Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

Ó CARIBE

Ó CARIBE

 

 

       O Presidente da Xunta, logo de pecha-la porta  do Ano  Santo, marchouse pro Caribe. Face-la parede da Porta Santa cansa o seu. Solo os profesionais, os canteiros de antes, saben do traballo que da levantar unha parede, pedra a pedra. Por iso, ese pedazo de presidente que temos precisaba dun descanso, nun areal á sombra dunha palmera, cun mojito na man e unha negra, ou un negro, ó lado; preparándose pra degustar unha  centola. Ten un encadre difícil predicar austeridade, e mentres seiscentos mil galegos viven no umbro da pobreza,  o seu presidente dáse unhas vacacións paradisiáticas a nosa costa. I N M O R A L. A pobreza, co seu mensaxeiro o paro, azouta Galicia. A Feijoo preocúpalle mais vivir unha aventura no Brasil, sen sentise incómodo pola marcha do pais que está arruinando. É moito mais allea e de mais doado illamento, atoparse fora de ollares indiscretos, coas contradicións da súa vida privada a salvo, e sen que a pobreza do pais que te a desgraza de sufrilo lle amargue os seus luxos; porque non ten de abondoso co illamento na fortaleza de Monte Pío. O problema do paro non existe, de feito é un problema Que solo afecta ós que non teñen traballo; pero aí está a Conselleira do paro, moi efectiva ela, co o ten demostrado, pra resolve-lo problema                            

SIGUIDISMO

SIGUIDISMO

      A Lei do ensino que sacou a Xunta é un ditado das directrices de FAES. Non se trata de salienta-la presenza dos ensinantes como autoridade, antes ben, ós pais quéreselles dar un protagonismo exclusivo no ensino, renunciando a Xunta á función da Administración Educativa e fixar as directrices curriculares e convertendo os profesores en meros empregados domésticos.

      Coa Lei a Xunta pretende disimular a privatización do ensino, convertendo  os residuos que permanecen como ensino público, por falta de intres privado,  nun ensino de segunda clase.

      É patético que sexa a organización que rexenta Gloria Lago, inspirada por FAES, a que dirixa a política educativa da Xunta. Coa Lei do ensino Feijoo saca un instrumento co que lexitima o seu Decreto do plurilingüismo, rematando así unha imposición ideolóxica do 40% da poboación galega o resto do 60%.

 

A LADY

A LADY

        Non se resiste a prudencia, quere figurar, ou a fixérona saír do baúl pra tratar de facer campaña electoral  nas municipais. A presidenta, do que ela chama Galicia Bilingüe, protéstalle a RAG pola defensa dos topónimos. Non é que esta señora sexa unha inculta, é que lle vai o protagonismo e a polémica e+ métese en  canto lameiro hai. Laiase esta representante do vello réxime en que se identifique a imposición do castelán co réxime franquista e co sometemento dos reis católicos. ¿por qué será?.

        Gloria Lago, o mesmo que Feijoo, é un peón de FAES,  non   ten ideas propias.  Iso non lle esculpa da súa ignorancia, nin do fanatismo.  O feito de que  tanto ela coma Feijoo interpreten o papel con indisimulado entusiasmo, convérteos en personaxes principais da traxedia por méritos propios.

O GOBERNO DOS ANANOS

O GOBERNO DOS ANANOS

 

 

             Non falamos de Hitler, aínda co pareza, falamos do discurso de fin de ano de Feijoo; un discurso mais propio, no xa do Xefe do Goberno do Central, senón dun Xefe do Estado. Por un momento, si pecháramos os ollos, pareceríanos estar noutra dimensión do poder político. Feijoo é así de modesto, o seu ser está moito mais aló de Galicia, alén do Padornelo; os problemas domésticos non existen, e si existen, mellor ignoralos. Non deu explicacións coherentes sobre as eivas do seu goberno, mellor dito, no que é especialista, escurrindo o bulto, votándolle a culpa a outros. A culpa de que non cumprira ningunha das promesas electorais non foi súa. Ia arranxa-lo pais en 45 días, xa transcorridos case dous anos de reinado, o único que temos é o desgoberno, cunha sanidade camiño da privatización e cunha xestión ruinosa, un paro crecente, a meirande taxa relativa de España, unha paralización na construción de infraestruturas, Un mausoleo da cultura que se come os orzamentos, Un cerroxazo ós servizos  sociais,  concurso eólico á medida dos amigos, eliminación da axudas á investigación, Probas de ingreso na Función Pública, trucadas, subvencións sen límite pra propaganda e recadación de votos, endebedamento galopante, unhas consellerías, que mellor houbera sido eliminalas, porque non fan nada.

O DELFIN

O DELFIN

 

          O delfín que non foi. Cuiña fillo, conta os amagos de Fraga pra nomear vicepresidente da Xunta a seu pai. Fraga nunca foi dado a nomear un sucesor, porque na súa mente estaba sucederse así mesmo; pero a lei da vida está aí, e aínda que o deterioro físico era evidente, no PP sabían que era un valor seguro, non lles importaba o seu estado, pero el tamén quería seguir no poder, non era partidario de ter a alguén o seu abeiro, sabendo q ue estaría agardando a vacante. Non era un secreto que o PPg atopábase divido; por un lado os da boina, que apoiaban a Cuíña, sendo  o sector galeguista do partido; polo outro lado os do barrete, próximos a Xénova. Os volanteiros, constituídos por un grupo acéfalo e  de estómagos xenerosos, un grupo que se deitaban ó sol que mai quentaba.

          Aznar non era partidario de Cuíña e impuxo a Feijoo, que era manexable; non primeiro momento coqueteou co sector mais galeguista pra evita-lo rexeitamento dese sector, pero sabían que non tiña unha personalidade propia e era un submarino manexado polo sector mais ultra do PP, o que motivou certas reticencias, que foron vencidas, pero que deixaron certo temor a un desafecto: grave coa escasa maioría coa que conta Feijoo.

          Cuíña tiña grandes inimigos dentro do partido, de Galicia, pero moitos en Xénova; de aí que o seu nomeamento quedara nunha simple intención de Fraga.

ANO VELLO

ANO VELLO

           Agora e o momento de ver engorde o ano vello, non pensar na carreira que foi o ano, apartemos as cousas malas que nos trouxo, os malos rollos; queimar o ano vello pra que o malo se  volva fume e marche con el.  Mañá amanacerá, un novo ano nos espera

O ANXELUS

O ANXELUS

              No réxime do ausente, as 12 do mediodía, dende os campanarios e polas ondas das radios chamábase a oración. Dubido que a xeneralidade das persoas seguiran aquel chamamento , e ignoro que consecuencias físicas había pros que non o seguían. Xa bastante pena tiñan con  sobrevivir, no medio da penuria, da que se libraban  os franquistas; o que estou seguro e que eran reprendidos dende os púlpitos. Como naqueles tempos, Feijoo tódolos días, regala os noso oídos coa súa diaria declaración e, escoitándoo dámonos contra da sorte que temos ó ter un líder como el. Os seus  diarios discursos  son dun alimento, que a se 56% de galegos que   viven na pobreza, ou na súa beira, xa non senten a necesidade de enche-lo estómago. Sen dubida, operando esta milagre, quén lle nega o carácter de mago a Feijoo.

oO SOPLO

oO SOPLO

 

     Xeneralmente a xente morre porque se esqueceu de respirar, ou por que non puido facelo. Iso danos unha idea da importancia do aire.   Pra Feijoo, ó que non lle preocupa que pobo respire, o aire é un río de riqueza que rega os seus amigos. Mais tanto quixo pintar o concurso e poñerlle nomes ós que gañarían a lotería, que todo pode acabar nos xulgados. A pelexa entre as distintas familias peperas e a indolencia do goberno de Feijoo atrasando a resolución ditándoa  fora de prazo,   é outro motivo no que se pode apoia-la impugnación xudicial. As supostas contrapartidas de inversión vai ser coma o fume que dá a leña verde; pra mostra vai chegar con Estela Eólica; a empresa vinculada ó PP, que fora constituída cun capital de tres mil euros e que se atopaba practicamente en quebra antes do concurso.

    É Estela Eólica a que, supostamente, como contrapartida da adxudicación, ía  construír unha planta de tratamento de lixo pra Galicia Sur. Difícil de crer, demasiado pra unha empresa sen capital e en dificultades económicas, pero é da casa. Os investimentos e a monetarización  son unha desculpa pra poñer nome e apelidos na resolución.

 

CHULO E FALTÓN

CHULO E FALTÓN

      O Sr Louro, Delegado do Goberno en Galicia, que ten fama de persoa mesurada,  dixo de Feijoo  que na súa relación co goberno comportase dun xeito chulesco e faltón. Os que viron a súas declaracións ós periodistas, logo da súa entrevista co Ministro de Fomento, coincidirán con Louro. A actitude chulesca e faltona xa é habitual en Feijoo cando comparece nas diarias roldas de prensa, ou no Parlamento. Non é doado asimilar esa actitude de Feijoo. Moitos recordaran  a aquel home tímido que percorría os pasillos de San Caetano na compañía do inefable Negreira. Non é doado entende-la muda, e solo se entende coa man mestra da FAES; a semellanza cos momentos estelares  de Aznar é innegable. 

 

A SUBREALISTA IMAXE

A SUBREALISTA IMAXE

 

      O ministro Blanco e Feijoo tiveron un encontro que nos deixou a imaxe, que nese momento quixeron transmitir, de unidade e de intres común por Galicia. O idilio pronto se rachou. Se nun primeiro momento Feijoo loubou a política do Ministerio de Fomento  sobre as infraestruturas, logo arremeteu coma un poseso contra do Ministro. Posiblemente fora unha chamada de FAES a que lle fixo mudar de discurso, tal vez, libre do protocolo recuperou o seu clásico discurso.  Pra min, a entrevista, na que Feijoo falaba nun inglés con acento e modismos dos socalcos dos  Peares, e Blanco nun castelán castizo, sentíndose así mais importante, que lle facía esquece-las corredoiras nas que se criou. Por ambas partes, falar na lingua que lles debía unir, sería o normal. Bueno, debíalles unir, pero é típico das mediocridades sentirse importante renunciando ó que eles consideran inferior.

      Hai que admitir que Feijoo ten un proceder que resulta de difícil comprensión, pois mentres el rebaixa os orzamentos pra infraestruturas nun 60%, esíxelles os demais que incrementen as inversións; iso réstalle razón a hora de expoñer que Galicia xa non pode esperar mais.

 

NOITE BOA

NOITE BOA

 

           Pra algúns unha noite mais, unha noite calquera, pra outros una noite que tardará en irse; será unha noite lenta, na que non se darán ido os recordos, que como fantasmas habitarán esta noite, pra outros, os mais afortunados, será unha noite de reencontro, de risas e de mesas abondosas. Sen amarga-la noite, sintámonos solidarios, cos que sofren as ausencias, cos que pra eles segue a ser unha noite que esquecer, e aínda que a mesa non estea tan chea, sintamos calor no corazón.

          Só quería, por último, agradecerche a túa visita o meu blog, que tamén é o teu. Nunca desistías dos vosos soños, de intentar facer un mundo mellor, sen os soños deixaríamos de vivir.

 

NOITE BOA

 

           Pra algúns unha noite mais, unha noite calquera, pra outros una noite que tardará en irse; será unha noite lenta, na que non se darán ido os recordos, que como fantasmas habitarán esta noite, pra outros, os mais afortunados, será unha noite de reencontro, de risas e de mesas abondosas. Sen amarga-la noite, sintámonos solidarios, cos que sofren as ausencias, cos que pra eles segue a ser unha noite que esquecer, e aínda que a mesa non estea tan chea, sintamos calor no corazón.

          Só quería, por último, agradecerche a túa visita o meu blog, que tamén é o teu. Nunca desistías dos vosos soños, de intentar facer un mundo mellor, sen os soños deixaríamos de vivir.

 

UN SÉCULO

UN SÉCULO

 

     Case un século despois da traxedia nacional, que tubo a orixe na rebelión de Franco; os seus herdeiros ideolóxicos aínda  seguen coa mesma cantinela inmoral, o que nos demostra que a suposta transición cara a democracia non se deu e moitos políticos son incapaces de asumi-la democracia e viven anclados nos principios do réxime franquista, que xurdiu logo da rebelión do 36.  Non é só o problema deses inadaptados, residuos dun negro pasado; o mais grave é que estes nefastos personaxes impiden que a sociedade supere as divisións, non as diferenzas ideolóxicas, coidando de sementar e perpetua-lo odio, obstaculizando calquera intento de reconciliación.

     O acto de lembranza  ós seiscentos mortos polos falanxistas na comarca da Coruña, debeu ser un acto colectivo, n o que se visualizara a unidade da sociedade. Negreira deixou claro que non compartía ese sentimento de reconciliación e excluíuse do acto; no seu afán de sementar mais confusión, acusou as vítimas, que foron asasinadas, por segunda vez, polo impresentable personaxe. Pra cada día tiña unha razón  coa que explica-la súa postura, acusando ó alcalde da Coruña, outro día ós organizadores.

A INMORALIDADE

A INMORALIDADE

     Tódalas mentiras son inmorais,  pero hainas insuperables e ofensivas. Tal é o caso da que nos contou a conselleira do paro. Ela dixo que de cada 70 euros que a Xunta dedica ós dependentes, o Estado só  aporta 30.  O certo é que Galicia  está moi por debaixo da media das Comunidades Autónomas, en canto ós recursos que se destinan ós dependentes, o que explica o desamparo no que viven moitos dependentes. A conselleira do paro seguiu as pautas de Feijoo. A mellor defensa é un ataque. Mentir só é accidental, accesorio; o que permanece  na memoria dos electores é o conto. Eles non teñen unha conciencia crítica, creen ós líderes, o goberno pódese permitir ser un mentireiro.

I + D

 

         Á Xunta afoga, pouco a pouco, ós investigadores. No último recorte reduciu os  escasos recurso destinados á investigación nun 50%. Investigar en Galicia converteuse nun imposible  ó non rentabilizarse en votos. Non interesa unha sociedade desenvolvida, critica e con pensamento propio, que non siga as consignas ditadas dende San Caetano. Feijoo quere unha Galicia medieval, que sexa un pebideiro de votos pro PP e que se renda diante da propaganda oficial, pra que si hai cartos. Os orzamentos do  vindeiro ano incrementan os gastos en propaganda e os gastos correntes, pero disminuen as inversións, o endebedamento previsto triplicará o herdado

CARTEIS EN VIGO

CARTEIS EN VIGO

 

   Nunha recente rolda de prensa, o presidente da Xunta, criticou o alcalde de Vigo por poñer un cartel na parroquia de Navia, no que se informaba ós veciños que o abandono da obra era  culpa   da Xunta. Un periodista preguntoulle, á marxe da veracidade do anuncio, pola opinión que lle merecía os carteis que Corina Porro colocou no porto contra do Axuntamento des Vigo, que foi o que iniciou a guerra dos carteis; Feijoo non esperaba tal pregunta, porque se supoñía  que a rolda de prensa estaba  controlada. Como personaxe que vive no fío das contradicións deulles unha lección da metafísica dos  carteis, explicando o inexplicable. Hai periodistas que non entran na doma de San Caetano e orixinan estas leas.

 

ARREBATO

ARREBATO

 

             O PPg toca a arrebato. A publicación de enquisas que os afasta da posibilidade de gobernar nas grandes vilas deoulles un estado de ansiedade insoportable. Segundo as enquisas non acadan o 40% dos votos, mentres que a oposición supera o 60% dos votos. A autora da enquisa móvese na órbita do PPg, motivo polo que a enquisa espertou moitas suspicacias, pesando que o seu obxectivo e mobiliza-lo  voto conservador.

GUERRA ELECTORAL

GUERRA ELECTORAL

          Que Baltar era un vello zorro xa o sabíamos. Feijoo intentou meterlle varias cuñas a Baltar, co obxecto, non solo de estende-lo seu dominio, senón de asegurarse esa maioría parlamentaria, que lle colga dun fío. Os intentos de Feijoo de gobernar Ourense dende San Caetano fracasaron, e os candidatos municipais  feijonianos están  a sufrir grandes contrariedades. A política de Baltar pra asegurar ó dominio do rural foi converte-la Deputación nunha fábrica de empregos pra concelleiros e familiares; así se converteu  a segunda Deputación de España en número de persoal, e eso xera moitas fidelidades.

ESTADISTICAS

ESTADISTICAS

 

     Segundo as estatísticas recentes, o paro medrou en Galicia. En térmonos absolutos, foi un tercio do de toda España. Si a eso lle engadimos que o  volume de asalariados en Galiza é moi baixo; as estadísticas teñen o valor dunha catástrofe. A resposta de Feijoo foi ignora-lo problema, buscar inimigos esternos e mais propaganda.

     Nada, nin este mal dato, lle leva a muda-lo modelo de   campaña electoral pras municipais, copiado do seu programa pras autonómicas; reiterando as mesmas promesas. Demostra ter un concepto moi baixo do electorado, doadamente manipulable,   cunha nula  capacidade crítica.

     Intenta culpar ós concellos do paro e diminución da prestación de servicios sociais; como si esas dous parámetros foran de  competencia municipal. Así haberá que  concluír que o que sobra é a autonomía.

FEIJOO FAINOS LIDERES

FEIJOO FAINOS LIDERES

 

 Con eses seiscentos mil galegos no umbral da pobreza, xa éramos líderes. Os que fan estas estadísticas xa sitúan a 300.000  galegos na pobreza extrema. Mais non importa, seguiremos afrontando proxectos megalómanos como a cidade da Cultura, ou a construcción dunha fastosa goleta. Miraremos pra outro lado; a eso milleiros de pobres convencerémolos de que non son tan pobres; a culpa, en todo caso, será do goberno de Madrid, do xudaísmo internacional e dos grandes expresos europeos. Feijoo anovou a flota do parque móbil, sendo, en proporción a mais nova e extensa das comunidades autónomas, enriquece os  amigos do PP