Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

FEIJOO FAINOS LIDERES

FEIJOO FAINOS LIDERES

 

 Con eses seiscentos mil galegos no umbral da pobreza, xa éramos líderes. Os que fan estas estadísticas xa sitúan a 300.000  galegos na pobreza extrema. Mais non importa, seguiremos afrontando proxectos megalómanos como a cidade da Cultura, ou a construcción dunha fastosa goleta. Miraremos pra outro lado; a eso milleiros de pobres convencerémolos de que non son tan pobres; a culpa, en todo caso, será do goberno de Madrid, do xudaísmo internacional e dos grandes expresos europeos. Feijoo anovou a flota do parque móbil, sendo, en proporción a mais nova e extensa das comunidades autónomas, enriquece os  amigos do PP

UNHA GOLETA CON SABOR

UNHA GOLETA CON SABOR

 

    Esa Goleta, que o austero PPg quere construír, por case dous millóns de euros, pra pasea-los gros-panza do PP polas rías, vai rematar como  o rosario da aurora. O PP xa adxudicara a construcción, xa a adxudicara antes do concurso; agora terá que indemnizar ós outros concursantes, chegando a un acordo extraxudicial, ou todo  terminará no xulgado.  Séguese o mesmo procedemento que o concurso eólico. Marrullería, opacidade, irregularidades.

     A Xunta comprometeuse a dar explicacións no Parlamento, pero esas explicacións non chegan,  a cousa  vaise leando.  Este despilfarro na faraónica e innecesaria  obra, terá o desenrolo que lle é propio  dentro do austero goberno de Feijoo.

CAOS NA PONTE

CAOS NA PONTE

 

 

         Os que pensaban viaxar en avión atopáronse cun auténtico caos nos  aeroportos. Ben certo que a culpa é dos privilexiados señores donos da circulación aérea, pero non pode ignorarse á responsabilidade do goberno, mais preocupado da imaxe, que de aplicar unha solución a un problema do que non hai precedentes. Os controladores déronlle ó goberno a escusa perfecta pra poñer orde, pero ó final xa está escrito, o goberno non pasará das declaracións grandielocuentes e de escaramuzas, que deixaran as cousas como están, é dicir, mal, pero si así o fai, os cabreados electores pasaranlle a factura. Non pode o goberno votarlle a culpa a oposición, aínda que non deixa de ser alucinante as supostas conversas entre o PP e os controladores, previas ó caos; de  todos xeitos se o goberno  non é capaz de gobernar que se vaian. A nivel de Galiza, ós aeroportos uniuse o caos na AP-9, poñendo na evidencia o desleixo co que toman os problemas de mobilidade a Xunta e o Goberno Central.

         Na comparecencia Parlamentaria, o PP deu unha de cal e outra de area, movéndose na ambigüidade, o que da pábulo o rumor de que puido haber contactos previos cos controladores 

 

 

LIXO E ELECTRICIADE

LIXO E ELECTRICIADE

 

      Non é un xeito de reciclaxe, é o xeito en que o PPg  mestura lixo e electricidade. Unha das empresas vinculadas ó PP, que resultou beneficiada nesa lotería eólica de Feijoo: ESTELA EÓLICA, tamén xestionará o lixo da zona sur de Galiza, esa era a coartada pra adxudicación do eólico. Non está elaborado, nin aprobado o plan de eliminación de residuos, pero a citada empresa xa contactou con alcaldes, na súa calidade de futura adxudicataria dun servicio que aínda se vai crear, pero  eso era solo unha cortina de fume. Eso chámase poñer o carro diante dos bois. Non hai proxecto, polo tanto non houbo concurso; pero xa temos o gañador. O tinglado pode ter un pequeno atranco, solo se fixo como aceno, nunca houbo unha intención real de efectuar unha inversión. O que mais sobresae é esa transparencia ética  de goberno que debulla Feijoo, dando dixitalmente este servicio, aínda non creado, continuación do eólico e as minicentrais. Todo xestionado co mesmo favoritismo e opacidade.

COMPARANDO

COMPARANDO

 

           Rueda e algún ilustre mais comparaban o resultado das eleccións catalanas coas galegas. Nin Feijoo é comparable a Mas, nin Cataluña é  Galicia. As causas do afundimento dos socialistas hai que velo coa comparanza de Mas e Montilla, pero sobretodo, na ilusión que o PSOE esperta a  nivel estatal, traducida pola insoportable presencia de Zapatero  na campaña. A presencia de ese devaluado personaxe ó lado de Montilla fixo posible que o electorado visualizara o caos; erro que se debe apunta-lo director da campaña electoral. Era o momento de poñer  distancia e non aparecer cun cadáver no escenario, que lles lastrou a campaña dende Madrid. Esquerra afundiuse polas súas contradiccións e a corrupción; non así Iniciativa que mantivo, relativamente, o tipo, amosando o desgaste dun goberno nunha crise. Converxencia non anuncia terremotos, nin depuracións, só sentido común; comparalos  co PPg é un disparate. O partido de Rosa Díaz, o mais parecido ó PPg, levou un batacazo. En canto ó PP subiu moderadamente, o cal é un éxito, mais notable, especialmente, polo afundimento de Esquerra.

 

 

IMPOSTOS DERIVADOS

IMPOSTOS DERIVADOS

 

     O endebedamento, a mais das primas de colocación e risco da débeda, é unha maneira de derivar unha carga impositiva hacia as futuras xeracións De momento, o goberno que emite débeda, soe dáselas de bo xestor, esperando que os que o releven sexan os que paguen as contas dos seus desatinos. Galiza ten hipotecado o futuro, esa vai se-la herencia que nos deixa Feijoo, situándonos entre as comunidades autónomas mais endebedadas, coa agravante de que non usou un solo euro da débeda emitida pra xerar riqueza, polo que a nosa capacidade de pago se vai ver moi limitada. Non toda a culpa é súa; dende Madrid non se prestou a necesaria dilixencia, e ó menstruo da débeda medroulle o estómago demasiado.

ALTA TRAICION

ALTA  TRAICION

        Coa mesma mirada de raposo, Pons e Zapatero teñen ó pais sen respiración. Mentres Zapatero nos intenta adormecer coa mesma musiquilla, que a nade fai gracia xa; sae uns Pons irresponsable intentando menear a arbore, ó que xalea a Cospedal, co seu típico catarro intestinal. Debía estar tipificado o deito de Alta Traizón, incluso o garrote vil, pra aqueles caos en que se arruína ó crédito do pais.

OS QUE NUNCA MORREN

OS QUE NUNCA MORREN

 

          A súa obra transcende a unha longa vida adicada a Galiza. Na historia permanecerá pra sempre case un século de dedicación a Galiza. Ese gran home, ese galego nado na chaira luguesa, D Francisco Fernández del Riego, foi un galego total, que deixou a súa pegada na cultura galega, cofundando a revista GRIAL. Deu un pulo decisivo á RAG, actualizando os seus estatutos, que databan de Murguía; animando e unindo tódalas iniciativas culturais, de identidade coa terra, alí onde houbera unha colonia de galegos. Xunto con Bóveda, Castelao, etc., é un dos persoeiros que merecen, por mérito propio, que os seus restos descansen envoltos na bandeira galega. Haberá moitos  mais que merecen esa honra, pero o seu espírito, que nunca morrerá, as súas ensinanzas constitúen unha erdade  pros ben nacidos.

        Dicíase que o mércores, día 30, se lle á facer unha homenaxe póstuma por tódalas Institucións, e así foi.  Que a Xunta intentara monopoliza-lo acto, era como unha afrenta, mais que unha homenaxe. Non me podo imaxinar a ningún membro do goberno capaz de interpretar o papel de galegos apenados polo pasamento de Fernández del Riego, cando era pública a distancia humana, ideolóxica, ética e de compromiso entre Fernández del Riego e a tropa. Deixádeo descansar en paz.

CORRENTE CORRUPTA

CORRENTE CORRUPTA


É moi posible que o desbloqueo da construcción de 39 minicentrais nos saturados ríos galegos teñan que ver coa resolución do eólico. A Xunta, coa boca pequena, da a entender que seguirá co bloqueo á construcción de minicentrais, nembargantes parece que esto non é así, que a Xunta vai abri-la man pra favorecer a empresas como Iberdrola.
Na lotería do eólico agraciose a empresas do entorno, en casos con transferencias de licencias, no que a Xuntan nada dixo, e agora tócalle ás minicentrais, que completarían ese paquete de enerxía sospeitosa de favoritismo, que comezou co eólico. Agora sería Iberdrola a favorecida. Eso é un equilibrio de privilexios.
Coa lei de orzamentos tamén se colou a creación de Comisión de Control dos proxectos do concurso eólico, eso si, todos do PP: toooma imparcialidade. Xa se pode intuír a grandiosidade dos proxectos de empresas creadas o abeiro da convocatoria con tres mil euros de capital.

A FENDA

A FENDA

         Entre Galicia Sur e Galicia Norte, Feijoo está a   cavar unha fonda zanxa; así mentres en Galicia Norte dispoñen dunhas infraestructuras sanitarias públicas e de calidade, somete ó sur de Galiza a rapiña e a codicia dos seus amigos, facendo da sanidade un negocio. Non lle preocupa a calidade do servicio, porque non lle preocupan os usuarios. El saberá vende-lo invento, de feito que estes usuarios da Galiza Sur aínda lle teñan que estar agradecidos por fodelos. Pensa que o ciudadano galego é ignorante e  que se deixa seducir polas mentiras ben contadas, que todo se arranxa con boa publicidade, que canto mas lles dan polo cu, mais se agachan; pode que se leve un desengano.

         En Pontevedra, unha curiosa plataforma defende a construcción do novo hospital  e unha sanidade pública; se temos en conta que na reforma do Hospital Montecelo se gastaron 30 millóns de euros, que alguén defenda o seu peche, resulta sospeitoso; algo así como se o edificio se reservara pra  niño das gaivotas.

GUERRA NA SOMBRA

GUERRA NA SOMBRA

                                           

        A guerra  do Ministro de Fomento e o Presidente da Xunta ten  un transfondo político de loita polo electorado galego. Blanco aproveita cando Feijoo non  está en Galicia, que son demasiadas veces, pra aparecer pola terra e poñer en evidencia o abandono e orfandade política de Galiza.  Feijoo, cando volve a Galiza a descansar no Pazo de Monte Pío,  ataca a Blanco, reclamándolle inversións en infraestructuras. Non son as infraestructuras as que preocupan a Feijoo, senón ese espacio que enche o Ministro de Fomento; espacio que non enchería si Feijoo se dedicara gobernar, en lugar e andar facendo autopropaganda por España adiante. Ós votantes solo nos queda asistir perplexos a esta guerra singular.

A GOLETA

A   GOLETA

 

        É singular, porque solo hai unha goleta, a goleta mais   cañeira, mais luxosa, a raíña das goletas. O pais dos 600.000 pobres ten, tamén, unha clase de políticos con sofás de plumas, moves de madeiras nobres, artigos de pel repuxados e despachos de 150 metros coas paredes revestidas de madeira. Despachos luxosos e grandes, cheos de plantas, co que se espera agrandar a imaxe do seu morador, pero o que se fai é dar a imaxe dun home pequeno non espacio  grande. O fin está logrado, o home ten cheo o seu ego, na porta  espérao un gran coche oficial e no banco unha conta xenerosa. El merecía esta vida, por herdade, non por mérito; naceu nunha familia de avoengo e agora que os seus gobernaban a Xunta, ocuparía un espacio, acorde coas súas ambicións. Non  importa o beneficio que a súa xestión reporta a comunidade, o importante é que os seus teñen unha parcela do poder baixo a ala protectora  da gaivota. Os cartos hai que queimalos, o ego non ten límite, o mesmo que a corrupción de Feijoo; dese xeito naceu o proxecto da goleta, que non terá outro obxecto que pasealas personalidades do partido e afíns polas augas de Galicia, nuns cruceiros de luxo, pagados coas nosas miserias. A goleta, que inicialmente costa un millón novecentos mil euros, será construída por unha empresa vasca, que desprazará, de non construírse a goleta no seu asteleiro, ós traballadores a Galiza. Queda sen argumento a Xunta, cando dixo que o proxecto era pra incentiva-lo emprego e a carpintería de ribeira.

        Agora resulta ridículo a que armou o PPg coa volta que se dera o líder do BNG na lancha dun amigo. Demostraron o que xa se sabía, a corrupción, o despilfarro e as demostracións de luxo, son patrimonio do PPg.          

        Cándo nos veremos ceibes destes sátrapas mentireiros e corruptos.

 

 

COMO UNHA FRECHA

COMO UNHA FRECHA

 

       A marcha da economía foi unha mais, das promesas incumplidadas de Feijoo. a Gaivota está sen plumas e non pode    voar. O case estancamento da economía galega, cun  crecemento raquítico, o que xenerosamente se le atribúe un crecemento, no último trimestre, dun 0,1 %. Se o resto de España se extrapola o  exemplo galego, o electorado terá unha visión pouco optimista dun posible goberno do PP. Se o exemplo de xestión do modelo  estrela do  PP é  tan pésamo, non me estrañaría que fora apartando a Feijoo  do protagonismo a nivel do Estado pra que non identificaran a xestión de goberno e corrupción da Xunta  de Galicia co proxecto de Xénova, xa que nada vai valer a estratexia de pagar publicidade, pra promocionarse. Solo as municipais será o auténtico baremo, e malia as malas artes do PPg, parece que o PSGA ten voas perspectivas. Solo falta que o BNG engrade a marcha, xa que o seu electorado e do mais fiel e concienciado.

     Feijoo endebedou a Xunta case tanto como a suma de tódolos gobernos que o precederon; con ser esto grave, resulta inexplicable que a emisión de débeda non tivera como fin a realización de inversións, senón supli-la deficiencia de ingresos, provocada, en parte, por promesas populistas de reducción de impostos. O nivel de endebedamento chega a tal límite que Facenda do Estado xa lle avisou; está entre as comunidades autónomas mais endebedadas. Segue a mesma política económica que Madrid: deixarlle débedas ós que o  releven.

O ESPECIALISTA

O ESPECIALISTA

 

      Non é o título unha famosa película, é a habilidade de Feijoo pra desvia-la natureza dos debates. A interpelación de Pachi Vázquez sobre a suposta incentivación ós médicos do SERGAS pra que deran de alta ós doentes. Esta conducta, que pode ser unha medida necesaria, en casos moi evidentes, polos profesionais da medicina, nada ten que ver coa pregunta prantexada, que era sobre o intento de condicionamento das decisións dos médicos por parte do goberno. Feijoo, en lugar de responder á pregunta, acusa a Pachi Vázquez de atacar ós médicos. Dese xeito Feijoo escóndese tras dos médicos e non   respondeu á pregunta.

A GRAN CHAPUZA

           Grouco no sería quen de facer unha chapuza como a que fixo a Xunta cos muíños de vento. Podendo ser Galiza unha potencia en enerxía eólica, Feijoo non foi capaz de facer sequera esa adxudicación dixital e descolgounos do camiño que debíamos ter andado pra facernos chucha-lo chan e face-lo a súa maneira. A anulación do concurso do goberno anterior, baseándose, como se ten demostrado, nun  capricho persoal, que o reafirmara no seu enfermizo ego.

            O pais dos 600.000 pobres que creou Feijoo tivo que indemnizar, cos nosos cartos, os que resultaran beneficiarios na adxudicación do concurso do bipartito, e o que queda, que os litixios seguen.

             Non comprendo a pantomima desta adxudicación. Aínda que os beneficiarios son da órbita do PP, a metade das empresas creáronse logo da anulación do concurso anterior. Hai casos tan curiosos e escandalosos como o desa empresa leonesa tan ligada ó PP. Fase raro que Iberdrola estea na cola das adxudicacións, pode haber tres razóns: 1.- A incerteza do  resultado das anulacións do concurso anterior, 2.- A variación do mercado, que fai que os beneficios sexan menores dos inicialmente previstos. 3.- Que aínda non se fixe o  emprazamento de cada  adxudicación. Coñecendo  este PP, o mais seguro, e quén sabe, pero no caso de Iberdrola algo oculto hai.

 

A SANIDADE NA RUA

 

 

          Non creo que sirva de moito que a xente se manifeste, que se palpe a preocupación social na rúa. Os gobernantes  viven  nos seus castelos, alleos as coitas do común. Aquelo de que os gobernantes buscan o ben común parece unha reliquia do pensamento clásico. Nada da vella doutrina vive  nos  corazóns dos políticos, se é que os teñen. Os rumores da rúa non se escoitan  en Monte Pío. Na residencia do Presidente da Xunta, o seu morador vive naquel castelo encantado e nada do mundo dos mortais perturba a paz do esgrevio inquilino.

           Non aprenden nada daquelas fracasadas fundacións, inventadas pra xestiona-la sanidade, na etapa en que Feijoo  era un meritorio da man da Romay. Bueno, si serviron, pra colocar a   dedo os amigos e pra enche-los petos de algúns.

           A febre neoliberal e privatiza-lo todo, é superada pola   escura xestión de sanidade. Tan escura que nada se sabe dos 67 millóns  de euros que o goberno anterior adxudicara ó Hospital da Mariña de  Ferrol.

           O Hospital de Lugo, os proxectos dos Hospitais de Vigo e Pontevedra, así como a ampliación do Hospital do Salnés, chocan coa desastrosa xestión da Conselleira Farjas. As xeneracións vindeiras terán que  cargar cos desatinos do actual goberno da Xunta. Non é certo que a política e privatización da sanidade sexa mais económico, de feito sae moi cara, pero O PPg non a ve como un servicio, senón como un negocio.

MODESTIA

 

      O opositor corrector das probas da Xunta é modesto; podendo ser o número un, foi solo o número dous, cedeulle esa honra a súa irmá. Vexo insuficiente, pero esencial, a comparecencia no Pazo do Hórreo do Valedor do Pobo. Á vista do enroncamento da Xunta, é imprescindible que se saque do ameto doméstico e facer dela unha cuestión Institucional e de Estado. A  corrupción de Feijoo ten que ter fin. Os Deputados teñen que xustifica-la súa esencia.

      É un caso concreto que da noxo, pero houbo moitos mais; de feito tódalas probas da Xunta acarrean algunha irregularidade grave que as fai altamente sospeitosas. As modificacións dos procesos selectivos, poñen de manifesto unha intencionalidade previa.

      Hai, nalgún caso, un foco sobre á Conselleira da Sanidade, moi relixiosa, tamén mentireira, e amoral, non solo nega o evidente, senón que desvía doentes e fondos públicos a clínicas privadas, amén deses  chanchullos coa  Deputación de Ourense; todo esto é unha  distracción pra salva-la  abella raíña; porque a corrupción e unha negra nube que cubre a  Xunta.

REXEITA O PREMIO

 

      O Escritor Fernández Paz rexeitou o premio de Cultura, por congruencia co seu pensamento, coa política de xenocidio cultural da Xunta. Non é moi habitual que alguén rexeite, nese mundillo, ser agasallado Unha editora galega matizou a súa aceptación, dicindo que é un recoñecemento Institucional. O de Institucional queda invalidado dende o momento en que o xurado é presidido polo Conselleiro de Cultura, notorio antigaleguista e de pouca fiable ética. Sería bo recupera-la dignidade e tomar como exemplo a Fernández Paz, con educación, pero gardando a dignidade, como el fai.

       Participar na parodia, é revivir, coa Xunta Feijoniana o pensamento de Joseph Goebbels e Millán Astray.

 

 

 

¿QUÉN MANEXA O BONECO?

¿QUÉN MANEXA O BONECO?

 

      Como si o campo da política española fora un teatro de GUIÑOL, Feijoo lánzase a area, sendo o adalid das políticas mais reaccionarias da nostálxica extrema dereita española. Fai pouco a Súa ardorosa defensa, como corresponde a un caudillo, do modelo de bilingüismo cordial, recomendando a copia do modelo por Cataluña, dáme que este personaxe, da farándula política, pérdeo o norte, si algunha vez o tivo. Si algo ten no seu haber Feijoo é o ataque cego a todo feito diferenciado, o que se aparte do modelo de imperio do franquismo. Feijoo asume e representa os intereses da ultradereita española, pero non sobresae pola súa xestión dos intereses de Galiza, é mais, son notorias as súas ausencias de Galiza, que son ocupadas por políticos chegados de Madrid, como é ocaso de Blanco. Feijoo arremete, enfurecido,  contra Blanco, non no interese de Galiza, senón porque deixa en evidencia o abandono das súas obrigas de goberno, senón tamén `por esa representación da dereita universal que se arroga. Da a impresión de que canto mais se quere universalizar, mais da a medida da súa verdadeira dimensión: un personaxe anano é patético, ó que alguén dirixe e lle escribe o guión.

!QUE MEDO!

!QUE MEDO!

      Estaba   eu  mirando para unha foto dun acto destes que nos prodiga Feijoo, pra autobombo e manter alta a moral dos seus seareiros. Na instantánea, unha moza, que asusta, amosa un cartel insultando a Zapatero e animando ó público a xalear. Con ve-la foto, aínda que viñéramos de outro planeta, poderíamos facer unha crónica do acto. !que pobreza de actos e canta vileza!     Era un acto de promoción do PP local, o mesmo tempo, dábase o  baño de fieis pra  espanta-la pantasma dun fiasco recente na mesma cidade. Vigo non lle perdoa que lles suprimira o proxecto de hospital público e o sustituira por un negocio dos seus amigos, que paralizara o proxecto de saneamentos e cantas inversións tiña previsto a xunta na cidade. Non toda a culpa é de Feijoo, aínda que a letra é súa, a música é de Corina, que quere afogala cidade pra logo salva-la ela.