Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O PUÑALES

 

O Puñales era o seudónimo co que as empresas coñecía ó concelleiro peperro do Axuntamento de Santiago. Parece, segundo as investigacións que era o encargado de poñer en contacto a empresarios e alcaldes, así como políticos da Administración Autonómica pra obtención de contratos.  Ademais dun fixo de 3000 euros o mes, tamén tiña comisións. Os técnicos do concello de Santiago eran contrarios ó modelo de contrato con AQUAGEST; este asunto resolveuse contratando da rúa uns órganos de fiscalización adictos ó PP, que pasarían por alto todo tipo de contratos do concello do PP. Isto sobrepasaba a capacidade Espadas, polo que entraban en xogo outros membros da corporación. Resultado, dende o Alcalde o último Concelleiro estaban  metidos n o allo, como si formaran parte dun grupo mafioso 

 

QURENCIA

QURENCIA

 

A Botella ten querenza polos condutores borrachos e perigosos. A concelleira do Axuntamento de Alcorcón, que triplicou a taxa de alcoholemia, logo de atropelar a  e que atropelou a unha señora de 79 anos, foi coloca, o mesmo que Carromero, no Axuntamento de Madrid, como asesora, cun soldo de 6.000 ó mes. Isto teñen que poñerlle límite

VIAXES

 

O noso Presidente e amigo de viaxes segredos. Do obxecto, custo e resultados da súa  viaxe a Cuba, nada se sabe. Sospeitase que os obxectivos da viaxe foron deseñados por FAES, nada tiñan que ver cos interese de Galiza, nin dos galegos residentes na illa, agás utilizalos contra do réxime. Iso si, o custo da viaxe era a costa da Xunta, e dicir, dos galegos. Esta viaxe se greda, non se sabe cales eran os fins; o que da lugar a que a imaxinación cree historias e supla a falla de información. ¿Sería acaso de contido sexual e  de aí o s eu seu segredo?, dubido. Algo de iso puido haber, pero o certo é que nada se sabe. O único que transcendeu foi por medios da illa que poñen o acento na misión de FAES. Pero, ¿ temos que se--los galegos os que costeemos isto?  

Ó ESTILO MAFIA

Ó ESTILO MAFIA

 

Vendex, que ten motivado a instrución de POKEMON, actuaba con un proceder mafioso, e conseguiu implicar ós concellos de Lugo, Ourense, Santiago e a Coruña. A Xunta tamén lle ten concedido grandes chupes a esta empresa. Curiosamente Feijoo ven salvando o seu pelexo. O tío é unha anguía.

EN COMPETICION

EN COMPETICION

 

Os concelleiros peperros de Santiago están en competición pra ver quen é o mais corrupto. De momento van en cabeza Adrián Varela, Espadas e Paula Prado. Claro esta clasificación sería según POKEMON. Pero calquera que sexa o camiño escollido sempre hai un peperro. Adrián Varela non solo colocaba a xente e amañaba contratos, tamén facía algo moi típico peperro, aterrorizaba ó persoal coa perda do posto de traballo, mesmo lle pediu a unha empresa “favorecida” que despedira a muller dun sindicalista do Concello, coñecido polos empresarios como “pijolandia”, é un engolado e misoxeno, que dixo dunha compañeira do seu grupo que era unha mal follada. A CIGA teno denunciado. Paula Prado, a conseguidora, era a preferida por VENDEX pra alcaldesa i é a protexida de Feijoo, que tamén está no tomate, pero é mais escurridizo que unha anguía e utiliza os peóns de pantalla. Non solo os concelleiros do PP son os responsables da corrupción,  tamén o son os que lles votaron.

SUPRIMAN XA O SENADO

 

Países como Alemania, que duplica, con creces, a poboación de España, ten cen Senadores; Estados  Unidos , dous por  estado: moitos países, con mais tradición democrática que España, nin sequera teñen Senado; pero a singular España ten 360, sen cometido específico. Iso si, cuns soldos e unhas prebendas astronómicas; mentres conxélase o  salario mínimo.   O Presidente do Goberno fai case un ano que non o pisa, e os Ministros meses.                                                                                                                        

Á RÚA

Á RÚA

 

O CXPX suspende cautelarmente ó xuíz Silva. Os servidores do PP volven a avisar que hai dúas cousas intocables a corrupción e o franquismo, ignorar estas circunstancias pode levar ó xuíz Silva a ser expulsado da carreira xudicial. Nos cinco anos que se levan instruíndo procesos por corrupción, ningún corrupto foi á cadea. Outros mais, como é o caso de Fabra, que ademais pitorréanse dos que cren no sistema.  Atacar a Blesa polo asunto do banco de Florida   suporía deixar o descuberto a Aznar, e iso non pode ocurir, porque Azar é intocable.   O recente informe  da policía sobre os regalos da rede Gürtel, non se mencionan os regalos da rede á filla de Aznar, nin o pago dos gastos da fastuosa voda

!HAI QUE VER!

!HAI QUE VER!

 

Tres millóns de nenos pasan fame e viven no umbro da pobreza, pero o PP nega no Congreso dos Deputados que ningún neno pase fame. Despois de ve-lo testimonio desa mestra, referindo como os nenos lles piden un cacho de pan pra logo poder cear, despois de ver como cidadáns de Europa adoptan nenos españois, somos conscientes do impresentables que son os Deputados peperros. Dende logo un fillo dun peperro non pasa fame

!HAI QUE VER!

!HAI QUE VER!

 

Tres millóns de nenos pasan fame e viven no umbro da pobreza, pero o PP nega no Congreso dos Deputados que ningún neno pase fame. Despois de ve-lo testimonio desa mestra, referindo como os nenos lles piden un cacho de pan pra logo poder cear, despois de ver como cidadáns de Europa adoptan nenos españois, somos conscientes do impresentables que son os Deputados peperros. Dende logo un fillo dun peperro non pasa fame

AS CONTAS DE FEIJOO

AS CONTAS DE FEIJOO

 

A Xunta aforra co copago un 0,007% do orzamento. Ten en nómina 159 persoas nomeadas como asesores, que lle custan 4.800.000 euros. Pra manter a maioría absoluta pretende reduci-lo número de Deputados do Hórreo, co argumento de que é pra aforrar. Non se vai resenti-la autonomía,  nin a democracia porque hai 61, o 72 Deputados, pero si é unha aberrración democrática que un Deputado pola Coruña, ou Pontevedra custe o triplo de votos que un Deputado por Lugo, ou por Ourense. Si o que se trata é de aforrar  que se supriman as Deputacións, as Superdelegacións da Xunta, que se reduzan asesores, ou Concellos. E que o voto valía igual nas catro provincias.

FAITE OIR

FAITE OIR

 

O grupo ultracatólico. HAZT7E OIR  colapsa o correo electrónico do concello de Pontevedra, mediante mensaxes, nos que protestaban   polo feito de que o concello fora en contra   da reforma  da lei do aborto. Segundo o contido destes correos non poden aturar que cos seus impostos se vai dende o concello contra dun Lei, tendo como base unha posición ideolóxica, curiosamente a maioría dos correos tiña a súa orixe fora de Galiza. Eu digo mais, non teñen o dereito, teñen a obriga de facelo. Non estou conforme que cos meus impostos se financie a airexa católica, nin a monarquía.

 

MAL O VEXO

MAL O VEXO

A confesionalidade sociolóxica e xurídica, malia os formalismo da Constitución supoñen un balado a revisión do Concordato, que só pode ser revogado cun novo acordo entre España e a Santa Sé, xa que non se encontra legalmente prevista a renuncia unilateral a este: por moito que Alfredo Pérez Rubalcaba se empeñe, a ruptura do Concordato supoñería practicamente a ruptura de relacións con San Pedro, algo que probablemente non se entendería nesta terra piadosa. O Concordato aínda en vigor non só impide cobrar o IBI á Igrexa -o que supoñería ingresos aproximados a tres mil millóns de euros ao ano para as arcas do Estado-, senón que exclúe a esta doutros impostos.

A NOSA HISTORIA NAS SÚAS MANS

A NOSA HISTORIA NAS SÚAS MANS

 

 

Como non podía ser doutra maneira, os parques arqueolóxicos tamén son xestionados por familiares do PP. Con ser importante que utilicen tódolos chupes pra zugar da teta do público, logo de dicir que hai que privatizalo todo, iso si, regalándolles ós amigos o chupes. Iso explica que a fronte de áreas sensibles coloquen a xente carente de experiencia e ciencia. O dano que esta chusma pode causar no noso patrimonio arqueolóxico pode ser irreparable. O 90 % de adxudicacións que fai a Xunta va a parar a persoas e empresas vinculadas co PP; xa sexa de  Galiza, ou de  fora.

GRAN PERDA

 

Mayor Oreja non quere encabeza-la lis do PP ó Parlamento Europeo. Ns catro anos da lexislatura só presentou unha pregunta á Comisión, que versaba sobre os crucifixos nas escolas. Esta estrafalaria produtividade tamén é compartida por outros Deputados de diversa tendencia. O Parlamento Eur6opeo é un cementerio de políticos, que non teñen sitio nos seus países. Volvendo ó do crucifixo: mais de tres millóns de nenos españois están na pobreza. Algúns complementan a alimentación no colexio. A Xunta, cunha opresiva orientación relixiosa, suprime os comedores escolares, pero reforza a orientación relixiosa, tanto en colexios como na asistencia. As mulleres coacciónanse a parir, unha vez que paren, o goberno abandona ás crianzas. Claro, seguir apoiando ós nenos sería comunismo. O apoio ó nascituro é catolicismo. 

QUÉN DA MAIS

QUÉN DA MAIS

 

Segundo o PP,  a reforma da Lei do aborto suporá un  notable avance económico. Este disparate solo o pode concibir quen considera a muller como simple reprodutora, sen outro dereito que proporcionar crianzas, man de obra barata ós mercaderes. Nesa laboura, coa sutileza que lle caracteriza, pero con singular empeño, está o goberno de Feijoo. De cada cen euros que recibe da CEE, destinados a políticas de apoio á muller, 75 van a parar a rede madre e organizacións antiabortistas. Como en Madrid, hate que as mulleres parían, apoiáselles e obrigaselles a a parir, logo esquécense dos fillos. 

AGARDANOS UNHA NOITE

AGARDANOS UNHA NOITE

 

 

“A diferenza do acontecido en Madrid, onde a privatización da xestión hospitalaria se fixo en bloque, "a peito descuberto", a Xunta optou por "un sutil goteo moito máis difícil de percibir pola cidadanía”. Parece, aínda que non me fío, porque hai moitos intereses  en xogo, que Madrid deu marcha atrás na privatiización da sanidade. Iso demostraíamonos a utilidade da loita. Alberto Núñez Feijóo  non ten unha oposición tan organizada, e ademais de mentir, dicindo: que  nunca poñerá en mans privadas a asistencia sanitaria en si. Pero na lista da xestión das áreas das que se foi desprendendo o Sergas durante os seus gobernos inclúense a construción do hospital de Vigo, as ampliacións dos complexos hospitalarios de Ourense e do Salnés, a central telefónica de chamadas de cita previa, a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, o mantemento dos equipos, a plataforma loxística de medicamentos, o arquivo de historias clínicas, a atención dos accidentados leves de tráfico, as telecomunicacións,ou a esterilización., de momento.
"Privatizouse case todo como quen non quere a cousa; queda o persoal sanitario aínda que o están a tentar a través do modelo que propuxeron de unidades de xestión clínica co que a Consellería busca un silencio cómplice dos médicos ao seu intento privatizador", sostén a radióloga e membro da Asociación en Defensa dá Sanidade Pública, Luisa Lores. Para ela, a guinda ao desmantelamento "calado pero constante" da sanidade pública galega é a "entrega a multinacionais e fondos de investimento da xestión da información" do Sergas (historia clínica, receita electrónica, teléfonos informativos e cita previa) e a investigación, docencia e ensaios clínicos. "Teñen acceso a todos nosos dato”

 

 

COPIANDO A HITLER

COPIANDO A HITLER

 

En Europa dise que o goberno de Rajoy vai camiño dunha ditadura. Como cando Hitler solo se di, pero nada se fai. Neste caso  espérase que non sexa un perigo par Europa, aínda que si pro españois. Para eles solo somos uns africanos mais.

DE CU

 

É admirable a teimosía con que o goberno pretende lavarnos o cerebro dicindo que os seus recortes están dando o se froito. Pois si que o están dando, pero pra desgraza do común pra prexuízo da maioría traballadora. A derradeira EPA pon como datos salientables que a poboación activa diminuíu en case 275.000 persoas no pasado ano, o par baixou algo, pero o saldo sigue sendo negro. As políticas do goberno da os seus froitos, pero amargos. O goberno sempre terá a posibilidade de botarlle a culpa de todos os males a Zapatero, como leva facendo con absoluto desenvoltura dende que chegou ao poder. Pero cómo é posible que isto non irrite ós cidadáns, despois de dous anos de goberno peperro, que nos puxo nunha situación peor. Temos menos traballo  de peor calidade, gañamos menos diñeiro, pagamos máis impostos, agás os privilexiados. A crase media desaparece. Somos máis pobres

 

ABURRIDO

 

 

Felipe González vaise  do Consello de Gas Natural porque se aburre. Que mal está o país cando alguén se vai dun consello, porque se aburre de gañar pasta. Iso ten  que se-la hostia nun pais de fame, de desemprego e pobreza. Tamén se aburría de non facer nada; unha figura decorativa, a que se lle paga por favores recibidos, que cando asiste ós consellos, nin sequera abre a boca. Os consumidores das enerxéticas son os que pagan estes raros empregos. Empregos nos que seguen un feixe de expolíticos, ós que encabeza Aznar, un señor que debe ser tan listo que está nos consellos de varias empresas. El non  se aburre de gañar cartos.

 

ABURRIDO

 

 

Felipe González vaise  do Consello de Gas Natural porque se aburre. Que mal está o país cando alguén se vai dun consello, porque se aburre de gañar pasta. Iso ten  que se-la hostia nun pais de fame, de desemprego e pobreza. Tamén se aburría de non facer nada; unha figura decorativa, a que se lle paga por favores recibidos, que cando asiste ós consellos, nin sequera abre a boca. Os consumidores das enerxéticas son os que pagan estes raros empregos. Empregos nos que seguen un feixe de expolíticos, ós que encabeza Aznar, un señor que debe ser tan listo que está nos consellos de varias empresas. El non  se aburre de gañar cartos.