Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

ESCÁNDALO NA DEPUTACIÓN DE LUGO

 

Os peperros precisan urxentemente algún tipo de irregularidade que desvíe a atención dos seus escándalos de corrupción. millóns de euros.  Non podía ser Galiza un paraíso que escapara ás practicas corruptas do PP. Os escándalos de Santiago, A Coruña, a Xunta, as Deputacións e un sinfín de pequenos concellos, gobernados polo PP, fixo que se agarraran con desesperación a unha axuda de 7.000 euros que a Deputación de Lugo concedeu á UXT para un congreso. Non se pode comparar, n in pola cantidade, nin pola pluralidade de beneficiarios. 7.000 euros sería o que se gastarían un puñado de políticos peperros nunha comida pra arranxalo país. Os cura está a cousa cando a única defensa é: e tí mais 

 

NON SOMOS OS PRIMEIROS

NON SOMOS OS PRIMEIROS

 

 

De momento somos os segundos en desigualdade social; solo nos supera Letonia, pero tranquilos, conseguiremos se-los primeiros. Camiño dela imos. Un puñado de persoas ten mais riqueza que os dez millóns de persoas mais pobres. Os moi ricos e as grandes empresas apenas pagan impostos.  Rajoy anúncianos que a crise rematou. A reforma laboral empobreceu a milleiros de españois. O paro sigue, pero agora a diferenza é que moitos traballadores laboran en réxime de escravitude.

CONSETIMOS Á CORRUPCIÓN

CONSETIMOS Á CORRUPCIÓN

Por menos houbo revolucións; estase a tensa-la convivencia de tal xeito, que ningunha cousa é imposible. O caso de España é un dos mais, quizá un dos peores, pero por todo o globo se estende un ultraliberalismo, que nega o pan ós mais, pra concentra-los privilexios nuns poucos. Un país, como o noso, inmerso nun estado de putrefacción xeneralizado, devorado ata os ósos polos vermes da corrupción, Un estado de descomposición que rebordou todos os límites imaxinables, ata salpicar coa súa pestilencia a todos os partidos políticos de forma irreparable. E non obstante, a pesar de facerse públicos de forma continuada todos estes escándalos de corrupción política, os españois seguen votando maioritariamente ós mesmos partidos. Aí está o alucinante caso da Comunidade Valenciana, a rexión máis representativa do saqueo desvergonzado perpetrado polo Partido Popular e onde, a pesar de todo, este partido de auténticos foraxidos e bandoleiros segue gañando as eleccións con maioría absoluta

CONCORDATO EXPRES

CONCORDATO EXPRES

 

 

Xurde cilicamente a promesa de reforma-lo   concordato. Debe ser unha de esas promesas que nunca se pensan cumprir. Tempo houbo e oportunidade tamén, pero nada se toca. A airexa é demasiado poderosa pra tela de inimiga, i é verdadeira inimiga si se intente recorta-los privilexios. Incluso neste intre de crise, os seus privilexios, lonxe de sufrir recortes medaron. Apenas seis días despois da entrada en vigor da actual Constitución Española, naquel reformista ano de 1976, foi aprobado o concordato. ¿Cómo logrou pecharse tan rapidamente un acordo? Porque, despois da morte de Franco, a Asociación Católica Nacional de Propagandistas, que tiña unha clara penetración en numerosos políticos da UCD e de Alianza Popular, e mesmo dalgúns partidos nacionalistas periféricos, puxéronse mans á obra ó pouco de morrer o ditador Franco. Aínda que a Constitución di que España é un estado aconfesional, con liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto, na realidade nunca houbo un laicismo claro, sempre houbo unha presenza omnímoda da Igrexa Católica. 

CIENCIA E MANIPULACION

CIENCIA E MANIPULACION

De manipulador e  mentireiro, que intenta pintar un país, que nada te que ver co real. Non merece a pena pra Feijoo falar do paro, da corrupción, da pobreza, do endebedamento, é cando o fai é pra minimizalo ou, incluso, pra facerse unha loubanza do ben que o está a facer. De nada serve o cabreo duns poucos.  No Pazo do Hórreo Feijoo, facendo uso dos mellores artimañas , manipulación e a propaganda zafia pintou un paraíso.  Feijoo gasta tanto en propaganda como o orzamento que precisaría o CSIC pra sobrevir. Iso é o que mellor retrata ó goberno. A ignorancia é fundamental pra súa existencia, a ciencia non da votos, antes o contrario, uns cidadáns instruídos non son doados de manipular.

 

 

ABURRIDO

ABURRIDO

 

Felipe González vaise  do Consello de Gas Natural porque se aburre. Que mal está o país cando alguén se vai dun consello, porque se aburre de gañar pasta. Iso ten  que se-la hostia nun pais de fame, de desemprego e pobreza. Tamén se aburría de non facer nada; unha figura decorativa, a que se lle paga por favores recibidos, que cando asiste ós consellos, nin sequera abre a boca. Os consumidores das enerxéticas son os que pagan estes raros empregos. Empregos nos que seguen un feixe de expolíticos, ós que encabeza Aznar, un señor que debe ser tan listo que está nos consellos de varias empresas. El non  se aburre de gañar cartos.

 

SEN MATERIAL NOS HOSPITAIS

SEN MATERIAL NOS HOSPITAIS

 

Os hospitais da Xunta e varios Centros de Saúde dependentes  do SERGAS escasea o material: agullas, cueiros, reactivos, medicamentos, etc. As farmacias están desabastecidas, e os medicamentos escasean. O centro de fornecemento de Negreira é de xestión privada, e o deficiente funcionamento pódese deber a inoperanza do mesmo, ou a un intres da Xunta en deteriora-la sanidade pra privatizala. O mais seguro é que ós dous. O Hospital da Costa é o paradigma da caótica xestión, alí falta case de todo; pero unha das prazas de capelán que quedou vacante por xubilación do titular foi cuberta de inmediato. O SERGAS paga ós capeláns. As baixas do persoal sanitario e auxiliar, tanto de hospitais como Centros de Saúde, so se cobren nun 10%

UN FAISAN

UN FAISAN

 

Está mal votar esgarros pro ceo, porque, ademais de ser unha cochinada, pode caerche na cara. Iso é o que lle pasou o PP coa operación policial montada contra  ETA. Que se informara media hora antes de iniciarse a operación do desenrolo da mesma, semella subrealista, e estaría na liña de colaboración con banda armada, non xa na revelación de secretos. O Ministro tería que infrinxirse un terrible  autocastigo. Pode que todo sexa menos casual, que sexa unha estratexa peperra pra manter viva a imaxe dun inimigo, necesario pra xustificar a súa política de cara as masas e os seus acólitos. Ó fin de contas o Ministro do Interior, aínda que bocazas, é especialista en manipulación; dese xeito poden falar da destrución de probas, aínda que non as tiveran e segir mantendo vivo  un espantallo contra o que loitar, como antes, nos tempos de Franco, foi o comunismo, e logo buscaron outros pra encelar e aborrega-las masas.

 

 

CORRUPCIÓN PROTEXIDA

CORRUPCIÓN PROTEXIDA

 

A corrupción en España non é perseguida pola xustiza; está en auxe e agora o goberno, neal de corrupcións, pretende ocultala cun manto de silencio, prohibindo que se fale dela. Así, o que non se sabe non existe, e como na época de Franco, viviremos nun mundo feliz; porque parece que a felicidade vai ligada a ignorancia. Si os pobres ignoran que hai ricos xa non se senten tan pobres. O Goberno quere que sexamos felices a forza de facernos ignorantes, por iso pretende impoñer  ancións ós que informen de corrupcións ou calquera falcatruada. 

O DESCANSO DO GUERRERO

O DESCANSO DO GUERRERO

 

 Volvendo ós escuros tempos do franquismo, a ala dura do PP  devolve a muller á condición de  simple reprodutora que trae fillos a este mundo pra ser escravos e míseros obxectos pra disfrute de dexenerados pedófilos. Os fascistas do franquismo negán muller toda capacidade de decisión, porque a ven como o descanso do guerrero, un simple obxeto subordinado a vontade do macho. Non hai poucos problemas que requira a atención do Goberno, pero éste busca novos retos, creando problemas onde non os había. A min dame que unha das razóns é pra crear polémicas e entreter, en estériles discusións, ó persoal.   Por suposto, a ultradereita a airexa preconciliar teñen moito que ver  no asunto.   

NON É CASUAL

 

Aínda que nade ve como normal que  a Ministra de fomento  vaia a Panamá pra arranxar o contencioso de SACYR. Non fai falla escaravellar moito pra atopar as verdadeiras razóns, que non son razóns de estado,  senón do PP. Una filial de SACYR  foi a que doou 200.000 euros pra  campaña de Cospedal, obtendo o  contrato de limpeza de Toledo. A empresa, en perigo de quebra, según os competidores do contrato, foi avalada, inusualmente, polo  goberno español. De aí que nos vexamos implicados os  españois na mamadela do canal no que a empresa SACYR quere resolve-los seus problemas e facer américas 

 

UNHA ATENTADO

UNHA ATENTADO

 

Difícil é saber si  a Ministra de Traballo non entende mais, ou se a reforma laboral solo ten por obxecto, malia o que  di  a propaganda, contentar á patronal. Xa se veu que emprego non crea. Como di Anguita, a maioría dos recortes do goberno Rajoy vulneran a Constitución. Así o entenden algúns xuíces, e como exemplo está a titular do Xulgado do Social 2 de Barcelona, María Luisa Sanz, concluíu que a reforma laboral emprendida polo Goberno do PP en febreiro 2012 vulnera a Carta Social Europea de 1961, segundo considera nunha sentenza do 19 de novembro. En concreto, a xuíz chegou á conclusión de que o contrato indefinido de apoio a emprendedores posto en marcha coa reforma laboral contradí a Carta "pois non fixa nin prazo de preaviso nin indemnización por finalización do contrato durante o período de proba dun ano". Pola contra, Botella cre que a reforma laboral trouxo... o "maior progreso da historia da Humanidade"!, pra súa parroquia, claro. Os supostos Miragres de creación de emprego que supostamente manexa o goberno con ríspeto ó mes de decembro, son desalentadores, tanto polo número en si como pola manipulación que fan deles. Non se menciona a baixa a SS, a emigración, nin a natureza dos contratos.

UNHA PANDILLA

UNHA PANDILLA

 

 O das eléctricas son  unha cuestión da máxima seriedade. Impiden que ningún goberno nos saque da crise A privatización criminosa que se fixo  do sector, entregando as empresas a prezo de saldo a unha pandilla , que manexa o mercado o seu antollo, empregando a un montón de expolíticos, que  non abren  a boca, nos consellos de administración pra asegurarse  unha vía libre pras súas facaltruadas Con poxa, ou sen poxa, seremos violados e sacrificazos na ARA da avaricia das eléctricas. Diso xa se encargando os nosos políticos e a panda de desvergonzados das empresas de enerxía que lles pagan e contratan unha vez rematou a súa vida política. O oligopolio que se montaron é inmoral, como inmoral é que os políticos de tódolos pelaxes  gobernasen en favor das devanditas empresas de enerxía. Tendo un dos salarios mais baixo, solo lixeiramente por riba de Portugal e Grecia, temos a electricidade mais cara de Europa. As eléctricas lograron, de facto, que o goberno prohiba as renovables, podendo entrar un inspector do Ministerio de Industria nun domicilio particular, sen mandamento xudicial, en busca de paneis solares. Urxe a nacionalización das empresas enerxéticas, o encarcelamento dos responsables do roubo continuado e os seu complices.                                                                        

NA CUNETA

 

 

Despois de utilizar ás asociacións de vítimas do terrorismo contra o goberno da nación, agora déixanas no lixo e pasan delas e abrazan, os que declaran inimigos eternos. O PP, co seu cinismo, pasou do: vostede traizoa ós mortos, a traizoar ós vivos. Non querían que Zapatero acabara co  terrorismo, porque o terrorismo era un dos seus activos, e non lle preocupaba uns mortos mais, con tal de sacar rendemento. De todos xeitos, na escuridade do camiño con que levan o asunto, imaxínome que pra non irritar as AVT, celebremos como o único positivo do 2.013

CÓMICO

CÓMICO

 

 O derradeiro adiamento das adxudicacións de PEMEX, despois de dous anos de promesas de Feijoo, resulta cómico, e tráxico ó mesmo tempo, que o mesmo dia que se agardaba o anuncio da adxudicación da construción de ous barcos, se adíe, novamente, un mes a adxudicación Feijoo di que respetemos os tempos. Non se le ocorre outra cousa, nótase que o eu estómago está cheo,  porque os estómagos baleiros non entenden dos tempos de Feijoo. Resultarían graciosas as monsergas de Feijoo se non  fora por ese detalle.  Moitos incrédulos creron as promesas de Feijoo: “hoxe temos contratos que aseguran traballo na Ría de Ferrol e na Ría de Vigo”. Esa era a promesa electoral de Feijoo, que lle votaba en cara á oposición que solo protestara, mentres que el compre e logra traballo, o que secundou en tromba todo o PPg. Os que lle creron tiñan que saber que Feijoo é un mentireiro

UN ANO PRA ESQUECER

UN ANO PRA ESQUECER

 

 2013 trouxo a Galiza mais paro, mais pobreza; crises de Pescanova, da construción naval, redución e envellecemento da poboación; emigración, queima de auténticas xoias; espolio do aforro galego, privatización troceada e encuberta da sanidade, recortes brutais no ensino público e na dependencia; privatización mista da administración mediante a creación de Axencias, etc. Un ano pra esquecer.

COSTE O QUE CONSTE

COSTE O QUE CONSTE

 

O santuario da Virxe da Barca calcinouno un raio. Tiña para-raios, o cal quere dicir que a toma de terra non funcionaba. A Xunta, con diñeiro de todos, viña de financiar un arranxo por valor de 400.000 euros. A instalación eléctrica nin se tocou, pese a que os técnicos recomendaba facelo e o Arcebispado se comprometeu a elo.  ¿cántos dos 400.000 euros se chegaron a gastar nos arranxos?, ¿alguén encheu os petos? . ¿Hai algún responsable?. ¿Funcionaba a toma de terra dun transformador cercano? ¿ Hai responsabilidade civil e penal da eléctrica dona do transformador?. Ah claro, é un eléctrica. É curioso, grupos escolares e Institutos de ensino, ós que o vento deixa sen cuberta, é non hai cartos pra reparalos. Un accidente nunha airexa que gaña pro clero un  monto de pasta coas esmolas, un arcebispado podrido de diñeiro, ó que o famoso electricista subtraía un millón de euros, sen que o notasen, ten que ser a Xunta a que poña agora os cartos. O Presidente Feijoo e o Conselleiro de Educación, este con saúdo moi feminino ó arcebispo, van prestos ó lugar de autos, tamén o Secretario do PSOE.  Pra recuperación do Monte Pindo, tampouco hai cartos. Algo vai moi mal.

OS TALIBÁNS

OS TALIBÁNS

 

A maioría dos membros do clero español son moito mais ultras que os talibáns, e agora atoparon un goberno propicio, grazas ó cal reverdecen as  súas aspiracións mais cavernícolas. Tanto en ensino como no aborto, asuntos polémicos, a pegada indeleble da airexa ultramontana deixou o seu maxisterio. Cecais teñamos que agradecer a Rouco Varela e os monaguillos do goberno a inmensa labor no espallamento da apostasía, e que esta se faga pública e pase de ser unha opción persoal a transformarse nun apostolado, que nos libere, dunha vez, do dominio dos dinosauros.

ASUSTA-LA CRISE

ASUSTA-LA CRISE

Fátima Báñez foi nomeada Ministra de Traballo pra asusta-la crise, pero por moi fea que sexa a Ministra, a crise non se asustou. As pensións baixan en valor relativo, algunhas solo subiran dous euros ó mes. As pensións mais altas  sálvanse da queima, grazas o PP. O paro segue medrando. Os 1.800 millóns en axudas pra contratar xóvenes non mellorará o paro,   solo desprazara a idade dos parados

 

SOMOS UNS BORREGOS

SOMOS UNS BORREGOS

 

  Somos uns borregos, e como tal nos tratan, a pretendida subida dun 12% do recibo da luz dádeo por feito. A escaramuza entre o Ministro de Industria e as eléctricas non é mais que unha escenificación pra que nos calmemos e facernos crer que o goberno preocúpase polos consumidores. Cando todo se calme, volverá o tarifazo. España ten un salario base que é a terceira parte do alemán, nembargantes  a electricidade é mais cara que en Alemania. No primeiro Goberno de Aznar emprendeuse unha esquizofrénica liberalización do mercado eléctrico español nun proceso que se vendeu como o que lograría importantes baixadas de tarifas como consecuencia inevitable do fenómeno da libre competencia entre empresas. Por suposto, as consecuencias reais foron un aumento do 80,% da factura da luz e a creación dunha xigantesca débeda estrutural inexplicable, que vai crecendo ano tras ano e se pretende imputar aos contribuíntes e consumidores, malia que xa están a pagar tarifas domésticas que están entre as máis altas de Europa  demos 12.000 millóns de euros das arcas públicas ás eléctricas en concepto duns supostos Custos de Transición á Competencia (CTC) que debían afrontar; pero a finais de 2005 resultou que recibiran máis diñeiro polos prezos de mercado que o que se crera necesario (¿?) para asegurar a súa rendibilidade. Así que en 2006 se eliminou o pagamento dos CTC, pero as empresas non reembolsaron os seus beneficios extraordinarios. O presidente de IBERDROLA,   nun programa de radio, escarallábase coa risa.