Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

!QUE ENVEXA!

!QUE ENVEXA!

 

  Apenas mil quilómetros en avión separan Galicia e Gales, países que comparten moito: unha poboación similar, 2,8 fronte a 3 millóns; unha paisaxe accidentada e costeiro, e unha lingua propia. Pero en materia de idiomas as similitudes terminan aí. Mentres o galego segue perdendo falantes, o galés experimenta un renacemento que o afasta dunha extinción tida por inevitable desde mediados do século pasado. En 1991 tiña 508.100 falantes, o 18,7% da poboación; no 2001 xa contaba 582.400 e no 2004 alcanzou os 611.000, máis do 20% da poboación. O punto de inflexión simbolizouno a Acta do Idioma Galés, aprobada polo Parlamento de Londres en 1993, que equiparou esa lingua co inglés nas instancias públicas. No Reino Unido os cambios gustan lentos, e só a finais do ano pasado o Parlamento cedeu as competencias en materia lingüística á Cynulliad Cenedlaethol Cymru, a Asemblea Nacional de Galés, formada en 1998. O alicerce sobre o que se levanta a recuperación do galés é a educación. Nos setenta púxose en marcha a Mudiad Ysgolion Meithri, Asociación de Garderías Galesas. Hoxe conta con mil centros dedicados a facilitar a inmersión no galés dos menores de cinco anos. En 403 desas garderías permítese que os pais acompañen aos seus fillos á aula, onde tamén aprenden o idioma. O Goberno vasco inspirouse nese modelo para crear a súa rede de ikastolas. Desde 1990 os nenos de entre 5 e 14 anos, incluídos os chegados doutras zonas do Reino Unido, deben aprender galés nas escolas polo menos como segundo idioma. A obrigatoriedade ampliouse ata os 16 anos en 1999. Vamos como a Galiza de Feijoo.

O DIA DESPOIS

O DIA DESPOIS

 

  Despois do que pasou, o PP resistiu, aínda que caeu,  a caída non foi tan grande como era de agardar. Vese que a xente deixase foder, simplemente se agacha pra que lle den mellor polo cu. Como dixo aquel famoso actor: somos un país de merda; así n os vai. Si non fora por España, si non fora por Europa non teríamos n in onde emigrar.

XENERA MISERIA

XENERA MISERIA

 

  O goberno de Feijoo aplica, desde a súa chegada ao poder en Galicia no ano 2009, unha estratexia deseñada para desmantela-la Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora  e desmantelou a Atención Primaria; aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén previron implantar as Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a actividade asistencial. A inversión e non se pode tomar como tal o pago de canon ás empresas privadas, é mínimo; incluso os gastos correntes se recortaron ata o estremo que se abandonou a conservación dos centros de saúde, material de cura, de realización de probas, etc.

A TROMPADAS

A TROMPADAS

 

 Parece que neste país solo  nos comunicamos a trompadas; o acontecido a Rajoy en Pontevedra é proba dela. Non vou entrar en se as merecía, pero non é maneira civilizada de resolve-las diferenzas de opinión, a maneira de demostra-lo descordo coas políticas de Rajoy é enche-las furnas de votos. Hai que poñer un pouco de cordura na política. Dende que o señor Aznar lle dera un exótico e broco colorido á política, insultando con todo tipo de sucias palabra ós adversarios; hai un desmadre total. Xa nin sequera se ríspeta á familia. Agresor e agredido son parentes

NIN ELES O SABEN

NIN ELES O SABEN

 

.  

 CIDADANOS non ten programa pra Galiza,din; solo teñen claro que nos van a librar de todo o que nos diferenza do resto dos españois, empezando pola lingua; o imperio non se pode permitir que haxa esa diversidade. Outro programa pra Galiza non teñen; porque Galiza non lles importa. O programa económico, pra toda España é de FAES. Os  dereitos sociais son un atado pros gobernantes, así que eliminados. Asústame, e asústame mais que a xente non se  de conta. Os militantes, algúns, teñen dobre militancia no PP e  en CIUDADANOS, e son do mais dereitoso do PP.  Nas altas esferas do poder económico ven a Ribera como “o chico do recambio”. Posiblemente Hitler, o seu lado, sería un demócrata izquierdoso. Oremos por nos

CARA A CARA

CARA A CARA

 

   Pouco se falou do que nos importa, era como un cadro surrealista, uns golpes de entreno no cuadrilátero da súa TV. Non acadaron o nivel de audiencia que esperaban porque a xente tiña concibido que era un amaño. Pra dar credibilidade fixeron un debate bronco, no que non faltaron os insultos suaves. Non gañou Sánchez, e menos Rajoy, aínda que os parroquiais de ambos contendentes , como bos seareiros, dan o seu contendente gañador. Como noutro tempo, os seareiros peperos seguen repetindo, como un eco, a súas consignas. Moi cansino

ONDE OS SITUAN

ONDE OS SITUAN

 

  Os electores sitúan a CIUDADANOS na dereita. Nunha puntuación de 0 a 10, sendo cinco o centro, sitúano nun  7,2. A medida que  o tempo pasa, os electores perciben a Ciudadanos como un grupo de dereita,  e cada vez mais á dereita; de segui-la tendencia, pronto situarían a Ciudanos á dereita do PP. Cando chegue ó poder, verase a autentica cara de Ciudadanos

FODENDO

FODENDO

 

  Ós gandeiros e os do cerco son o aguillón que persigue a Feijoo. Os do cerco apúpano, mentres os gandeiros saen a rúan cheos das manipulacións e mentiras de Feijoo, que os enganou cun acordo do leite que nunca se cumpriu, e o único que perseguía era a desmovilización e a división dos gandeiros, pro cal nomeou unha conselleira que controlara ó sector, mediante o reparto selectivo de subvencións. Os ananos medran, e chega un momento e que os sumidoiros rebentan,; o xa coñecido caso do hospital de Vigo súmanse as carencias en servizos privatizados de sanidade, os escándalos nos comedores escolares, controlados por empresas vencelladas ó PP. Son días  de avaliar a xestión de quen gobernou nos últimos catro anos; neste caso, o PP. Feijoo, contando trolas, coa maior naturalidade, di que se reduciu o paro, cando hai menos persoas empregadas, menos cotizantes á SS, mais emigración e salarios mais baixos; destrución da estrutura produtiva e financeira, así como un forte endebedamento. Nestas festas electorais, tanto Mariano Rajoy como os seus representantes en Galicia, a comezar por Alberto Núñez Feijoo, veñen reiterando durante a campaña electoral que o Estado en xeral e a poboación galega en particular está, en termos xerais, mellor que antes. Apelando esencialmente á economía os conservadores afirman que só resta que a recuperación sexa completa e chegue a todos. Aí lle doe, solo os ricos notan a melloría

XA NON É CASUAL

XA NON É CASUAL

 

   O colexio de Frións, en Ribeira , viviu unha xornada inusual. As monitoras do comedor escolar  atopáronse co que parecía un insecto dentro dunha croqueta. Ó inspeccionar varias máis, volveron toparse con máis bichos. Avisaron ó director do centro, Luis Teira, que pediu que non se servisen os pratos e avisou inmediatamente a pais e á Consellería de Educación. A consellería din que abriron un expediente informativo, A empresa i,plicada SEUNION non contesta, chove sobre mollado; de sobra saben que Galiza é territorio comanche.  Feijoo non quere que as empresas teñan problemas. As monitoras serán das empresas e problema solucionado

GOBERNO, OU MAFIA

GOBERNO, OU MAFIA

 

  Iberdrola, consciente da elevada demanda enerxética en decembro de 2013,  a mala leite, decidiu deixar de producir electricidade hidráulica, para provocar un incremento adicional no prezo da luz. A manipulación para encarecer a electricidade en Nadal fíxose ó largo de varias semanas e o impacto da "estafa" nos consumidores, superou os cen millóns de euros, a multa da CNMC foi de tan só 25 millóns, un negocio redondo para Iberdrola. Unha vez máis Mariano Rajoy, Soraya Saez e o ministro Soria aplican a súa máxima "ó amigo favor e o inimigo Lei" e seguirán cambiando só as leis que os banqueiros, millonarios e conselleiros lles digan.  Mentres tanto os cidadáns vemos como cada mes o recibo da luz encarécese, e encarecese, tras os enganos, estafas e o timo do déficit tarifario, mentres o ministro  Soria e Soraya Saez de Santamaría, rin de todos os españois dicindo que a luz baixou un 50% desde que eles están no goberno. Desembalses de auga para evitar producir enerxía hidráulica barata, ou parar aeroxeradores cando sopra o vento, son outras prácticas habituais da multinacional. Se o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, fose estadounidense, tería que dar explicacións no congreso, pra despois dimitir e ser xulgado. Se Ignacio Galán vivise en China, xa o haberían axustizado publicamente, pero como vive en España, Ignacio Galán seguira impune, mentres centos de miles de españois viven na miseria enerxética. Pra poñer a guinda, o PP  prohibiu e perseguiu o uso de enerxía Solar, no país máis asollado da UE.

IMOS VER

IMOS VER

 

 

  Imos ver o que aguanta o pobo español coa soga o pescozo, cánto mais o poderemos espremer, ilo sen que haxa unha revolución social. Nosoutros, os galegos, somos algo así como o cu do mundo, por iso en Galiza os experimentos son mais crueis. O da sanidade e as privatizacións, o desemprego, os empregos precarios, á propaganda nos medios de comunicación, pro control dos comportamentos da sociedade, etc,.  Nos  somos pioneiros en emigración e especialista en resistir 

OS FRACASADOS

OS FRACASADOS

 

 

  Neste país amoral non estarás orgulloso, nin presumirás, do teu traballo; cada día vemos como os que nunha sociedade san consideraría unha escoria da sociedade, son os que viven ben e presumen da súa vida.  Nun país en que non  pagan impostos os ricos, no que os políticos rouban e son imputados, e rara vez condenados; chegamos ó colmo de considerar fracasado ó político que  non roubou

QUEIXAMONOS

QUEIXAMONOS

 

   Según Feijoo vivimos nun país feliz, pero non facemos mais que queixarnos. Nosos abos queixábanse menos, simplemente emigraban cando tiñan cartos pra unha pasaxe, grazas a el, e os papóns que lle votan,  volvemos ó século da emigración.

 

 

NO VOS PRECUPEDES

NO VOS PRECUPEDES

 

 

  A imparable marcha de economía, según o PP é punteira en Europa. Curiosamente, en lugar de confluír coa europea estámons separando mais. Os peperos, en tromba non deixan de repetir e cantar salmos sobre a invisible bonanza; imos tan ben, que nos primeiros meses deste ano bateuse o record de emigración; xa non son tan grandes as colas  do paro debido a que é inútil ir a esas oficinas, pois non hai traballo e recortaron as axudas. A CEE, a vista do desvío da economía española vai esixir mais recortes, pero non o farán hasta despois das eleccións pra non prexudicar a Rajoy. De calquera xeito, Ribera ven na súa axuda e seguiremos no mesmo.

 

DOMESTICADOS

DOMESTICADOS

 

  Sería bo que nas escolas se estudara á orixe das relixións e o seu papel na sociedade, en lugar de adoutrinalos e facer deles uns zombis que solo saben seguir unhas consignas, uns seres carentes da mínima actividade crítica. Dende os principios dos tempos o poder apoiouse na relixión pra que os súbditos foran obedientes e non pensaran. Un lema define a relixión, e que podía valer pra calquera relixión: Aceptade con humildade o papel que deus os deu na sociedade e non cometades o pecado da soberbia de ansiar unha posición superior. As grandes ditaduras e toda clase de rexímenes totalitario, conviven en simbiose, relixión e política, da que España foi un exemplo que todos sufrimos; e que aínda hoxe, sigue parasitando a sociedade e levando diñeiro que se necesitaría pra pensións, dependencia, etc      

UNHA RUINA

UNHA RUINA

 

  O Goberno saca outros 7.500 millóns de euros da ucha das pensións. Da herencia de Zapatero xa nos queda menos da metade. O PACTO DE TOLEDO non se convoca, pese a gravidade da situación. A razón fundamental é  que o PP interésalle que o sistema rebente pra que a xente suscriba pensións privadas. Na situación actual, o sistema corre perigo, porque o PP coa súa política laboral está limitando os ingresos. Os novos contratos de traballo diminúen os ingresos un 29 % , dado a súa cuantía e durabilidade  

INSULTADO

INSULTADO

 

    Sen dúbida fala pros seus, e calquera burrada cola, con isto non estou a afirmar que os devotos de Feijoo sexan uns ignorantes. Feijoo definiu a Neira Vilas  como UN GALEGO CORDIAL, pro culto Feijoo: un galego cordial é o que agacha o cerviz  e presta vasalaxe ós castelán falantes, recoñecendo a superioridade da cultura do imperio. Non vou dicir que os galegos somos superiores, aínda que cincocentos anos de resistencia falan por si sos do noso carácter. Son partidario do ríspeto mutuo, pero sen pisarse, os callos doen moito. Neira Vilas era un home educado e rispetuoso, pero non lle agradaría que ningún que mancharan o seu nome

XA CHEGA DE HIPOCRISIA

 

 

  Xa chega de hipocrisía; Cómo nos imos a crer o de combater o EI, cando están os seus protectores a  suministrarlle medios pra defenderse dos ataques aéreos.  O EI  é vulnerable aos ataques aéreos como se comprobou. O padriños do EI están a tratar de poñer nas mans  yihadistas sistemas de defensa antiaérea capaces, polo menos, de obstaculizar as accións de Rusia no ceo sirio. En setembro de 2015, mentres Rusia trasladaba o seu equipamento a Siria con vista á súa campaña antiterrorista, unha delegación do ministerio de Defensa de Qatar viaxou a Kiev para participar en Security Expo (do 22 ó 27 de setembro).   Tanto Qatar como Kiev puxeron á disposición  do EI sistemas de mísiles pra defensa antiaérea.  Isto non é posible sen o  consentimento dos fabricantes do material. Aí non queda todo, Ucraína, réxime fascista creado por EEUU, tamén pode despregar na zona un Reximento de terra. O EI esporta, a través de Turquía, co control e intermedio de persoas próximas ó réxime , o petróleo, co que se financia. ¿ Cómo pretenden involucrarnos nesta guerra.?. 

 

GRIAL

    Revista galega de cultura, que naceu nos principios dos sesenta, non é un medio de difusión pra masas. Dirixida a un público comprometido coa cultura, chamado a manter viva a chama do galeguismo, non se pode entender, sen ter en conta a época en que nace,a verdadeira  importancia ; tendo en conta isto, solo os lectores de GRIAL comprenden o seu verdadeiro alcance. Non é o momento de falar de GRIAL; pero si é o momento de lembrar a labor  de galego militante de Chao Rego, impulsor de ENCRUCILLADA e outras mais, así como ensaios  sobre teoloxía e temas sociais. Foi un referente na airexa, a que consideraba que debía estar ó servizo do pobo e non o revés, e na cultura galega, algo de notable valor naquil intre e de plena actualidade hoxe tamén. Viaxa en paz, o teu maxisterio seguirá vivo, na airexa e na sociedade  

UNHA LUZ QUE SE APAGA

 

 

 Apagouse a luz de Neira Vilas, i en Galiza cada vez hai mais escuridade. Galiza está necesitada de luz, e cada vez que fina un persoeiro da cultura, ou da política, un tráxico manto se estende pra asuluga-lo  país. Cada  día estamos mais orfos na nosa nación; non se logra repoñe-las  perdas da cultura, Salvo contados casos, non hai ese nivel de entrega e talento  que sexa universalmente recoñecido e que transcenda as fronteiras do noso país. O caso de Neira Vilas é excepcional, pois dende a emigración non deixou de amar a Galicia e dar nacemento a súa creación literaria, que é unha testemuña do seu vínculo afectivo coa terra. Modestamente, nas miñas limitadas, aptitudes quixera, a modo de homenaxe a súa memoria,  dedicarlle esta poesía.

Amor a terra

 

En vales escondidos

Entre serras anudadas

Que gardan os segredos

De liberdades soñadas

 

Naceu o amor intenso

Xurdeo o vacío  inmenso

Póla nazón maltratada

Pola terra asovallada

 

As vaguas derramadas

Os suspiros ceibados

As longas camiñadas

En camiños xá andados

 

Da terra de manto verde

A un ceo iluminado

Que a alma morde

Do que desta terra é ben nado

 

O tempo non borra

Os camiños xá trazados

Teñen que ser agora

Dos devanceiros erdados

 

Será o máximo alento

Dos que noutrora loitaron

Que con dor sufriron tanto

Que arreo traballaron

 

Por limpar esta nobre terra

De chupasangues infesta

Que funden as suas raices

No sagrado chan amdo

 

Son os mártires que chaman

Ás xeneracións adormecidas

Pra que limpen o chan

Das malas herbas nacidas

 

Que non quede en balderio

Que marcaron o vieiro

Coa xenerosa entrega

Dos seus anos mozos

 

Nos que deron as suas vidas

Pra que sintamos a fachenda

Dunha raza que é digna

Que se nega a ser pisada.