Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

DE XIONLLOS

DE XIONLLOS

 

       Parece que non sempre os cartos logran as metas desexadas, nin sequera o emprego duns medios esaxerados, nada é dabondo, cando se nos escapa o control. Con todo, o importante non é o diñeiro que se destinou á visita do Papa, o importante é cómo se utilizou. Unha vez mais, algúns enchéronse os petos con diñeiro público

      Na interpelación no Parlamento, o PP, revolvíase enrabietado, e mordía a todo quisque: mesturaba, ciscaba merda por tódolos lados, intentando tapar a súa incompetencia e a corrupción. Sobretodo a corrupción, xa que se o emprego dos cuantiosos fondos da visita do Papa  se repartiron en asistencias e empresas afíns, cos resultados que se viron, eso é mais que incompetencia corrupción.

       Un Rueda, mi nervioso, e coidado que fa falla madeira pra ver a Rueda no estado en que estaba, falaba de que non se gastara todo o presupostado; prematuro, si se ten presente que aínda non se fixeron as contas e no se  sabe realmente o que se gastou.

       Como a un bicho que lle pisan o rabo, arremeteu contra dos socialistas e os nacionalistas; a estes atacoulles co gasto da Conselleira de  Cultura na Habana, dous millóns de euros, segundo el. Non importa que non foran dous millóns de euros, non importa o disparate. A mentira queda dita.  Hai algo que debeu quedar claro: nos faustos do Papa gástanse tres millóns de euros, e mais, en políticas sociais cero.  Moitos galegos, nada menos que 600.000 están na pobreza, moitos non teñen que comer. Un cruel goberno é insensible a súa situación; os cartos van pra fastos e propaganda.

TELMO SI, OU NON

TELMO SI, OU NON

 

         O Presidente do BNG desafía a Feijoo a que manteña pra   candidato a alcalde en Pontevedra a Telmo, logo de que se fixo pública a proposta de sanción de tres millóns e medo de euros, por irregularidades na construcción de vivendas en Vigo. Claro que o manterá. O que me parece infantil é a actuación do BNG. Parece que é o presidente do BNG descubre de súpeto que Telmo Martín ten un pasado dubidoso; un home que de fontaneiro pasou a ser ese personaxe. O electorado de Pontevedra non lle importa o pasado de Telmo, solo lle importa “o glamour” do momento, e non lle importa que o gran pelotazo de Montecarrasco sexa a tarxeta de presentación de certos personaxes. 

 

 

 

 

 

NO É RENDIBLE

NO É RENDIBLE

 

 

             Dende a óptica política de Feijoo non é rendible seguir apoiando os innovadores e os investigadores. Dun lado nunca suporán u núcleo de votos cautivos pro partido, non está claro que sexa xente afecta o réxime, nin tampouco se deixarían enganar por propaganda pra orientar as súas preferencias. Os investigadores e os innovadores son xente que usa como ferramenta o cerebro. Feijoo non quere xente que pense, quere xente obediente; pra pensar xa   está el. Por eso se abandona o apoio á investigación e a innovación; non importa que nos enfrontemos a meirande fuga de cerebros e que vaiamos cara unha época escura; tamén os que buscan traballo teñen que emigrar.Dese xeito haberá menos paro e mais votos, porque solo quedarán os do PP; os demais emigrarán.  Se non houbera investigadores non habería o caso GÚRTEL.

 

OS CAMBEOS

OS CAMBEOS

                  

        Como comportamento lóxico, o electorado ten a tendencia a cambia-lo goberno coa esperanza de que os novos gobernantes solucionen a crise. Esto sucedeu en Inglaterra, en Estados Unidos e en Galiza. En Inglaterra, que parece, malia a elocuentes silencios e insinuacións, é o modelo de Rajoy, incrementase o paro, coa eliminación de empregos públicos e privados, redúcense os servicios sociais, facendo recaer a crise sobre os mais débiles. Pra oposición e moi doado prometer, incluso promesas contradictorias entre si, mentres que o goberno xulgarase polos feitos.

         Se ben podíamos preve-la tendencia de Rajoy, pola súa loubanza do modelo de goberno inglés, esto non é senón un engado pra que nos esquezamos da súa axenda oculta. Polo de pronto, polo que se sabe, prevese unha minoración de mais de 70 millóns de euros nas transferencias a Galiza; asumibles dende a Xunta actual, a xulgar polo seu silencio..

         As promesas electorais de Feijoo, o seu famoso contrato, quedaron varadas, á espera de novas chuvias. O paro en Galiza, malia que a xente en idade de traballar emigra en busca de emprego como en tempos pretéritos do pasado, e situase dous puntos por enriba da media do estado. Dos servicios sociais, mellor non falar. ¿Onde está o contrato?

 

¿DOUS PEREGRINOS?

¿DOUS  PEREGRINOS?

 

        Rajoy, como din todos, neste momento, o mellor que pode facer é votarse a durmir e esperar que Zapatero se esfociñe, Sen que supoña estar de acordo con tódalas súas doutrinas neoliberais, imponse un control do endebedamento e do gasto das Comunidades Autónomas e das Administracións Locais. Parece que esta reflexión non estaba consensuada cos baróns autonómicos, a menos, é notable a discrepancia con Feijoo, na súa parrafada madrileña. Feijoo distínguese por seguir o pe da letra  os pensamentos de Xénova, o cal evidencia que Rajoy foi por libre. Non mencionou, Rajoy, ás Administracións Locais, onde reina o caos; senón chega con ver a que monta o seu amigo Louzao en Pontevedra. Quedamos por saber se Rueda ou Feijoo son dous vagabundos, ou dous peregrinos en busca dun pais, aínda que haberá quen pense que o que son é dous foraxidos.

DEPUTACIÓN DESBOCADA

DEPUTACIÓN   DESBOCADA

 

     A Deputación de Pontevedra cábelle o dubidoso honor de ser a Deputación mais mal xestionada de Galiza; ademais lonxe de ser unha Institución de apoio ós concellos, distínguese pola xestión partidista, obviando o servicio xeral.  Non sei a qué se lle pode culpa-la mala xestión; o mais sinxelo sería culpa-lo á falta de preparación do seu presidente; pois si ben é certo que o non se esixe unha especial cualificación pra presidi-la Institución, non parece o mais acertado que un bedel sexa o apropiado, solo sexa por imaxe, xa que non é posuidor dunha formación axeitada. Neste caso vemos que o mais importante non é ser muiñeiro, senón saber trata-la fariña. Louzao non é unha persoa de sólida formación.  Como o seu amigo e próspero prócer Telmo Martín, teñen uns orixines humildes e procelosos, pero son, ante todo, homes de partido. Louzao leva incentivado mais mocións de censura nos municipios da provincia que as que se fixeron en todo o Estado, e parece que esto costa cartos.

     Na comparecencia dos Presidentes das Deputacións    no Pazo do Hórreo, Louzao intentou votarlle a culpa do transfuguismo á oposición, demostrou que o seu concepto de  trnas fuguismo non  en  nada que   ver co dos morais. Pola súa parte, o pesidente da Deputación de Orense, que ten a segunda plantilla de persooal meirande de España, laiase do pouco orzamento que a Xunta dedica ás Deputacións. Atento Feijoo.

 

                  

AUSENCIAS

AUSENCIAS

                                           

 

        Na elaboración do Decreto do carbón a Xunta, non solo estivo ausente, fixo unha deixación de funcións, que a fan directamente responsable dos perxuízos que se deriban pra Galiza. Non cola que agora, a destempo, faga como que quere defende-los intereses de Galiza no asunto. Ese oportunismo político solo  fai evidencia-la banalidade coa que os xunteiros xestiona asuntos de intres esencias pro pais.

         A ausencia da Xunta na defensa dos intereses agrarios e pesqueiros, Que se discuten en Bruxelas, amosa o nulo intres da Xunta polos asuntos fundamentais pra economía galega. O seu é a política domestica do dominio e a alienación mental do pobo galego; un caciquismo centrado no clientelismo e as mocións de censura.

         Despois da desafortunada intervención de Angel Lorenzo, no foro sobre a protección das linguas minoritarias en Europa, a Xunta tamén se ausenta   deste foro.

         Non todo son ausencias, n o eido internacional, a Xunta facendo gala da austeridade selectiva, crea  embaixadas, en diversos países con presencia de emigrantes galegos, potenciais votantes. O nome co que se pretenda vestir a estas embaixadas, non lles resta nin un ápice, da intencionalidade real e partidista.

O DIA DESPOIS

O DIA DESPOIS

 

 

     Despois de que Santiago vivira un estado de sitio coa visita de Bieito XVI, hostaleiros, comerciantes e veciños da zona  vella, alédanse de que o ilustre hospede se fora.

     Se facemos unha valoración do evento, temos que admitir un estrepitoso fracaso da perigrinaxe do ilustre persoeiro.

     Nade se responsabilizou do fracaso. Feijoo atribuíuse o tanto por adiantado; tanto que se chegou a identifica-la perigrinaxe de Bieito XVI como un peregrino do PP; pero á  vista do resultado Feijoo optou por unha comparecencia sen preguntas, raro nel que con ver un micro dálle un subidón e volvese tolo. Foi Rueda quen deu a cara, e non podía disimula-la desgusto.

     Agora de face-las contas, a  ver como xustifican PP e PSOE o despilfarro da visita.

     As inadmisibles declaracións do Papa, comparando a situación actual da sociedade civil, coa situación do 1936, son producto do mal de altura e dos nervios do Vaticano polo descenso da clientela en Europa e América. Foi un acto  inadmisible de inxerencia,  moi lonxe da súa suposta labor pastoral. O PP xa dixo o que se supoñía ía dicir; veremos a resposta  do PSOE. Unha cousa quedou clara, por si había algunha dúbida, urxe quitarlle a airexa católica os privilexios dos que disfruta.

     A asistencia do público foi dunhas 20.000 persoas, lonxe das 200.000 das que falaba Feijoo. As perdas pros comercios moi elevadas. Da risa lembra-los 17 millóns de beneficio, que prometía Rueda.

UNHA ACTUACION EN MADRID

UNHA ACTUACION EN MADRID

 

 

      Non era un Corral de Comedias, na sede da Academia de Ciencias Morais e Políticas, a compañía de  comedias da Xunta, co actor Núñez Feijoo como estrela, narroulle ó público os recortes os orzamentos da Xunta. Mi bo actor, pero xa o empezan a coñecer. Nada sobre os recortes sociais, sobre o incremento dos gastos correntes que, en conxunto, soben mais dun  oito por cen, ó que hai que engadir a creación da Axencia Tributaria Galega e, as que chama embaixadas económicas, que se crearán en lugares onde hai votos que colleitar. As Delegacións de Facenda da Xunta so xestionan impostos perralleiros; polo que non deixa de ser un disparate, nestes momentos de contracción do gasto. Polo que ve, o aforro consiste en multiplica-lo gasto e desaproveitar as legacións do Estado Español. Claro o que interesa realmente son os votos dos emigrantes, porque as relacións exteriores son competencia exclusiva do Estado.

     

 

ESTADO ACONFESIONAL

ESTADO ACONFESIONAL

 

 

         A simple vontade recollida na constitución, na que reza que España é un Estado aconfesional, non chega, nin se cumpre. A visita do Papa a Santiago súmenos nun estado de abandono, no que nos decatamos do asoballamento do poder. Un poder que despilfarra en faustos os escasos recursos, e aínda teñen o morro de intentar convencenos de que a visita do Papa nos vai deixar un beneficio de 17 millóns de euros. Hasta é moi posible que a panda os embolse; Galiza non..

         Os hoteleiros din que non hai un incremento notable das reservas; incluso é posible que moitos negocios se resintan. Santiago é unha cidade sitiada; as posibilidades de movemento  son escasas, e sen dúbida, eso non é bo pros negocios.

         A visita do Papa vainos custar, ademais das incomodidades, un mínimo de medio millón de euros a hora. Un disparate. Eso á Xunta, porque o Estado suponlle un mínimo de trinta millóns de euros, entre o Que se conta traer en  transporte areo dous papas móbiles dende Roma.

         As restriccións e os controles en Santiago son   tales  que hasta non se poden comer legumes, por si alguén, involuntariamente ceiba un peido, e desata unha alarma.

INSUPERABLE O ENTERRADOR

INSUPERABLE O ENTERRADOR

 

 

         Nunha xuntanza en Bruxelas, sobre linguas minoritarias de Europa, Angel Lorenzo, tamén coñecido como o enterrador, loubou a política da Xunta na defensa da lingua; a súa calculada ambigüidade deixou que flotara no aire a dubida de a qué lingua se refería. Coñecendo a política da Xunta, o personaxe que representa Lorenzo, un non deixa de asombrarse das estrambóticas actuacións dos xunteiros do PP e das súas dotes pras falsidades.

              Paralelamente, Feijoo daba unha conferencia en Madrid, na que se gababa da súa austeridade orzamentaria e os recortes en partidas prescindibles. Alguén lle debeu facer chega-lo desconcerto que produzo a intervención de Angel Lorenzo en Bruxelas e as súas propias contradiccións na parranda de Madrid, e a campaña publicitaria do plurilingüismo, na que se ía camuflar a promoción do PPg, de cara ás municipais, con cargo a fondos públicos, por 1.200.00 euros, foi cancelada. O Bloque e algún mais, pensan que foi froito da presión social. Decidamente  viven nun mundo distinto.

 

 

¿SECUESTRADA?

¿SECUESTRADA?

 

          Un sinxela chamada, chega pra que a imprenta encargada da impresión da publicación periódica, RETRACA, se encolla e non entregue o vindeiro número da revista, xa imprimido, pero que unha viñeta do Papa, alusiva á visita  de Benedito XV, molestou a alguén.

           Coa que está a caer gastase o que non hai na visita do ilustre peregrino. Inicialmente presupóstanse tres millóns de euros, pero non se inclúe o despegue informativo da RTVG, nin os gastos de seguridade O beneficio, espirirualmente é enorme, segundo o clero, Pero Rueda deu unha cifra de sete millóns de euros de beneficio. Solo el o cre.   

¿SECUESTRADA?

¿SECUESTRADA?

 

          Un sinxela chamada, chega pra que a imprenta encargada da impresión da publicación periódica, RETRACA, se encolla e non entregue o vindeiro número da revista, xa imprimido, pero que unha viñeta do Papa, alusiva á visita  de Benedito XV, molestou a alguén.

           Coa que está a caer gastase o que non hai na visita do ilustre peregrino. Inicialmente presupóstanse tres millóns de euros, pero non se inclúe o despegue informativo da RTVG, nin os gastos de seguridade O beneficio, espirirualmente é enorme, segundo o clero, Pero Rueda deu unha cifra de sete millóns de euros de beneficio. Solo el o cre.   

XA SE PON EN MARCHA

 

           Lonxe de seren unhas xuntanzas multitudinarias de acollonamento do inimigo; as xuntanzas de Soutomaior e Silleda foron un aviso a Feijoo da preocupación de algúns sectores, preocupados pola incerteza dos resultados das eleccións locais. Non se pode, nin  sequera Louzao, asegura-la certeza do futuro, o futuro sempre é incerto. Feijoo puxo a traballar ó equipo de alienación mental do electorado. En vindeiras datas o PPg poñerá en marcha unha macrocampaña publicitaria á que nade se poderá escapar. A campaña farase co gallo de promociona-lo Decreto de aniquilamento do galego, que será a fachada da campaña. O presuposto inicial é de un millón douscentos mil euros, ampliables e con cargo ó erario público. A campaña desenrolárase encamiñada, principalmente a grupos de poboación grandes; os núcleos pequenos queda baixo a responsabilidade dos caciques locais. Esa era a folla de ruta. Acontecementos externos aconsellaron modifica-la. Este despilfarro do diñeiro público pra alienarnos, noutro pais traería rabo, pero o PP sabe que Galiza é terra de obediente silencio e deixarémonos inmolar; e unha  vez mais fariamos certo aquel dito, que di: que mexarán por nos, e diremos que chove. Preocúpame moito saber que estarán maquinando agora pra argallar algunha falcatruada. Esto así  non queda, non rematou. Xa veredes.

 

SEGURO MEDICO

SEGURO MEDICO

     Dentro da austeridade selectiva de Feijoo, atopámonos coa noticia de que o IGAPE saca un concurso por 700.000 euros pra dotar o seu persoal dun seguro  médico privado. O escarnio é grande cando se suprime o seguro ós traballadores do mar pra aforrar. Por outro lado, ademais do inasumible privilexio a cargo do erario público, pon de manifesto a valoración da Sanidade Pública que ten o goberno de Feijoo. gracias por votar ó PP. De regalo un chupa-chups.

MUNICIPAIS

 

                                              

        As municipais están a caer. Un problema sen resolver agroma no horizonte. Non sei se alguén pensou que o PP ía cumpri-lo pacto antitransfuguismo. O mesmo Feijoo e o muñidor de mocións de censura se encargaron de despexar toda dúbida. Atoparon unha escusa no caso de Benidorm, tampouco lles facía falla. A folla de ruta dos apaños xa hai tempo que a tiñan trazada.

        É pouco comparable o caso de Benidorm cos de Galiza, non ten nada que  ver. En todo caso, o protagonista do caso Benidorm recolle a luva e propón que tódolos sospeitosos de transfuguismo se retiren. Eso é deixar a Feijoo e a Louzao co cu o aire.

        Nos casos de transfuguismo flota a sospeita da corrupción, unha corrupción atribuíble por igual ó corruptor e o corrupto. O nefasto transfuguismo houbérase evitado si a acta de concelleiro non fora persoal, senón do partido. Nunha suposta reforma electoral, ademais de non atribuí-la acta ó elixido, xa que as listas non son abertas, a maioría absoluta debería atender a un dobre concepto de maioría de deputados e de votos; dese xeito, nunca unha minoría imporía a súa vontade á maioría.

MALOS VENTOS

 

       Os que teñen un terreo susceptible de instalar muíños de vento viven co susto no corpo esperando, que dun momento a outro lles expropien, pra darllo a algún amigo de Feijoo pra que faga negocio. Ós propietarios, contra da mais elemental razón, non participan no negocio, e os seus terreos dáselles un valor simbólico pra incrementar a marxe de beneficio dos especuladores. Tal como  regulou o PP a concesión de parques eólicos, as concesións son discrecionais e, nin os propietarios dos terreos, nin as Administracións públicas, obteñen  beneficio algún do negocio. A regulación, que no seu día fixo o  bipartito foi tachada de ilegal polo PP e as concesións outorgadas o seu amparo impugnadas por ilegais. Os litixios aínda seguen nos tribunais; arranxados solo os casos indibiduais, en que se allanaron ás pretensións da Xunta, previo o pago dunha cuantiosa indemnización que lle abona a Xunta cos nosos cartos, A finalidade da promulgación  da nova regulación do eólico no é outra que deixarlle as mans libres a Feijoo pra facer subxectivas as adxudicacións. As adxudicacións que outorga Feijoo pra explota-la enerxía eólica son unha espoliación en toda regra.

                                                                                               

 

MENOS LUZ

 

         Non é que as electrizas nos quiten a luz; a menos, penso que eso non ocorrera mentres paguemos o recibo. Hai outra escuridade, que consiste en gobernar e tomar decisión, rodeadas do mais puro escurantismo. Estas mesmas medidas de goberno soen ser obxecto de campañas publicitarias do propio goberno, co que fan menos intelixibles as accións do poder. Eso demóstranos o importante que é a propaganda, facendo que a cousa mais banal a  vexamos como unha ocorrencia luminosa.

         Asistimos a un novo estilo de goberno, Feijoo marca o vieiro e xa nada volverá a ser igual. Resúltame incomprensible que opine de todo e sobre todo, a súa sabiduría sobre o universal, apoiada pola súa profusa presencia nos canles autonómicos, amén dos titulares mercados, fannos ter del a imaxe dun supermán, sabio, que o sabe todo, e nosoutros somos cada vez mais ananos, fronte a ese mundo mediático. 

         O rexurdimento de Goebbels, é como podíamos titular a ese circo propagandístico.

 

 

 

MENTIRAS ORZAMENTARIAS

                                                               

           Zapatero merca apoios pros seus orzamentos, o PP pono a parir; razóns no lle faltan, aínda que cando o precisou fixo o mesmo.

           A Conselleira de  Facenda presentounos os orzamentos da Xunta como austeros, realistas e sociais. Pois ben,  De principio non son austeros; recorta-los, sen mais, non equivale a austeros. Serían austeros se recortaran os gastos correntes, en lugar dos gastos socias e as inversións,  que se recortan nun 45%., pola contra increméntanse os gastos corrente coa creación innecesaria dun novo órgano administrativo, a AXENCIA TRIBUTARIA GALEGA. Realistas, non o cree nin o que asou a manteiga nun garabullo.; en gran parte dependen  das transferencias de Madrid. Si Feijoo critica os orzamentos de Zapatero; ¿ en qué estimacións se basea?. Sociais; fai   falta mais morro que cen negros  cantando o aleiuuuu; Suprimiron comedores escolares, suprimen 1000 profesores no ensino, recortan o gasto sanitario, recortan as asistencias sociais; suprimen o seguro da pesca, eliminan incentivos á modernización do sector; no se inverte en medioambente, as infraestructuras, non solo se recortan, senón que o presupostado non se executa. Os recortes e os peches de líneas de investigación levaranos a unha Galiza medieval, atrasada, escura, gobernada por caciques.

             O apoio á lingua galega, en presuposto, é un tercio do goberno anterior; o normal dun goberno que quere extinguila.                

             A Conselleira de Facenda solo está entregada ós medios os que lles mercou os titulares; eso demostra que moi bos non son. Ter que pagar pra que che falen  ben deles evidencia que hasta a cos fixo non os cre.

            Menos infraestructuras, menos política social, menos sanidade, menos educación pública, menos cultura, mais paro, mais pobreza e, dende logo mais propaganda.

 

MENTIRAS CREATIVAS

.

 

          Cando Feijoo tomou posesión do goberno  a execución orzamentaria pra obras en curso, tiña un total de mil catrocentos oitenta millóns de euros sen executar; eses cartos que se arrastraba dende os últimos gobernos de Fraga, transitaron polo bipartito, que foi incapaz de executalos, e así, frescos, chegaron ás mans do líder Feijoo. Ente o derradeiro ano de goberno do bipartito, con 475 millóns de euros, e o primeiro ano do goberno de Feijoo, con case 1.400 millóns de euros; transferidos a conta polo goberno do Estado, froito dunha estimación errónea dos ingresos por impostos. Feijoo vese na obriga de reintegrar o indebidamente percibido, o que dixire mal. A un bo administrador non lle sería difícil reintegrar o indebidamente percibido, votando man do superávit arrastrado e  da débeda emitida; pero hai prioridades, e os amigos, que o encambraron ó poder son o primeiro.

           Xa vemos que diñeiro hai, todo é cuestión de prioridades.

           Corina Porro tamén se apuntou o das mentiras creativas. Prometeu rescatar Vigo pros vigueses, e chamoulles a Zapatero e o Alcalde de Vigo Pinochos. Xa estamos: chamoulle o forno ó muíño aburado, estando el mais queimado.

           A amnesia selectiva, fíxolle esquecer que Feijoo lle quitou a Vigo o hospital proxectado, elaborando outro proxecto cun tamaño mais reducido, e entregándollo á iniciativa privada: dos orzamentos previstos pra súa construcción non se soubo mais. Pola súa parte , a mesma Corina, co concurso de Feijoo, aplicouse en subtraerlle a Vigo investimentos da Xunta. Eses son os que van rescatar Vigo. Si eu fora vigués non solo nos os votaría, convencería ós veciños pra que non o fixeran e impediríalles cruza-la ponte de Rande, e achegarse ós monos da Madroa

           Enfermeras, fontaneros e Bedeles ó poder. Vaites, !que pais!