Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CENCERRADA

CENCERRADA

 

   Organizada por Lilian Tintori, muller do opositor venezolano Leopoldo López, co apoio de PP e Ciudadanos . A mascarada ten lugar a dous dás de inicio da campaña electoral. Ó lado había unha carpa de PODEMOS. Esa podía ser a razón da mascarada, atacar a PODEMOS. O PP negou que o fixera por electoralismo. Ribera, moi activo, desexou que todo o mundo sexa solidario con Venezuela, que é un país rico en recursos pero pobre en liberdade. Nada da lei mordaza, da corrupción ou da pobreza en España. Queren converter a España  nunha Venezuela. Grupos de fachas, e mesmo cargos do PP, protagonizan actos violentos e declaracións de apoloxía da violencia, coa connivencia do goberno

FALAR SOLO

  Falar solo é de persoas intelixentes, desa maneira case tes a seguridade de que non te van  a contradicir. Pero qué ocorre si o outro eu se rebela e non che da a razón. Entón si que é un problema de psiquiatra. O que fala solo, fala solo o que é preciso

 

XOGAR COA COMIDA

XOGAR COA COMIDA

 

  Calquera medio é bo pra desestabiliza-lo goberno de Venezuela. A dereita española loita  entre si pra demostrar ó señor do lado escuro quén é mais malo co Venezuela.  A min xa me teñen cheo con Venezuela. Preocúpame España. Trece millóns de pobres, tres millóns expulsados da clase media, A clase media non ten acceso ás axudas sociais. Os ricos cada vez son máis ricos e os pobres máis pobres. En España sucede a pasos axigantados. A xente máis depauperada, a veces, ten acceso a uns recursos sociais, cada vez m ais limitados, e os máis ricos seguen aumentando o seu patrimonio. Os comedores sociais están a tope. Cáritas, nada sospeitosa, está a avisar do aumento vertixinoso do problema. Entrementres o goberno saca peito e fala da diminución do paro, do aumento da riqueza. Si, o PP sacounos da pobreza e meteunos na miseria. O ter traballo, por dous días, un ha semana i en precario e mal retribuído, é garantía de seguir na miseria. A riqueza vai ós ricos, que grazas a un sistema tributario inxusto, son os únicos beneficiarios da política do PP.

-POR QUÉ

-POR QUÉ

 

  As enquisas dan ó PP como o partido mais votado, apenas perde votos, malia os escándalos de corrupción, os recortes,  a pobreza e as desigualdades sociais. Os anos de ditadura creou na xente  uns hábitos de obediencia ós señores que controlan o poder. Por segmentos de poboación, o gran grupo de votantes do PP constitúeno os de mais de 55 anos. Os de este grupo social que caen no pozo do paro, ou o subemprego nunca sairán del, as axudas sociais cada vez mais recortadas, as pensións en perigo e o estado social en liquidación, son o seu negro futuro. Entón por qué esa fidelidade cega os seus verdugos. Hai dúas razóns fundamentais, por un lado a longa etapa de ditadura, que  creou un hábito de obediencia ó poder, por outra o medo ó que non coñecen que, ademais de ser preles un abismo descoñecido, os caciques e os medios de comunicación soen pintarllos como algo terrorífico. Pero como se convence a esta xente que o que coñecen xa non pode ir a peor. Non é doado, xa que o mais seguro é que esta xente teña unha grave doenza neuronal, así que abandonar toda esperanza.  

EN COMÚN

EN COMÚN

 

  A propósito de Andalucía, os réximes clientelares caracterízanse por unha telaraña de poder que sinala quen é o dono do territorio,  quen manda, que se pode falar e que non, si queres sobrevivir e ter éxito. Falar o equivocado, ou con quen non debes, exclúeche dun traballo digno, dunha subvención, etc. Un modelo produtivo ruinoso que produce miseria e explotación laboral, tecido industrial destruido. Medios de comuniación  ben engraxados con subvencións . Moitos medios de comunicación non terían viabilidad sen publicidade institucional, moi xugosa e repartida a pracer.  Empresas privadas creadas ad hoc,  que en realidade teñen soamente como cliente ás administracións públicas. Podíamos estar falando de Andalucía, pero tamén podíamos dicir o mesmo de Galiza. Gobernos que empobrecen o país, que teñen como única misión perpetuarse no poder.

¿VAISE AZNZAR?

¿VAISE AZNZAR?

 

   ¿ Vaise Aznar do PP, ou solo pretende presionar?. Nin el, nin Felipe González se resignan a ser os ex. En ningún país do mundo os expresidentes pretenden seguir mandando, despois de deixa-lo poder. A pegada destes dinosaurios da  política vai a traer un terremoto o equilibrio político. O PSOE pode desaparecer si perde o poder no seu feudo de Andalucía. O memo lle pode pasar ó PP que solo lle queda Galicia. Por moito que lles vaio nelo ós bancos e os empresarios. Algo se  move. O siluro xa detectou a  presa. Aznar xa o situan en ciudadanos, os pelos do bigote poden indicarlle o camiño 

Fundación Francisco Franco.

Fundación Francisco Franco.

 

  Non había cartos para rescatar as víctimas do franquismo das cunetas, pero si os houbo para subvenciona-la Fundación do dictador. Xa é un escarnio a existencia dunha fundación para loubar a dictadura, pero que se nutra de fondos do Estado é arrepiante

POBRES Á CADEA


 

 

  As cárceres están cheas de pobres, de roubagaliñas; pero non de ladróns de guante branco. Si algún destes ladróns vai a cárcel, é un inquilino de paso, rodeado de luxos. As derradiras reformas do Código penal perseguen a disidencia política, por máis pacífica que esta sexa, cunha santificación da  autoridade; considerando delito o atentado á autoridade, a resistencia á autoridade, a desobediencia á autoridade, a desconsideración debida á autoridade. Criminalizase a pobreza en ugar de amparar dereitos fundamentais, cmo  é a liberdade de reunión, de manifestación ou de expresión.  Hai un golpe de Estado sin fusis contra do Estado de benestar.  A sociedade aceptou esa situación, salvo sociedades moi concenciadas ás que tamén terminan escravizando.

MALA BABA

MALA BABA

 

 Ciudadanos non ten programa, pero ten unha obsesión: PODEMOS, ou calquera que pida liberdade e xustiza, esta maneira de proceder ven da súa natureza, de un partido que defende a ultranza os privilexios dunha casta social. Non foi a Venezuela porque lle preocupen os venozolalos, senón pola débeda que ten con sectores e intereses americanos; así, o mesmo tempo, tamén soslaia os problemas de España e evita falar deles. Non creo que diga nada dos suicidios: un en Barakaldo e o día seguinte un en Cadiz. Case a diario a crise agravada polo goberno, provoca un suicidio. Pero isto a Rivera, nin a Rajoy lles preocupa.

CON GALÓNS

 

 

   A batalla pra lidera-lo PSOE galego foi un resultado contra pronóstico; Méndez Romeu contaba co apoio de tódolos baróns galegos con mando en praza e tamén co resto dos baróns que algún día foron algo, ou pretenderon selo. O profesor Leiceaga gañou a batalla. Por un intre foi un centella que brilou no ceo, e imaxinamos o bello profesor Tierno Galván sonrir dende o alto. Gañaba o socialismo de base e os galóns perdían a batalla. Leiceaga foi un guerreiro que  pelexou sen mais armas que a convicción nas ideas, foi a conexión cos peóns, os guerreiros, que a diario, loitan na rúa se outra arma, sen outra ambición , sen outra sinecura, que a defensa dunhas ideas. Non é que Méndez Romeu sexa un mal tipo, pero no seu zurrón levaba demasiada naftalina. O PP non xogaba, aparentemente, neste partido, pero o seu voceiro en Galiza deixou clara a súa preferenza por Méndez. Na Habana, os mojitos convertéronse en tempestades da noite tropical, mal día pra Feijoo.

 

 

O RUMBO

 

  O destartelado barco do socialismo fixa hoxe o rumbo co perigo de que a súa escasa forza se dibida en dúas opcións, por un lado a postura dos baróns que apoian a Médez Romeu, e por outra a de Leicega. A primeira, teoricamente mais de dereitas e mais cercana ós intereses de Feijoo, da man de Paco Vázquez, e a segunda mais progresista e mais decedimante oposta ós intereses de Feijoo.  Calquera que gañe non supora un fortalecemento do partido, senón a constatación de dúas visións da política, que son uns traslado do que ocorre no socialismo a nivel do estado. Na actual situación houbera sido mellor quee  non houbera primarias

 

UN CAGALLÓN

UN CAGALLÓN

 

 

   A xustiza brasileira ten fichado o tesoureiro de Cidadans. Pero a financiación de Cidadáns ten varias fontes e non lle preocupa o asunto. A financiación mais potente de Cidadás está nas empresas armamentisticas de EEUU. O pago esixido esa visita a Venezuela pra darlles folgos ós fascistas e defender así os intereses de EEUU. Os americanos queren o petroleo venezolano, agora xa teñen o de Brasil, e o titiritero ten que gañar a fianciación que lle deron. Pero que tenro cado vota unhas vaguas polo pobres de Venezuela, pero que cínico cando pasa dos sen teito de España, dos pobres, que España os hai a millóns, dos nenos españois sen ter que comer, dos millóns de parados, dos dependentes sen axuda, das escaramuzas no seu partido, con corruptelas incluidas, i eso que ainda non tocou pelo. Quere facerse coa extrema dereita, e obliga a Rajoy  a facer o mesmo amiño  

A VIDA NA RÚAÉ TERRORÍFICA

A VIDA NA RÚAÉ TERRORÍFICA

 


   A seguridade de Rajoy reduciulle, e deixoulle en liberdade despois, a un cidadán que se encarou a comitva de Rajoy, chamándolles, megáfono en man,  panda de mafiosos. Mais de 50.000 persoas sen teito están morrendo nas rúas de España. A intervención dos servizos de seguridae de Raqajoy foi brutal e contundente e advertitronlle, diante das súas queixas, “ podíamoslle disparar”  A urxencia social da situación das persoas sen teito e tanto culpa do Partido Popular como do PSOE, responsables da criminalización da pobreza. Recordou que Gallardón iniciou esta persecución en Madrid impoñendo multas a quen eran sorprendidos rebuscando no lixo,que era o único supermercado ó que podían ir. Denunciou a impunidade con que actúan, privatizando servizos sociais para darllo a mans amigas que están implicadas na Púnica. Tamén denunciou que tanto PP como PSOE e Cidadáns preocúpanse moito polos dereitos humanos de Venezuela e non polos de España.

 

 

   Familias enteiras durmindo na rua, sobre cartóns, incluidos nenos e velllos, cubertos polas estrelas. Xente que vai de compras ó contenedor de basuras na precura da comida do día. Tres  millóns de persoas deixaron a clase media. Millóns de pobres e de parados. Nenos que van a escola sen almorzar. Unha negra nube ameaza o futuro de España, pero os políticos van a Venezuela, e dinnos o mal que vai aquel país, porque non queren que vexamos a nosa propia miseria, si falamos e pedimos pan, sacan a lei mordaza. Malditos  

ORDE NO PATIO TRASEIRO

    A Administración de EE UU gasto o ano pasado mais de dous mil millóns de dólares es desestabilizar e axudar a consegui-lo poder ós grupos que lle valen pros seus interesesntera en A mérica Latina. A chamada oposición a Maduro está entre os seus protexidos, e aínda que son grupos dispersos, EEUU conigueu unilos e desciplinalos. Os políticos españois xogan un papel de  axitadores e valedores dos intereses de EEUU, cando único que necesita Venezuela é alguén que lles sirva de acercamento entre goberno e oposición, tarea non doada cando alguén non quere dialogar, porque recibiron a orde do imperio de ir a fondo sen dar cuartel ó goberno de Nicolás Maduro e dar o gran paso pra acabar  co legado de Hugo Chávez en América Latina. Nesta liña, políticos españois, agás Zapatero, solo intentan incendiar maiks o país.

 

CON XENES AZUIS

 

   Os xenes da Delegada do Goberno en Madrid puideron influír na súa decisión de prohibir as esteladas. Filla de falanxista, educada nun sistema de valores incompatible coa democracia, era de agardar a decisión que adoitou que tivo que corrixir un xuíz. Fata ver si os que alegan ríspeto á estelada, eles tamén os teñen ós símbolos constitucionais. Neste país danse cousas insólitas e solo bale o noso. A Delegada do Goberno de Madrid, o mesmo tempo que prohibía a esteladas, autorizaba  unha marcha ultra con simboloxía fascista.

 

ALGO HAI

 

   Bruxelas non fai público o informe do acédente de Angrois. O que fai pensar que algo turbio hai, que nin  o PP, nin o PSOE quere que se saiba, e presionan en Bruxelas pra tapar a cagada. Cheira moi mal a asunto e da a medida do goberno da CCEE, que pon un chanzo mais no seu desprestixio e inoperancia.

 

XOGO DE, EU NON FUN

 

 

  O alcalde de Seseña e deputado rexional do Partido Popular, Carlos Velázquez, sacou este martes peito dando a coñecer unha carta, fechada o 2 de maio, onde pide axuda ao presidente do Goberno de Castilla A Mancha, Emiliano García-Page, para buscar unha saída ó vertedoiro  de neumáticos máis grande de Europa que, curiosamente, ós poucos días adía. Chama poderosamente a atención que a carta enviada polo alcalde popular de Seseña a García-Page non fose enviada no seu momento á antecesora do socialista e aínda secretaria xeral do PP, María Dores Cospedal, que desde xuño de 2011 a xullo de 2015 foi presidenta de Castela A Mancha. Durante catro anos de goberno popular non viu ilegalidade no vertedoiro e agora, obviando a súa responsabilidade na apertura do vertedoiro,  o alcalde de Seseña considera competente na solución do vertedoiro ilegal do seu pobo á Junta. Durante catro anos,  que gobernou o PP, Carlos Velázquez  silenciou, ou esqueceu o asunto. O seu intento de deriva-la responsabilidade ós socialistas pon de manifesto a súa  mala fe.

 

QUÉ SOMOS

QUÉ SOMOS

 Qué somos pro PP e o PSOE, cando entre eles acordan a sinatura dun tratado contrario os cidadáns europeos, favorable as multinacionais. Pois menos que merda un fato de ovellas. A división entre as filas dos socialistas respecto diso da enmenda de compromiso 117 sobre a blindaxe ás multinacionais ou ISDS era evidente, e hoxe volveu a quedar reflectida cando os socialistas belgas, franceses e austríacos votaron en contra do informe por conter esa enmenda, que pide substituír o ISDS e os seus sistemas de arbitraxe por xuíces, aínda que non especifica si estes novos tribunais serán públicos ou privados e utiliza unha linguaxe considerada ambiguo, intencionadamente, por algúns socialistas e polos detractores do acordo. Nos socialistas españois non houbo disensións e votaron en bloque co PP, o que confirma, por enésima vez, que en España PP e PSOE son o mesmo

 

MANUEL MARIA

MANUEL MARIA

 

  Foi un bo home, magoa que teñan que dedicarlle a el o dia das LERTRAS GALEGAS, para que o recorden, Os que o coñeceron sempre o recordaran

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar! 

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!


Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"