Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

Politica

MEMORIA

MEMORIA

             Os distintos gobernos da Xunta fixeron moi pouco polo galego: votábanlle un verniz, e con eso xustificaban a defensa do idioma; logo pra desviar a atención de feitos reais e presumir de defensa da cultura, crean os premios Castelao, sendo, os deste ano sen ir mais aló, unha vergoñenta maridaxe, un esperpéntico acto, no que solo se  salvou a publicidade oficial.

          Tamén os distintos Delegados do Goberno central, non regatearon esforzos en axudar a marxinar o galego; pois dende aquel García Sabell, que na década dos oitenta interpuxo un recurso contra dunha modesta orden da Xunta que intentaba darlle un papel o galego na administración autonómica, hasta hoxe, a política foi de marxinación aberta ou  sutil, cos mesmos efectos sempre.

           Aínda que houbo felonías célebres e sutiles maneiras de acoso, non creo que ningunha chegara mais que ser unha caricatura do plan Feijoo; foi este triste personaxe o que deseñou e está levando  a cabo unha política de sistemático acoso, non solo á lingua galego, senón,  de toda a cultura do pais.

            Unha insignificante presencia no ensino, case nula na Administración, limitándose a actos protocolarios, o galego vive, ou mais esmorece, nunha lánguida e longa agonía. Esa sería na primeira etapa do PP; pero a chegada de Feijoo non supón a continuidade da anterior política conservadora; a influencia da extrema dereita nesta etapa do PP, leva a Feijoo a unha belixerancia en contra do galego, dun xeito nunca visto en ningún goberno  democrático. Non se trata de deixar esmorece-lo galego; pros ultras non da morto e hai que rematalo.

            A invocación dos espíritos dos devanceiros, feito enriba das súas  tumbas, parecíase a un aquelarre político, feito a plena luz do día; non me estraña que atoparan baleira a tumba de Castelao. Seica o cadáver desapareceu e os investigadores chegaron á conclusión de que nade puido roubar os restos do político de Rianxo, porque non atoparon signo algún de roubo, pero si unha notiña  que dicía: “si alguén me busca, que saiba que non fun quen de aturar mais os aldraxe que me fan a min e o meu pais, nin morto podo descansar, voume pra onde estaba, pra Chacarita”.

           Armouse un balbordo nos cementerios tremendo; deu en soprar un forte vento, as follas, os plásticos e os papeis voaban; as puntas dos cipreses chegaban ó chan. O aire transportaba os laios dos galeguistas soterrados. Castelao dixera, canDo enterrara a Bóveda, que non enterran cadáveres, enterraban semente. Esa  semente espallábase agora por Galicia.

           Pra que o bo de Daniel se volvera a exiliar xa tivo que ver mal as ousas. É sabido que el amaba este pais co querer que se lle pode ter a algo grande. Tivo que ser moi forte, para el, escoita-la pantomima que se estaba a representar  e coñece-las intencións do instriónico personaxe.

          Bóveda, dende o cementerio de San Mauro, en Pontevedra, díxolle que o comprendía, que ninguén mellor que el sabía da traizón de algunhos nados neste pais, pois os que se achegan as tumbas a facer discursos ocos, houberan aplaudido noutro momento.

          Dende o Escorial Franco fíxose oír e ameazounos con volver, pois a xente que gobernaba agora en Galicia non era de fiar, pero os cincocentos quilos da lousa que lle puxeron enriba, non lle deixaba levantarse.

           Por si alguén non o sabe, os mortos están presentes, en espírito, e vixíannos, saben as  nosas intencións  e non os podemos enganar.

O MELLOR

O MELLOR

          O Director xeral de Montes da Xunta de Galicia é un home  que non se corta un pelo a hora de votarse  flores, modesto, e cunha cara mais dura que un seixo.

           Asegurou  que o sistema contraincendios da actual Xunta é o mellor de España, abofé que ten razón, co outro goberno no chovía seguido como agora, estaba cheo de roxos, cos que Deus  non quere nada. Pola contra, agora temos a Deus  da nosa parte e mándanos auga do ceo a esgalla. Con tan bo aliado non hai porque terlle medo ó lume. Supoño que eso era o que quería dicir, con aquelas palabras tan ben ditas, que ninguén entendía.

           Mirade por onde, si Feijoo é un deus, ou manda mais que Deus, a choiva de xullo é cousa súa; controlou os incendios, pero fodeu ós que tiñan vacacións neste mes, os dos hoteis, os dos cámpings, e tódolos que disfrutan co bo tempo. Xa saben, que lle pidan unha indemnización.

           As brigadas tamén felices, a bota-la partida e que siga a cousa.

           Si o resto do monte de España arde é porque non teñen un sistema contraincendios tan bo como o de Feijoo. Non chove como en Galicia. Que Deus nos colla confesados si o tempo mellora.

           As axudas  xa concedidas e non pagadas son actos firmes e débedas contraídas, pero os beneficiarios, os políticos e os sindicatos do campo son galegos cordiais.   

FACTORIA DE IDEAS E TRAGONS

FACTORIA DE IDEAS E TRAGONS

          O artigo de Xavier Vence do Xornal do 17 deste mes, fíxome pensar no papel da clase política gobernante na actualidade en Galicia. Facendo un reconto do realizado por este goberno, e doado concluír que o único que fixeron foi esborralla-lo construído polo goberno que lle precedeu; hai dous respostas posibles, ou ben teñen que saldar débedas cos que os apoiaron, ou son tan ananos como gobernantes que precisan despexar todo para que se lles vexa.

          O ataque xeneralizado a todo o que soe a galego é a súa principal obsesión, como se estivéramos gobernados por uns alieníxenas. É neste punto onde se ve claramente as directrices da FAES, que é unha factoría de adestramento ideolóxico; corrosivo e, a veces, ofensivo e desprezativo. Así o fixo na campaña de acoso ó galego, apoiando a Galicia Monolingüe, onde se ridiculizaba ós que, incluso sen falar galego, teñen acento galego, tanto así que o propio PPdG renegou da campaña.

          Galicia Monolingüe existe como estratexia, non é unha entidade autónoma, senón que actúa ó mandato dos seus creadores e impulsores.

           A factoría de ideas crea un nacionalismo español, excluinte, co racismo propio de tódalas ideoloxías fascistas; basease no pensamento único, culto ó líder, pureza de raza, etc .

           Hai unha confluencia, na base, de intereses sociais, económicos, políticos e relixiosos, e nosoutros asistimos como convidados de pedra, de espectadores  da nosa propia traxedia.   

          A ausencia de oposición fai que Feijoo saque peito,  se faga o valente  como  se fora un matón de colexio e, pouco a pouco, vai derruíndo todo. Así tamén podemos ver a ineptitude da oposición e comprender porque están nese papel.      

          Non se ve cheo o goberno de tragar, os restauras fan  o agosto. O pobo paga as facturas e fai de servente nas festas. Na  maioría dos fogares galegos pásase con caldo esgubio, a crise, que pra algúns nunca a hai, non da pra mais. Menos mal que agora que goberna o PPdeG e os becerros valeran mais, pagarán mellor o leite e haberá trabalo pra todos, vamos, un mundo feliz, polo menos eso nos prometeu Feijoo.

           Co gallo do día da Patria Galega, xuntouse no hostal dos Reis Católicos o mellor da política galega, achegada ó poder, por suposto, non había sensación de crise. Daba gusto velos de etiqueta, eu pensei que eles irían vestidos de gaiteiros  e elas de pandereteiras; o folclore galego non era nada ben visto, sobretodo naquel ambiente, pero había que ver a aquela xente provinciana con tanto glamour,  que ben lle daban ó dente.

           Malia ser un festivo moi págano, que solo significa algo pros do pais, os páganos foron precisamente os do pais. !que mundo mais ó revés!.

           Sería divertido que naquela pantagruélica comida, no medio de xente con tanto copete, aparecera alguén vestido de traxe típico.

           Estamos en crises, nos, eles non.

 

OCULTISMO

OCULTISMO

          Dentro das divagacións, esconxuros e demais artes que ven empregando o goberno Feijoo: non podemos obviar a escura e peculiar facer da Consellería de Medio Rural. Non subiron os becerros nin o leite, como alguén prometeu na precampaña electoral, si gobernaba o PP; todo quedou en promesas vanas, esquecidas agora que subiron ó poder e que foron, no seu momento, alimento das esperanzas dos crédulos, pasan de todo. Hoxe imos falar doutra cousa, tamén importante, o ocultismo, a ausencia de información, o non saber realmente que pasa no monte.

          O goberno anterior daba dous partes informativos diarios e actualizaba tres veces ó día a súa páxina web. Coa chegada do PPdeG ó poder anúlase a información e hai un apago informativo a nade se sabe o que pasa no monte galego.

          Despediuse a brigadistas contratados polo goberno anterior, nun claro acto de irresponsable revanchismo. Algunhas brigadas están o 50% de efectivos, tendo que recorrer a unirse a outras brigadas pra ser operativas.

          O mesmo tempo que se despide a brigadistas, con experiencia, polo simple motivo da súa orixe contractual; contrátase novos efectivos, sen experiencia, dándolles unha charla de dúas horas, unha funda, unha vasoira e un catecismo; así equipados marchan a enfrontarse ó lume.

          A limpeza do monte, que con carácter obrigatorio, impuxera o anterior goberno, quedou descartada por non ser unha idea do PP, e que aplauden os donos de montes que non viven no lugar. O bo do caso é que, hasta agora, o clima favoreceulles; cando as cousas muden, o revanchismo dará paso a ineptitude .

           Afonda mais na estupidez, e fai mais visible a lina que o separa coa actuación do goberno anterior, ó suprimir as axudas xa concedidas pra limpeza de montes.  Sabido é que o rural  está quedando baleiro, solo queda uns vellos, que viven da pensión e eles non teñen a forza necesaria pra limpa-los montes da súa propiedade. Os que non viven no rural xa nos lles preocupa o monte nis os incendios.

            Hai un medio de execución subsidiaria para a limpeza dos montes, prevista na lei, para cando os propietarios non poidan, ou non queiran limpa-los montes; ademais, aproveitando este tempo favorable, asa brigadas podían facer labores de limpeza e prevención, pero  co PP hemos topado. Non se lles ocurreu nada mellor que non paga-las subvencións xa concedidas pra limpeza de montes. !Si que son listos!; pero a oposición e os sindicatos a xoga-la partida o bar.

          ¿Alguén sabe do banco de terras?   

“ NACION ACEFALA”

“ NACION ACEFALA”

 

      O   xornal do día  17 , deste mes de    Santiago,  publicou un  artigo de   Xavier Vence,   que é un dos mellores que teño lido. É claro, conciso e contundente; unha diagnoses  do feito galego;na que se pon de manifesto a carencia de un liderazgo de talla, e outras ausencias de compromiso co pais. Si despois de lelo non agroma a conciencia do noso ser, entón e que xa non atemos esperanza. Os lideres queren que os galegos solo teñámo-la cabeza pra leva-lo sombreiro, que non pensemos, xa o farán eles por nos e decidirá o que nos convén:

“ NACION ACEFALA”

     “O que define unha nación é ter unha intelixencia colectiva dos seus intereses xerais. A madurez desa sociedade vese cando entende con clareza que a forma de encontrar solucións aos seus problemas pasa pola política e concretase nos procesos electorais. Pois ben, os últimos acontecementos invitan a unha incómoda reflexión.

     O que está a pasar co financiamento autonómico, a batalla do Goberno galego recen electo contra o idioma do país ao tempo que permanece inédito en canto a adopción de medidas concretas fronte á crise; a masiva mobilización sector leiteiro ou a longa folga do metal son exemplos paradigmáticos dunha incapacidade para traducir electoralmente as necesidades e aspiracións máis importantes do país no seu conxunto e dos seus diferentes colectivos. Ao final dá a impresión de que os cidadáns defenden na rúa o que non son quen de traducir politicamente a través do voto e, en moitos casos, en contra do que votaron. A disonancia é tal que invita a preguntarse moi en serio se unha boa parte dos galegos entende realmente a relación entre o que vota nas respectivas eleccións e a marcha dos seus asuntos cotiáns. ¿Ou a xente pensa que a economía é un asunto puramente individual? Un voto pulido a base de microdemandas singulares non constrúe a representación dos intereses colectivos que marcan o devir da vida de cada un de nós. O resultado está á vista: parece que non temos a ninguén á fronte da nación. ¿Quen terma dos intereses colectivos?

     A comparación co comportamento dos cataláns produce mágoa e envexa ao mesmo tempo. Cataluña ten clara conciencia dos seus intereses colectivos e leva meses –anos– traballando sistematicamente para acadalos. Poñendo na axenda estatal o truculento asunto das balanzas fiscais e tomando a valente iniciativa de elaboración dun novo estatuto de autonomía que recollera as súas aspiracións. Cataluña chega a este proceso de negociación cun longuísimo camiño trillado.

     Fronte a esa visión estratéxica, de longo alcance, o noso flamante presidente da Xunta afirmou esta semana que para el a negociación do financiamento autonómico “empezou agora”, cando lle entreguen o documento coa proposta final do Goberno central. Cando outros levan dúas lexislaturas negociando e teñen un resultado cerrado o señor Feijóo aínda non ten un proposta propia madurada. Máis aínda, o desleixo dos intereses do país –que disque ninguén lle demandou nas últimas eleccións despois de ter boicoteado a redacción dun novo estatuto– levouno mesmo a asumir sen reparos a consigna do Partido Popular español, máis preocupado por defender un tamaño grande de torta para o Goberno central que os intereses de Galicia e operando en clave de partido de oposición que busca desgastar ao Goberno de turno.

     Temos unha nación a medio facer. O nacionalismo está chamado a ser o vector esencial de creación da conciencia sobre os intereses colectivos como nación, sempre e cando non sucumba aos cantos de serea que lle invitan a amoldarse á acefalia maioritaria reinante.”

 

CON RABO

CON RABO


 

          O ínclito e nunca ben ponderado presidente da Xunta atribúese a postura que impuxo Xénova ás comunidades gobernadas polo PP para que se abstiveran no Consello de Política  Fiscal, co gallo do novo sistema de financiación ás autonomías,

          Feijoo cólgase unha medalla e defínese como intelixente, o colocar areas na roda da financiación, seguindo, como non, instruccións do partido; pero o home é tan modesto, que ademais de considerarse intelixente, tamén se considera protagonista.

          É curioso que un dos parámetros pra determinar o monto da financiación é o dispoñer de lingua propia, ademais do castelán. Suponse que ese incremento na financiación é para protexe-lo uso do galego, pero os asesoseres de Feijoo, Galicia Monolingüe e FAES, seguro que se reparten eses cartos: a miña preocupación e se  a Gürtel non lle toca nada, pero xa lle amañaremos algún gorentoso contratiño.

           O director de Política lingüística non obxectará nada; porque é un galego cordial, e mandarémolo a que forme parte dun comité de política lingüística das universidades e vixíe que non se apartan do vieiro marcado polo goberno da Xunta na materia. Si Franco non o deixou todo ben atado, estamos nos aquí pra ser fieis defensores do principios do Movimiento.          

           O mais difícil é cumpli-la promesa de  baixa-los impostos e casala cunha actitude pedichona pra que o Estado nos dea mais cartos na financiación. Faremos un doble tirabuzoón: non baixaremos os  impostos, total eso foi solo unha promesa electoral, que aprendemos a facela, seguindo  o que fai Xénova; se consegimos algún cartiño mais, sorte pros nosos.

          Que exercicio estes pesos da financiación, menos mal que son guapo e listo.

AMORAIS e mentireiros

AMORAIS e mentireiros

            Un amoral non ten conciencia do ben ou do mal, porque para el  non  existen valoracións éticas, polo tanto é distinto do inmoral.

          A tolerancia da xente coa moralidade dos políticos é distinta, segundo se trate de políticos de un partido de dereitas, ou dun partido de esquerdas; do mesmo xeito as mentiras tamén teñen nos electores unhas consecuencias distintas segundo de onde veñan.

          Non é que, en xeral,  os políticos de dereitas sexan mais amorais e mais mentireiros que os de esquerdas, amorais, inmorais e mentireiros hainos en tódolos lados. O asunto está en separa-la palla do trigo, e os que poden  facer eso son os electores. Son mais permisivos cos políticos de dereitas, e a razón parece ser que os electores que votan a partidos progresistas son mais críticos e sensibles á imaxe pública dos seus elixidos. Esto sabíano moi ben Feijoo e os seus asesores de imaxe e non dubidaron en explotalo, prometendo un mundo  feliz, fronte ás supostas ineficacias do goberno, coa idea clara de que non tiña pensado cumprir nada do prometido. Mentiu conscientemente e favorece intereses contrarios ó ben común. Hai que ver  que patas teñen as mentiras que dixo Feijoo, e si á larga non lle pasan factura as súas contradiccións. 

          Feijoo, que parece recibiu cartos da rede Gürtel pra campaña e precampaña das galegas, paga os favores e outorga contratos a dedo á rede. Pregunta: amoralidade, inmoralidade, corrupción...

           Tanto Feijoo como Negreira, homes presuntos da rede Gürtel en Galicia, deberan ser acusados diante dos Tribunais por xenocidio, e algunhos persoeiros mais, dos que lles teñen tanto apego ás cadeiras, por cómplices.

                                                                                                                

AS ORELLAS DO NOSO LIDER

AS ORELLAS  DO NOSO LIDER

Os orellas peludas parecen oílo todo, saben todo o que pasa no pais;  os pelos das orellas son como antenas que recollen tódolos rumores.  Nin o noso Líder, nin os seus asesores saben o que pasa no pais. Ou ben lles importa un pemento os problemas dos currantes, ou ben non teñen entre os asesores, ningún orellas peludas.

Alguén pode pensar que os gandeiros divírtense polas rúas das cidades paseando as súas máquinas pra que nos enteremos dos seus problemas; tódolos sabemos, menos o goberno, que como solución pretende que se endebeden mais; tampouco a solución é darlles algunha subvención creando unha rede clientelar e acordarse deles en tempo de eleccións. O sr. Feijoo, dende que vive como un sultán, distanciouse do pobo que goberna  e converteuno en prisioneiro dos seus desvaríos.

En moitos fogares galegos viven a traxedia de quen non cobrou dende maio; o sr Feijoo e demais gros panzas non padecen esa traxedia.

Tampouco os orellas peludas lles chegou o rumor de que alén  das nosas terras vese con incredulidade a operación de acoso o galego, pouco lles importa cargarse, o que para moitos, é un ben sagrado.

Si ós orellas peludas non se enteran do que pasa no pais, como é o caso da moción de censura de Gondomar, onde persoas vinculadas coa especulación urbanística pasaron a ocupar postos clave no novo goberno, como se van a enterar do que pasa mais aló do Padornelo. Tamén pode ser que ós orellas peludas teñan unha escoita selectiva e non queiran saber de moitas cousas; como ven facendo o goberno da Xunta.

          Incluso dentro do PPdG, que é diferente do PPdgE, voces autorizadas do partido, desinten da política lingüística do goberno da Xunta e desaproban a influencia de grupos marxinais no asunto.

PELOTAS

PELOTAS

 

          Da magoa ver como os que tíñamos por ilustres persoeiros da cultura, lle rin os chistes a Feijoo, chistes sen gracia, por certo. Unha baixada de pantalóns diante de quen ten a pretensión de elimina-la cultura do noso pobo e poñernos de xeonllos e  amordazarnos.

          A adulación ó poder é un atavismo histórico, que percibimos con pena, en quenes detentan unha pequeniña parcela de poder, e teñen medo a perde-la, pero o que perden é a dignidade. Neste caso, son mais culpables estes persoeiros que Feijoo.

          A mordaza que nos quere impor  o líder non nos vai frear o mais mínimo, e librarémonos dela, cando na primavera florezan os campos de  Galicia; será unha primavera agardada, unha liberdade soñada, nun pais no que camiñaremos o carón dos nosos veciños.

          Non nos avergonzaremos dos nosos gobernantes, porque eles serán o noso espello e a nosa guía.

          Galicia deixará de ser un pais prisioneiro dun goberno de ocupación; os negros xinetes das tebras deixaran de galopar sobre o  chan da nosa patria, e as nubes iranse debaendo, pra deixar paso o sol que nos quitaron.

NIN INDEPENDENCIA NIN ETICA

NIN INDEPENDENCIA NIN ETICA


 

          Cando estamos no camiño de conseguir unha financiación da comunidade Autónoma, acorde coas nosas necesidades, a praxes diaria ven de quitarnos calquera argumento, se é que tíñamos algún, pra negociar. A Xunta, no reparto de ese limitado plan pra osixenar economicamente os concellos, fixo gala do seu clientelismo e varreu pra casa. Tódolos concellos financiados son do PP, agás dous  do PSOE, ningún do BNG. Eso pódese chamar calquera cousa, menos gobernar.

          Vistos os feitos, a ética dos gobernantes autonómicos era verde e comeuna un burro.

           Si damos unha volta po-lo mundo que nos rodea, podemos ver de todo e non comprendemos o por qué da variada fauna.

           O malo non é ser flipados ou bonsais, o malo é cando perdes a conciencia e ves o monte como se todo fora ourego, perdendo o contacto coa realidade e creando unha realidade nova a libitum dun grupo de presión, ou cando non se chega nin o tamaño dun bonsai, porque se é mais anano, ó menos mentalmente.

          Hai quen foi criado como os porcos de recebo todo o tiña na bacía e nunca fixo mais esforzo que comer; esa xente é allea ós problemas mundanos, porque vive, e sempre viviu nun mundo feliz.

          Nos dou casos, non van acumular mais que  fracasos; pero eles nunca perden, quen imos a perde somos nos.

          Cando as decisións que poidan tomar os políticos xa están hipotecadas, os resultados  están cantados; senón que llo pregunten ós que fan enquisas pra dar base a decisión que xa teñen tomadas; se é  malo apoiarse e grepuscos minoritarios ou marxinais pra ir en contra dunha maioría, non ter criterio é aínda peor; si xuntamos as dúas xa o despiporre, porque nos falta a ética e a independencia.

DIÑEIRO

DIÑEIRO

 

          Xa Xesucristo dixo que o diñeiro sería o mais querido. Dende entón  o vil metal estivo presente en cantas tropelelías e desmáns cometeu o home.

           Vemos mocións de censura en concellos, que se pretenden motivar como unha rexeneración democrática, con un normalización da actividade administrativa, etc. De entrada, soa a cachondeo que os que lle  puxeron a zancadilla os gobernos se presenten como os salvadores do que arruinaron; houbera sido mais sinxelo que nos dixeran que o verdadeiro motivo é a pasta. A moción de censura e Gondomar vai propiciar que algúns ganen moita pasta. A materia non se crea nin se destrúe, solo se transforma; a pasta tamén; uns perderan, pra que outros ganen. 

          Pachi Vázquez na reunión que tivo con Feijoo sobre financiación, recomendoulle que asigne o acordo que lle ofreza o estado, menuda axuda si así foi. Ven mirado, dende o punto de vista de Vázquez, o diñeiro que o estado destine á financiación de Galicia, sería un diñeiro tirado, ó que non se lle sacaría rendemento, porque Feijoo demostrou que dilapida os recursos económicos, que é un perigo para o Tesouro da Comunidade Autónoma.

           Suponse cos asesores son espertos nunha materia, que axuda ó órgano decisor a toma-las decisións mais axeitadas para gobernar. Nesta liña moi acertado o nomeamento dun asesor do Conselleiro de economía, que cobra mais de 50.000 euros anuais, ten 21 anos, sen estudios e    sen experiencia.    

          A pretendida  mal venda dos coches do parque móbil, pra sustituilos por outros novos, dilapidando así o patrimonio da Comunidade Autónoma. O percorrido do Conselleiro Rueda, polo parque móbil, enseñándolles os periodistas o luxo que reinaba na Administración anterior. Ou el ten poucas luces, ou pensaba que os periodistas eran tan pouco avisados, que os podía manipular para enganar os galegos, ocultando que eses supostos luxos, que Feijoo mencionaba na campaña electoral, foron mercados polo PP, cando el era Conselleiro.

          Despois de case dous meses o Conselleiro de Industria sacou no DOGA o plan de apoio á venda de vehículos. Estou impresionado, coa axilidade administrativa deste goberno. Claro, entre que eles son moi eficientes e contan con bos asesores, así van as cousas. Funcionan mellor os asesores en papatorias.        

            Ós constructores e os provedores non se lles paga, e os que teñen a sorte de cobrar cobran con retraso.

            As obras Públicas presupostadas paralízanse, nalgúns casos nun 80% , e que non se adxudicaron a rede de Gürtel.  Aínda hai mais, na linea de axilidade de xestión hai mais de mil millón de euros atascados na última fase de adxudicación de obras.

          O prometido aforro de Feijoo implica a dotación de, polo menos 30 funcionarios nas Superdelegacións, tamén os incrementos dos complementos de destino nas Xefaturas Territoriais.

          Na campaña prometeu unha opción polo sofwart libre pra aforrar cartos, agora fai o contrario.

          Podíamos seguir, pero por hoxe deixámolo aí.  

          Son, todos eles, argumentos nos que se pode apoiar a petición de financiación; bo curriculum de xestión

MOCIÓNS DE CENSURA

MOCIÓNS DE CENSURA

           As grescas medran e as mocións de censura tamén. Eso parece formar parte dunha obra de teatro que se representa na Administración Local, pero na que nade quere  aparecer como autor. Os do PP din que o culpable é o PSOE e estes vótanlle as culpas os do PP; resumindo as mocións de censura non teñen pai recoñecido, pero a criatura nace e desenrólase, tombando gobernos  e crispando a vida veciñal.

           Discútese da paternidade da moción interposta, ármase un gran barullo, para que ninguén  plantexe o para qué, e en todo caso, non hai empacho en usa-la grandilocuencia, recorrer a tópicos para dicir, ó fin, que todo se fai pola democracia, polo interese xeral e o bo funcionamento da Administración. Ó final, os electores asisten de convidados pelexándose  por algo que non entenden.

          Os censurados, e removidos do goberno municipal de Gondomar, suxiren que o motivo son especulacións urbanísticas, e sinalan ó presidente da Deputación de Pontevedra, importante persoeiro do PP, como instigador do asunto; namentres Feijoo cala, logo outorga.

          De calquera xeito, algo cheira a podre, en Gondomar; onde foi elixido o segundo da lista do PP, porque o número un non pode selo, por unha resolución xudicial relacionada co urbanismo.

          Os pactos BNG-PSOE gobernan concellos con moi distintos resultados; o  cal pon de manifesto a importancia das relacións persoais; pero calquera fisura é aproveitada polo PP  pra deslexitima-los pactos de goberno. Un particular xeito de entende-la democracia, pois onde lles beneficia, como é o caso do Pais Vasco, si o ven lexítimo; o mesmo que onde gobernan coligados con independentes.

          Á vista dos feitos, concluímos, que as Deputacións funcionan como órganos de control da Administración Local e as Superdelegacións da Xunta, creadas para aforrar, por si alguén o cree, controlan a Administración Autonómica periférica.  -Artellamento dos arquitectos políticos: pro que non se fan oposicións.

          Con relación a esto, recordo unha anécdota que lle pasou, fai tempo,  a un amigo  meu nun Instituto, no que daba clase: en certo momento pediulles ós alumnos que fixeran unha redacción, falando da festa mais senlleira do seus respectivos pobo.  Chamoulle a atención unha que a titulou o autor: "A loita das testas". O contido, en  resumen, era o seguinte: Os mozos do pobo colocábanse en dúas filas e arremetían a cabezazos  contra o que tiñan en fronte, gañando os que permanecían en pe, formábase outra fila, loitaban,  e logo outra, hasta que solo quedaban dous, que se topaban hasta que quedaba un gañador,  - a última gañouna,  (concluía), o fillo do alcalde que ten a cabeza tan dura como a tiña seu pai. Non fai moito. ¿Oposición ou selección?. Esa é a cuestión.   

    

 

GUERRA TOTAL

GUERRA TOTAL


 

          A guerra o galego por parte do gabinete Feijoo é xeneralizada; parece que unha demencia colectiva se apoderou dun goberno bonsai e atácase a tódolos sectores, facendo moi certo aquelo de Bertolt Brecht, de que nade se debe considerar a salvo; pero o asunto garda algo mais de fondo, hai  moitos inimigos aliados que, aínda que non teñen uns intereses comúns, teñen un espacio, Galicia, no que coinciden e aproveitan a existencia dun goberno amigo e feble, ó que dominan e lle marcan o vieiro.

          A coincidencia de Fabra neste espacio, a través de distintas empresas ven a ser a punta do iceberg de distintos intereses e empresas que irán aflorando no tempo e explicarán o por qué dalgunhas decisións que agora nos sorprenden. No gorentoso pastel coincide, ademais do citado, Gürtel, Galicia Monolingüe, FAES e outros.     

          Gúrtel foi negada por Feijoo como Pedro a Jesucristo. En repetidas ocasións negou que o caso Gürtel tivera intereses en Galicia. A NOSA TERRA (http://www.anosaterra.org/nova/30914/a-xunta-contratou-33-millons-a-unha-firma-do-caso-guumlrtel-.html) ven de publicar unha reportaxe, na que non solo se pon de manifesto os intereses económicos de Gürtel en Galicia, senón que se sinala a Feijoo e  Carlos Negreira  como os seus valedores durante o derradeiro goberno de Fraga.

          Dentro da RTVG afilánse os coitelos, están prestas as tesoiras pra poñe-la empresa, do  que algúns  chaman despectivamente a telegaita, ó servicio dese entrabado de intereses económicos e políticos,  exércese a censura, coma nos tempos de Franco e entra en sospeita todo o que cheire a galego, perseguindo hasta os letreiros. Nun reportaxe periodístico, dos servicios informativos da TVG, evidentemente tan imparcial que non e lle deu oportunidade á parte vilipendiada a pronunciarse, trátase de xustificar a escandalosa axuda económica do goberno Feijoo a Galicia Monolingüe, argumentando que tamén o bipartito subvencionou a Mesa; as cantidades económicas, concedidas a unha e outra, non  gardan proporción algunha; pero a boa información é así.   

          Fáltanos saber, hasta que límite se vai pringar mais o goberno de Feijoo; si pensamos que está enlodando todo, preparémonos pro que nos agarda.

          O único positivo, se é que hai algo positivo, é que todos temos un inimigo  claro e común. Esto trae a lembranza os tempos da dictadura, que uneu a tódolos demócratas de dereitas e de esquerdas.

         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

GAITEIRO e con chulería

GAITEIRO e con chulería

 

          Para chulo, o que se di chulo, Núñez Feijoo. Pensei que a súa presencia en Pontevedra fora unha provocación calculada, organizada polo candidato a alcalde do PP de Pontevedra, Telmo Martín, mestre enredador; pero o certo é que Feijoo é un chulo, vaidoso e provocador. Facer público que viaxará nun coche sen blindaxe é unha provocación dun personaxe que teima con facerse famoso á costa do que sexa, de certo que non é mais que un presidente dun goberno bonsai; sen que se  saiba ben ó servicio de quen.

          Fai poucos días Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Señor da provincia, evitou  toparse con Feijoo no Carballiño, co gallo dunha festa de maiores. Feijoo intentouno, de feito chegou á festa tarde, pero Baltar non deu o seu brazo a torcer e non foi. O home anda moi cabreado; non ten ningunha influencia no goberno da Xunta e as inversións do goberno autonómico son un 55% menos que co bipartito. Visto así, razón non lle falta para estar cabreado. Participou nunhas xornadas literarias con varios persoeiros,  sería oportunismo ou non,  pero fixo unha defensa do galego na linea de outros políticos populares galegos, distantes do pensamento obsesivo que reina en San Caetano.        

        A Feijoo non lle falta nada pra co declaren persoa non grata en Galicia, solo lle falta cabrear a parte dos seus.

           Noticia en xornal.com:  El nazi Demjanjuk será procesado por asesinar a 29.000 judíos !que veñen,.... que veñen! ¿Qué lles pasará os que perseguen a un pobo?

          A persecución do Galego e o acoso a quenes o utilizan, fai que xurda unha forte conciencia social de defensa do noso idioma, incluso en ámbitos antes impensables.

          Funcionarios da Capitanía Marítima de Burela defenderon o dereito a usa-lo galego, e o Ministerio deulles a razón; o mesmo están a facer noutras partes das administracións públicas.O Conselleiro de cultura, que non está nesta onda, subvenciona obras en castelán; xa era hora  de que alguén importante lle puxera freo ó galego, porque estaba a piques de elimina-lo castelán; menos mal que unha mente preclara, como a do Conselleiro de Cultura, se deu conta do asunto. Agora que digan que estaba ausente; o que estaba era argallando cál podía se-la súa contribución a causa colexiada do goberno. Que empeñen tantos esforzos en combate-lo galego, réstalles tempo pra outras tarefas de goberno, non é que sexan incapaces. Chegaba con ve-la roda de prensa do Conselleiro de Educación.  – Surrealista.

          Hai moitos personaxes patéticos, pero tódolos anos hai un San Martín.

           Debe ser que  as  arbores non lle deixan ve-lo souto, solo así se explica que non sexa capaz de dar unha resposta á oposición, cando logo de pedirlles axuda para negociar con Madrid, lle pediron que concrete cal é a súa proposta de financiación. Mal imos cando nos presentamos a negociar unha cousa tan importante para Galicia e non somos capaces de ter claro o que queremos.  

           ! que catro anos mais penosos nos agardan!

EDUCACION E REEDUCACION

EDUCACION E REEDUCACION

 

         As aulas infantiles  en galego eran un proxecto  educativo, segundo o cal podíanse crear en  zonas nas que o galego fose moi marxinal, e sempre que o pediran un determinado número de pais e nais. A alguén  se lle ocurriu preguntar na Consellería de Educación do actual goberno, por este programa, cousa bastante atinada, dada a deriva da Consellería de Educación. Nun principio, na Consellería de Educación, non sabían da existencia deste programa; de seguido comunicáronlles a retirada de financiación por parte da Xunta. Quédalles unha posibilidade para súa rehabilitación, implanta-la asignatura de “formación del espírito nacional”.

         A  Consellería de Educación enxeñou os dentes, uns dentes podridos cos que vai trabar a todo aquelo  que soe a galego. Pensar que temos que paga-los salarios destes sicarios de Galicia.

         O asunto é como se casa esta decisión coa sobrefinanciación do    ensino privado, agás algúns centros; tamén nos pon de manifesto a verdadeira natureza da enquisa do ensino en galego e do verdadeiro obxectivo da mesma, que non é outro que o exterminio da cultura galega, que pretenden levar a termo eses demócratas de toda a vida.

         A Consellería de Educación non sigue unha política moi distinta de todo o entrabado Feijoo; seguindo instruccións, gustosamente, elimina as axudas para o material escolar; de todo non, porque da un baremo para acceder ás axudas, uns ingresos da unidade familiar de pouco mais de 400 euros. Eles, logo da que se armou, dan un destino ós aforros que ninguén o cree......comedores, transporte etc. Si, alguén os vai comer.

        Galicia monolingüe ve un grande acerto na política lingüística da Xunta, deixando claro quen manda. Sen comentarios.

         A Xunta debe volver ó consenso en materia lingüística, como se fixo nos últimos 25 anos; pois non é lóxico que coa alternancia do goberno se estea dando bandazos en educación, prexudicando ós escolares

         Feijoo pensa que ó gaña-las eleccións lle da dereito a destruí-la cultura, rompe-lo consenso político e incumpri-lo estatuto de autonomía, etc. Alguén lle ten que enxeña-la saída.

         Cataluña ven de aprobar unha lei que protexe a inmersión lingüística; o mesmiño que en Galicia.

          A cidadanía, farta de que nin as paralizadas Institucións, nin os partidos políticos fagan unha defensa do ultraxe que está sofrendo a cultura galega, poñen en marcha unha iniciativa, á que vos podedes unir, chuzando:  http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/. Particularmente, aínda que lles desexo os meirandes éxitos, dubido da súa eficacia, coñecendo a chulería de Feijoo e a presenza de Galicia monololingüe no asunto; pero algo hai  que facer.

 

 

FINANCIACION ou esmola

                                                                                     

          Tenra, moi tenra a foto do vicepresidente terceiro do goberno do Estado co Presidente da Xunta, co gallo das conversas sobre  financiación.

          Chavez é un mago, nunha autonomía fai unha promesa de financiación, conforme a uns parámetros, noutra fai a promesa é sobre parámetros distintos, ou que negan os anteriores; eso solo o pode facer un mago. Moito cachondeo cun asunto serio.

          Convén recordar que Feijoo, por mandato de Xénova, non apoiou, na lexislatura  anterior, o proxecto de reforma do Estatuto de Galicia, si o houbera apoiado, agora, xa  tiña o problema resolto, ó menos, tíñao mais doado de resolver.

          Creulle a Chávez as promesas e marchouse a Madrid como un tiro, de feito, chegou antes que Chavez, non mudou as cirolas, nin sequera pasou por Xénova, xa lle dixeran   por teléfono o que tiña que dicir. O que non pensaba é que a Ministra Salgado íao recibir tesa,  como se tragase un sable, sen sequera un sorriso; o que non sabe é que a  ministra non se ri, porque na risa interveñen moitos músculos faciais, e hai que aforrar, estamos en crise e dende Facenda hai que dar exemplo.

          Chegou a Santiago de volta, como os alcaldes de Fisterra, co rabo entre as pernas, esixíndolle apoio a oposición. Non quedaramos en  que esto o resolvía el soliño. ¡tiña tanto afán de colgarse medallas !  

           As mais das  veces, aquelas augas traen estes lodos, si na lexislatura pasada formara nestes asuntos piña co goberno,  agora non se atoparía tan solo, non tería que andar coa pucha na man pedindo   esmola.

          Na campaña electoral prometeu baixar impostos, promesa que incumpriu o emitir 30.000 millóns de pesetas en débeda pública, o que equivale a un notable incremento da presión fiscal.

          Cos impostos non se debera facer demagoxia son unha cousa moi seria. Qué argumentos ten pra pedir unha financiación axeitada, cando dicía, fai dous meses, que sobraban os cartos e que ía a baixa-los impostos; (discurso manido de Xénova), o malo é que hai quen cree nesta clase de maxia orzamentaria.  

 

 

ESBORRALLAMENTOS e rumores

 

          A Xunta, toda ela, é unha empresa de esborrallamentos e, se lles sobra tempo dedícanse ó nobre traballo de inventar problemas, descubri-la pólvora e toda clase de artilúxios que distraian da súa ineficacia de goberno. É curioso a cantidade de problemas que crean a cotío, espallamento de rumores, faladurías cunha aplicación, que non fai nada  estraño que non lles quede tempo para a realización dunha mínima xestión dos asuntos públicos. E tal a parálises que os problemas acumúlanse, sen que se intente solución algunha.

          Non hai consellería que se resista a esborrallar todo o feito e proxectado polo anterior goberno. Son salientables os temas dos Audis que, coa mais pura falacia, intententan vendernos como unha medida de boa xestión, aparecendo tódolos días nos medios de comunicación. É indignante que comprando o PP 29 audis e o bipartido 3; que lles voten as culpas a outros agora. Certo é que cando se mercaron os audis a situación económica era distinta da actual, pero facer demagoxia, é poñer de manifesto a incapacidade de xestión.

          Parece, segundo eles, que o coche que usaba Touriño gastou nun ano 48.000 euros e rodas; o primeiro que se me ocurreu é que alguén, a conta das rodas do coche, se puxera as botas. Ninguén pensa que Touriño, en persoa, ía o taller a cambiarlle as rodas ó coche, ou que era tan apañado, que el mesmo lle facía ó mantemento ó vehículo. A pregunta cae de caixón, ¿quén nomeou o que ía ó taller?, xa que se supón que era o primeiro sospeitoso, ah........

          Logo de que Pachi Váquez fixera unhas declaracións sobre os Audis deron marcha atrás e dicen cos van a trocar por vehículos para destina-los a prestar servizos públicos, pregúntome a que estarán dedicados os audis, e se definitivamente os conselleiros va a ir agora en burro, porque non pensaran mercar coches novos?, -ou si ? seguen espoliando o patrimonio público. Todo é froito, o enredo kafkiano no que se ven inmersos, das  moitas mentiras electorais   que dixeron e para as que agora non atopan saída, agás vende-los coches que, noutrora, eles mesmos mercaron. É  esperpéntico; movería a hilaridade, pero dan gañas de chorar.

         Dixo, na campaña electoral, que si o elixían presidente, non ía a vivir na residencia do Presidente da Xunta, alguén sabe ónde vive?.

          Un verdadeiro desdicirse é o concurso convocado, con carácter de urxencia,  para dota-la Axencia Galega de Emerxencias dun sofware. Anularon un contrato dicindo que non facía falta e, de seguido, convocan outro; chungo, si non fora que hai que indemnizar pola anulación de contratos firmes. Difícil de entender.

           Ás familias con fillos xa non lles darán axuda pros libros de texto, agás que teñan rendas mensuais inferiores a 420, que soe se-lo importe das pensións asistenciais. ¿quén dixo que as mulleres de 70, 80 ou mais anos non poden ter fillos?: segundo o PPdegE, si.

BOINAS E BIRRETES, OU AS CAVERNAS

BOINAS E BIRRETES, OU AS CAVERNAS

 

          En tempos, non tan esquecidos, falábase de dúas correntes do PPdeg, nas que se distinguía: a corrente dos boinas, que agrupaba á xente, fundamentalmente de Ourense e Pontevedra, que se caracterizaban polo apego á realidade do país e que          sentían unha certa fachenda do seu. Outros, os do birrete, presumían do seu estatus universitario e Galicia só lles interesaba como laboratorio.

       Nestes tempos, non sei xa si se pode falar das dúas correntes que se mencionaban, pero certo é, que os fillos do mal cabalgan polo país, tentando meter a Galicia nunca caverna, da que eles nunca deberan saír.

        Falando de cavernas, lin unha manifestación, creo que dun tal Freire, que para ilustra-la loita da Xunta do PPgdeE en contra do galego, aínda que máis ben daba máis escuridade que luz, dicindo, máis ou menos, que o galego nacera do castelán, sendo un sinxelo modismo do mesmo. Aínda que os coñecementos filolóxicos do personaxe sexan tan limitados como a súa gris relevancia profesional, segundo se deducía do artigo. Seguro que moitos mediocres verán a oportunidade de dar fe da súa razón de ser: como a FAES, que ademais de apoiar e jalear a loita en contra do galego, sen ningún argumento, mófase dos que falan galego e dos que, sen falalo, teñen acento galego; tanto se pasaron, que os do PPgdeE renegaron do apoio. O máis irritante é que, ademais do PP de Madrid, tamén o goberno de España lles da unha subvención para as súas actividades: hoxe por ti, mañá por min.

          A Xunta xa empezou a parir leis novas, de  persecución do galego, eliminación, segundo eles, barreiras para acceso á Función Publica Galega. O coñecemento do galego para o exercicio da Función Pública en Galicia é  unha medida para garantiza-la atención os galegofalantes na súa lingua. Eu pensei que o Estatuto de Galicia era a norma superior, que regulaba a convivencia e  o tráfico xurídico; pero unha norma dun goberno partidista pon en cuestión a súa vixencia.  ¿que fan as Institucións, partidos políticos, sindicatos, etc.?. O nazismo tivo o  mesmo nacemento; as potencias intentaron calma-los nazis, coa esperanza de que entraran en razón, logo custou unha guerra. Hai  que pensar que estes políticos de hoxe non son o fascismo de entón, pero parécense moito, chega ve-las ameazas de Rueda á oposición. As outras partes de España pensan que non vai con eles, de momento, ¡como me sona isto!.  Contra Franco todo era máis claro.

ATADO E BEN ATADO

ATADO E BEN ATADO

 

                     Dicía Franco que deixaba todo atado e ben atado; o pouco, todo se esmendrellou. Moitas promesas de Feijoo e ningunha cumprida; a historia é para aprender dela, para evitar que se repitan os mesmos  erros, non para cometer mais. O que noutro tempo foi un rapaz dos campamentos das Juventudes Nacional Sindicalistas, con pantalón curto, teima con resucita-la grandeza do imperio, conquistando unha esquina de España e facendo realidade aquel soño do vello ditador.

                 Agora que alguén diga que os soños e as premonicións de Franco non eran reais; de facelas reais encárgase o novo líder, con  consignas e con feitos mais materiais da vida diaria. Prométese mais xustiza, mellor goberno, austeridade, etc. En qué quedaron as promesas? a saber.

                  Os becerros ian subir de prezo, arranxaríase o do leite, disminuiríase o desemprego, non habería mais ERES,  non habería revanchismo, habería austeridade no gasto público.

                  A realidade de hoxe, e non pasou moito tempo daquelas promesas,  é ben distinta: os gandeiros cabreados, moi cabreados: os becerros non soben de prezo e o leite, como regalado; as fábricas do leite pechan e os tractores, que son máquinas para o campo, invaden as cidades e obstaculizan o tráfico urbano. A provincia de Lugo é a que mais sufre isto.

                Incéndianse os conflitos do metal na provincia de Pontevedra e o do téxtil na Coruña, menos mal que Baltar mantén a provincia controlada.

                No que vai de ano, incrementáronse os ERES, das empresas privadas, en case un catrocentos por cen. No sector público o ERE é permanente; todo aquel funcionario que, dun xeito ou de outro, colaborou co anterior goberno, no cumprimento do seu  deber, foi cesado e perseguido, falo de funcionarios que non tiñan ningún cargo político; os  que o tiñan xa lles chegou a coitela antes.

                A austeridade no gasto ia ser esencial: créase, de facto, na administración periférica cinco provincias e increméntanse  os cargos políticos, anúlanse contratos, coa correspondente idemnización a cargo dos contribuíntes; os funcionarios cesados nos seus cargos, cobran e pasan a expectativa de destino; pero co ERE vínganse deles; os seus soldos e os de os que os sustituen incrementan o gasto; pero non é problema, págao o de sempre,  eles non.

               Para pagar, estes e outros desatinos, emiten 30.000 millóns das antigas pesetas en débeda pública. Un goberno que siga unha elemental  norma de bo endebedamento, non emite débeda nada mais que para inversións,  nunca para gastos correntes, festas, subvencións os amigos, gaiteiros, cláusulas de penalización de contratos  anulados, incremento desmesurado do gasto público, etc., etc;  isto teranno  que pagá-lo as xeracións vindeiras.  ¡que pais!                 

 

CONTAXIOS

CONTAXIOS

 

            Coñecín un Prócer da administración autonómica, que cando tiña unha visita e lle daba a man, corría ó lavabo  a lavalas mans; era un esaxerado.

            Certas efusividades sociais poden transmitir doenzas difíciles de tratar. Cousas tan sinxelas como da-la man, ben chocala; pero dar un bico, ademais de poñer de manifesto unha familiaridade, supón un risco de contaxio meirande; xa non digamos si solta baballas, ou ten unha capa de repintara que lle agocha calquera cousa que teña na pel. Ben mirado é  un risco engadido ó saúdo da aperta de mans.

           Na entrevista,  que o membro da Mesa de Normalización Lingüística Sr. Callón, tivo co Conselleiro de Educación e unha representante de Galicia Monolingüe, a representante  de Galicia Monolingüe deulle ó Conselleiro  dous afectuosos beixos, ó representante da Mesa a man. A noticia  mais salientable é que ninguén precisou asistencia médica, que  se saiba, tanto por contaxio, como por conxelación. O saúdo aséptico é o mellor, dende logo. Nada anormal, temos que ver estes encontros coa meirande normalidade; aínda que neste caso é imposible non apreciar un trasfondo nos modos, que fai evidente certas actitudes.

           Os contaxios non son so de transmisión de doenzas. Modos, prexuízos ou xeitos de vida, determinan a actuación dos cargos públicos; como é o caso do Conselleiro de Industria, home que ten que facer a cotío, a cuadratura do círculo, para separar modos de actuación do  ámbito privado coa xestión que ten encomendada; cómo casa-la deslocalización a Portugal que ven facendo nas súas empresas, lexítima, dende logo, coa súa actividade pública que lle encomendou Feijoo. Parece como si a un raposo lle encargáramos de gardar das galiñas. Logo cabréase cando, no Parlamento, lle mencionan o caso. O que dixo, tamén con moito enfado, debe ser que  se lle acende a cachamúa con facilidade, que Zapatero metía a man no peto dos galegos cando aprobou o plan de axuda o automóbil; logo, a actuación do goberno de Feijoo veu en ratificar a Zapatero, implemetando as axudas  e poñendo en evidencia de que eran incapaces de facer unha proposta propia.

           As actuacións do Conselleiro de Industria poden vir contaxiadas polos seus intereses privados pero, polo menos, tivo o sentido común de non anula-lo concurso eólico, o mesmo que fixo o seo colega da Presidencia coa LEG; o que levaría a meter de verdade, e a fondo,  a man no peto dos galegos, para paga-las extravagancias do desgoberno.   Sen non o fixo, tampouco é garantía de que no no intente no futuro, senón alguén llo demandará.