Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

OS ANTISISTEMA

 

Os antisistema chámanlles ós que manifestan o descontento na rúa, ós  que din non teñen pra comer, ós parados, os desafiuzados, etc. Pódennos deixar sen traballo, sen vivenda, sen servizos sociais, pero non temos dereito a queixarnos. Temos que asumi-lo noso papel. Somos o soporte de vagos e maleantes, o seu alimento, que nunca debe faltar na mesa de esas crases previlixiadas. Non está permitido soñar, porque si o facedes sodes uns antisistema. O sistema é o que inventaron os explotadores, os que viven del, e sobre o que non debemos dubidar.

TEMPO DE HABILIDADES

 

Un home coñeceu unha fermosa muller e decidiu casar con ela.
Ela dille:
- Pero, non sabemos nada o un do outro!
E el responde:
- Non é problema, irémonos coñecendo co tempo.
Ela accedeu.
Casáronse e fóronse de lúa de mel a un luxoso hotel.
Unha mañá, estaban tombados xunto á piscina cando el se levantou, subiu a un trampolín de 10 metros, realizou unha perfecta demostración, de todos os saltos que existen e logo volveu xunto á súa esposa.
Ela dille: - Foi incrible!
E el responde:
- Fun campión olímpico de saltos de trampolín.
Xa che dixen que nos coñeceriamos co tempo.
Nisto ela levántase, entra na piscina e empeza a nadar, ida e volta a unha velocidade impresionante.
Despois de 30 voltas, sae da auga e tómbase xunto ao marido.
El di:
- Estou sorprendido! Fuches nadadora olímpica ?
E ela contesta:
- Non. Puta en Venecia e atendía a domicilio...      

NON CHEGA UN CESE

  No actual momento político non se arranxan as cousas co cese de Rajoy. Non é cuestión de que  das filas do partido se saque un candidato, que vai ter a mesma folla de ruta e os condicionantes que ten Rajoy. O PP é unha cloaca, onde todo está enmerdado. O PP é unha mafia, o mais puro estilo tradicional, e a ormentá dos seus membros fai imposible que se coñeza o verdadeiro entramado corrupto. A prensa estranxeira segue asombrada o nivel de corrupción que hai en España . como esa mesma prensa admite, nada se arranxaría cunhas novas eleccións, porque os  candidatos podían estar contaminados, pero os electores son o principal problema, porque son eles os que dan o seu apoio os corruptos, semella que teñen unha predisposición apoiar ós corruptos. Non se  pode vota-las culpas solo ás campañas de desinformación. Lévamos anos de admiti-la corrupción como mérito, cun transito, sen rotura, da ditadura á democracia. Vivimos nos mesmos valores da era franquista, co mesmo sistema, tanto de valores, como dos que depuran as condutas. Da a impresión de que somos un país de come merdas, e non vemos mal a merda e a corrupción.                                                                                                                              

A PRRESION SOBRE O TRABALLADOR

 

 Coa co PP chama a reforma laboral a fenda entre os rendementos do capital e do traballo agrandouse, nalgúns casos, de xeito exponencial. Por termo xeral, o beneficio empresarial medrou un 4%, mentres o do traballo baixou un 3%. Xunto a este incremento dos beneficios da empresas, xa sexa debido a unha relaxación fiscal e unha explotación do traballador, está aquelas empresas en apuros de financiamento e de retraemento de consumo. Podíase resumi-la situación coa seguinte parábola:

O repertorio popular fálanos dun home que tiña un burro que lle axudaba no labor de arar as terras. Un día, o labrador pensou como podería alcanzar maiores beneficios?. Ocorréuselle que aforrar era a solución e de onde debía de aforrar? concluíu que debía ser do alimento do pobre animal. Puxo en práctica a súa folla de ruta e pasadas dúas semanas o asno faleceu. O triste propietario do burro lamentábase: "Agora que acostumara a non comerse, vai e se me morre... "

ALCALDADAS

ALCALDADAS

Der Spiegel asombrado relatou unha historia que ilustra perfectamente o escandaloso da nosa situación. Referíase á Alcaldesa de Madrid, cuxo único "mérito" é ser a señora de Aznar.
O semanario non daba crédito, "o concello é un pazo cuxa remodelación custou 500 millóns de euros!!! ", "o seu despacho é maior que o do Presidente dos Estados Unidos", ten "un mordomo cuxa única función é servila o café", e 260 asesores persoais e altos cargos que cobran de media 60.000 euros.
O Concello posúe, ademais, 267 coches oficiais de uso persoal, máis que todas a capitais da eurozona xuntas. É unha dministración sen medida, a ostentación suntuaria máis indecente no medio dunha penuria extrema, onde Cáritas tivo que atender a mais dun millón de persoas e un 26% dos nenos vive por debaixo do albor da pobreza. E o pais en situación de rescate. Como se atreve a ir a misa e a saír á rúa? E este é o problema, porque non é a excepción, é a regra

O XUSTO

O XUSTO

 

Os avogados de Bárcenas pagábaos o PP, facían o xusto pra manter o persoal entretido; porque o certo é que a cousa ía e viña pero non se desfacía a madeixa; incluso unha aludida nos papeis de Bárcenas, unha das mais poderosas peperas, saia das sospeitas, grazas a unha acción de negación. A poderosa Ministra saíu de rosiñas, do mesmo xeito que sairán Trillo, Acebes e  Arenas. O mesmo nomeamento de Liaño é unha manobra de Aznar pra despexar de si o cerco

POÑA UN BURKA

POÑA UN BURKA

O Supremo confirma unha sentenza contra do  axuntamento de Lleida que prohibía a ocultación do rostro en espazos públicos. Indirectamente legaliza o uso do burka e a opresión  da muller, confirmación de que somos mais un país moro que europeo.

En 2010, Bélxica converteuse no primeiro país de Europa que prohibiu o uso do veo integral (burka e niqab) nos espazos públicos, aínda que o seu Tribunal Constitucional puntualizou que esta prohibición non afectaba ós lugares de culto abertos

En Francia, o uso do burka en lugares públicos está prohibido. Dende 2004 o uso do burka prohibiuse nas escolas públicas francesas, como resultado dunha lei que prohibe aos estudantes usar os símbolos relixiosos visibles. Nun discurso no Congreso de Versalles, o 22 de xuño de 2009, o presidente de Francia, Nicolas Sarkozy, afirmou que o burka "non" é benvido no territorio da República Francesa",15 agregando que «No noso país, non podemos aceptar que as mulleres estean presas detrás dunha pantalla, illadas de toda vida social, privadas de toda identidad"».16 Agregando non É un signo relixioso. É un signo de sometemento das mulleres. E Así en distintos países da UE. Incluso en países a área musulmana, como Exipto, En 2009, o maior clérigo musulmán de Exipto, o xeque Muhammad Sayyid Tantawy, prohibiu ás estudantes usar o burka na Universidade Ao Azhar,31 que é considerada pola maioría dos musulmáns sunníes como a escola máis prestixiosa. É a universidade máis antiga do mundo con funcionamento ininterrompido.

 

ESVARA

 

 

A xustiza da a sensación de que camiña por camiños moi andados, e cando chega a un caso importante, esvara, e non entra no fondo do     asunto. Todo  é culpa da graxa; un chan engraxado pode ser mo esvaradío

CATRO MIL MILLÓNS

CATRO MIL MILLÓNS

 

Case catro mil millóns de euros de débeda  ten PESCANOVA. Pra ser unha actividade no que a materia prima, o pescado, é gratis, solo hai que ir a collelo, o furado financeiro é monumental. A pr6epotencia de Fernández de Sousa era coñecida, non solo en Vigo, senón en Galiza, pretendía ser un goberno na sombra, pero non dun xeito disimulado, el quería que souberan  quen mandaba. Non sei o que aportou as campañas de Feijoo,  pero non debeu de ser pouco , pra que lle deixara planta-los reais onde quixo, incluso en espazos naturais. É de esperar que Cabo Touriñán se salve pero, dende logo, o prezo é alto. Tantos millóns dan para moito; tamén habería que ver se algún diñeiro en Suíza cheira a pescado. O malo é pros traballadores que quedarán na rúa, incluídos os das empresas estafadas. Cando desaparecen 4.000 millóns de euros non  se fala de roubo, iso deixase pra unha galiña, aquí simplemente son perdas, e non se fala de cadea pros autores dos feitos

RUBOS RENTABLES

Os directivos de Ferrocarriles da Generalitat, da era Pujol, repartíronse 2.700.000 euros. Por esta “apropiación”  foron condenados a case catro anos de cadea. Os 48 días de prisión, a Generalitat concedéulle-lo terceiro grado. Sae barato roubar en cantidade. Si houberan roubado mais nin irían á  cadea. Subindo a cantidade, o procesado sería o xuíz, como no caso Bleda, ou nos gurtelianos.

OS PRIVATIZADORES A XUIZO

 

Os que privatizaron a sanidade madrileña están imputados. Non chegará moi lonxe o proceso; pronto saíra a Fiscalía e xuíces afíns e botaranlles unha man ós imputados. Será un proceso similar ó de Blesa. Ó final todo se  volverá fume

 

OS PRIVATIZADORES A XUIZO

Os que privatizaron a sanidade madrileña están imputados. Non chegará moi lonxe o proceso; pronto saíra a Fiscalía e xuíces afíns e botaranlles unha man ós imputados. Será un proceso similar ó de Blesa. Ó final todo se  volverá fume

Ó SERVIZO DA MERQUEL

 

  O  BCE fixo público un estudo, segundo o cal os españois son ricos, porque teñen un patrimonio do    que non disfrutan os alemáns. Nese interesado estudo, conclúen os teutones que os españois son  ricos, mentres ós austeros alemáns teñen que paga-las contas da regalada   vida dos españois. Nada se di de que o salario mínimo, que é a retribución mais habitual dos traballadores españois, é un terzo das retribucións básicas dos traballadores alemáns. As familias españolas viven endebedadas de por vida, de forma indirecta coa banca alemán, que é a que explota o lucrativo negocio dunha forma de vida que se induxo ós españois. Estes solo viven pra pagar un patrimonio que solo é seu en ilusión, no fondo é da banca. Así os españois viven pra pagar débedas, os alemáns viven pra disfrutar da vida. Non debe esquecerse que xunto a esta distinta concepción da vida. Sobrevoa unha explotacións neoliberal, que sangra a alemáns e españois.

A XUNTA INTEGRA PERSOAL

A XUNTA INTEGRA PERSOAL

 

 É unha oportunidade mais pra valora-lo papel dos sindicatos. A Xunta suprimiu as oposicións, como garantía de obxectividade no ingreso de todo cidadán a un posto na Administración pública,. A xunta sigue o sistema de crear un chiringuito e enchelo de pertsoal, a dedo, entre o clientelismom pepero. Logo suprimen o chiringuito e o persoal pasa en bloque a distintos servizos da Xunta, pese a que foi advertida de ilegalidade polos órganos consultivos, segue facendo uso deste truco pra enchela Xunta de persoal. Entrementres, os sindicatos o seu, a sestear e darse a boa vida. De feito, dende que goberna Feijoo non se convocou unha oposición pra persoal de servizos xerais. Os que entran fanmo por ese sistema

A XUNTA INTEGRA PERSOAL

A XUNTA INTEGRA PERSOAL

 

 É unha oportunidade mais pra valora-lo papel dos sindicatos. A Xunta suprimiu as oposicións, como garantía de obxectividade no ingreso de todo cidadán a un posto na Administración pública,. A xunta sigue o sistema de crear un chiringuito e enchelo de pertsoal, a dedo, entre o clientelismom pepero. Logo suprimen o chiringuito e o persoal pasa en bloque a distintos servizos da Xunta, pese a que foi advertida de ilegalidade polos órganos consultivos, segue facendo uso deste truco pra enchela Xunta de persoal. Entrementres, os sindicatos o seu, a sestear e darse a boa vida. De feito, dende que goberna Feijoo non se convocou unha oposición pra persoal de servizos xerais. Os que entran fanmo por ese sistema

O ROUBO DA GALIÑA

O ROUBO DA GALIÑA

 

 

 Un xoven de 18 anos roubou  unha galiña valorada en cinco euros. A galiña foi recuperada de inmediato, pola policía. O xoven foi condenado a un ano de  cadea.

A sentenza, do pasado 26 de xuño, declara probado que ás 13.40 horas do día dos feitos, o mozo acompañado polo menor, "con intención de obter un beneficio económico", trepou polo muro dun terreo e introduciuse nun patio interior que comunica cunha porta cunha vivenda, " e apoderouse dunha galiña". Fixeron o camiño de volta, saltaron o muro, e na rúa foron interceptados por axentes da Policía local de Las Rozas, que lles quitaron a galiña.

 Esta noticia ilustra, sen que faga falta ningún comentario,como está a xustiza en España.

MIERDOCRACIA E MAFIA

MIERDOCRACIA  E MAFIA

Nun artigo periodístico dicía Enrique de Diego.- Obran no meu poder documentos que mostran e demostran que o Partido Popular é a peor mafia da historia de España. O Partido Popular chegou a niveis de corrupción moi superiores mesmo ao partido socialista. De feito, á marxe do afundimento das caixas, o PP chegou a instalarse no Estado para financiarse directamente da Administración. Un esquema que só se dera en tiranías totalitarias e que nunca se intentara nunha democracia formal, aínda que o que padecemos é unha mierdocracia. Semella que a corrupción é al cotián nos partidos políticos, mais destacados no PP pero que non é o único. Relevante é que los procesos por corrupción eternízanse e solo vai a cadea o que se sae do sistema, incluso pode o xuíz terminar el procesado.

 

ROUBAR A UN LADRON

ROUBAR A UN LADRON

 

  Os delitos mai graves de Bárcenas son defraudar ó fisco e falsidade documental, ningún deles  da orixe a un encadeamento preventivo. O da súa inmensa fortuna parece que se debe ó desvío  a súa conta dunha mínima parte do caudaloso río de diñeiro, que en metálico, fluía cara Xénova. O que rouba a un ladrón debía ter cen anos de perdón. Cando o ladrón controla xustiza, o aforismo non é válido. A medida da a sensación que se debe o único obxectivo de controlalo e facerlle ver o que pode face-lo poder. De calquera xeito, cumpridos os obxectivos de amedrentamento, non estará moito tempo na cadea  

PAXARO ENXAULADO

PAXARO ENXAULADO

 

 Unha parte importante do PP respirou aliviada polo encadeamento de Bárcenas, pero non todos están a favor do encadeamento polo mesmo motivo; pra uns é unha relativa seguridade, na cadea está controlado, todo se reduce a que non lle den mantas, pra que non tire delas; pra outros, os menos, é un xeito de poñer ode neste tema. A diferenza de trato con Blesa é grande, naquel caso persíguese ó xuíz, neste caso, o goberno, vía Fiscalía, pide o encadeamento

DINNOS QUE SOMOS AFORTUNADOS

DINNOS QUE SOMOS AFORTUNADOS

 

  Trinta e dous millóns de euros ten presupostados o goberno de Feijoo pra gastar en propaganda neste exercicio; intenta así convencernos das bondades do seu goberno. Mais os trinta e dous millóns de euros non é a única cantidade que Feijoo dedica a propaganda. Baixo as mais diversas partidas, sempre a Xunta esconde unha cantidade que dedica a propaganda. Por exemplo nas obras, ben pola Xunta, ou polo adxudicatario, en cumprimento dunha condición adquirida, destínase unha parte a propaganda. Moitos cartos pra convencernos do bo goberno que temos, cando se escatima en sanidade educación ou dependencia.