UN ANXEL CAIDO , OU A CAIDA DUN TO
O PP saca peito, o FMI, órgano sospeitoso, pronostica unha suba do PIB español do 2,5%, entre os mellores da zona euro como Lituania, non moi bo acompañante. Alemaña, por exemplo medrará menos, porcentualmente. O PIB español baixara ríspeto ó 2.009, un 7%, e aínda non chegamos ó nivel daquel ano. O asunto aínda é mais escuro si temos en conta que o crecemento do PIB solo medra no capital, mentres baixan os salarios e medra a pobreza. Así que a riqueza concentrase. A realidade non interesa, pero se interesara, non había mais que dar unha volta polo país pra ver como vai
Intentan convencernos de que os empresarios son vítimas da corrupción; eu diría que son colaboradores. Nun país en que hai un tácito consentimento en manter un sistema corrupto, non prosperan os políticos honrados, nin o sistema económico limpo. Simplemente vexetan e prosperan na ciánaga os empresarios mais corruptores. Corruptores é corrompidos son especies simbióticas que viven uns a costa doutros. Manter unha lexión de parasitos como asesores e campañas electorais caras, solo é posible coas coimas a cambio de admitir sobrecostes, mercadear con concesións, tarifas e outros chanchullos
A sentenza do Supremo sobre o galego é controvertida, é como di a RAG hai que acatala. Non sei se noutro País isto sería posible; no caso de Catalunya a Generalitat pasou dela, pero o caso de Galiza é distinto; aquí o problema é precisamente a Xunta. A historia sempre a escriben dende o poder, pero dalgún xeito saberase que aquí houbo uns xenocidas e que intentaron borrar a memoria dun pobo. Como non podía ser doutro xeito, a RAG reafírmase nas súas conviccións de que a normalización do noso idioma é un obxectivo irrenunciable da sociedade galega e de que a Xunta de Galicia está moral e legalmente obrigada a tomar medidas positivas para conseguila. Pero unha cousa é o deber, e outra os feitos, e todo nos fai sospeitar, que a única política da Xunta, mentres este PP estea no poder , será a que está a facer.
CONVENCENDO
O PP prometeu acabar coa co corrupción. O contrato de Feijoo xa está superado, sen habelo estreado. Agora xa non haberá imputados, haberá investigados; así os partidos xa no levarán imputados nas súas listas. Tampouco haberá paro, nin sequera esa alegrías mensuais que dan as estatísticas cos contratos lixo. Agora so falaran de traballadores dispoñibles. Como se ve, solo é cuestión de imaxinación. Non consiste solo en enganar, hai que saber enganar
Despois do fracaso colleitado nas eleccións andaluzas, o PP precisa aire pra incha-lo peito e levanta-la moral dos seus seareiros. Votaron man dunha creación de
emprego temporal de semana santa. A euforia é pra autoconsumo, os ingresos á seguridade social son decepcionastes e non se corresponde, nin augura unha mellora laboral. O que si augura é creación de un mercado laboral precario, en condicións de escravitude.
Os concelleiros do PP de Santiago condenados por un delito de prevaricación foron absoltos polo TSXG. Resulta difícil de entender que os mesmos motivos, causa e feitos sexan valorados de formas distintas por distintas instancias xudiciais, si non resulta suficientemente motivada e librada de toda sospeita. A ilegalidade resulta incuestionable que se cometeu. Si o acordo da Corporación se tomou en base a un informe técnico, pero ese informe era manifestamete ilegal, tanto polo seu contido, como polo feito de que o órgano emisor do acordo foi declarado ilegal e cesado, sendo nulos os actos ditados por ese Órgano ilegal. Tanto o posto de Secretario como de Interventor foran nomeados dun xeito non claro, coa posible intención de que foran propicios os seus informes ó oberno, isto sería suficiente para que a sentenza fora moi cautelosa e irreprochable, pero parece que non foi así e a sospeita é inevitable. Como di Beiras, con ironía, “A ver se entendemos. Eran conscientes de que aprobaban destinar fondos públicos á defensa dun acusado de corrupción, pero como non sabían que iso podía ser prevaricación, pois nada.” Nade resulta culpable, quizá foi cousa da oposición. Feijoo, en lugar de sacar peito e esixir rectificacións mellor estaría calado
Dous son os motivos esencias. 1º As mutuas patronais tiñan un enorme furado nas súas contas, que foi saneado con fondos da SS.., 2º os ingresos da SS son escasos, por culpa de que os salarios sobre os que se calcula a cota son baixos. A Ucha que deixou Zapatero, ó que votaremos de menos, está sendo asaltada irresponsablemente polo PP. O sistema público de pensións tornase inviable, e iso é o que no fondo pretende o PP, pra que a xente recorra a pólizas privadas
O Diario ABC publica unha información escandalizándose de que o ministro grego de finanzas teña un piso en Atenas. Cando se trata de ver a palla en ollo alleo podíase empezar polo próximo. Polo que escandaliza, polo ático de Rouco, polo ático do Presidente da CCAA de Madrid en Marbella, polo chalet de Pedralbes, polos palacios dos reis de España, polo futuro chalet de Feijoo, pola mansión de Aznar, etc
O asunto PESCANOVA non se pode dar por solucionado. Un pobo que esquece doadamente e posible que este en perigo de comete-los mesmos erros. A alianza dos conservadores coa empresa contra o Goberno do bipartito foi escenificada en diversas ocasións e tivo un dous episodios máis senlleiros en xaneiro de 2007. Apenas seis meses despois da paralización do proxecto un Alberto Núñez Feijoo que aínda estaba a asentarse no liderado do PPdeg visitaba a sede de Pescanova en compaña do seu presidente, Manuel Fernández de Sousa. Mentres a multinacional se gababa de trasladar á localidade portuguesa de Mira o investimento "bloqueado" pola Xunta , Feijoo instaba a Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana a "reflexionar". "Aínda estamos a tempo de ter a primeira planta acuícola do mundo en Galicia", clamaba, mentres lamentaba que Fernández de Sousa tivese "dificultades para exercer os seus dereitos constitucionais" no país. "A ecoloxía empeza polas persoas", ilustraba. Do meso xeito, o fume e afariña non poden condicionarse pola saúde. Galiza podía ser un paraíso do esquí, con pistas o carón do mar. Neve non vai faltar.