Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

ENCANTADOS CON RAJOY

ENCANTADOS CON RAJOY

 

   As grades empresas do Ibex gañaron no ano pasado un 58% mais que o anterior exercicio. Hai un traspase de  rendas do traballo ó capital. O gañar diñeiro é un obxectivo das empresas, a culpa non é delas, nin sequera dos felóns que lle lo permiten, senón dos miserables e andraxosos  votantes, que elixiron a un goberno que solo pensa no roubo e no beneficio do capital. Eses andraxosos que creen a propaganda peperra, que culpa a ZP e xustifica con elo a súa ineptitude e malicia

CODIGO FLEXIBLE

CODIGO FLEXIBLE

 

Aquel código de boas prácticas, o código ético do PP, do que presumía Feijoo, parece ser que é un código flexible que se adapta as conveniencias do líder. Agora, Feijoo corríxese a si mesmo e di que, pra que un político cese, ten que haber sentencia firme, ou medidas cautelares. Na corporación municipal de Santiago, solo tres edís non están imputados nalgunha causa, o resto da corporación está imputada, incluído o alcalde, a maioría xa en fase de xuicio oral; Santiago recorda a Marbella, imaxe que quere evita-lo PP. O Alcalde Currás acudiu a Feijoo pra pedirlle axuda e  clemencia pra súa multiimputada corporación.  Feijoo ten un papelón, porque xa non é solo a corrupción no Concello de Santiago, é en toda Galicia, non porque o PP sexa corrupto todo, senón porque tódolos corruptos parecen estar no PP, cousa que se fai patente, pese o empeño dos peperros en estendela merda               

OS MILLONARIOS

OS MILLONARIOS

 

 

Como non temos un exército e unha política  de defensa propia temos que ser a puta que cubra con diñeiro ás mafias golpistas e compre un país pros ianquis. Trescentos axentes ianquis e  sionistas propiciaron o  derrocamento dun réxime lexitimo e aupar ó poder a unha panda de extremistas que favorezan ós intereses xeoestratéxicos dos ianquis. Ímos lles dar 11.000 millóns de euros; según outras fontes 22.000, que poucos chegarán o pobo. A Venezuela tamén a están sitiando. Putos ianquis

RECUPERANDO POBREZA

RECUPERANDO POBREZA

 

 

Rajoi laiase de que algúns lle neguen o éxito do que el chama a recuperación económica. No mes de febreiro o paro, do rexistro das oficinas de emprego daban 1.700 parados menos. Di a Ministra do paro que xa se ven, coa axuda da virxe do Rocío, o froito das medidas do PP. Os menos cridos ven a realidade da viuda, dos xubilados, que coa súa pensión, 1 de cada catro, ten que soster o fogar di fillos e netos. A baixada dos anotados ó paro nas Oficinas de Emprego, non reflicten os que emigraron pra buscar traballo fora e os que se aburriron de anotarse no paro, pero que seguirían como parados.

 

RESULADOS

RESULADOS

 

Tras cinco anos de goberno Feijoo na Xunta, un análise de resultados  destaca que o paro creceu en mais dun 50 %, desmantelouse a gratuidade dalgúns servizos públicos; a industria desapareceu practicamente, cunha baixada de un 21,8 % dos asalariados. A agricultura vai camiño da ruína; con eses mais de 380 millóns de euros que o goberno central desvía das achegas da UE e a complicidade dun servil Feijoo e unha incompetente Conselleira a débeda acumulada pola Xunta, que son impostos diferidos, xa é superior ó orzamento anual. Non  hai infraestruturas novas. O emprego público atópase en liquidación, e o pouco que se crea é ocupado, por diversos métodos, con persoal afín, mediante o método dixital. Xa non hai concorrencia libre e de méritos. O método usado polo PP é pre fideliza-los votantes e reter o poder, no pra facer xustiza. A corrupción é habitual, sendo a provincia da Coruña a única que parece desaprobala, noutros casos hai unha alarmante comprensión. Houberan chegado estas circunstancias e estas credenciais pra que  Feijoo fora derrotado nas urnas; pero un incremento dun 26% nos orzamentos de propaganda, xunto cun encefalograma plano dos votantes son unha vacina preventiva determinante

NADA SE MOVE

 

PP e PSOE seguen vetando calquera investigación sobre o accidente de ANGROIS; será porque teñen moito que agochar. Dixo Rajoi no Parlamento que se investigaría a fondo. Que pouco lle duraron as promesas. Oficialmente nunca se saberá a verdade, na práctica o común sospeita cal é a verdade, sospeita que é a única que hai.   

 

O DA FAME É UN INVENTO

O DA FAME É UN INVENTO

 

Xa o dixo Rajoy: A crise está superada. Nade debe dubidar da palabra do Presidente. Cando un neno chegue a escola sen almorzar, demacrado e con cara de fame, non é culpa do que chaman crise, que eu penso que si a hai, que non saímos dela. Tamén ocorre que a riqueza está mal repartida, que moitos nunca sairán da crise, que moitos gañarán mais, que pra eles nunca houbo crise. 

UNHA CHIQUILLADA

 

 Dento do que a dirección do PP calificaría de chiquillada está a recomendación dun concelleiro do PP, que lle recomenda a unha parada que se dedique á prostitución. Pros machos do PP toda a solución de futuro pasa polo chocho. Agora  os peperros xa non necesita estar borrachos pra dicir disparates. Ese concelleiro, amigo de Cospedal, debe ter unha fixación co sexo. Necesita unha explicación, porque eu non o entendo, que estes personaxes estean sempre ligados a algunha poderosa femia do PP, xa sexa Cospedal, botella, ou Aguirre.

FRAUDE, OU SINXELAMENTE FURTO

 

A Patronal madrileña defraudou mais de quince millóns de euros, cobrando por cursos de formación que non fixo. Os cursos de formación foron deseñados pro fraude, pra que sindicatos e patronal se encheran os petos. Parece que esta mesa tiña tres patas. O terceiro pe era a Consejera de Empleo da CA de Madrid. Nun país no que os políticos meten a man, case resulta normal que unha Consejera participe no fraude.

COUSAS

 

A muller é sinxelamente un animal reprodutor, carece de capacidade de decisión propia, é un ser subordinado ó varón ó que serve.   O papel xogado polas Deputadas do PP no Congreso, con motivo da Lei do Aborto, avala esta idea. Por outra parte, elas teñen medios pra abortar no estranxeiro, onde non é pecado e a súa honra está a salvo.               

UN SUMIDOIRO NO MONTE

 

Arquitectonicamente, con perdón, a Cidade da Cultura e unha gran cagada de mosca. Como proxecto é o empobrecemento cultural dos  distintos territorios do país pra encher un pozo creado pola magalomanía dun personaxe e privando de financiación a outros museos. Economicamente é algo inasumible que levará, solo polo custo, 37.000 euros diarios, de mantemento a ruína de Galicia. Non quero pensar o número de escolas, hospitais, residencias, axudas á dependencia, ós sectores produtivos ou o emprego que se poderían auxiliar cos recursos que o menstruo consume

 

MEXAR CONTRA O VENTO

MEXAR CONTRA O VENTO

 

A reforma electoral de Feijoo é un pucheirazo anticipado, utilizando a escusa do aforro. Moito que ocultar, moito exercicio de distracción. Tanta lea pra aforrar solo un millón de euros. O malo das contas é que sempre din a verdade. Magoa que a oposición entre trapo.

O CHANTAXISTA

O CHANTAXISTA

 

 

  España ten a electricidade mais cara de Europa. Malia iso, o Presidente de Iberdrola, ameaza con non inverter mais en España. Houbo unha baixada de consumo, pola crise, e iso afectou a conta de resultados da empresa. O chantaxe terrorista do sr Galán debía atopar unha axeitada reposta do goberno. É hora de nacionaliza-las enerxéticas e que o sr. Galán devolva os 1.400 millóns de euros roubados ós consumidores. O Goberno subiu a tarifa fixa da luz un 18%, iso pagaremos consumamos ou non. Vai se aplicar un sistema tarifario, indescifrable e ó gusto das eléctricas. España ten unha electrizada un 26% mais cara que a media europea; do continente é o país coa electricidade mais cara. Solo comparables a Irlanda e Chipre, ambas illas; si lle engadimos a diferenza de poder adquisitivo coa media europea, a cousa aínda é peor. Noutro país o sr Galán estaría preso. 

POLO IMPERIO HACIA DEUS

 

Polo imperio hacia Deus era un lema da ditadura, que o PP mantén como parte desa nostalxia imperial, do que foimos, pero xa non somos. Como dicía,  enrabexado,  aquel portugués: España é unha leoa vella desdentada. Os sucesos de Ceuta poñen de actualidade algo que debeu solucionarse fai tempo. As chamadas prazas de soberanía no norte de África é un anacronismo, que algún día teremos que solucionar. A OTAN non as considera terreo  da organización. España non se pode permitir o elevado custo de manter unha soberanía sobre un illado reduto, que ademais do custo económico, solo nos trae problemas

 

O FISCAL VE IRRELEVANTE

 

O Fiscal ve irrelevante a carreira xudicial de Garzón pra concederlle o indulto. Hai que pensar que un kamikace, un condutor ebrio e culpable, un condenado por corrupción, si son do PP, si teñen méritos pro indulto, e aínda pra colocalos de asesores; pero Garzón, pecador como o que mais, cometeu o garrafal erro de intentar dar xustiza os derrotados polo franquismo. Os herdeiros do réxime non permiten ningún reparo das crueldades cometidas polos seus ancestros. Pra eles, en posesión da verdade, non houbo crimes, foi unha cruzada contra o comunismo, que a humanidade lles ten que agradecer. O primeiro problema é o concepto de comunismo que tiñan e teñen, pra eles calquera demócrata é un comunista, con rabo e cornos. En canto á corrupción campa, o que hai sobre a terra é deles, e ninguén debe dubidar delo 

 

MOMENTOS PERIGOSOS

 

 

Tanto o PP como  O PSOE están asolagados por casos de corrupción. Agora xa non lles chega con intimida-los xuíces que investigan casos de corrupción e en dificulta-la labor do instrutor, facendo que o proceso se líe e se alargue no tempo. Precisan que os votantes vexan a corrupción como algo que afecta a tódolos políticos, sexa do partido que sexa. Á táctica de espalla-la merda é perigosa, porque nade vai crer na democracia. Certo que a maioría do PP ten unhas fondas raíces franquistas, e que si aceptan a democracia é como un mal menor, non porque sexan demócratas. Cáusame mais perplexidade o caso do PSOE; cecais se deba a que m oitos que se chaman socialistas ven a política con o un xeito de vida, non como unha ideoloxía. Queren implicar a outros políticos de distintas formacións, como unha nova táctica de despiste, pero que poden facer moito dano; por iso ollo; son tempos complicados.

.

PECHANDO FERIDAS

PECHANDO FERIDAS

 

 Diante do perigo de escisión dentro do PP, Rajoi busca un inimigo común e culpa da herdade recibida a actual crise. Xa está ben que despois de dous anos de goberno se siga coa herdade recibida. Tódolos indicadores económicos e de benestar están moito peor que cando Rajoy chegou  ó goberno, agás a prima de risco, que non é imputable a Rajoy, senón ó BCE. A prima de risco italiana segue parella á española, e alí non goberna Rajoy. A débeda pública alcanza o 95% do PIB. Cando Rajoy chegou ó goberno a débeda Pública era de pouco mais dun 70% do PIB. A débeda das familias non baixa, cada vez está mais coa auga o pescozo,  e a morosidade tampouco baixa e o crédito non flúe. Eu creo o que di o PP, esto vai cada día mellor; pra esles, claro.

O ATRACO

O ATRACO

 

 

España ten unha electricidade un 26% mais cara que a media europea; do continente é o país coa electricidade mais cara. Solo comparable  a Irlanda e Chipre, ambas illas; si lle engadimos a diferenza de poder adquisitivo coa media europea, a cousa aínda é peor. A nova factura da luz, posiblemente deseña polas eléctricas é tan opaca como as anteriores, podendo ter a electricidade, no mesmo día, mil cincocentos prezos diferentes, o que garantira á eléctricas a imposibilidade de que nade vai entendela factura. A liberalización do sector foi vendido polo goberno de Aznar como un medio pra que o prezo baixase, dende aquela non fixo mais que subir. Países estranxeiros onde operan as enerxéticas españolas xa lles pararon os pes, nunhas nacionalizando as compañías e noutros impoñéndolles fortes multas, pra que aprenderan que neses mercados non se poden comportar como en España. O sobrecusto á industria é rebaixado, desviando e recargando ó prezo nos recibos de  consumo doméstico. Dese xeito pretende o goberno mante-la competividade das empresas. Ó marxe desto, os consumidores xa pagaron, sobre o realmente consumido, centos de millóns, mediante trampas de contadores e enganos diversos.. xa nos tempos do goberno de Zapatero, una iniciativa de EU pretendía que se investigara o prezo da enerxía, comisión que foi rexeitada polo PP e PSOE

¿DE QUE RECUPERACIÓN FALA?

¿DE QUE RECUPERACIÓN FALA?

 

 En xaneiro o desemprego subiu un 3,9%  en Galiza, fronte ó 2,4% de media do Estado.  En só no mes de xaneiro, perdéndose 13.560 afiliados menos. Os índices de pobreza alcanzan niveis imprevisibles. A destrución do tecido industrial é alarmante, a destrución do apoio financeiro é total. Con estes vimbios fálannos de recuperación económica. Seguro que Santiago é o eco de Madrid, por iso o goberno Feijoo fala de recuperación económica. En Madrid énchense a falar de recuperación económica. Que llo digan ós numerosos pobres, ós pensionistas, ós dependentes, ou os parados. As cifras macroeconómicas pouco din cando a riqueza solo é dunha elite.

OS ALICERCES

 

O Grupo de Portos ven a ser algo así como os alicerces do bo chupótero. O mesmo que nel se iniciou o ínclito Pablo Crespo, hai un número elevadísimo de xente que cobra a dieta por asistir a un consello, sen asistir. A Dieta é un complemento que engorda os elevados ingresos dunha xente pluriempregada, mentres hai 273.000 galegos en paro. O caso de algúns conselleiros  cobrando dietas de asistencia, sen asistir, é un escándalo, non  pola contía, senón polo feito