Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

PRA DESPISTAR

PRA DESPISTAR

 

  Os peperros saen en tromba contra dos escrabes. Segundo a ben pagá, os que fan os escrabes compórtanse como se foran nazis.Os nazis, o mesmo que os peperos de hoxe, tamén votaban ós xudeus e os contrarios ó réxime das súas casas; de aí a gran similitude do que fai o PP cos desafiuzamentos. O PP moléstalle que a xente faga os escrabe, que é o único xeito de protesta que les queda os desafiuzados. Pra eles houbera sido mellor que se suicidaran e que se resignaran a sufrir en silencio. Manos Limpias tamén entrou na polémica e intenta se-la acusación particular da presidenta da PAH. Polo súa parte UPy D tamén se uniu ó PP pra ir en contra dos desafiuzados. I é que o tempo vai poñendo á xente no lugar que lle corresponde. Manos Limpias, de sempre se soubo que era un dos moitos brazos do menstruo peperro, e UP y D unha franquicia do PP con pel de ovella.

UNHA ESPERANZA

UNHA ESPERANZA

 

   Maduro fixo unha campaña entre istriónica e excéntrica, chea de errores, que deron a medida dun candidato froxo, sen programa, solo recorrendo a memoria do pasado, facendo patente a súa incapacidade pra manter a política do líder morto. O seo opositor, e nunca mellor dito, inimigo, apoiado polos medios ilimitados da CIA e da mafia de Florida, xa amosa a súa decisión de non respeta-los resultados electorais. A ver si o exército e capaz de contelo; porque este avogado das multinacionais, con  compromisos co capital, mais avaro, non vai deixar de pasa-la oportunidade de poñer as riquezas de Venezuela nas mans dos seus amigos.  É dubidoso que Maduro, que se comportou como un personaxe zafio e mal educado, ofendendo a homoxesuais e mulleres, teña capacidade pra enfrontarse ós retos que se lle presentarán. Tiña inimigos     dabondo, sen necesidade de crear mais. Intentar soster as economías da meirande parte de Sudamérica, tróuxolle a Venezuela moitos problemas económicos e non poucos inimigos, con todo, no plano interno hai que salientar grandes logros.

    Por algo, Chávez era o inimigo da dereita multinacional: Velaquí algúns logros de Chávez e a súa Revolución Bolivariana, segundo organismos da ONU (CEPAL, PNUD, OMS e UNESCO), o Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, e outros.
 A pobreza relativa pasou do 70,8% en 1996 ao 21% en 2010; e a pobreza extrema do 40% ao 7,3%.
 Máis de tres millóns de hectáreas de terra foron distribuídas entre os campesiños, que tamén recibiron 454.238 créditos.
 A desnutrición xeral reduciuse do 21% ao 5% da poboación, e a desnutrición infantil do 7,7% ao 2,9%.
 O salario mínimo é de 462 dólares, o máis alto de Latinoamérica, e creceu máis rapidamente que o custo da canastra alimentaria.
 O desemprego pasou do 16,6% en 1999 ao 7,9% en 2012. A duración do traballo semanal pasou de 44 horas a 40 horas.
 Estableceu un sistema de indemnizacións por despedimento, cun mes de salario por cada ano traballado.
 O permiso por maternidade estendeuse de 18 a 26 semanas.
 Despois das inundacións de 2011, o goberno construíu 346.798 casas e apartamentos, en só 20 meses.
 O número de clínicas (hospitais, centros de saúde e outros) pasou de 5.081 a 13.721. O número de médicos subiu de 18 a 58 por cada 10.000 habitantes.
. A "Misión Milagre" (oftalmoloxía) devolveu a vista a máis de 1,5 millóns de venezolanos (operacións de cataratas e similares).
. O goberno de Chávez eliminou o analfabetismo e aumentou o número de mestres de 65.000 a 350.000 nas escolas públicas.
. A educación é gratuíta dende a gardaría ata a universidade. O 72% dos nenos asisten a gardarías públicas, e o 85% ás escolas tamén públicas.
. Os matriculados en educación superior son o 83% (por enriba de Estados Unidos, Xapón, China, Reino Unido, Francia e España).
. Hai 14 anos, 387.000 venezolanos cobraban unha pensión de xubilación; hoxe cóbrana 2,1 millóns
. O índice de Gini, que mide a desigualdade económica, baixou do 0,48 en 1998 ao 0,38 en 2010; é o máis baixo do continente.

LUGARES COMÚNS

LUGARES COMÚNS

 

 

  De sobra coñecido o personaxe, non era de esperar que a comparecencia de Feijoo diante dos Deputados do Hórreo servira pra aclara-las súas relacións con Marcial Dorado.  Deixou caer que o bipartito tamén lle dera subvencións ás empresas de Marcial, cousa que sería normal e que evidencia que o bipartito non necesitaba a amizade de Marcial pra recoñecerlle o dereito a axudas pra empresas legais, pero ese non era o obxecto da comparecencia. O obxecto era a súa estreita relación con un narco, o acompañamento ó personaxe pola ruta do bacallau. N ada deso explicou, porque hai cousas de difícil explicación, pra iso o mellor sería a censura que propoñía Rueda. Foi a comparecencia dun personaxe zafio e vulgar que se quixo presentar como a medida do honrado, coa súa clásica prepotencia e soberbia. O mais claro que quedou, por non dicir o único, foi que a oposición non estaba lexitimada pra face-la interpelación; porque as credenciais de lexitimidade das el, e non lles las deu. Polo demais, Feijoo fixo oidos xordoa çáspreguntas e tratou de conduci-lo debate a lugares comúns, min minimizando a súa relación con Marcial Dorado. Contrastou o desgarro dos familiares das vítimas dos narcotraficantes que, dende a tribuna tiveron que escoita-lo cinismo de este personaxe.

OS CORRUPTOS

O Director de parques nacionais, que ten a esencial misión de coida-la protección destes espazos, foi cazar ó Parque de Cabañeros, onde está prohibida a caza comercial e deportiva. Pero o goberno do PP, na contestación a unha pregunta parlamentar, di que non ten por que sabe-lo que fan os funcionarios no seu tempo libre. Insulto, falta de respecto ó Parlamento e desleixo e demais epítetos non serían suficientes pra definir a un PP amoral e despreciativo coas normas e as persoas.pra este PP amoral o medio natural non significa nada. Moi propio do Cañete

UNHA MORDAZA

UNHA MORDAZA

 

  Co gallo do asunto Feijoo, o PP quere destapouse equere desgobernar cunha maioría silenciosa e obediente. Rueda propón un control mais estrito da prensa; así dese xeito solo quedara a propaganda, a información suprimirase. Non soporta que lles aireen as trapalladas que fan, e non lles chega con ter unha prensa controlada mediante subvencións, porque con censuras sae mais barato. Senón como a telegaita, que é como da súa propiedade. Un exemplo do que é o control político dun medio.

O ALENTO DE ROUCO

O ALENTO DE ROUCO

 

 Unha monxa acudiu a unha comisaría madrileña pra renovar o DNI, pedíronlle que retirara o velo pra comprobar que era a da foto. Enteado Rouco Varela parece que lle molestou o acto e que se queixou ó Ministro do Interior, o cal pediu explicacións á policía. !hai que ver que elementos fascistas hai neste país.! Semella que nada é distinto daquela nos que os capeláns castrenses lles pegaban o tiro de graza, ós fusilados polos franquistas.

 

SEN DESGASTE

SEN DESGASTE

 

 Feijoo gaño as últimas autonómicas por una ampla maioría absoluta con solo o 27% dos votos dos posibles electores. Despois de facerse público un segredo, xa coñecido, coa súa relación cos narcos, solo un 61% dos galegos  consideran que non deu suficientes explicacións. Sen risco a equivocarse, dentro do 39% restante está eses fieis, para quenes carece de importancia calquera falcatruada de Feijoo. Pra afirmar mais o se xeito de pensar e despexar toda dúbida, acudiron en trompa as huestes peperas en defensa de Feijoo, sementando o putrefacto aire co incenso da manipulación. O Portavoz peperro do Pazo do Hórreo calificou as publicación das fotos de ataque á democracia, o cal nos di que os peperros queren vivir nun mundo de cegos e mudos, co que coincide o Conselleiro da Presidencia, partidario de restaura-la censura. Tamén o Valedor do Pobo se pingou no caso, considerando mais importante a protección de Feijoo que as vítimas dos narcos por suposto no faltou o capote de Romay, con esa voz característica, o seu discípulo, aproveitando diante dos cachorros peperos pra dar a súa particular visión da crise, que carga de impostos ós ricos. Os pobres son unha traxedia que mais que socorrer hai que ocultar. Pero a guinda foio a interpretación que fai Feijoo do dito polo xuíz Taín, que lonxe de aprecia-la amarga e  lamentosas declaracións de Tain, as considera como feitas o seu favor.

NON QUEREN ENTENDER

NON QUEREN ENTENDER

 

   Á vista do dito polo Deputado do PP, o sr. Floriano, o PP non entende o problema dos desafiuzamentos, non é un problema de ideoloxía. O Problema xurde cando ós cidadáns lles baleiran os petos, os deixan sen traballo e lles quitan a dignidade. O PP inchou ós bancos cos nosos cartos pra que se queden cos nosos pisos. Floriano non quere que a xente se queixe, iso tamén o queren prohibir, pra el non valen nada millón e medio de sinaturas, quere un pobo mudo e obediente. De nada serviu que a UE lle tirara a España das orellas pola inxusta Lei Hipotecaria. Queixase do escrache, que é o único xeito pacífico de protesta que teñen de protestar os estafados, e esquécese do que facían na oposición o PP e a airexa.  Mentres os estafados se manifesten pacificamente non son un problema, pero se xente como Floriano os empuxa á radicalizade as cousas poden poñerse moi desagradable.

ROUBO INFAME

 

  As preferentes é un roubo infame i un xeito de financia-la banca cos cartos dos mais necesitados. As preferentes que están agora no centro da polémica teñen a súa orixe nunha reforma legal promovida no ano 2003 polo Goberno de José María Aznar, con Rodrigo Rato como ministro de Economía".

  Tra-las  modificacións lexislativas introducidas polo goberno Aznar, entidades financeiras e  non financeiras, lanzáronse a colocación masiva de preferentes entre os pequenos aforradores, ós que engatusaban con xuros mais altos. Co chegada de Zapatero ó poder, nada cambiou e o roubo continuo, Así que Aznar e Zapatero culpables.

CHUPAN EN TODO

CHUPAN EN TODO

 

 

  As 285 clases de golf que se deu o golfo con diñeiro público é unha gota no océano do saqueo do público que fixo, e está a facer esta xentuza. Non nos esquezamos da boda da nena, da recalificación de terreos, do regalo  de empresas, dos contratos, dos que sabe moito Bárcenas, etc.  Pra logo pedirnos austeridade

O INIMIGO DA DEREITA

O INIMIGO DA DEREITA

 

 

    Por algo era o inimigo da dereita multinacional: Velaquí algúns logros de Chávez e a súa Revolución Bolivariana, segundo organismos da ONU (CEPAL, PNUD, OMS e UNESCO), o Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, e outros.
 A pobreza relativa pasou do 70,8% en 1996 ao 21% en 2010; e a pobreza extrema do 40% ao 7,3%.
 Máis de tres millóns de hectáreas de terra foron distribuídas entre os campesiños, que tamén recibiron 454.238 créditos.
 A desnutrición xeral reduciuse do 21% ao 5% da poboación, e a desnutrición infantil do 7,7% ao 2,9%.
 O salario mínimo é de 462 dólares, o máis alto de Latinoamérica, e creceu máis rapidamente que o custo da canastra alimentaria.
 O desemprego pasou do 16,6% en 1999 ao 7,9% en 2012. A duración do traballo semanal pasou de 44 horas a 40 horas.
 Estableceu un sistema de indemnizacións por despedimento, cun mes de salario por cada ano traballado.
 O permiso por maternidade estendeuse de 18 a 26 semanas.
 Despois das inundacións de 2011, o goberno construíu 346.798 casas e apartamentos, en só 20 meses.
 O número de clínicas (hospitais, centros de saúde e outros) pasou de 5.081 a 13.721. O número de médicos subiu de 18 a 58 por cada 10.000 habitantes.
. A "Misión Milagre" (oftalmoloxía) devolveu a vista a máis de 1,5 millóns de venezolanos (operacións de cataratas e similares).
. O goberno de Chávez eliminou o analfabetismo e aumentou o número de mestres de 65.000 a 350.000 nas escolas públicas.
. A educación é gratuíta dende a gardaría ata a universidade. O 72% dos nenos asisten a gardarías públicas, e o 85% ás escolas tamén públicas.
. Os matriculados en educación superior son o 83% (por enriba de Estados Unidos, Xapón, China, Reino Unido, Francia e España).
. Hai 14 anos, 387.000 venezolanos cobraban unha pensión de xubilación; hoxe cóbrana 2,1 millóns
. O índice de Gini, que mide a desigualdade económica, baixou do 0,48 en 1998 ao 0,38 en 2010; é o máis baixo do continente.

COMO TERRORISTAS

COMO TERRORISTAS

 

    Nade lle vota en cara á Delegada do Goberno en Madrid que acubille e protexa o seu marido buscado pola xustiza. Esa tolerancia coa súa actuación a fronte das forzas da orde envalentónanlle e fai aflora-lo animal irracional que leva dentro, e dicir todo tipo de burradas. Os desafiuzados, segundo ela, son como os terroristas, ós que están vinculados, e como tales os trata a policía. Cifuentes vincula as plataformas de defensa dos desafiuzados con ETA, igual que xa fixera o PP cos atentados do 11M. O PP non intenta poñerlle freo ós disparates da Cifuentes e a protexe, engadindo que os que protexen os desafiuzados están vinculados coa esquerda radical, dito moi claro, o Tribunal Europeo é un neal de terroristas esquerdosos. A quén se lle ocorre declarar ilegal a lei Hipotecaria española

ALGO OBVIO

ALGO OBVIO

 

A surrealista explicación de Feijoo sobre as fotos co capo Dorado fan que se lle sonroxe a un as meixelas. A explicación é así de sinxela,: unha foto é unha foto. Naturalmente que é obvio que unha foto é unha to, é a constatación gráfica dun feito. Documéntase a amigable compañía de Feijoo cun narcotraficante. Ademais hai as viaxes acompañandoo a Andorra e a Portugal. Non fai falta esforzarse moito para supoñer ós motivos dos viaxes A "irrelevancia" que o titular do Goberno galego atribúe ás fotos contrasta coa présa con que publicou un comunicado oficial, á unha menos cuarto da madrugada dun día feriado. Por derradeiro, La Voz apunta é a "intención de me amedrentar" que o conservador achacou a dirixentes do PSOE, que o terían
"ameazado" con filtrar as imaxes á imprensa "se o PP non suavizaba os seus ataques" durante a campaña electoral de 2009. A mesma campaña en que o ABC
recuperou unha imaxe de Anxo Quintana no iate de Jacinto Rey que La Voz si reproduciu nunha información que ía precedida das palabras ’Polémica imaxe’.Feijoo dixo descoñecer a que se dedicaba Marcial Dorado, era o único en Galiza
que non o sabía. Noutro país xa houbera dimitido, pero na Galiza brumosa as
cousas son distintas, porque este compadreo xa se da por suposto

UN PASADO E UN PRESENTE

UN PASADO E UN PRESENTE

 

  A relación do PPg co contrabando galego foi dunha estreita colaboración e apoio. A foto de Rajoy paseando polas rías a bordo dun barco dun coñecido contrabandista galego, custoulle o posto ó directo do Xornal, e o posterior peche deste medio. Como non podía ser menos, nos mediados dos noventa, Feijoo era íntimo amigo de Marcial Dorado, do que agora di que descoñecía a súa actividade delictiva. Debía ser o único galego que descoñecía as actividades de Marcial Dorado, por aquelas datas xa fora detido, ó menos, dúas veces. Marcial Dourado un dos mais poderosos contrabandistas galegos. Feijoo frecuento a súa casa e paseou polas rías, na súa compaña, a bordo dun yate, pero tamén lle acompañou a Andorra e a Portugal, lugares nos que os contrabandistas galegos gardaban as ganancias. Non hai cuantificación do apoio económico dos contrabandistas ás campañas electorais do PPg, nada se pode demostrar, porque todo é ilegal; pero ignorar esta posibilidade é de unha candidez indefendible. Nade lle preguntou a Feijoo por este caso é polas curiosas relacións do PPg cos contrabandistas, que fan de Galiza a  Sicilia galega. Fernández Albor tivera unha reunión nun hotel de Portugal con numerosos contrabandistas refuxiados naquel país. Un dos asuntos a tratar era o seu regreso a España, sen ser perseguidos, cousa que así foi. Así que a relación do PPg co contrabando a ben de vello. Esta relación íntima, incluíu a militancia no PPg de coñecidos contrabandistas como Terito, pero outros prestaban apoio dende fora da organización. Nas primeiras eleccións autonómicas de Feijoo, o PPg sacou á luz unha foto do vicepresidente do goberno galego, Quintana, a bordo dun barco dun empresario, e aínda que o empresario non era un delicuente, o PPg explotou ese feito, coa compracencia e indolencia compracente de Touriño, que dispoñía de materia gráfico pra desacreditar a Feijooo, pero considerou mais importante derribar a Quintana, e así lle foi. Fonte esencial da información diario EL PAIS

 

O MESIAS

 

  Os que non admiten ningún tipo de dúbida seguro que a especulación lles parecerá sacrílega. Pero gústelles, ou non, no tempo anterior a Xesús de Nazaret houbo moitos predicadores que se dicían  que eran o Mesías. Os xudeus esperaban un mesías que os librara do poder de Roma, polo que non lle recoñeceron a ningún iluminado o carácter de mesías. Pouco antes de nacer Xesús  axustizaron a Simón de Perea, mesías no que parece se inspirou Xesús. De Xesús dise que era un provocado, que buscaba a toda costa notoriedade. Como queira que sexa os investigadores seguen buscando indicios que lles axude a descubrir a verdade de Xesús.

AS HIENAS

AS HIENAS

Os Deputados do PP rinse no Parlamento dunha pregunta do grupo da oposición sobre as pensións mínimas. Normal, eles non saben sequera que o problema existe; e si existe a eles esváralles o asunto. Rinse como unha manada de hienas.    

DE NAZARENO

DE NAZARENO

 

  Blanco vai pasa-la súa particular paixón.  O PP precisa con desesperación estende-las sospeitas de corrupción pra oculta-lo lixo doméstico. Solo así se explica o afán de procesar a alguén significativo da oposición. A persecución a Blanco ten dous momentos moi significativos. Despois da entrevista de Feijoo con Dorrivo en San Caetano xurde aquel enredo estraño da gasolinera. Os mal pensados, que o mellor non van descamiñados, viron unha manobra de Feijoo pra cortarlle a marcha cara San Caetano. Aproveitando a campaña inicial, chegado ó PP ó goberno iniciase unha investigación policial pra achar supostos delitos na xestión de Blanco. O PP acumulábaselle os casos de corrupción e tiña a urxencia de sacalos focos dos casos que os comprometen, buscando desesperadamente a que votarlle o dente. Despois de meses de investigación non atopan con que construír unha acusación, o xuíz non atopa causa pra procesalo, pero a Fiscalía quere, a  toda costa, que se procese e pide autorización o Congreso. Alucinante

ROUBO INFAME

ROUBO INFAME

 

 

O PP galego celebrou un congreso en Silleda protexidos por un amplo dispositivo policial. A infamia do PP, que lonxe de dar solucións ós afectados pola estafa das preferentes, non asume ningunha parte de culpa no  asunto, o cal non é nada novo no xeito de proceder do PP. Segundo Feijoo a culpa é dos gobernos anteriores. Nade pode renunciar á parte de culpa que lle corresponda, esta atínxelle o PSOE, porque as subordinadas e as preferentes foron produtos financeiros que se empezaron a colocar na última etapa do goberno do PSOE, pero eran as CCAA as que tiñan que controlalas caixas na súa  Comunidade, e aí Feijoo non pode votar balóns fora. Si se estaba dando unha  estafa tiña que actuar. Na etapa de goberno do PP, non solo se desenrolou a estafa, senón que se inventaron esa quita de ata o 60%. As mesmas autoridades monetarias que miraron pra outro lado cando se inventaron as subordinadas e as preferentes, agora seguen co goberno do PP. Si rescataron os bancos cos nosos cartos, por qué non lles obrigaron a devolve-lo estafado.Congrso de Silleda foi pra entronizar, unha vez mais,   o actual Presidente da Deutación, Luzao, reputado cacique e antigaleguista, desestabilizador da política local, mediante a promoción de mocións de censura. a política é un bo xeito de ascenso. De conserje de axuntamento a presidente da Deputación. Ribadumia e boa terra de políticos, de alí tamén saiu o fontaneiro que lle ía saca-la alcaldía a Lores, como fracasou o PP fixo del un Senador. Eso é unha mostra da utilidade do Senado. 

VEÑEN OS CAMISAS PARDAS

VEÑEN OS CAMISAS PARDAS

 

  Os cachorros do PP invitan ós alumnos de distintos niveis a denunciar ós profesores cando sospeiten que están a facer adoutrinamento. A cousa é está detrás dunha límea tan sutil, que calquera idea, calquera cousa se pode considerar adoutrinamento; os profesores terán que falar con acento neutro,  todo o que digan e fagan nas aulas tera que ser censurado por unha comisión de PP-Gurtelianos presidida por Rouco Varela. A liberdade de cátedra é recordo dun pasado, de cando había liberdade. Agora serán os camisas pardas, as xuventudes nazis, os gardiáns da mais ortodoxa doutrina fascista. A! Si, a relixión, aínda que adoutrina e aliena, cumpre o fin de amoldar conciencias ó nacional-catolicismo. Algunhas esquerdas consideraran, ante estes feitos, necesario reforza-las políticas de igualdade. Outros que tampouco queren pensar, porque iso de pensar é moi lioso, conformaranse con fumar un porro e libar no parque dunha litrona. Mentres o deterioro da situación económica e do xeito de vida non entre nos cerebros podridos. A democracia e a liberdade estarán en perigo

UNHA VOLTA POLA CAPITAL

UNHA VOLTA POLA CAPITAL

  A volta que se deu Feijoo pola capital do reino non é mais que unha promoción persoal. Férvelle o cu porque o chamen pra Madrid. Eu deséxolle un pronto desembarco, aínda que Rueda é un polo de coidado. Pero bueno, quedaríanos a satisfacción de que Feijoo atoparía en Madrid acougo pra súa alma e satisfacción pro seu corpo.