e perseguir os que o falan.

        Xustifican a subvención que reciben de la "Junta", dicindo que a necesitan para opoñerse A MESA DE NORMALIZACION LINGÜÍSTICA". Para empezar os cartos non son de Feijoo, son dos galegos, ESTANOS A QUITA-LOS NOSOS CARTOS, para darllos a esa xente; en segundo lugar á MESA somos todos, e non recibe cartos do goberno de Feijoo, nin nos fan falta para ama-lo noso pais. Non estamos en venta e non persigamos o castelán, porque tamén é noso.

        "Donde quer xigante, a nosa voz pregoa, a redenzón da boa nazón   de Breogán".

 

OS VINGADORES

OS VINGADORES

          Non é unha serie de televisión, é o que parece un goberno de opereta, que di atopar baixo da alfombra mortos, falcatruadas, etc. do goberno que lles precedeu. Deica agora, e xa pasou tempo, dedicáronse a remexer polos caixóns, polas gabetas, debaixo das alfombras, nos rochos; e  demais lugares que se lles ocorren, na procura de lixo. Si tanto lixo hai, só hai un camiño: o xulgado que para iso está; pero claro o parecer envorcarse na merda, aínda que sexa en merda imaxinaria, e un xeito de espiollarse.

          Falou o Conselleiro da Presidencia; segundo el, o seu antecesor Méndez  Romeo, do PSOEdeG, mercou coches para Axencia Galega de Emerxencias, que están na Academia Galega de Policía, tamén un equipo informático. O problema é que segundo este persoeiro, cun bo currículo, (por certo, aínda non hai unha sede fixa para a Axencia Galega de Emerxencias) o que se proxectaba facer non é do seu  gusto; polo tanto non se deberan mercar coches, nin medios informáticos, a menos que fora a persoeiros do PPdegE.

           Noutras Comunidades Autónomas, e no mesmo estado, hai uns vehículos específicos para este mester; non é un invento galego; pero o que parecería aconsellable, dedúcese, é que Méndez Romeo debera leva-los coches para a súa casa ó rematar o seu mandato, ou que os traballadores da AGE foran face-lo seu traballo en burro, nun carro do pais e vestidos de gaiteiros, ou medio similar; era mais ecolóxico e enxebre. En canto os medios informáticos podían recorrer a consulta-las  estrelas, facer milladoiro cos datos e non usar novas e imprescindibles tecnoloxías, ¡que dilapidación! Para mais os coches foron mercados a un concesionario, que podía ter simpatías co BNG.

          ¡Que mal cheira isto!, menos mal que temos a Rueda para  que vixíe e  saque o lixo que hai agochado; ¡xa me sinto mellor!.

          Iso si, prometeu, que como a oposición non sexa boa e obediente  como ovelliñas, sacará mais lixo. ¡que xeito de ameazar! Iso é democracia.

          O parque móbil da Xunta ten centos de coches mercados polo PPdegE. A quén? Esa é a cuestión;  pero este despilfarro está fora do que o PPdegE entende por gastos santuarios; unha cadeira vale mais que un coche gasta, gasolina, aceite, ten mantemento e, xeralmente, un chofer, ou é o revés?   O que o entenda é un  xenio. De líala xa se encargará Rueda, para iso é Conselleiro, pola graza de Deus,  -digo- de Feijoo. Isto non exime de responsabilidade das "cadeiras" o anterior presidente, ó  menos "in vixiando".

E DALLE

E DALLE

       Quería falar  da oposición, pero Feijoo non me deixa, ou ben el ou alguén do seu entorno PPgE, sae nos medios con un coello bravo ou algún disparate.

          A seriedade, a entoación, ese ollar desafiante e transcendente, dirixido a quen o escoite, en posesión da verdade absoluta, con palabras goras de corte publicitario; recórdame a un persoeiro,  do PP. Non se pode dicir que as súas "comunicacións" sexan sobreactuacións, pois están moi medidas; o que pon de manifesto o seu adestramento e uns dotes histriónicos, que para si quixera o mellor actor.

           Promete catro mil empregos, de "calidade" para os parados que xa non teñen dereito a  prestacións. Non dixo que clase de empregos, deixando lugar para a imaxinación; digo eu: quereraos facer funcionarios da Xunta, muñidores de votos ou man de obra subvencionada e cautiva para os  amigos.

           Todos lembramos situacións similares, nas que o anterior goberno, creou empregos temporais, dirixidos a xente sen cualificación, que era o grupo mais numeroso,  para limpar carretaras, montes, etc e a saída airada de Feijoo, cualificando o feito de indecente. Indecente é utiliza-la traxedia de esta xente para facer política. Indecente é aproveita-la crise para beneficio propio; iso da a medida da talla moral de quen o fai.

           As asistencias técnicas foi un invento do derradeiro goberno de Fraga, do que Feijoo formaba parte, non era un mal invento, nalgunhas casos  servía, pero durante o goberno do bipartito, pretendeu librarse delas, e unha sentencia do TSXG fíxoos do cadro de persoal da Xunta; iso tamén se debe a Feijoo, e agora vota sapos e serpes. Aí están as Hemerotecas, que dan fe delo.

           Tamén cesou os xerentes dos hospitais que viñan exercendo dende Fraga, e que o bipartito non cesara. Era xente que demostrou a súa valía; quizá non eran peóns idóneos para desacreditar a sanidade pública, para logo privatizala; o seu pecado foi unicamente a súa valía; foi dabondo para que un reiezuelo os cesará. Os tempos poñerán a cada un no seu sitio.

           Estase metendo a reo en tódolos capítulos orzamentarios, bueno, en todos non: as subvencións e novas incorporacións de crédito, por motivos ideolóxicos  están a medrar. A compra de vontades políticas con fines electorais están prohibidas; pero é tan delgada a liña, que é moi doada de saltar. É indudable que se goberna cun revanchismo e unha xenreira difícil de imaxinar. Pero como di o himno galego "as vosas vaguidades cumprido fin terán" .

SANIDADE, o futuro que ven

SANIDADE, o futuro que ven

          Asombra a propios e a estraños. Din que a Conselleira de Sanidade é do sector mais duro do PP, que vai por libre, e que O Presidente non pinta nada na súa area. Ten  unha idea, que é o  seu norte: favorece-la sanidade privada, a costa do actual sistema.

          Lonxe de reforma-la sanidade pública,  para facela mais viable   daralle o golpe de graza, para sementa-lo caos. Certo é que hai moitos recursos mal aproveitados, pero iso non da pe a unha desfeita do sistema. A   súa actuación, hasta agora mais lograda,  foi a roda de prensa que deu para falar do hospital do Salnés, na que se superou a si mesma.

           Foi a primeira en falar dos  furados negros e, aínda que iso é unha consigna do partido, para  non cumpri-las promesas electorais e, o mesmo tempo,  xustifica-la súa inoperancia, ela marcou un listón difícil   de igualar.

        É sabido a súa oposición e  menosprezo do galego.  Isto  non é unha pose,  ademais, da súa opción  persoal, reflexa o enfermizo empeño do goberno Feijoo na súa cruzada imperial contra do galego

         A vindeiro afeitado é pro proxectado hospital de Vigo. Ela vai para-lo proxecto, como sexa; a culpa, como non, será do bipartito, que se preparen os  vigueses, ademais  de negárlle-lo pan, vailles vende-la moto. Algo semellante fará cos outros Centros e, co que aforre  e, cos furados negros que invente, terá recursos para a sanidade privada, para facer negocios privados co servizo público.

          As infraestruturas, equipamento, persoal, etc, serán obxectivos da súa obsesión.   Nubes  negras nos agardan

DESFEITA NAS INFRAESTRUTURAS ou furados negros

DESFEITA NAS INFRAESTRUTURAS ou furados negros

O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio, Infraestruturas e Grandes Expresos Europeos: buscou furados nos orzamentos. Algún debeu atopar; pois non é cousa de non enche-las expectativas postas nel pola parroquia; pero, pregunto:  como chegará a xustifica-la existencia de furados negros nos orzamentos e, o mesmo tempo, lle rebenten os petos cos cartos?

Fai pouco deu unha propina de mais de catrocentos millóns, das antigas pesetas, para facerse cargo dunhas obras da administración local en Pontevedra, onde prestaba servizos antes de ser chimpado a Conselleiro.  Normal no seu currículo; pois ten querenza, iso parece ser, cos  traballos polos que pasou e polos que pode ter.

O dos furados negros tráenme a mal traer. Eu pensaba que eran fenómenos, que os científicos descubriran no espazo, pero mira tu por ónde, o goberno de Feijoo descubriunos nos orzamentos de Xunta. O mellor é que teñen unha miopía política e solo ven de cerca.

Seica lle encargou a un afiador que lles dera un repaso ás súas tesoiras; pois de tanto recortar proxectos, quedáronlle cegas.

 Non quedou proxecto en pe, no seu amplo e diverso reino, pero investiu con forza ós proxectos de vivenda de promoción pública, ás normas do hábitat, a bolsa de aluguer e todo aquilo que freara a especulación  e os negocios doados.

O fin de contas, ós electores non son problema, ¡convéncense fácil! ¡Con quen hai que ter coidado e cos que poñen os cartos para a festa!

Mentir é pecado

Mentir é pecado

Entre outras cousas, mentir é pecado; e podes   condenarte para a eternidade. No Pais Vasco non había ensinanza do euskera, a ensinanza é toda en euskera. Si un neno quería ir ó baño, tiña que pedilo en euskera, sempre houbo excepcións.  Era unha inmersión lingüística como en Catalunya; moi lonxe do caso galego. Tampouco se pretende iso; porque unha lingua como sinal de identidade dun pobo temos o deber de impoñela, nunha medida xusta; porque temos que conseguir que tódolos galegos a dominen, igual que o castelán, nin mais, nin  tampouco menos; pero a todos nos corresponde, tamén,  tratar de que a imposición non sexa violenta, aínda que sexan poucos os galegos que non dominen o galego.

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do Pais Vasco, trata de poñer orde e tolerancia no ensino en euskera. O noso Presidente serviulle de pretexto para arremeter contra o galego e poñer de exemplo, de tolerancia e bo facer a dita autonomía, logo de participar alí nun mitin do PP,  ¡cousas  veredes!

En Galicia sempre vivimos en paz, que non veña agora a amargarnos a vida Feijoo e os seus;  por certo, debendo ter tan interiorizado, que algún prócer do PP, fala, a cada pouco, de que Galicia estase basutanizando. Está claro que, teñen a deliberada intención, de tensa-la convivencia, e facer do pais, si é preciso, unha esterqueira. Solo pedimos que goberne que, logo da presa que tiña por ocupar as sedes do poder, non fixo aínda nada. ¿a qué se dedicará?