Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

QUÉ PASA?

QUÉ PASA?

 

   Igual que moitos, estou preocupado polo que o ocorre  en Venezuela. Dende que se celebraron as eleccións hai un insoportable apagón informativo. Non é determinante o que pasa en Venezuela, pero fixeron unha campaña que nos fixo crer que alí nos xogábamos algo importante, orixinando unha dependencia tipo dopaxe.  Non sabemos si os venezolanos xa teñen con que escoba-los dentes; aquí vainos sobra-lo material de aseo, porque non teremos con que ensucia-la boca. Boa noticia: O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, informou este venres de que a partir do próximo luns, 4 de xullo, o racionamiento eléctrico en Venezuela queda sen efecto,  despois desde que pasara a seca e as eleccións españolas. Sinto os problemas que lle causamos a Venezuela coas nosas eleccións

 

 

 

QUÉN DIXO MEDO?

QUÉN DIXO MEDO?

 

 

 Quén dixo medo. Os españois non teñen medo, o medo é pra xente con cerebro. Os españois sempre confiamos en que todo se arranxe, somos un pobo quixotesco, non nos preocupan as cousas domésticas, somos un pobo que pensa en grandes empresas. Na grandiosidade do imperio, na España unha e grande, na selección de fútbol, nos touros; esa riqueza, que era a identidade de España e que nos quitaron os comunistas. As pensións, único ingreso de moitos fogares, tal como están ó dia de hoxe, durarán un ano. É moi posible que sufran un recorte dun 40%, ou mais. Cristina  Lagarta, a do FMI.,  insinuou que pra pagar a galopante Débeda Pública, venerada polo PP haberá que recorrer a confiscación  dos aforros. Nada de iso lles  preocupa ós quixotes españois. Deus e o PP proveran e, de novo encheranse as airexas.  

O ABISMO

O ABISMO

 

 

  Si fora verdade que houbo un pucheirazo electoral, nade se atrevería, dos partidos políticos a denuncialo; porque si se denuncia hai que ter a seguridade de poder demostralo. O custe de unha denuncia desta índole, sen que fora posible demostra-lo fraude sería difícil de asumir pro partido co fixera. Está tan controlado o tema das eleccións polos que teñen o poder que é impensable unha impugnación, ou que a xustiza proceda de   oficio. Que o fraude é posible, parece que non admite dúbidas, que a xente que ten que velar pola limpeza do proceso non é de fiar, tamén está fora de toda dúbida.

A ESTAFA

A ESTAFA

 

 

  A semiprivada sanidade Manchega de Cospedal derivaba doentes a unha clínica privada de Madrid, que o único que facían era un simulacro de operación, abriunos, logo cosíanos e a cobrar. Hai un proceso xudicial en marcha, pero a Cospedal nin se inmuta. Tal feito é debido a que esta xente considérase intocable. Cuenca e Cidade Real que a ’semiprivada’ sanidade de María Dores Cospedal derivara á clínica madrileña A Milagrosa (algunhas familias tiña que facer máis de 400 quilómetros) para ser intervindos/intervidos de algo tan básico como no caso dos pequenos de fimosis ou hidroceles, e nas nenas de hernias umbilicais. Intervencións que non deben ter complicaciones máis aló das excepcións que por distintas patoloxías puidesen darse. Pois ben, fai uns días en ELPLURAL.COM soubemos que a 10 desa trintena de nenos que foron intervindos/intervidos, cando menos de forma pouco ortodoxa no centro madrileño, abríronos, non lles fixeron nada, e volvíanos a coser.  O dito, a cobrar

EFECTO INMEDIATO

EFECTO INMEDIATO

 

 

 

 

  É mentira que España sexa socioloxicamente un país franquista, que sexa un país de corruptos, que lle guste vivir na pobreza, que sinta admiración polos corruptos, mentireiros e manipuladores. Vivimos o efecto inmediato de que desapareceron dos medios de comunicación as noticias sobre Venezuela. He un apagón informativo que me ten preocupado, non sei que  pode estar pasando nun país que era tan importante pra nos e que, de súpeto, vólvese invisible. Pode un grupo mafioso, ou político, controla-la información, si é así que valor ten esta. Pero o acerto na elección do PP tivo efectos inmediatos: os xóvenes volven de Europa, de momento xa volveron vinte  

SOSPEITOSO

SOSPEITOSO

 

 

   Sería gravísimo que houbera un pucheirazo nas eleccións, tan grave que é mellor non pensalo. Pero hai cousas que che dan mal fairo; por exemplo que non cadren os resultados co número de votantes, que solo no caso de Ciudanos e do PSOE haxa unha aproximacións as enquisas. Os enquéritos non son fiables, pero non se equivocan tanto. A empresa encargada do reconto obtivo a adxudicación por concurso directo, con unha rebaixa no orzamento dun 40%. O fraude é posible. Unha banda que rouba e minte non é de fiar, nin é de fiar o Ministro que conspira e utiliza as cloacas do Estado pra desacreditar os adversarios

UN MOSQUEO

UN MOSQUEO

 

  O PP regaloulle NOVA CAIXA GALICIA ós venezolanos de Florida por un prezo similar ó que habían invertido na Caixa un grupo de empresarios galegos. Ese é o primeiro misterio e xurde unha pregunta. ¿Financiaba ese grupo ó PP?. A oposición do PP a calquera investigación da pábulo as sospeitas. Foi unha venta urxente e opaca. O PP dubida de que Galicia puidese facer "mellor negocio" que vendendo NCG a Banesco.  A venda precipitada da caixa tan rendible, da que pensar.


DESFAISE

DESFAISE

  Desfaise o Hospital do Mexueiro. Rajoy está a a facer o peche do hospital por Servizos e por etaapas. Vigo seá prlonto unha área sanitaria sen sanidade pública; o hospital Alvarez Cunueiro é un centro concertado, moi similar a POVISA. é o modelo que preten implantar en toda Galiza. De momento xa vai a por Ourense. Así que tódos los gallegos tenemos que estar con los vigueses, así también defenderemos lo nuestro. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo non entender as protestas sobre a situación no hospital do Meixoeiro, en Vigo, logo das manifestacións dos usuarios. Feijoo non entende, non entende porque os que el e a súa tropa consideran borregos, rexeite este desmantelamnto do único hospital público de Vigo. 

DESNUDATE

DESNUDATE

  Desnúdate  para que o mundo  vexa no teu corpo a marca do maligno, que non escondan a túas roupas esa marca que a CIA lle fai ós seus servos. Que si é verdade que vendes ó teu país ós estranxeiros, que serves ó señor do lado escuro, o mundo ten dereito a sabelo. Non manipules nin enganes; por unha vez se honrado, aínda que iso sexa moito pedirche, porque ti descoñeces que iso da honradez

LIBERDADE

LIBERDADE

 

 Todos críamos que  vivíamos nun réxime de liberdades, gran erro. Vivimos nun réxime policial, en liberdade aparente. O escándalo da publicación das conversas do Ministro do Interior co Xefe  da Oficina Antifraude de Cataluña, evidencia a corrupción mafiosa do goberno. Non é este un episodio illado,  é, pra nosa desgraza, o proceder diario desta banda. O de PODEMOS, a conspiración cos opositores venezolanos, coa posta en escena de Felipe González e Gallardón, vergonza nacional, que nos arrastran ó fango creado en Venezuela por os políticos chegados de Florida. Xa quixeramos ter en España a posibilidade dun referendum revogatorio igual o de Venezuela. A Rajoy xa lle houbera sinalado a saída fai tempo, en lugar delo temos a Lei Mordaza.     

VAIA BALANCE

VAIA BALANCE

 

  O PP ofrece os logros de crear 2 millóns de empregos, algúns ta importantes que duran 10 minutos, evitou o rescata, ás persoas, pero rescatou ós bancos, pra elo pediron a  CE 100.000 millóns, promete baixalos impostos, 3 euro ós ingresos mais baixos, 1.700 ós nais altos. Non se cumpre o déficit esixido pola CE, Ademais da multa hai que recortar 8.000 millóns. Nada de incrementa-los ingresos, nin as medidas antifaude. Os corruptois non devolven un euro. Partidos iglesia, sindicatos, patronal e casa real son intocables. Coa merda de contratos, a SS perde ingresos, a solución a ucha que deixou ZP. O PP pon as pensións en perigo. Cómo pode alguén votarlles a esta mafia

O QUE HAI QUE APRENDER

O QUE HAI QUE APRENDER

 

   Son os gobernos moderados os que defenden a liberdade, dixo  Cospedal, e advertiu que da  radicalidade, do  extremismo,  da confrontación, do odio e do rancor nunca sae nada bo. Certo , estámolo a ver con membros do PP, que parece que seguen vivindo na época predemocratica, o que confirma o xa sabido, que no niño da gaivota hai elementos extremistas. Nada bo pode saír dunha camada así: solo pobreza, miseria e desigualdade. Iso si o engado da eterna cantinela de baixar impostos ós ricos, amparándose nunha falsa redución tributaria.

MIMA-LO VOTO

MIMA-LO VOTO

 

    O graneiro de votos do PP, iso que sostén o seu chan electoral está constituído polo voto rural, ademais dos maiores de 55 anos, razón pola que Rajoy se prodiga en lugares, que parecen solitarios pero que supoñen un achegamento os seus votantes. En Lugo visitou unha granxa de un militante do PP en Castela a Mancha un campo de alcachofas; en Asturias unha pequena aldea. Así evítase os polémicos encontros con xente que padece as súas políticas. Gandeiros de Lugo intentaron, sen éxito, entrevistarse con el. É sabida a angustia na que viven os gandeiros, pero o Presidente deixou claro que non é o Presidente de tódolos españois. Solo os da gaivota poden te-la esperanza de que Rajoy se digne miralos

MANS CEIBES

MANS CEIBES

 

   Non é unha alusión a MANOS LIMPIAS. He un xogo de mans. Un prestidixitador que se prece ten que te-las mans libres para face-los trucos de maxia. Feijoo vese  como un gran mago da política. Di Feijoo: «Son o único candidato que ten as mans ceibes». Pode facer calquera alianza, ou truco pra seguir de Presidente, sen ter  que pedir permiso a nade, porque o PPg é el. Solo ten un problema, nade quere pactar  con el; por algo será, e iso é o que da que pensar. Ve a Galiza como unha gra finca da súa propiedade  e os galegos obreiros seus, co único dereito de emigrar, a si mesmo un ego que non ve límites

VOS NON SABEDES

VOS NON SABEDES

 

 Di O Conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña que as camas nos hospitais non son importantes, nos hoteis si. Hai que ver canta sabiduría hai nesta afirmación. Comprendo porque reduciron o número de camas no proxecto do hospital Alvarez Cunqueiro, ou  por qué se pecha tantas camas. No PP non lles importa que a xente estea amoreada nos pasillos, sobre paviolas esperando unha cama, nin  as largas listas de espera. O que obriga a derivar doentes á privada, que en definitiva é do que se trata. Pra este pollos a sanidade é un negocio

CASO RARO

CASO RARO

 

    •  

   O Concello de Castejón (Cuenca), gobernado pola alcaldesa do PP máis novo de España, acordou retirar toda a nomenclatura franquista que persiste no callejero da localidade, duns 150 habitantes. Explicou que a petición responde a "a vontade" popular desde que se aprobou a Lei de Memoria Histórica no ano 2007, e que se fará efectiva "nuns días", segundo o acordo  adoptado no último pleno. Feudo de Cospedal, supón una anécdota, pero tamén un camiño e un exemplo pros camisas vellas

GRATIS

  Como os seus  amigos venezolanos, Rivera non repara na linguaxe e acusa a PODEMOS de estar financiados por Venezuela, por IRÁN  e polo judaismo internacional. Pode  que iso sexa mais grave que te patrocinen empresas armamentistas, pero a contumacia o momento e as evidencias son circunstancias que compre ter en conta.  Rivera acusou a PODEMOS de recibir diñeiro de Nicolás Maduro e cominouno a ir a render contas á Asemblea de Venezuela, o que indignou a Iglesias e sobretodo ás bases de POPDEMOS, que piden o seu líder que interpoña unha unha querela criminal contra Rivera. Isto foi o mais salientable dun debate que parecía un diálogo de besugos.  

NIN UN PASO ATRÁS

NIN UN PASO ATRÁS

         

  O 26 X algo comeza:  A unión do pobo, que seguirá medrando. O 26 X non é unha meta, é un camiño. Os enquéritos achegan as esquerdas  a unha maioría absoluta histórica, e aínda a campaña  electoral non empezou. O problema está en como  se administre a vitoria.   A UE está agardando o resultado electoral pra esganar a un posible goberno de esquerdas. Con toda seguridade esa previsible vitoria das esquerdas non se traducirá nun goberno do mesmo signo. O PSOE está nunha encrucillada e a lideresa andaluza xa falou, quere que Pedro Sánchez fracase pra ela facerse co partido; o que non sabe, pero os feitos llo dirán, que  de Despeñaperros pra riba, vai atopar moitas espiñas nas rosas. É moi seguro que os baróns do PSOE impidan un goberno de esquerdas, pero non poden apagar a conciencia que ese día nacerá

OS PACTOS

OS PACTOS

 

    Tres tercios dos socialistas de base son contrarios a que o PSOE facilite un goberno do PP.  Incluso en Andalucía, onde a dereitización  do partido é maior e  onde unha dirección acusada   e condenada por corrupción, ten unha influencia  maior sobre as bases, hai unha opinión contraria a calquera pacto co PP. Si o pacto co PP se produce sería a confirmación da dereitización do PSOE e de que os baróns andaluces impoñen a súa liña, chegando así o final do PSOE. Non é doado pros socialistas  adoptar un compañeiro de baile, pero a culpa é de quen foi deixando un espazo baldeiro a esquerda pra que sexa ocupado por PODEMOS. As sondaxes danlle gañador ó PP, pero sería unha ganancia pírrica. Aí o apoio do PSOE tería mais desgaste ó apoiar a unha opción feble e asumir as súas  impopulares políticas, porque aínda que no lo intentaran vender como unha opción pra definir unha política mais social, non o crería  nin o que asou a manteiga nun garabullo. Si realmente o PSOE quere facer unha política social non pode buscar de compañeiro á extremadereita, a que machucou ás clases sociais, mais vulnerables

O SAN MARTIÑO

O SAN MARTIÑO

 

  A empresa EULEN, da que é apoderada a irmá de Feijoo, leva anos gozando do privilexio de ser beneficiaria de adxudicación de contratos da Xunta. A oposición sempre intentou fiscalizar eses contratos, pero o PP, con diversas argucias, sempre se opuxo. Agora, nun momento inoportuno,  a Policía Xudicial ven de intervir no Axuntamento da Coruña un dos contratos que lle adxudicou o alcalde Negreira, íntimo de Feijoo. O velo co que o PP cubre a EULEN, caese. Os contratos eran fraccionados pra permiti-la adxudicación directa a EULEN, o que ven sucedendo dende a primeira lexislatura de Feijoo; incrementandose a partir de 2012. Axentes  da pertencentes a UDEF, nunha operación ordenada polo Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña, requisaron, o pasado mércores, distintos contratos do anterior goberno local.  A choiva de contratos adxudicados a EULEN, abrangue a diversas administracións do PP. O asunto non fai mais que empezar, hai outras corrupcións que poden agromar, non solo as de EULEN. A influencia que estes feitos pode ter no PPg pode ser nula, dado cos votantes do PP non parece  importarlles a corrupción. A operación xudicial ensombrece o horizonte de Feijóo nun momento crucial para as súas aspiracións políticas