Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

UN LAENTABLE OBXECTIVO

UN LAENTABLE OBXECTIVO

  Seguro que el non o ve así; pero o obxectivo do  Director de Política Lingüística non pode ser mais lamentable. É claro que o seu único obxectivo é reconducir a presenza do galego na sociedade, sendo os obxectivos do PP a uniformidade con Castela, teñen que borrar toda pegada diferenciadora. A supresión dos Celgas e a redución orzamentaria da DX e outras políticas caínicas, fan que o reforzo do idioma propio do país sexa solo nominal. Acción do hotel Arriondas, se ben é de unha entidade privada e de fora do país, débese toma-lo polo que foi, un insulto e un desprezo a todo o galego. Como galego séntome insultado e desprezado, polo que ese estabrecento xa o teño tachado. Con todo, preocúpame que algún grupo extremista o tome por obxectivo e sexan os clientes os que sufran as consecuencias dunha dirección inepta. 

VERDADE OU FICCIÓN

  A Deputada ourensana do PP, Ana Belén, alcanzou moita sona. Nas redes sociais atribuínlle xugosas iniciativas. A deputada do PP non se conforma co cese do Sarxento e tramitará unha iniciativa parlamentar para que multar xente do PP sexa considerado delicto e, deste xeito, se inclúa na nova lei de Gallardón que todos os cargos do PP sexan aforados. Pola súa banda Ángel Espadas saiu no apoio da súa compañeira de partido e argumentou que “el alcohol que se consume en esos botellones comunistas es mucho más barato. Viene de Cuba o de Rusia y dura mucho menos. Ademas muchos de esos perroflautas no se pueden permitir ni un coche… ¿qué culpa tenemos nosotros de tener coche?” Esperanza Aguirre tamén apoiou a iniciativa da parlamentaria ourensá. Reafirmouse no caracter comunista da Garda Civil e engadiu que “los agentes de movilidad son antisistema. Hay que poner freno esto. Nosotros no somos delincuentes. ¿Por qué no están vigilando los contenedores de basura con la cantidad de gente que está robando comida de ellos?” A deputada do PP non se conforma co cese e tramitará unha iniciativa parlamentar para que multar xente do PP sexa considerado delicto e, deste xeito, se inclúa na nova lei de Gallardón que todos os cargos do PP sexan aforados. Segundo declarou no momento de presentar a iniciativa “la guardia civil es comunista, todo el mundo lo sabe”. Ademais do feito ideolóxico, argumentou a presentación da súa iniciativa polos múltiples casos de multas que teñen os cargos do PP cando están ao volante. Pola súa banda Ángel Espadas saiu no apoio da súa compañeira de partido e argumentou que “el alcohol que se consume en esos botellones comunistas es mucho más barato. Viene de Cuba o de Rusia y dura mucho menos. Ademas muchos de esos perroflautas no se pueden permitir ni un coche… ¿qué culpa tenemos nosotros de tener coche?” Esperanza Aguirre tamén apoiou a iniciativa da parlamentaria ourensá. Reafirmouse no caracter comunista da Garda Civil e engadiu que “los agentes de movilidad son antisistema. Hay que poner freno esto. Nosotros no somos delincuentes. ¿Por qué no están vigilando los contenedores de basura con la cantidad de gente que está robando comida de ellos?”

SOBRE RODAS

SOBRE RODAS

  A Ministra de Traballo, a que nunca traballou, que sempre viviu zugando da teta , dixo non acto do PP, que o país vai sobre rodas, que o paro diminúe. Sexamos serios, xa está ben de propaganda e de falsea-la realiA dade. O paro ten que baixar despois de decidi-lo goberno xubilar forzosamente ós parados de larga duración. Sigue a sustitución de emprego estable por empregos precarios. A creación de emprego no chega sequera a ficción. O país vai sobre rodas costa abaixo e sen freos. Saímos do túnel, imos ó precipicio

CAMBIO DE TENDENCIA

CAMBIO DE TENDENCIA

   Hai que vota-la culpa a herdade recibida, di o goberno. Pero pasa a metade da lexislatura sen que as cousas melloren, antes ben, empeoran sen que se albisque unha melloría. Pra darnos esperanzas, fálasenos, especialmente Botín, do marabillados que están fora pola boa marcha da nosa economía. Botín non é  de fora, creo , pero el, como nade, ve a boa marcha da economía pro seu negocio. Percepción distinta da banca é a dos seis millóns de parados, os nenos mal nutridos, as familias en  exclusión, as empresas en crise, etc. Presentan como éxito a melloras das  exportacións, normal cun traballo en réxime de escravitude; a mellora da prima de risco, que é común á zona euro.  En resumen: Rajoy non só non mellorou a situación da economía española, senón que empeorouna e destruína. O dano que lle produciu é tan grande que resultará imposible alivialo ata que pasen 70 anos. Non podemos asistir como espectadores impasibles, limitándose só a esperar que vaia escampando. É preciso un cambio radical da política, que os electores teñen que propiciar.  

SUBEN AS MISAS

SUBEN AS MISAS

  Convén ter en conta, con vista   á Semana Santa  que, a airexa sobe un 43% o prezo das misas. Todo é caro. Pare que as cousas de Deus están cada vez mais altas; de nada serve que o estado subvencione a airexa con dez mil millóns de euros, que os exima de pagar impostos,  que a crise non lles afectara ós ingresos. As tragadeiras deste negocio non ten límites

PROS ESCÉPTICOS

PROS ESCÉPTICOS

  No Diario PUBLICO, do día 15, ven un artigo sobre o bispo de Málaga, de Jesús Catalá. comparou o bispo o matrimonio homosexual coa unión entre un home e un can, Doutra cousa non, pero de unións contra natura, os bispos católicos saben o que non está escrito. Por suposto é natural que unha pomba se folle a unha virxe, poñendo os cornos ó marido Resulta curioso este infatigable afán pola reprodución xenital duns homínidos que decidiron eles mesmos non se reproducir. Algo que, por outra parte, a sociedade nunca lles agradecerá bastante Para pedir respecto primeiro hai que practicalo e esta xente leva vinte séculos  queimando herexes, desmembrando bruxas, prohibindo libros, cagarse na medicina e impedir estudos científicos. Podemos darnos cun canto nos dentes se ultimamente só se dedican a tocar os narices e a non pagar impostos. A igrexa, a oficial, non a dos pobres, segue servindo ós ricos e os ricos esfolando os pobres nunha formidable exaltación de hipocrisía.  

A PREPOTENCIA

A PREPOTENCIA

 A muller do alcalde de Bande, ou o que sexa, Deputada autonómica e membro da Comisión de Interior do Parlamento galego, foi multada dúas veces pola Garda Civil, unha por unha falta de aparcamento e outra por non ter pasado a ITV do vehículo. A calquera nos pode pasar, pero ela sendo un cargo público debía dar exemplo. Esperanza  Aguirre, no solo pasa dos policías e fuxe, intenta atropellalos. Cospedal salta unha  cola e arma unha lea en Toledo. Son a elite do PP

OCURRENCIAS E DESVERGOZAS

OCURRENCIAS E DESVERGOZAS

 A ocorrencia do Ministro de Interior de concede-la medala policial á virxe do amor é algo propio don país en  negro, e vai camiño de ser unha cuestión xudicial. A desnutrición infantil, segundo a Ministra de Sanidade non existe, en todo  caso, segundo este roxelo, é cuestión de un desequilibrio nutricional. Difícil que se de un desequilibrio cando  que falta é que levar á boca. Non se pode oculta-la pobreza con eufemismos. Ela si que ten un desequilibrio mental. Esta xente xoga nunha división, que nada te que ver coa da do resto dos mortais, cobran grandísimos soldos e, aínda así teñen axudas públicas pra colexios e garderías, por suposto privadas. No doméstico, Feijoo respondeu moi enfadado no Parlamento que en Galicia non había malnutrición infantil. Dar credibilidade ós datos de Cáritas é un insulto ó SERGAS, afirmou.

NON É O MESMO

NON É O MESMO

  Segundo os bispos: non  é pecado unha felación si se fai pensando en  Deus. Seguro que  moitos se escandalizaron  e pregúntome: quen é o que ten que pensar en Deus, ¿ o que a mama?, ou ¿o que lla man ?. Parece un pecado, dos moi gordos que se teña que pensar que lla mama a Deuse, ou que é a Virxe a que lla mama. O xeito de comportarse e de   dicir burras dos xerarcas da airexa escandaliza. A solución, aínda que repugne, é admitir o maxisterio da airexa. 

ISIDORO

ISIDORO

  Felipe González será un deses homes que pasarán a historia polas súas habilidades camaleónicas e a descalificación gratuita do contrario. Especialista en xogo de habilidades, que non dubidou nunca en xogar dende os sumidoiros, dotado de unha retórica propia dun comerciante que vende un produto, no que nunca créeo, pero que lle garantía o poder que cobizaba, un tahur que desplumaba a propios e extranos cunha baralla trucada. Criado na falanxe, pasou a un raro socialismo co nombre de guerra de ISIDORO. Foi utilizado pola CIA, vía socialdemocracia alamana, pra garantir os intereses Yankis fronte a unha posible subida dunha autentica esquerda ó poder que fora contraria os seus intereses. Hoxe, como home da CIA, é asesor de Capriles, pero non se alonxa dos chupes económicos, aupando e protexendo a empresa do seu fillo, que grazas a un contrato coa empresa pública INDRA, obtivo uns beneficios de 7 millóns de euros. A crise non vai con el.

SEN LIBERDADE

SEN LIBERDADE

  A OSCE  sitúa a España como un dos países europeos onde as liberdades están en perigo. Un feito curioso é que España é o único país que non permite a presenza de observadores. Con motivo das masivas manifestacións recentes, o goberno español non permitiu a presenza de observadores da OSCE. Algo Terán que ocultar. O mellor non van moi descamiñados os que din que imos hacia unha ditadura.

UNS POUCOS

UNS POUCOS

  Uns poucos ven que a economía marcha mellor. Iso dixo Rajoy. Ten razón, a xeneralidade non atopa esa bonanza, que debe estar soterrada no mais profundos dos abismos, ou será que perdémo-la fe e non cremos os cantos cos que nos queren enguedellar.  Xunto coas mentiras dixo unha gran verdade, pra uns poucos vai mellor. Un pequeno porcentaxe é mais rico, outros están na pobreza e a excusión social. Pero eses son das crases proletarias, que non teñen outro dereito que votar ós que os van a lanzar ó abismo. 

INDULTOS

INDULTOS

Os indultos convertéronse nun medio pra burla-la xustiza e indulta-los partidarios cando son senteciados. O PP estivo dando indultos a condenados por corrupción; tamén os tramitados polo despacho de avogados no que traballa o fillo   de Gallardón, sen que se fixera caso dos informes xudiciais. Este feito, ademais de reclama-la urxencia dunha regulación do indulto, lembra a postura do PP, pro que o que non é corrupto é terrorista. Penso que hai unha terceira vía: a da dignidade. Os últimos movementos tende a un control total da xustiza polo goberno, dese xeito xa non será tan necesario recorrer ós indultos e crear áreas de impunidade, que xa   as haberá antes das sentenzas. 

NO LÍMITE

NO LÍMITE

  A Lagarde,  demais servidores do ultraliberalismo, quere saber onde está  o límite. Cantos recortes é capaz de aguanta-lo pobo español. A qué extremo poden tensa-la corda, cánta miseria aguantamos, e cuan boludos somos, votando a sinvergonzas e ladróns. A raza humana é como as ovellas. Deixámonos conducir  por golfos e non berramos cando os lobos atacan ó rabaño.  

CON FALDAS Y A LO LOCO

CON FALDAS Y A LO LOCO

Un home que usa saias dáme mala espina. Algo esconde, algo quere disimular; non sei que pode ser, pero prodúceme moita inquedanza. Mirando á cara do personaxe. Non fai falla ter uns grandes dotes de psicólogo pra adiviñar que se trata dun macho poderoso. Esconder e dominar as altas doses de testosterona. Ten que ser un sacrificio.  A homilía de Rouco no funeral de Suárez é unha ameaza ós que disintan da Pastoral da Airexa. Foi ó mesmo tempo unha advertencia de que a Airexa está vixilante e “maniobrará” pra que os privilexios a Xerarquía e os “valores” que defenden non sexan ameazados. A directa ameaza, a unha guerra civil non se debe tomar como algo baladí,  está na liña da dereita cavernícola

MARXENES DE INFARTO

As enerxéticas españolas incrementaron os seus marxes comerciais nun 25%. Non houbo unha baixada dos prezos ó consumidor. O Galán de Iberdrola aínda   suxire a necesidade  de axuda--lo sector. A verdade que creo que esta xente  xa está provocando demasiado. Estou seguro de que vivimos nun país pacífico e tranquilo; pero esta xente debía saber que hai un límite.

HAI QUE DEVOLVER

HAI QUE DEVOLVER

As eléctricas van a devolver 300 millóns de euros, cantidade que segundo o goberno cobraron demais. Fontes independentes, estiman que a devolución debía ser superior ós 4.000 millóns de euros. Esa parece se-la cifra que lle roubaron ós consumidores. Pero o Goberno, sexa por conivencia, ou acolloamento, pasa por esa cantidade, a mais a  colocación de catro importantes peperos nos consellos de administración das eléctricas, debe ser un argumento de peso, pra que o goberno de o Vº e P. Mentres os estafadores debían estar na cadea, sábese do corte d luz a 600.000 familias; a algunhas restablecéronlles o servizo, pero a falla de diñeiro impediralles acende-la calefacción, por culpa dunhas enerxías mais caras de Europa, nun país cos salarios m ais baixos