Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

LONGO SILENCIO

 

  O que foi director do Banco de España, Fernández Ordoñez, rompeu o seu longo silencio, sinalando que o rescate da banca se puidera haber evitado si o PP, en lugar de sementar dúbidas nos mercados culpando ó goberno anterior de mala xestión, houbera sido mais responsable, o que evidencia a necesidade de cambiar o xeito de facer política en España. O rescate que o PP sempre negou e, que obstinadamente, sigue negando, é un lastre pra economía española, o goberno de Mariano Rajoy, con Luís de Guindos como ministro de Economía, cometeu o erro de magnificar os problemas do sector bancario español para criticar ó Executivo anterior e xustificar o papel salvador do novo Goberno. Pero o que conseguiu foi aterrar aos investidores e converter en inevitable o rescate

 

 

ALGUEN ESPERABA ALGO DISTINTO?

ALGUEN ESPERABA ALGO DISTINTO?

 

  Con González ó fronte, o baróns presionan a Sánchez pra que facilite un goberno do PP,  nin a choiva de casos de corrupción fan que se levante o pe do acelerador. Sánchez ameaza con consulta-las bases. O que parece unha medida extrema, pero que da a medida do xogo político que se traen  todo parece unha burda opereta. O PP debía estar inhabilitado pra gobernar, pero aí están os baróns, os que non lles preocupa que de practicar este xogo, o partido desapareza Tios asquerosos

 

 

A HORA DA VERDADE

 

  Destacados membros do BNG fixeron pública a súa oposición a confluír con outras opcións políticas pra concorrer xuntos a elección da Xunta. Parece co importante sería conquista-la Presidencia da Xunta, tempo haberá pra facer cortellos. Urxe reconstruí-lo país que Feijoo arrasou, devolve-la autoestima ó pobo, que ningún galego sinta vergoña de selo; dignifica-la nosa cultura e a nosa lingua.  O demais pode esperar. Si os santóns dun galeguismo aloxado da realidade non o comprenden  pechémolos no cortello. A UPG constitúe un bloque monolítico e pechado, que non admite evolución, nin outra  estratexia que non sexa impoñer un comunismo ó estilo albanés. En realidade non lle importa o país, solo lle importa a súa ideoloxía, e Feijoo é A UPG necesítanse, tanto así, que no PP renaceu o optimismo coas derradeiras declaracións dalgúns  personaxes da UPG  

NADE ME QUERE

NADE ME QUERE

 

  Rajoy queixase de que nade lle quere,. El quere pactar, mellor dito non quere pactar, quere  que se adhiran o seu nomeamento como Presidente do Goberno, sen sequera presentar un programa; porque tampouco o necesita. Total non ía cumprilo. Acusa a oposición de sectarismo e incapacidade de negociar; asombroso pra que non solo incumpriu o seu propio programa e tolerou a corrupción mais escandalosa, senón que descoñeceu e asoballou á oposición, e xamais dialogou.

ENEMIGO PUBLICO

ENEMIGO PUBLICO

  Como se fora unha consigna, os grupos do Congreso, os da dereita casposa e comunicantes da mesma tendencia, arremeten contra PODEMOS, que dende logo non mexan auga bendita, pero son unha parte do pobo, dese pobo que machacaron e ningunearon. Non teremos que esperar nada destes políticos atípicos, pero xa sabemos o que podemos esperar da calaña que nos dirixiu; deixáronnos os petos baleiros mentres enmerdaban a política e roubaban a mans  cheas. Que nos deixen soñar, que é o único que nos queda

VOLUNTARIOS

 

  Pídense voluntarios pra formar un grupo de arriscados cidadáns pra explorar os sobacos e outras partes nobres de Celia Villalobos. O circo montado por PODEMOS na toma de posesión no Congreso serviu pra falar de piollos e malos olores. Dende o PP baixaba, como unha nube de gas, un cheiro a podrido. Incluso se falou do cheiro que daban a morto algúns Deputados parasitos. Vamos, que os malos olores non se conseguen disimular con colonia e  garabatas.

 

NOVA

 Non debía ser motivo de nova de prensa que os membros da Mesa do Congreso, do grupo de PODEMOS renuncie ó coche oficial, a noticia debía estar na existencia deses coches oficiais. Que nade fale de facer recortes nos gastos dos políticos,  é síntoma da preocupación e sintonía das súas señorías co currante cos mantén.                                                                                                                                                 

 

UN CIRCO

 

  Foi unha decepción PODEMOS co circo montado durante a constitución do Congreso. Non foi unha primicia o do neno da Bescansa, o mesmo que Carolina Bescansa, a exdeputada de EU Ángeles Mestre tamén levou ó seu bebé ó Congreso fai agora pouco máis de 24 anos, daquela non había gardería no Congreso. Mestre non o introduciu no hemiciclo, deixouno ó coidado da súa avoa no despacho do entón presidente da Cámara Félix Pons,  Saía e entraba para dar de mamar ó neno, que contaba mes e medio; pero a de Bescansa si foi unha imaxe polémica, porque moitas nais non poden leva-los seus fillos ó traballo e ela montou un sarao. Tampouco foi moi digna a imaxe dalgúns Deputados de PODEMOS cun aspecto desaliñado e sucio, aínda que se duchen, que unido á forma de xuramento, non era a mellor imaxe de presentación en sociedade da formación morada. Agardemos que a hora do traballo sexan mais serios e menos mediáticos.

 

 

MORTES SEN CULPABLE

  

    Comezou o xuízo do Madrid Arena, sen políticos no banquiño. Ó final non haberá responsables. Nin as condicións do evento, do que era responsable o Axuntamento de Madrid, nin o exceso de aforro, responsabilidade do organizador e tamén das autoridades por permitilo e non exerce-lo control. Os culpables van se-los mortos por ir a esa festa, igual que no accidente de Angrois, que os culpables foron os viaxeiros e o maquinista. Que a alcaldesa de Madrid se fora a un SPA en plena traxedia, non solo demostra o desprezo polas vítimas, senón que preconiza o resultado do xuízo

 

UN PACTO

 

  De súpeto, anunciando a primavera, xorden os pactos. En Cataluña i  en Madrid; todo é amor e bo rollo. O odio é como un neno recen que se esconde no fondo destes pactos. En Cataluña, unha dereita capitalista non ten reparos en xuntarse cos que piden a desaparición do sistema de explotación capitalista pra facer fronte ó imperialismo español. En Madrid, un acordo de dereitas nomea presidente do Congreso a Patxi López e  deixa fora da Mesa a Podemos. O acordo de Madrid, como si fora o precursor da chegada das andoriñas, anuncia a formación dun pacto contra Podemos, non pola salvación de España como enfatizan, en todo caso o que queren é salvar os seu privilexios e protexer ós corruptos 

 

DATOS SOBRE A POBREZA

 

   A machacona propoganda do PP pintanos un paraíso, lonxe de toda penuria. Segundo PP saimos da crise, de ser verdade sairiamos da crise pra entrar na miseria.as cifras dannos un grupo de españois, os que lles vai ben: políticos, relixiosos, algúns  empregados públicos e algúns empresarios; outro grupo  que vai tirando esperando que as cousa melloren: logo está unha maioría de pobres, que sobreviven como poden. CARITAS encabeza case en solitario a loita contra a pobreza, atendendo a miles de persoas. Os comedores sociais están a tope, os contenedores  de lixo son moi visitados; pero a realidade preténdese ocultar pra que non quede en evidencia o goberno. Hoxe, mesmo tendo traballo  non é garantía de non vivir na pobreza. O goberno non quere que CARITAS de  a cifras de poibreza

FIN DA TRANQUILIDADE

 

  Non son un feito aíllado os sucesos de Alemaña; en Suecia unha familia acolleu a un inmigrante na súa casa, o pago, unha filla de sete anos foi degolada polo hospede. A policía francesa abateu a tiros a un presunto terrorista que, aparentemente, tentaba atacar cun coitelo unha comisaría de París. O atentado cobrou este domingo unha perigosa actualidade en Alemaña, cando fontes oficiais confirmaron que o presunto terrorista solicitara asilo en Alemaña e vivira nun albergue para refuxiados na cidade de Recklinghausen. ¿A quén protexen os gobernos co apagón informativo?, ¿ qué intereses hai detrás para estes ocultamentos?.  A caída do Imperio romano tamén foi precedida dunha invasión dos bárbaros, aproveitando a debilidade do imperio, esta é unha situación moi similar. A solución é a repatriación cara os seus países de orixe do conxunto das poboacións musulmás seguida da prohibición da práctica pública do islam para os poucos que quedasen e que deberán imperativamente probar o seu asimilación á civilización europea, o que significa por definición o abandono da relixión musulmá. Toda proposta de compromiso co islam instalado na nosa casa e comportándose xa como en territorio conquistado é a aceptación da derrota, a renuncia á liberdade, a resignación ante a morte

 

 

 

 

PREDIIBLE

PREDIIBLE

 

  Que a avalancha de refuxiados, teoricamente sirios, ía traer problemas, era al obvio; pero a cegueira de Merkel non lle permitía predici-los problemas. Ela so tiña como obxectivo desestabiliza-lo goberno sirio,e non calculou os problemas que ía importar pra Alemaña. O amparo dos refuxiados sirios, entrou todo tipo de xente. A pesar de todo iso, e dos problemas de inseguridade que xurdiron, que a os nativos xa procuraban non saír a certas horas, as noticias das agresións caeron como unha bomba nun país que nun ano pasado recibiu a 1,1 millóns de solicitantes de asilo. Retrasouse a inforrmación pra evitar unha crecente xenofobia, pero non lograron ocultalo, como parece ser que pretendían. Señora Merkel, onde está vostede? Que fai vostede? Isto dá medo", podíase ler no cartel que levaba unha muller nunha protesta organizada o pasado martes en Colonia. Polo momento, a proposta dos democristiáns de Ánxela Merkel de axilizar as expulsións daqueles refuxiados que cometan delitos entrou con forza no debate político. Merkel é un problema pra Europa, pero tamén o é pra Alemaña, antepón a súa ideoloxía ós intereses do país. Xa non é solo o caso de Ucraína, quere poñer a súa pegada en tódolos conflitos e impoñer a súa visión nazi do mundo

SEMPRE O FIXO

SEMPRE O FIXO

 

  O PPg xogará a baza da medo. Con sempre lle deu bo resultado, veuno facendo e, agora que a soga aprema, con mais razón. A anunciada baixada de impostos, malia as súas trampas, segue dando bo rendemento electoral. sabedor deso, o PP propón baixada de impostos, que van dende os trinta euros, que tería que pagar un da clase media baixa os millóns de euros que tería que pagar unha gran fortuna. Pra compensar a baixada de ingresos de Facenda subiranse os impostos indirectos, que son alleos ós ingresos do contribuínte e recurrirase a débeda pública, como fixo Rajoy e Feijoo. Un bo sistema é  premiar con xenerosa subvencións os medios de comunicación que contaron as excelencias do seu goberno e encubriron as súas vergoñas.                                                                                            

PERLAS DO ANO PASADO

PERLAS DO ANO PASADO

 

  O mesmo que o PP nos deixou a nos, eu pídolle os reis que pra este ano lles traian ós do  goberno unha longa doenza, sen seguridade social e sen  axudas sociais; paro sen prestacións de desemprego e xustiza pros ladróns

ANO DE FEMINAS

 

   O ano que conclúe foi un ano de féminas senlleiras, que non se distinguiron precisamente polo que fixeron polo seu xénero, nin pola humanidade senón todo o contrario; entre outras moitas, destacou Pilar Rojo, que dende a Presidencia do Parlamento fixo de escudeira de Feijoo, pero a súa última flor votouna na  ofrenda rexia, na que despotricou contra do laicismo dalgúns políticos, ós que a constitución ampara a liberdade de culto, pero o PP utiliza a constitución  pro que quere, e cúmprea cando quere; que non se distinguiron precisamente polo que fixeron polo seu xénero, nin pola humanidade senón todo o contrario. Merkel incentivou a emigración de sirios pra crearlle problemas ó goberno Sirio; a quen llos creou en realidade foi a Europa, con yihadistas camuflados cos inmigrantes,  e ós que lle creron as súas mentiras, prometéndolles un paraíso, que non se diferenza moito do que lles prometen ós fanáticos terroristas.  Cristina Lagarte, a impresentable directora do FMI, que arruína a países coas súas políticas,  e logo queixase de que a xente non morra antes, pra non pagar pensións, a costureira Soraya, que pon o se saber a disposición do mal, Cospedal que deixou a Castela a Mancha na ruína e inventora das mais incribles explicacións sobre a corrupción ; a lideresa socialista, presidenta da Junta de Andalucía, que representa ó sector mais dereitista e menos socialista do PSOE que quere presidir o PSOE pra manexalo a favor do liberalismo económico e menos social do partido.

 

 

AS ELECCIONS DENDE O PUNTO DE VISTA DO SEXO

 

 

  Un equipo de sexólogos da universidade de Aarhus, en Dinamarca, estududou as pasadas eleccións en España e conclúe  que o voto o PP tivo un comportamento no subconscente similar as desviacións sexuais que poderían mesmo levar autolesiones físicas e psíquicas en quen o practica, e equipara esta nova psicopatía á que sofre o pequeno mono de Madagascar cando se coloca co cu en pompa diante dunha parella de tigres. Sen tanto estudo académico, a conduta dos votantes do PP penso que garda unha estrita analoxía co síndrome de Estocolmo. Os partidarios da teoría sexual, chegaron á conclusión de que practicamente o 99 % dos individuos estudados mostraban unha notable excitación cada vez que o Goberno introducía a man nos seus petos, extraíalles boa parte do diñeiro e depositábao en mans de bandidos, facéndoo, ademais, polas vías menos tradicionais. Condutas difíciles de entender. No caso de Galiza entraría en xogo, sen excluír as anteriores, unha compoñente xenética que produce unha mutación, que propicia un servilismo e sometemento incondicional ó poder, que é explotado polos gobernos; así, os caciques son consecuencia da existencia de individuos diminuídos, e son como unha herba endogamia do país. 

 

O XUSTO

 

 

   Mais dun 70% dos españois non votou a Rajoy, sacou o 28% dos votos emitidos; polo que non parece lóxico que nos goberne; así tamén pensa a maioría de votantes do PSOE, non así os baróns do PSOE, que sempre invocan as bases pro que lles convén pra, de seguido, esquecerse do pobo. Non lles importa que o PSOE sexa unha ocasional muleta, nin que se vai a converter nun partido residual, o único que queren e seguir conservando as portas xiratorias e os seus privilexios de casta. Algúns deles moi ben  puideran estar no PP, solo as siglas os separan. Pedro Sánchez está sometido a unha bestial presión, os marxes de manobra que lle deixan as vacas sagradas do seu partido son de virar pra dereita, ou ir pola dereita.    

 

POBREZA

POBREZA

 

 

  Un 51% dos nenos andaluces está en risco de pobreza; de feito a CA andaluza ten unha secular historia de atraso e pobreza. Unha CA que foi gobernada sempre polo PSOE, non foi que de mudar a súa historia de pobreza, e viviu do secular subsidio, canteira de compra de votos, como en Galiza. A señora presidenta, que fai pouco era asidua de procesións e outros saraos, nunha foto de fai quince anos aparece acompañada dun famoso torero, Susana Diaz no quere pactar con Podemos, non quere apoiar ó PP e non quere repeti-las eleccións. Entón , ¿que coño quere Susana Diaz?, pois está claro, o que quiere Susana es quitarle el puesto a Pedro Sanchez y luego., pactar con el PP. Veiselle o plumero, no puede remediarlo.POR ESPAÑA, sen os españois e poñerse de secretaria xeral do PSOE. É recen, ademais,  das súas ambicións e moral peculiar, de Ciudadanos, sen os cales non sería presidenta. Como o PSOE apoie ó PP, o seu fin será igual que o dos socialistas gregos, pero pactar co PODEMO vai requirir moita habilidade. A lideresa, Felipe e outras vacas sagradas prefiren ó PP, as bases non contan.

LIBERDADE CURRICULAR EN GALES

LIBERDADE CURRICULAR EN GALES

 

  O sistema educativo británico concede autonomía ós centros, que contratan directamente ó persoal e adaptan o currículo obrigatorio dentro dunha marxe razoable. Esa liberdade traduciuse nunha tupida rede de inmersión lingüística. O número de centros de educación secundaria que dan máis da metade da materia en galés aumentou de 42 en 1990 a 55 no ano 2008. Nese tempo os alumnos que asisten a elas creceron de 26.058 a 41.916, cerca do 20% do total. Nos restantes 170 centros máis da metade da materia dáse en inglés, aínda que dependendo do centro a lingua vernácula adoita empregarse en máis materias que a súa. En primaria a presenza do galés é aínda maior. En 1990 había 417 escolas con 45.358 alumnos que usaban o galés en máis da metade das materias. Esas cifras aumentaran a 464 centros e 54.895 alumnos, o 23% do total, no 2008. O inglés segue sendo a lingua principal noutros 938 centros. Segundo a Asemblea da Lingua Galesa, dependente do Goberno, cerca do 41% dos nenos de 5 a 15 anos poden falar galés, un 13% máis que en 1991. A porcentaxe cae ao 37,5% entre os 5 e os 19 anos. A pesar de todo, a porcentaxe de menores de 11 anos cun galés fluído baixa. Os lingüistas atribúeno en parte á chegada de inmigrantes ao norte e o oeste, tradicionais bastións do idioma. O Goberno de coalición entre laboristas e nacionalistas está convencido de que o número de falantes seguirá crecendo.