Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema Administración.

GALIÑOESCOLAS

20090828103748-00eba448ceebff99b4278ea57bef10f6.png

 

 

 

         A nova Xunta do PP, non solo non crea mais prazas de educación infantil, senón que corenta centros rematados non poden abrir por falta de dotación. A c o j o n a n t e.

         Fai pouco a Conselleira do paro e mais o seu colegui de educación, coñecidos pola súa aversión a todo o galego e os seus tics preconstitucionais, presentaban o novo logo das galilloescolas. No cambio de logo, carteleira e demais empregaron unha cantidade, cuxa contía a manteñen en segredo; hai quen calcula que gastaron, en total mais de 175.000 euros, outros dan unha cifra maior; de calquera xeito, que non poidan abrir corenta centros por falla de dotación e se gasten coa galiña todo o orzamento, é unha tomadura de pelo.

         Dicía Bieito Lobeira que o logo  da galiña azul esconde un hibrido entre a aguia de Franco e a gaivota do PP.

          Si queredes cousas que non se entenden, vai esta: A Xunta actual di que non poden abri-las aulas porque o bipartito non habilitou orzamento. Curioso, tampouco, supoño, tiña previsto orzamento  pro da galiña, nin para segregación; pero para eso si hai cartos.

          O logo, como di Pablo González Mariñas, ten unha carga ideolóxica e un mensaxe oculto, non é neutro, pretenden introducir ideoloxía en lugar de educación. Criar, non educar, roliñas de polos, que iran a poleiros distintos, e función  da lingua, creando fendas coa intención de elimina-lo galego.   

          Feijoo di   que o sol xira ó rededor   da terra, co mundo   foi     creado  en seis  días,   etc. Tamén di que pese a crises vai crear 500 prazas nas galiñoescolas. O Bloque, omite intencionadamente dicir o bipartito, non fixo nada en infantil  -moita e moi dura-.

         A súa besta negra parece ser que é o Bloque. O patético é como fala sen dicir ningunha verdade e que ton monótono ten o falar, parece a gravación dunha máquina; falando e mentindo, sen dicir nada e sen poñerse colorado; claro, el fala en clave interno, pros convencidos, pros que agardan a palabra do gran lider.  Disimulaba que Aymerich  lle descubrira as cartas. Hai que   recoñecer, o  tío ten oficio e unhas pulgas rabiosas,  por algo é o xefe da panda.

Etiquetas: , , , ,

28/08/2009 10:38 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

VIRAN TEMPOS MELLORES

20090824111953-1157809182-f.jpg

 

 

 

        A economía é árida, pero convennos saber que a  consultora que valora a débeda galega ven de rebaixarlle cualificación, co que nos resultará mais caro endebedarnos; pra poñer un exemplo, sen que  sexa exacto: si emitimos un euro de débeda no  tesouro solo ingresaremos 100 céntimos, pero logo hai que devolve-lo euro, e cada vez peor. Calculan que haberá algo de melloría a finais do 2011; pero non temos de que preocuparnos, o goberno mira por nos, os mortais, os páganos, que somos nos.

          Seguro que oístes falar dun tal Miranda. Como todo    réxime totalitario que se precie, este, no que vivimos e sufrimos, hai un Miranda de turno, que no solo está solo de  miranda, tamén é o encargado de levanta-la moral o pobo, falando de logros incribles dos líderes, da sorte que temos de que nos goberne esta panda, e non os roxos e separatistas, de solta-las mentiras oficiais, levantar infundías sobre os inimigos, si, inimigos, non oposición nunha palabra, cando a nosa fe fraquea, ai está el, baténdose o cobre.

         Segundo Miranda, gracias a boa xestión da Consellería da Presidencia, fíxose un aforro nos orzamentos da Consellería dun 25%,; pregúntome eu: porque no lle poñemos un 50%. !moi esaxerado verdade!. Fagamos as contas da vella, sen ánimo de cadra-las contas ó céntimo, como si fóramos a Intervención Delegada da Consellería. Créanse eses cinco menstruos de Superdelegacións que cargan o presuposto da Consellería, ampliase o parque móbil, por culpa dunha bravata electoral e porque queren estrear coche, senta-lo cu no plástico, repártense teléfonos móbiles entre algúns funcionarios con cargo á Consellería, comprase mobiliario novo, o sustituido ten, a veces, menos de dous anos, pero era do anterior goberno, anúlanse contratos firmes e indennizanse ós beneficiarios. A lista sería interminable, pero mira ti por onde o Miranda lle sae un aforro do 25%. –seguro que suspendeu as matemáticas-

          Non podemos esquecer aquela promesa electoral de Feijoo de que si el chegaba a gobernar non habería paro, habería un goberno austero, non habería déficit orzamentario, etc , en parte cumpriuse: non hai paro pra el, hai un goberno austero, por exemplo: restrinxe o gasto en dependencia, paraliza as obras en marcha, pero danos unha floxeira co da galiña azul; o déficit orzamentario xa o escachou nada mais entrar emitindo débeda pública, doada de recadar, non hai que subi-los impostos, pero fainos mais pobres.

          Pero o Estado non lle vai mellor; ten un déficit orzamentario histórico, tanto así, que pola falta de disciplina orzamentaria  temos tódalas papeletas pra que nos voten da zona euro.

          Moito debémosllo o Ministro Sebastián, o seu foi unha pasarse de freada; pra gañar votos aconselloulle a ZP o dos 400, e logo 1500 por fillo, sen saber como estaba a caixa, resultado, fundiu o superávit e endebedou a Facenda. O normal sería saber de canto se dispoñía e canto nos ía custa-la ocorrencia. O custo das dúas medidas  pódese cifrar entre cinco mil e seis mil millos de euros no exercicio; eu hai meses que non os gano.

           Agora, que xa se venderon, na época de Aznar, as xoias da Coroa, xa non nos queda que vender pra equilibra-los orzamentos, e hai que recorrer a dúas medidas dolorosas e pouco rendibles electoralmente: 1º subilos impostos, 2º plan de austeridade.

          A supresión do imposto de Patrimonio, que recaia sobre as grandes fortunas suprimiuno ZP, como si fora a Dereita mais rancia. Poren non podemos esperar de ZP unha distribución xusta das cargas impositivas.

          Quédalles unha opción, que me da medo: subi-los impostos indirectos; as cargas fiscais non terán en conta os ingresos, haberá unha suba xeneralizada de prezos, subirá a inflación; o Estado non  precisará un soporte administrativo.

          Algún periódico económico estranxeiro suxería que se adelgazara ó Estado, empezando polas autonomías, que se converteran nun pozo sen fondo,  ¿quén lle pon o cascabel ó gato?.   

Etiquetas: , , , , ,

24/08/2009 11:20 mmarcos #. Administración Hay 4 comentarios.

ESCOLA UNITARIA

20090811131324-20090811102745-escuelamixta.jpg

 

 

           Foi cerne   do noso ensino.

          Carmela, nome ficticio, aprobou a oposición de mestra de escola. Como non ten puntos e é das últimas do escalafón  tocoulle unha escola unitaria, nun pobo perdido . No lugar da escola non atopou pousada, e ten medo de vivir sola na casa escola, que está aparta do dos veciños, nun lugar sombrío e cunha arborada que a enche de longas sombras e de ruídos sospeitosos.

           Os pais de Carmela entroulles un desacougo e non quixeron deixala sola no lugar, polo que a nai foi vivir con ela a casa escola namentres non atopaban unha solución.

          Decidiron que o mellor era que vivira na vila, nunha pensión de moi boa sona, e pra desprazarse a escola mercaríanlle un coche; pero Carmela non quería ser unha carga mais pros seus pais; así que decidiu mercar un coche pequeno a prazos. O pai, un urbanitas, vía aquel mundo do rural coma un mundo cheo de perigos e meteulle no coche tódolos aparellos pra sobrevivir naquel mundo; entre eles unha cousa curiosa: unha machada pra corta-las ramas que o aire tirara ó camiño e lle impediran pasar, aquela “extravagancia” de seu pai sacouna de moitos apuros, tamén lle saíron callos nas mans, e uns músculos que parecía unha cammionera.Tiña na escola unha estufa de leña, que alimentaba coa leña que lle traian os  pais dos alumnos.

          Tiña alumnos vestidos con roupa de marca, pero coas orellas sucias.

           Decidiu que tiña  que ensinarlles as nais antes cos alumnos  e  que a hixiene era boa, que os nenos non había que engordalos, senón alimentalos.

           Non tiña material escolar; así que, despois  de mandar varias peticións, as que non obtivo resposta, presentouse na Delegación de Educación; tiña esperanza  de  que o novo Delegado  de Educación fora receptivo as súas demandas; recibiuna  a Inspectora de Zona, que lle entregou unha relación a un ordenanza pra que lle cargara o material no coche. Carmiña marchou moi contenta,  e foi directa pra escola a deixa-lo material.Nada do que lle deran servía, a estrela era un PC que funcionaba, a luz verdosa da pantalla facía xogo cos seus ollos, o sistema operativo era o ms-2, funcionaba con comandos; o resto do material, aínda que non valía pro ensino, podía valer pra un museo.

          O día siguiente informou os pais da burla que lle fixeran,        e decidiu devolve-lo material, acompañada por unha comisión de pais de alumnos. Tirou o material na entrada da Delegación e pediu ser recibidos polo Delegado, pero non os recibiu; atendeunos a Inspectora e díxolle que lle   dera o que tiña; o presuposto reducírase porque os cartos precisábanse pra enquisa do galego.

          Os pais dos alumnos volveron pra casa sen dicir chío; votaran a austeridade e bo goberno, o mesmo que Carmiña, no xornal que había na mesa leron que os cinco colexios segracionistas lles darían de subvención dous mil millóns de euros nos vindeiros catro anos. Non había nada que dicir, nin que falar; estaba todo dito.   

          Os alumnos de Carmiña era candidatos ó sacho, ou  a algo    similar, os colexios segregacionistas eran pra  formar elite. A xunta  solo lle interesaban  cando   tiveran idade de votar

 

Etiquetas: , , , , ,

11/08/2009 10:27 mmarcos #. Administración Hay 9 comentarios.

GOBERNAR DE CU

20090806095229-bigculobacday2009.jpg

 

 

 

 

          Gobernar de cu, ou  de recú, non é o mesmo que gobernar co cu, aínda que vendo o que se ve, non é doado saber cando se trata dunha cousa ou   da outra.

          Pros que gobernan o importante non é o resultado da súa xestión, o importante é parecer que fan algo.

          Cando  o negocio este da Xunta se estaba a poñer en marcha, e  San Caetano aínda estaba baleiro, alguén ordenou que permaneceran acendidas tódalas luces, e unha gran bandeira de Galicia estaba izada no alto do edificio; dicía que así a xente tiña a percepción de que se traballaba.

          O Executivo da Xunta vai de recú, goberna de costas o pais, mirando sempre o que fixeron os que os precederon, pra eles desfacelo; pode que sexa unha voa táctica política a corto prazo, pero o ir de cu, non se sabe pra onde camiña, nin a onde dirixe os seus incertos pasos.

          Gobernando de cu, non se ven os problemas, e nalgún momento terán que da-la volta e camiñar de fronte e atoparanse cos moitos problemas que hai, xa non poderán esconde-la súa incompetencia, votándolle a culpa a outros.

          O malo será si aínda que dean a volta, e xa   non camiñen de cu, gobernarán co cu. Visto o visto,  eso é o mais probable.

          O tempo perdido é malo de recuperar, pero si a eso lle engadimos unha involución que nos achegue o home de Cromañón, terémolo mais difícil. Feijoo despedaza o pais, xa anunciou que ía anula-lo concurso eólico, que era o único que lle quedaba. Os adxudicatarios xa se fretan as mans, facendo contas do que lles toca de indemnización, sen haber invertido un euro.

          Veredes dentro duns días a Feijoo superarse a si mesmo.

           Do prometido na campaña electoral, nada, de nada.

          Vai nevar moito, pasaremos moito frío nesta etapa de xeos, de nos depende que o paréntese dure pouco.    

Etiquetas: , , , ,

06/08/2009 09:52 mmarcos #. Administración Hay 9 comentarios.

O NEN@ XA NAEU

20090803102009-getattachment-1-.aspx.jpg

          Foi un parto difícil, unha criatura mal enxendrada, cunha crianza que vai ter moitos problemas, pero xa temos o resultado da enquisa.

          O obxectivo último de Feijoo é efectuar un adestramento ideolóxico dos cidadáns; unha segunda castra e doma de Galicia e se para elo hai que crear un enfrontamento entre os cidadáns, faise; no vai reparar en medios.

          Pra min, a enquisa foi un despropósito, que non se lle ocurriría, nin o que asou a manteiga nun garabullo. Se lle engadimos o apoio mediático, a participación da maioría do PP no apoio á campaña, a punta do iceberg de Galicia Monolingüe, os cartos que gastou a Xunta no enxendro;  o mirar pra outro lado das Institucións oficiais da cultura, etc,  o asunto adquiriu unhas proporcións dantescas, non polo tamaño, senón polas consecuencias e os medios empregados.

          Este goberno paga os favores, e o apoio do ensino privado á enquisa, traerá consecuencias, nade fai nada porque si; non vai ser coma o caso de Viriato, cando os romanos lle dixeron os seus asasinos que Roma non paga a traidores.

          Moitas escolas unitarias non teñen material, suplen as carencias coa imaxinación dos docentes, pero pra Galicia Monolingüe houbo unha escandalosa subvención. A mesma Consellería non escatimou medios económicos e persuasivos.

          Pros que aínda defenden a enquisa, malia o que choveu,  teñen que saber que se fixo sen ningunha garantía de obxectividade, cun fin determinado, co único obxecto  de que lle ratificaran unha decisión que  xa a tiñan tomada. Unha coña

          Si aínda hai alguén  que cree na limpeza de accións do PP, basta recorda-la precampaña electoral, seguro que cree tamén o conto de Caperucita; de sobra sabemos que estando quen está por medio, e tendo de Presidente a Feijoo como garante do proceso, a chapuza estaba servida.

         O PPdeg  fixo da mentira e da manipulación unha conducta habitual nos últimos tempos, o que pon en dúbida o resultado, que se deberon desviar tanto  das súas expectativas que os obrigou a un maquillaxe dos datados da enquisa; por eso dubido que  sexan reais; o que se ratifica co feito de que, nin o Conselleiro de Educación, nin Feijoo, asistiron  a   súa presentación.

          Castelao dicía que cando un galego deixa de falar galego, xa non é galego, pero eso non o converte e castelán. Nese limbo no que se atopan os negadores do noso idioma son obxecto das burlas coma as que fixo a FAES,  que no apoio á campaña contra do galego burlábase do acento da súa xente, pero os de Galicia Monolingüe son xente que precisa un maltrato do seu amo mesetario, e seguen poñendo o lombo, e non son solo son negadores do galego, senón que non  teñen conciencia da súa  rediliculización.

          Cando armaron aquela asonada cívica en Santiago, trouxeron xente de fora de Galicia, pra armar ruído contra do bipartito.    

          Tódolos que vivimos en Galicia temos o dereito e o deber de coñece-lo galego; ademais da obriga legal, é un xeito de coexiona-la sociedade civil..

        A enorme fenda que Feijoo está a producir en Galicia, na súa convivencia, co tema do idioma,  non é doado de comprender. A FAES e Feijoo, cos monaguillos que se lles unen, retrotráenos ós tempos de segunda república.

        A actitude cívica, sen baixa-la cerviz, dos asistentes o acto celebrado en Vigo, ó que asistiu Feijoo, que con pegatinas e outras enseñas, fixeron pública a defensa do Galego, fai pensar co pais aínda está vivo e confírmao a enquisa.

        Non solo falamos o Galego porque nos peta, como diría ó poeta de Celanova, tamén porque é a nosa lingua e nade nos vai quitalo que é noso.

Etiquetas: , , , ,

03/08/2009 10:20 mmarcos #. Administración Hay 10 comentarios.

O MUSEO DA LINGUA

20090808221249-halicarnaso.jpg

 

         Din que unha vez, aló no tempo, antes de que Feijoo gobernara Galicia, que neste pais, ademais do castelán había unha lingua propia do pais, falada pola maioría e coñecida por tódolos galegos. Foi coa chegada ó poder, dese personaxe, de triste recordo, cando o galego empezou a desaparecer. Perseguida e acosada coma si fora unha lingua de malfeitores, refuxiouse no círculo da escasa clase culta en un museo construído no monte Gaias. Un complexo ideado por un grupo de personaxes para facer del o mausoleo de Fraga; este grupiño, precursor de Feijoo, pretendía dar a entender de que Faga era xa un dinosauro da política, un estorbo para os seus proxectos de desgalización do pais, e había que retiralo, ofrecéndolle o engano  dun doce retiro e a promesa de perpetua-lo seu recordo, construíndolle un mausoleo, a semellanza dos Faraóns.

          O mausoleo, coñecido co nome de “cidade da cultura”, nada ten que ver con Galicia, nin coa cultura Galega, tamén se quería disimular o de mausoleo; para mais encargóuselle o proxecto a un estudio de arquitectos estranxeiro, que non soubo, ou non lle deixaron, interpretar a finalidade da obra, o resultado esa cousa, que aínda non se sabe que se lle meterá dentro para enchelo.

          A alguén se lle ocurreu meter libros nun edificio xa rematado; pero ai estaba o Conselleiro da Incultura do goberno Feijoo para ordenar unha concienciuda investigación do asunto: haber que clase de libros, orixe e se son libros autorizados; non sexa que ó público lle dea por ler e pensar. De todos xeitos, encargóuselle a un prelado que o limpe dos malos espíritos, dado que alí anduveron os separatistas e roxos, e aquelo cheira a azofra.

 

            A Consellería da Incultura ten un presuposto elevado pros seus fins; como non sexa pra facerlle ó galego un enterro de primeira. O normal sería co galego o deixaran esmorecer, para que os que nos sucedan o reanimen, pero deberon recibir  ordes  da superioridade de eliminalo, e pra  eso precisan os cartos.

          O dito, pagámoslles pra que mallen en nos.           

Etiquetas: , , , ,

23/07/2009 10:36 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

HABITAT

20090721113858-200622220596.jpg


 

         A trama Gürtel necesita unha empresa exclusiva para acometer os esborrallamentos de Feijoo. Si alguén pensaba que non  ía   meter  man na construcción  era un iluso; a construcción é un sector sensible, que move moitos cartos e intereses,  e hai moitas garras dispostas a votarse enriba do botín. Onde hai cartos, xa se sabe, tamén hai moitos amigos esperando que se lles axude. Tamén alcaldes que queren facer e desfacer o seu antollo, sen normas.

           Dictar unhas normas xerais de obrigado cumprimento, parecía de sentido común, pra frear o  caos do sector. Ós profesionais servíalles  de guía e os Concellos, que non  dispuñan de medios técnicos, atopaban nesas normas unha ferramenta esencial. Xa  sabemos,  o sentido común era verde e comeuno un burro. De ai que a actual Xunta careza del.

          Coas normas de Teresa Táboas había unha seguridade xurídica, agora dependemos do criterio persoal do alcalde de turno e pódenos face-la vida doada ou complicárnola, segundo sexamos u non, galegos cordiais. É un xeito de colleitar un clientelismo e ter un puñado de votos cautivos, hai que apañar todo.

          A especulación do Levante trasladarase a Galicia, e teremos unhas costas cheas de planchóns de cemento.

           Nada lles impedirá ós especuladores que en lugar de pisos constrúan cortellos; namentres Feijoo vive nunha luxosa mansión, que todos lle pagamos, alleo as nosas miserias. 

           É de supoñer que agora as mocións de censura medrarán e estenderanse por todo Galicia; todo é edificable, será un fermoso pais, sumido nun caos de  palleiros.

           O hábitat, como paisaxe, sobretodo  na costa, está en serio perigo;   anularon o plan de acuicultura do bipartito, pero non elaboraron un novo, parece que están a espera de que o elabore Pescanova, e aí xa nos podemos imaxinar o que lle espera a cabo Touriñán, pero calquera zoa sensible ecoloxicamente pode ter o mesmo fin.

           ¿Ónde se esconderían  todos aqueles ecoloxistas que  armaban tanta bulla a anterior Conselleira de Pesca?

          A Conselleira de pesca  vailles facer pagar os peixes que colaboran co bipartito, deixándose pescar, substituiraos por peixes con un chip incorporado, que leva un software, contratado a unha empresa estranxeira e solo obedeceran a Feijoo; cando el diga a picar, entraran o cebo, sempre que  sexa un cebo posto por galegos cordiais.

      

 

Etiquetas: , , , , , ,

21/07/2009 11:39 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

APERTANDO o nu

20090809104233-2008081196funcionario.jpg


          Modificando as probas selectivas pra acceso a Función Pública Galega, convocadas legalmente, ignorando a irretroactividade das normas que limitan dereitos, como é  o caso, xa que non é o mesmo disputarlle unha praza a 10 que a 100. A súa pintoresca modificación da función pública, singular e única, non so en España, senón nas galaxias coñecidas; permitiralle importar opositores, e os galegos que emigren, como fixeron sempre. Eso sen contar co dereito do ciudadano a ser atendido en galego.

           Falar de dereitos a quen ten a idea de que Galicia é  a súa finca particular e rexe a súa real vontade é inútil. 

           Feijoo segue apertando o nu,  son un punto mais na súa tola carreira pra  reducir Galicia a un montón de lixo, logo de que cornudos cabalos montados por bestas en forma humanoide, con ollos roxos, acendidos como brasas ardendo e babeando, pisoteen as colleitas de mais de cincocentos anos, que os nosos devanceiros  recolleron pra nos.

          Tócanos a nosoutros legar os herdeiros o tesouro   cultural que recibimos dos devanceiros; pero que vamos a legar si deixamos que un iluminado ó servicio de escuros intereses,  deixe un terreo ermo, no que é moi posible que non medre mais que a xenreira e o resentimento, polo menos parece que eso é o que pretende.

           A nosa clase política quedou como atolandrada, dando a sensación de que recibiu un golpe tan grande e inesperado que é incapaz de asimilar e non reacciona, o que aproveita Feijoo pra seguir co derribo de todo o construído.

           O perfil psicolóxico de Feijoo é digno dun análises dos especialistas en comportamentos típicos de persoeiros con delirios de grandeza, semellante os fascismos europeos. É un home de bagaxe cultural escaso, corto de ideas e grande en ambición de protagonismo persoal.

           Mentres sigue co seu hedonismo,  pra parecer mais grande destrúe todo o que atopa; e así, rodeado de cinzas, por moi anano que sexa,  faise ver e notar.

           Se non fora polas consecuencias da súa irresponsabilidade, a súa conducta de desatinos produciría risa, cando menos hilaridade.

           Como dicía Celso Emilio Ferreiro, longa noite de pedra habemos.

Etiquetas: , , , , ,

20/07/2009 10:31 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

EN XOGO

20090716205000-tahures.jpg

 

 

          Non hai cousa que o goberno do Feijoo non sometera a revisión. Eu creo que se poden contar cos dedos da man os proxectos do anterior goberno que deixaron en pe, e sobran dedos. E seguiran esborrallado as paredes da democracia, namentres alguén siga rindo os seus malos chistes e nade lles plante cara, e os desterre do pais.

          O goberno de Feijoo está cheo de malas herbas: son soberbios, chulos, prepotentes e mentireiros, e se queremos que estas malas herbas  non sigan sangrando a Galicia, chuchando a sabia da nosa terra e a sangue dos galegos; temos que xuntarnos todos, de dereitas e de esquerdas, unirnos como nos unimos contra da dictadura  e librarnos deles.

           Feijoo non fixo un cambio de goberno, lexítimo en toda democracia, mudou de réxime. Están a facer, exactamente igual, que fixo Hitler, aproveitando a oportunidade que lles da a democracia, instaurar un réxime no que solo se respeta a vontade do líder ó servizo dos intereses de Galicia Monolingüe e da FAES.

          A anulación do proceso  selectivo para acceder á Función Pública Galega foi un dos derradeiros golpes; un suceso que non acontecía dende 1936. Cando o partido está en xogo, deciden paralo e cambia-las regras, para xogalo coas cartas marcadas coma se foran tahures do Mississippi. O obxectivo parece claro, non adiantaríamos nada destapándolles a trampa. Son unha praga bíblica para esta  terra e ningún bennacido pode ignoralos e mete-la cabeza baixo terra. Si cada un de nos convence a dez mais, e montamos unha cadea, sortearemos os seus medios de propaganda.

           As probas foron convocadas con arreglo a unhas normas legais, houbo un tempo pra impugna-la convocatoria, ninguen o fixo, foi firme, publicouse unha lista de admitidos, que tamén é firme; os admitidos teñen uns dereitos que ninguén pode vulnerar, é semellante a un contrato de adhesión e o adquirir firmeza ninguén o pode modificar unilateralmente. A seguridade xurídica esixe que as regras do procedemento non se cambien en pleno proceso,  para o caso, seguen rexendo as regras da convocatoria.

          Feijoo funcionario da Xunta e Rueda funcionario da  Administración Local, parecen non crer na limpeza dun proceso selectivo, as súas razóns terán.

Etiquetas: , , , ,

16/07/2009 10:49 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

MENTES PRECLARAS

20090713124546-burros-taxi-en-el-algar-1-.-decada-de-los-60.jpg


 

         Asesorar a alguén na toma de  decisións,  o vulgo sempre  asociou esta función cos servicios prestados por alguén cualificado, con coñecementos relevantes da materia na que presta asesoramento, pero vimos que non era así. Si fai pouco nos sorprendía que o Conselleiro de Economía e Industria contara entre o seu equipo de asesores cun mozo de 21 anos, sen estudios e sen experiencia laboral, agora sabemos que non é o único caso, dentro do elenco de asesores dos conselleiros da Xunta, Son eses asesores os que fan complexos estudos, sesudos dictames, prediccións atinadas, etc.

          Agora, que sabemos que contan con tan importantes asesoramentos, comprendemos a razón, ou sen razón, das decisións das Consellerías da Xunta.

          Galicia Monolingüe tamén actúa de asesora do Conselleiro de Educación, de aí ese finanzamento de un millón douscentos mil euros á entidade. O asesoramento parte de un fondo coñecemento científico da materia, independencia ideolóxica e cualificación profesional. Ve con récelo á Dirección Xeral de Política Lingüística, aínda que non lles deu motivo pra inquietarse, son galegos cordiais, pero o solo nome incomoda.

          Non  se buscan persoas con coñecementos especias da materia na que asesoran, chega con que  sexan familiares dos asesorados, dunha rama específica do PP ou que se lles deban algún tipo de favor.

          Así de sinxelo é ser asesor dalgún Conselleiro. Ían a reducir gastos superfluos, chúpate ese elfo.     

Etiquetas: , , , ,

13/07/2009 12:46 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

ARDE A ADMINISTREACION LOCAL

20090707112940-gargamel.jpg

           Arde Lucus e o que non é Lucus.  Fai poucos días celebrouse en Lugo unha desas festa da historia, que xa ten arraigo,  é a que lle hai que  recoñecer un éxito de participación. Alédame o éxito desta festa, quen seguro que se aleda, tamén, e o seu Alcalde Orozco que, ademais de ser un acontecemento que reivindica o nome de Lugo e enaltece a cidade, tamén desvía a vista, e a xente non repara noutros problemas, que existen na cidade das murallas. Sen dúbida que é   un alivio temporal para o alcalde que non se fale da auga, da limpeza, do nepotismo, dos parques, da rehabilitación das zonas mais empobrecidas, dos problemas de persoal, etc; sen  esquece-lo  xeito persoal de gobernar. É un alcalde que cando lle plantexan un problema, ten unha resposta  invariable: “estamos nelo”. Non é un pequeno dictador, como din algunhos, sinxelamente fuxe dos problemas, non sabe como resolvelos ou non ten forza pra facelo; a elo hai que engadir que quere imitar a outro alcalde, que afortunadamente deixou o cargo, imaxínome que fuxindo  de responsabilidades. O malo, ou o bo, segundo se mire, é que lle está facendo a campaña, gratuitamente, ó PP.

          A Administración Local anda revolta, a xente ponse nerviosa e  aínda falta moito para as eleccións. Nalgúns casos tamén hai intereses soterrados, que fan ingobernables algúns concellos, ou outros que, por personalismos, se enrocan, mirando mais ó propio ombligo, que a intereses xerais.

           Antes tódolos problemas se resolvían con recalificaficacións, e esta segue a ser parte do problema, pero nesta hora de vacas fracas os ingresos que teñen orixe na construcción caeron    dun xeito preocupante, poñendo en perigo as facendas dos concellos, polo que teñen que administrarse con mais austeridade  e controla-los gastos correntes.

          Ademais de efemina-la endogamia política e administrativa precisará de unha seria reestructuración, que  debería ser impulsada dende os propios concellos, ben refundíndoos,  elinando concellos pequenos e non viables, agrupando servicios de distintos concellos e outros gastos correntes cos equiparen a outras administracións públicas.  

          Urxe que atopen novas vías de fiananciación, coma a participación nos parques eólicos e outras que se lles ocorran.

          A Administración Local son entes cunhas implicacións nada doadas de entender, e a veces xúrdenos a sensación dun compadreo, levados por algúns casos que vemos, como a moción de censura nese concello perto de Vigo, que o alcalde di que é pola ilegalización dunha obra de un parente do concelleiro do PP. Si esto fora certo poderíase recorrer á xustiza, digo eu.

07/07/2009 11:29 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

O ERE DE FEIJOO

20090621073021-images.jpg

 

O flamante presidente da Xunta de Galicia entrou na administración galega con un ERE encuberto, mais ninguén di  nada, nin sindicatos, nin oposición.

Ese que na última enquisa do CIS recibiu un cinco raspado, ese que dixo que viña sen ansia de revanchismos,  o mesmo que dixo que ía profesionalizar a administración suprimindo os delegados, o que dixo que se acabara o enchufismo, sectarismo, caciquismo ou partidismo; o que dixo que ía regular e cumprir con transparencia os procedementos de selección de persoal, o que viña sen rancores nin dogmas, o que non viña a derrubar o que fixeron os antecesores; ese mesmo, o que esta facendo el e os seus acólitos é levarse por diante a tódolos funcionarios nomeados polo bipartito, aínda que eses funcionarios teñan demostrado a súa profesionalidade ao longo de toda a súa traxectoria na administración autonómica.

Se colabórache ou eras simpatizante do anterior goberno estas perdido ou te cesan automaticamente ou che amortizan a praza, é dicir un ERE encuberto.

Duplican as prazas, pero a eles dálles igual o funcionario cesado queda a disposición do respectivo conselleiro cobrando o mesmo ou algo menos. Duplícanse os postos, pero como o posto do funcionario cesado non aparece no papel aínda que ai que pagarlle, cara a opinión pública, na información que  facilita nas roldas de prensa non consta.

Chegaron emitindo débeda pública por importe de 200 millóns, segundo eles ai buratos negros, segundo eles non ai diñeiro para sanidade, educación, lei de dependencia, etc.,  pero o capítulo I adelgázano cesando funcionarios e pagándolles sen ter praza na rpt.

¿Qué requisitos ai que reunir para ser persoal de confianza da nova administración autonómica? Ser familiar, amigo, afiliado  ou simpatizante do PP. Aínda que sexas un incompetente, aínda que chegues a traballar tódolos días as 10 da maña, aínda que estes toda a maña tomando cafés (as cafeterías da zona sempre están cheas), aínda que dediques toda a maña a facelo traballo particular dunha segunda actividade (cobrando dedicación exclusiva e dado que a inspección de servizos non existe e se existe leva toda a vida en paradoiro descoñecido),  seguro que es válido para ter un cargo na nova administración de Feijoo,

Se reúnes algún dos requisitos citados ponte a cola, seguro que te esta esperando un posto na Xunta de Galicia.

 

21/06/2009 07:33 mmarcos #. Administración Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris