Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

A POLO GALEGO

A POLO GALEGO

 

 Non e nada novo falar dunha onda de voracidade do capital, que provoca numerosos protestas dos prexudicados. Os medios de represión aumentan na mesma proporción que as inxuticias sociais. Parella a esa represión contra as crases oprimidas, estase levando a cabo na España do posfranquismo unha persecución contra de pobos febles e empobrecidos, abusando dunha escas conciencia de país. As incomprensibles represións contra seareiros do fútbol, polo simple feito de portala bandeira galega, pasando por unha irracional reacción contra calquera grupo que porte algún símbolo galego ata esas esperpénticas declaracións da policía falando da participación dun grupo de 260 manifestantes, que vencella á RESISTENCIA GALEGA, na manifestación da dignidade, evidencian unha táctica do goberno en criminaliza-lo mais mínimo atisvo de conciencia de país. Queren facer de nos un país acéfalo, servil e sumiso. 

TERROR

TERROR

 

  A táctica do poder  é dominarnos polo terror. Somos como un rabaño de ovellas que buscan unha aparente seguridade, fuxindo da incerteza e dos sonos de liberdade; dese xeito entregamos o  noso destino ás mans de psicópatas que se din gobernantes.  A política do terror consisten en asusta--la cidadanía e quitarlles os dereitos básicos, ameazando con pragas e calamidades pra logo presentarse de salvadores, causando un mal, que os cidadás ven con  alivio, comparado co que lless ameazaran. 

ESTADISTICAS ESTREMAS

ESTADISTICAS ESTREMAS

 

As estatísticas amosan un país desastroso, que nunca levantará cabeza. A competencia basease nus salarios de escravitude, que impiden que o consumo interior despegue, mentres o índice de pobreza medra. Un 20% de nenos pasa fame, segundo Cáritas. O goberno viu desmentida a súa propaganda de melloría, e causoulle un grande cabreo ó saberse descuberto.

SOCIALIZAR PERDAS, PRIVATIZAR BENEFICIOS

 

 

  Cando unha empresa non vai ben, algunhas non quebran. Aí esta o Estado, que co noso diñeiro, rescatas. As empresas concesionarias de autoestradas están quebradas, e débense un montón de diñeiro a eles mesmos. O estado vai a rescatalas cos nosos cartos.  Politicos, construtores, banqueiros, os mesmos que provocaron a burbulla inmobiliaria, e que levan tempo valeirándonos os petos, custándonos un diñeiral. Cándo deixaran de sablea-lo sufrido pobo español, estes salteadores de camiños do século XXI? De seguir tensando a corda, esta podería romperse e iso non creo que lles interese. O Estado, con esa filosofía, debe asumi-la das débedas de todas as empresas privadas españolas. Así mesmo, debe asumi-las hipotécas e débedas das familias, que se nacionalicen completamente as estradas e se abran gratis a todo-los cidadáns, xa que poñemo-lo diñeiro para rescatalas, que polo menos ás gocemos sen custo

 

LARGO CAMIÑO

 

A emigración é un amargo camiño. Na idílica insula de Feijoo volve a recuperarse esa vella práctica, que levou a milleiros de galegos  buscarse a vida no estranxeiro. De cada catro persoas que deixaron España no ano pasado, unha era galega. A elo hai que suma-la emigración a outras zonas do estado; aínda así o paro segue medrando, o que nos fai comprender que se non fora por este doloroso alivio, a explosión social en Galiza sería incontible. Que Feijoo nos fale do ben que vai o país baixo o seu réxime produce unha insoportable carraxe.

DESCREDITO GANADO

DESCREDITO GANADO

  

 A perversión e o descrédito faise mais patente cando a policía amosa a imaxe de unha muleta con pincho e bolas de ferro. As imaxes de ambos obxectos polo sindicato da policía, resultaron ser falsos, segundo fontes da mesma policía., o cal fixeron a sabendas de eran falsos. No acto houbo a comisión de varios delitos, que debían supoñer a inmediada suspensión e o procesamento e expulsión do corpo. Débense sentir moi seguros, impunes e por riba da lei A credibilidade da policía queda danada. Noticias como esta fanos ver con escepticismo as versións policiais; por si isto xa non fora bastante, aínda hai mais: o do suposto adoquín, é a versión dun policía infiltrado. As culpas a RESISTENCIA GALEGA son de pena. Armas como martelos, tirapedras, paus, denotal o nivel tecnolóxico do terrorismo galego. Como diría Cabanillas  bótase en falta fouciños nesa listaxe, acho que Interior oculta algo.

O FIN DETIDAS

O FIN DETIDAS

 

Como sempre, LA RAZON estaba no certo. Aí tedes a dúas perigosas terroristas detidas na manifestación da dignidade. Na imaxe vese claramente o perigosas que debían ser. Dúas cuitadas, sangrando como cristos, logo de recibi-las caricias dos vaqueiros. Non figurarán nos partes de lesionadas, porque fisicamente non teran posibilidade de ir a un hospital. Figuraran, por contra, moitos policías lesionados. Dar paus pode producir lesións, a quen os recibe, non a quen os da. Nos partes médicos recóllense lesións MOI LEVES, afortunadamente, de policías; o que evidencia unha estratexia perversa.

VALENTE E HONESTO

VALENTE E HONESTO

 

Nunca me identifiquei coa figura de Suárez, o meu modelo eran Bóveda e Castelao; dito isto, hai que recoñece-la talla de estadista de Suárez e a súa habilidade. Non fixo a mellor transición, fixo o que naquel intre era posible. Fíxolles comprende a elite do réxime que había dous camiños: ruptura, ou reforma. Elixiron a reforma, que garantía que os privilexios non se ían tocar, o mesmo tempo que se garantía a impunidade. Os que non entendían que outros tempos eran chegados e que España tiña que deixar de ser un país singular e cavernícola, entre os que atopaban certos poderes fácticos, enfrontouno con algúns militares, eclesiásticos e mesmo compañeiros. O de UCD foi mais que un partido político un tinglado que tivo que argallar, polo que tivo que convivir co inimigo na casa, porque os peores inimigos e os mais traidores estaban o seu lado. Será recordado como un home valente e honesto. Que atope acougo.

DENUNCIAI

DENUNCIAI

 

   Si algo hai que denunciar, denunciade, pero é inadmisible que dende  San Caetano se de orden de denunciar, con razón, ou sen ela. A táctica destes dous partidos é a de tú mais. O PPg  ten un problema de corrupción e non ten ningunha vontade de resolvelo. Sen dúbida que no concello de Ourense hai tomate; pero que sexa DEMOCRACIA ORENSANA a que figure como adalid da limpeza democrática, produce hilaridade. 

NA BOIA

NA BOIA

 

Feijoo é como un camaleón  que se adapta o medio pra subsistir; ten a virtude de ir a deriva subido nunha boia, nadando por encima dos problemas.; así nedou coñece-las actividades de Marcial Dorado, cando en Galiza sabemos qué é quén, masi Dorado. Os membros da lista do PP das municipais de Santiago foron seleccionados por Feijoo en persoa. Sabía, non o pode  negar dos asuntos da cúpula da lista. Sabía das xestións de Paula prado, o que non lle impediu ascendela, pra compensala de que os edís non a quixeran de alcaldesa. Non hai concello, nin Deputación en que lle de o visto e prace ás listas.de aí que se poda concluír que está no vértice da corrupción. A fortaleza de Feijoo, en gran parte está na incapacidade da oposición pra crear unha alternativa de goberno . Un BNG que se divide, un PSOE errático, que non atopa vieiro, nin líder crible; e unha propaganda de alienación. 

HAI QUE VELO

HAI QUE VELO

 

O representante da policía falou de manifestantes violentos, referíndose ós alcaldes e os pescares que se manifestaron fronte ó pazo do Hórreo. Foi certo   viuse como os manifestantes arremetía a cabezazos contra as porras dos policías. Como media ducia de fornidos policías arrastraban polo chan a unha Deputada que intermediaba na protesta. Como tres policías mallaban nun manifestante que tiñan inmobilizado no chan. Posiblemente non colaborou na malleira. Víase xente  coa cabeza sangrando. Todo de luva branca; nada comparable ò da valla de Melilla.

VAI VINDO

VAI VINDO

 

A viaxe a México do Presidente da Xunta é do máximo escurantismo, pero vaise facenda a luz sobre o entramado financeiro de BANESCO e o PP. En   troques da entrega de NGB, Echevarría será o soporte financeiro do PPg,. Florida xa está mais cerca. ¿cánto custa  a viaxe?. ¿hai beneficios reais pro país, ou solo pro PP?.

 

O REPARTO

O REPARTO

  O País Vasco, con menos flota que Galiza, acapara a maioría da  cota, o que irritou ó sector, menos  aquela minoría tributaria do PP, e que reparte xugosas axudas que a Xunta da ós armadores. Os mariñeiros, que son o proletariado da pesca, son marxinados. Eles piden reparto de cotas, pero o que  recibiron foi un reparto de paus. Doe ver como algúns medios de comunicación se ocupan do asalto da valla, reprocha á GC o emprego de medios antidisturbios pros asaltantes  da valla, pero ignoran o reparto de paus en Santiago, as brutais cargas da policía, os que piden xustiza e ós que intentaron facer de mediadores entre os pescadores e un goberno autista. Parece que as reunións coa Conselleira están abocadas ó fracaso; as dúas partes parten de un orixe de falsidades, que longo tempo practicaron. Si queren chegar a un acordo terán que empezar a examina-las causas que os trouxeron aquí; e a Conselleira si é incapaz de xestionala crise que se aparte, ou que a cesen 

OS EXPERTOS

OS EXPERTOS

 

  Non se sabe de que son expertos, si a quen serven. Ese comité asesor do PP recomenda afondar na inxustiza social, baixando o IRPF, pero subindo o IVE. Dese xeito eliminase calquera vestixio de xustiza impositiva e os pobres, por medio do IVE, afrontaran o pago da suba de impostos. Pero a inxustiza tributaria non para aí, A débeda, que é unha carga horizontal, medrou exponencialmente, no Estado e na Xunta. Tamén recomendan recorta-las pensións e outros gastos sociais que quedan. Os tiburóns ultras no seu estado puro

O FRACASO

O FRACASO

 

O fracaso da política é alarmante; na rúa marchas da liberdade, marea branca, marea verde, etc dan  fe dun aloxamento dos políticos do sentir do pobo. Fronte o Pazo do Hórreo os pescadores do cerco protestaron contra o reparto de cotas imposto por Arias Cañete. Á domesticada Galiza deulle unha cota, que non garda relación coa súa importancia pesqueira; beneficiarios: os vascos, que   teñen un goberno autonómico que os defende. A Conselleira do mar, proponse, cal galerna de ineptitude, afundi-la flota. Supostamente recibiu a uns representantes do sector, que como non podía ser menos, tributarios do PPg, afíns ó partido. non  defendeu ó sector, apoiouse nos tributarios  pra refrenda-la política de Madrid lesiva pro sector pesqueiro galego. Non é solo culpa súa; seria inxusto atribuírlle unha  política de servilismo que dirixe Feijoo, os que os votastes sodes mais responsables. Hurra polos parlamentarios que estiveron ó carón deles, sufrindo as represións. Mais o colmo, foi que Feijoo votoulle a culpa do desaguisado da distribución da cota ó pobre Zapatero. 

NON É NORMAL, NIN XUSTO

 

Non é normal, nin xusto que se suba o canon do lixo un 30% de golpe. Antes que a suba hai que ve-los custos,  ondee van  os cartos de Cerceda. Gastos en autos de luxo, multiplicación de cargos, do PP por suposto, soldos millonarios, despilfarros peperos sobre as costas dos cidadáns. Os alcaldes están no seu papel, teñen que defendelos veciños, é o seu deber. Por certo, na época do bipartito, o PP, na súa campaña de axitación utilizou ós alcaldes do partido, simplemente pra facer bulla dente o Hórreo. O dos alcaldes é invento pepero.

VIAXE Ó INFERNO

 

 Por pouco tempo, Polonia é o país de Europa con mais restricións ó aborto, aínda que se recollen supostos como a malformación do feto, violación, saúde da nai, etc.; a burocracia oficial fai tan difícil  o exercicio do aborto, que a maioría recorre a abortos clandestinos. A lei que quere impoñe-lo PP presentase como moito mais restritiva que a polaca, e a burocracia que pra súa aplicación, se vai a implantar aínda será moito mais dura. Paralelamente xa está realizando unha labor de lavado de cerebros. Na Autónoma de Madrid dan créditos ós estudantes por asistir a charlas antiabortivas. De Galiza xa se está a trasladar a Portugal clínicas e preparan o desembarco de mulleres españolas que foxen da inquisición

 

A CONSPIRACIÓN

A CONSPIRACIÓN

.  

  Na Almudena, baixo a dirección de Rouco, celebrouse un oficio relixioso, lembrando as vítimas do 11- M. Rouco, aloxándose da súa función apostólica, converteu o acto nun mitin político. Non se votou de menos a Aznar, el encargouse de axita-la teoría da conspiración. Parece que xa se vai, que vai con Deus, ou co   Demo, con quen teña o valor de acompañalo na súa travesía. O malo é que o  seu cheiro a xofre queda.

OCASION PRA MENTIR

OCASION PRA MENTIR

 

O Goberno de Aznar non necesitaba unha razón pra mentir, facíao a cotío, non precisaban un 11 M. O seu era enganar e mentir, aquela ocasión era a ideal pra fabrica-la madre de todas las mentiras. Dende El Mundo e dende a emisora dos Bispos intentouse, durante anos especular coa teoría da conspiración, que inventara Aznar. Os poucos minutos do atentado, os técnicos negaron a autoría de ETA, pero Aznar non quería perde-la ocasión de fabricar con aquela dor a mentira mais grande do seu goberno, que por certo, foi un período de mentiras, que nos fan escoitar, se non fora pola traxedia, as mentiras de Rajoy con certa hilaridade. Despois de dez anos, algún personaxe da mentira mediática, admite que todo foi unha montaxe orquestada polo PP. Nunca é tarde pra admitir un erro, pero nin Jiménez  los Santos, nin nade do PP fixo acto de contrición, malia que coa súa mentira fixeron moito dano, chegando a ocasiona-lo suicido dalgunhas persoas, que non puideron soporta-.lo acoso dos descerebrados, nin a campaña do Mundo, órgano de propaganda do PP, nin de Jiménez  los Santos, porque como dicía CX Cela, un home pequen non ten obriga de ser bo, bastante ten con ser pequeno, mais si é anano; pero o enroque do PP produce asombro.   

OS UTILIZADOS

OS UTILIZADOS

 

Bildo ten un  orixe de pecado, que de xeito algún, está disposto a desaproveita-lo PP. Négalle lexitimación pra gobernar, e os que acepten o seu apoio pra gobernar pasan a se-la diana do PP. Que pretenda o PP dar carnet de lexitimación democrática, asombra. O conflito de Navarra non é da nosa área xeográfica, pero ten o común de que un partido podre, corrupto e mafioso, coas raíces e filosofía nun pasado fascista, que aínda hoxe rexen a súa traxectoria  diaria, ten a ousadía de dar leccións de pureza democrática e dar  certificados de lexitimidade.