Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

PARTO FIFÍCIL

 

  Á falta de unha cultura de pactos, únese a falta de carisma dun líder e a prepotencia dos líderes dos partidos bisagra. Pedro Sánchez, carente de experiencia, non se sabe si ten mais medo ó PP, ou os baróns do seu partido.  Albert Ribera tapado do PP, é o favorito do IVES e, independientemente do seu peso relativo, quere impoñer o 80% do programa. Pablo Iglesias vai de divo e ignora que a política non é demagoxia, senón o arte do posible

 

UNHA NECESARIA ACTISTA

 

  Rita Maestre merece o apoio decidido da sociedade, non fixo  mais que poñer en evidencia uns anacronismos e facer que a caverna emerxa.  A anacrónica existencia de capelas só ten sentido, realmente, en lugares onde a xente non ten movilidad, como cárceres e hospitais, non aquí. Pero moitas autoridades foron moi permisivas e cobardes durante estes últimos 40 anos. Os rectores non se atreveron a sacar á Igrexa da universidade. É coma se tivesen medo aos bispos. Rita Maestre asaltou o oratorio en 2011, afirmou entón que non debería haber capelas nas universidades. Pero as oito coas que contaba a Complutense continúan alí. En 2013, o seu sucesor, José Carrillo, reabriu o debate e intentou pechalas ou convertelas en salas multiconfesionales. Polo menos, si quédanse, que paguen aluguer por ocupar terreos da Complutense,  dixo. Pero este tamén fracasou. O actual rector defende un modelo laico onde os espazos relixiosos estean noutro lado. Algun día Rita Maestre terá unha estatua nos Campus, e será recoñecida como a loitadora das liberdades.

 

ARROGANCIA

 

  A certeza que daba a alternancia no poder creou nos vellos partidos unha arrogancia incompatible coa situación actual de dispersión do electorado. As vellas glorias do PSOE reprenden, ameazadores, ós novos dirixintes e lánzanlles anatemas sobre posibles pactos, semellan monarcas destronados de casas reais centenarias. Reclaman un ríspeto de vellos venerables, glorias jurásicas, que grazas ó poder que noutro tempo tiveron, hoxe danse a gran vida. É ese temor a perde-los privilexios o que leva a deixar a súas guaridas pra marcarlle o delfín a linias vermellas.  

 

SEDICIÓN

 

   A sedición de centos de policías municipais en Madrid, perseguindo e insultado ó concelleiro de Seguridade Cidadán e pronunciando consignas fascistas, destapa un dos feitos mais graves da democracia. Encargados de mante-la orde, revelaron o perigo que representan  pro sistema democrático. Estes policías pertencentes, na súa maioría ,,, a unha unidade creada polos alcaldes do PP, fai gala da súa indisciplina e aversión ó sistema democrático. O Ministro do Interior en funcións, lonxe de afea-la conduta dos policías, jaleounos. Por suposto non actuou, de momento, a Fiscalía. Cando ó redor de 300 persoas seguen encausadas por exercer o seu dereito a folga e se encadea  como terroristas a doús titiriteros por unha obra de ficción, habemos de empezar a preocuparnos seriamente. Franco empezou así e custounos unha cruel guerra e 40 anos de ditadura; si o Axuntamento de Madrid se amosa feble e non expulsa do corpo a esa xente, amen doutras accións xudiciais que procedan, ímolo lamentar

 

TEIMOSÍA

TEIMOSÍA

 

  Fai bastante tempo que Feijoo anulou o concurso eólico  do bipartito pra favorece-los seus. Dende aquela non  deixou de recibir sentencias en contra, pero a Xunta, seguindo a folla de ruta do PP, non fai mais que apelar e enguedellar o asunto con  tal de non  cumpri-la sentencia e paga-las cuantiosas indemnizacións. Aquel foi un dos moitos  casos de  prevaricación e corrupción de Feijoo. As corrupcións e as prevaricacións non recaen sobre o actor e o seu patrimonio, co cal anima a que os roubos e as prevaricacións sigan. A Xunta de Feijoo suspendeu aquel concurso eólico nada máis chegar ó poder. Argumentou para iso o difícil encaixe que tería nun anteproxecto de lei que non entrara en vigor aínda. Fíxoo despois de vencer nunhas eleccións nas que aquel concurso eólico e o irreal conflito lingüístico foran as súas principais armas electorais, tamén suspendera unhas oposicións pra amañálas o seu xeito. De todo o que fixo de n ad respondeu. A súa foi unha plácida lexislatura cunha morna e deslabazada oposición mais preocupada das  súas cousas que do goberno

FALTALLES REPRIS E TESTICULINA

 

 A política neocons, da dereita en xeral, aproveita calquera oportunidade pra atacar calquera modo ou dereito de vida libre. Diante de esta situación, as organizacións democráticas están como aletargadas e reaccionan con lentitude e timidez.ten que ser a sociedade civil a que, desorganizadamente, presente batalla, e con sorte as organizacións políticas e sociais súmanse á acción. Salvo contados caso, ningún personaxe, nin organización pública reaccionou o encarceramento dos titiriteiros.os sindicatos seguiron coa súa ausencia, as organizacións culturais seguiron nos seu cenáculos privados, solo persoas individuais racionaron de inmediato.   Ningún dos principais partidos con representación no Congreso condenou de xeito rápido e contundente o atropelo perpetrado pola Fiscalía e o xuíz Ismael Moreno. E iso que estabamos ante unha escalada contra as liberdades arbitraria e surrealista, propia dunha novela de Kafka ou dos anos máis negros do estalinismo e da inquisición. O portavoz do PSOE, Antonio Hernando, sostivo o día logo das detencións a súa conformidade coa decisión xudicial. Dicíao mostrando a tradicional incapacidade dos socialistas por manter discurso propio e facer fronte á propaganda neocon. Esperanza Aguirre lanzouse desde o primeiro momento á yugular do asunto, sen importarlle as consecuencias sobre a vida de dúas persoas. Atrevéronse ata a denunciar a Celia Mayer, concelleira  de Cultura, como colaboradora de enaltecer o terrorismo. Falta testiculina

QUEIXA

 

    Queixase Aguirre, non lle falta razón, de que a cúpula do PP protexe a Rita Barberá, mentres que a ela a abandona e a deixa sola ós pes dos cabalos. A caída da lideresa era inevitable. Sempre presumiu de limpeza, deulle demasiado a sen oso, a súa incontinencia verbal e prepotencia e crítica coa cúpula, ela quería impoñela súa vontade en todo, valéronlle moitos inimigos dentro do PP, Cospedal era a mais salientable. A corrupción, nepotismo e destrución do público era marca Madrid dende o principio do seo goberno. Logrou a Presidencia de Madrid co Tanayazo, controlou, polo miúdo tódolos axuntamentos de  Madrid e a financiación do partido.  A política sanitaria, a educación, a dependencia, os contratos, incluso Caixa Madrid, eran cousa súa, aínda que outros foran os actores, polo que tamén  levaban a súa tallada. Dicir agora que ela non sabía nada, é unha burla.

 

QUÉN LLE PODE CRER

QUÉN LLE PODE CRER

 

 Conde a preocupación na Europa dos mercaderes pola situación política en España. O preferido Rajoy está acurralado polos casos de corrupción; o seu aliado Rivera anda de apagalumes  Rajoy aférrase á bandeira das medidas de rexeneración e limpeza democrática adoptadas baixo o seu mandato, ó endurecemento de sancións pra os corruptos e os actos de contrición feitos en público por el mesmo e polos membros do seu equipo. Pídelle a Rita Barberá que deixe o escano, ó mesmo cúbrea co manto protector da Deputación Permanente. Os mercaderes europeos, nerviosos,  queren saber que pode facer polos seus intereses  Alvert Ribera, e acude ás embaixadas a informarlles

CADUCADO

CADUCADO

 

  O PP vende proxectos xa caducados, ademais de ilusións que nunca  cumpre. Rajoy, despois do de Valencia  dixo que non toleraría nin un so caso de corrupción. Despois de tolera-la corrupción durante toda a lexislatura, é tarde ese arrepentimento, ou explosión de honradez. Pero as declaracións de intencións naceron xa caducadas; porque de seguido nomease a Rita Barberá pra Deputación Permanente, protexéndoa, aínda que se disolvan as Cortes. Recórdanos os contratos electorais de Feijoo, os seus incumpridos códigos de éticos, Vendedores de fume.

HAI DIFERENZA

HAI DIFERENZA

 

  Entre sátira e apoloxía hai diferenza, pero pros que non entenden de léxico, acepcións, significado das palabras, ou non queren entendelo, a sátira ten por obxecto ridiculizar ou censurar algo, mentres que a apoloxía é  unha alabanza de algo. A cuestión é si realmente lles interesa sabelo, ou si a importancia pra eles a ten unicamente o fin, e o medio é solo un acédente.  Non se pode poñer en cuestión a acción de goberno. Non solo Madrid, as chirigotas de Cádiz, ou os carnavais de Ourense sentiron o alento da censura, si ben nada comparable o de Madrid. En Madrid, non solo se ataca á liberdade de expresión, senón que o principal obxecto é Carmena. Coa mesma obra en Granada, gobernada polo PP non houbo problema

 

HAI DIFERENZA

HAI DIFERENZA

 

  Entre sátira e apoloxía hai diferenza, pero pros que non entenden de léxico, acepcións, significado das palabras, ou non queren entendelo, a sátira ten por obxecto ridiculizar ou censurar algo, mentres que a apoloxía é  unha alabanza de algo. A cuestión é si realmente lles interesa sabelo, ou si a importancia pra eles a ten unicamente o fin, e o medio é solo un acédente.  Non se pode poñer en cuestión a acción de goberno. Non solo Madrid, as chirigotas de Cádiz, ou os carnavais de Ourense sentiron o alento da censura, si ben nada comparable o de Madrid. En Madrid, non solo se ataca á liberdade de expresión, senón que o principal obxecto é Carmena. Coa mesma obra en Granada, gobernada polo PP non houbo problema

 

RESUCITADOS

RESUCITADOS

  Desaparecerán da vida pública asociación como a AVT, ultracatólicas e nostálxicos do antigo réxime coa chegada do PP ó poder. Agora que o PP se atopa nunha situación de debilidade Institucional, tódalas organizacións de corte fascista, volven a renacer. A recente actuación duns titiriteiros en Madrid foi o catalizador que uniu a estas organizacións demoníacas pra atacar á alcaldesa de Madrid. A mesma representación levouse a cabo nunha cidade andaluza gobernada polo PP, e non pasou nada. O de Madrid foi munición que o PP utilizou pra atacar a Carmena. Pero pon en evidencia a política dun país que encadea a actores, acusándoos de apoloxía do terrorismo, cando casos de apoloxía do terrorismo franquista son jaleados e protexidos, así como casos de os de corrupción,  os que en faladoiros, en prensa i en radio incitan á violencia

QUEREMOS CRECER

 

  Queremos medrar, ser maiores, sen tutela. O 23 F foi un retrato dos personaxes daquela, que hoxe se resisten o seu papel  a pasar a segunda fila e seguen considerando a España o seu cortixo. Non é o feito de que se agacharan, deixando o cu fora, en comparación á valentía de Adolfo Suárez, Gutiérrez Mellado ou Santiago Carrillo, cando soaron os tiros, ó fin é algo humano.   Tampouco merece a pena recordar toda corrupción socialista, falar do hermanísimo de Alfonso,  das promesas incumpridas, que non son poucas, da traizón a clase obreira, tamén da falta de lealtade democrática que mantiveron durante o goberno de Adolfo Suárez e a desmedida ambición que lles situou en demasiadas ocasións nos parámetros dos golpistas, facéndolles o xogo. Foi ese comportamento o que lles colocou en posturas antidemocráticas e terminou por escribir o nome de Felipe no errado goberno de concentración de Alfonso Armada. Goberno antidemocrático ao que nin o Rei nin eles xamais se opuxeron, ata se reuniron co propio Armada.

 

CASOS SIMILARES

CASOS SIMILARES

 

 

  PP fai gala de ser unha organización de costas á legalidade. Pra eles,  situacións similares teñen tratamento distinto. É aberrante que se trate solo dúas horas en meter a uns titiriteiros na cadea, como no mais negro do franquismo. Pola contra organización que  fan apoloxía do franquismo. No solo teñen protección do goberno e nin se lles molesta, sinon que se lles subvenciona. Xente como Rato, Blesa,etc andan libres. A obra dos titiriteros é, como moito de mal gusto. Non parece que o mal gusto s e xa motivo pra meter a alguén na cadea. E esta calla quérenos gobernar

LEIS FLORERO

LEIS FLORERO

 

  Os feitos demostran, unha vez mais, que en España as leis están pra incumprirse. O caso mais socorrido é o da Lei de Partidos Políticos, que debía aplicarse ó PP, ó  entender que os casos de corrupción que lle afectan non son casos illados, senón que responden a unha forma de actuar organizada. Compromís ,que é o único que de momento se toma en serio a Lei de Partidos, pide a aplicación da Lei de Partidos e insta á Fiscalía a que tome as medidas cautelares que considere oportunas  pra evitar que o PP siga delinquindo e poida obstruir a acción da Xustiza, algo que pode ocorrer como se demostrou co borrado dos discos duros dos ordenadores do seu extesorero Luís Bárcenas. 

OS INMORTAIS

 O PSOE non ten a orixe en Suresne, foi unha creación da CIA pra eliminar o PS de TiernoGalván. O PSOE ten dous tipos de líderes: os baróns e os electos; aínda que poden coincidir, pode chegar un militante a Ministro, Presidente dunha CA, incluso Presidente do Goberno de  España e non ser barón, como o caso de ZP. Ser barón no PSOE require varios factores, o común a todos eles é envellecer mal. Os baróns do PSOE, os que mandan, son fantasmas do pasado que se resisten a desaparecer da escena e vagan pola casona de  Ferraz elexindo e eliminando candidatos. Pésalles mais a sombra que a materia. PS ameazou con facer un by-pass e acudir as bases, pero non lle vai resultar doado, por moitos militantes que haxa cheos dos baróns. Os baróns son sobrevivintes que devoraron a transición e os socialistas auténticos, están alimentados co sangue dos obreiros e os ilusos, e iso failles inmortais

 

POLITICA E HONRADEZ

  Política e honradez son incompatibles, dixo Ana Pastor. Pode que cometera un lapsus, pero rebela o seu pensamento. O que parece ser é unha camaleónica, que se disfraza según a ocasión. O asunto xurdiu coa visita do Presidente Irani que o recibiu con indumentaria árabe, solo lle faltou poñerse un  burka, unha imaxe patética, que evidencia o grado de dignidade do goberno español, que contrasta coa visita do mesmo personaxe a Paris, na que os franceses se negaron a  retirada do viño da comida

 

CELDA COMPARTIDA

CELDA  COMPARTIDA

 

 Tantos políticos á cadea obriga a facer un complexo pla de realoxo. Rita Barberá non foi detida porque é aforada, tamén pode  ser que prefiran agardar por Susana Diaz  pra que compartan celda. Á lideresa andaluza médranlle os ananos, os  casos de corrupción amoréanselle, por iso non nada raro velas compartir celda polo de pronto rebelouse unha entusiasta do PP. I é que nada é casual

CRUEIS

 

  O premio nobel de economía Stiglitz tachou o goberno español de cruel e mentiroso,  que anuncian uns logros económicos falsos. Sigue sen reduci-lo déficit, forte desequilibrio económico e alta taxa de desemprego, maquillada coa creación de emprego temporal e precario. A creación dunha nova clase social, constituída por traballadores pobres, é o fundamental logro do PP. En España non se levou a cabo unha política de austeridade, senón un austericidio, que recaeu sobre os mais pobres e destruíu familias. A pregunta é qué ocurrirá cando as pensións non se podan pagar, porque o déficit de recadación sigue medrando, grazas a baixada do emprego  estable e de calidade

 

O FUCIÑOS

 

   Felipe González pasará á historia como un personaxe patético, pero está no seu dereito a querer que o PSOE apoie ó PP,  ó fin de contas agora é o Felipe autentico, inimigo da clase obreira e asocialista. O seu credo sempre foron os cartos e o poder, pero teñen que ter un ríspeto pra quenes non comprenderían que se apoiara a unha seita de corruptos. Aznar e os baróns socialistas poden montar un partido pra corruptos, están no seu dereito; pero non teñen ningún dereito a maltratar así os cidadáns e poñer ó PSOE como un partido a desaparecer, que é o que lle pasaría si apoia ó PP.