Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

DEPRIMENTE BALNCE

DEPRIMENTE BALNCE

 

   Feijoo  ten un deprimente balance de inauguracións de obras proxectadas e rematada polo seu goberno. Nos primeiros tempos do seu mandato inaugurou as obras que o bipartito realizara. Foron tempos nde loubanzas, momentos de gloria que dan as inauguracións, poñendo de manifesto que o mérito é pra quen inaugura, non pros que fan as obras. Agora veñen tempos de seca; non hai obras que inaugurar e xa  non queda o recuso de votarlles as culpas a outros. Veremos un goberno bonsai presidido por un figurante con fame de España.   

POLITICOS OU OCUPAS

POLITICOS OU OCUPAS

 

          Dáme a impresión de que algúns políticos son simples ocupas do poder, e preocúpalles moi pouco o ben dos gobernados. Non sei hasta onde se pode aturar o comportamentos rastreiros dalgúns políticos., ou se hai no caso do comportamento dalgúns personaxes  elementos de graves traizóns, xunto cunha dose de ignorancia, ou que teñen a consideración dos electores como un fato de estúpidos. O Alcalde de Santiago, sr conde Roa non sabe como poñer atrancos pra que a estación do AVE  da cidade non se construía. Parece un sen sentido, pero os feitos son eses. Non lle importa o ben da cidade, o que parece importarlle é que Rajoi non herde compromisos. O del é ser un ocupa da alcaldía, non o alcalde. Aínda esta fresco o recordo de Gil, alcslde de Marbella, Conde Roa, ós que non lembren a Gil, actúa igual que aquel personaxe e insulta a xente cun equipo de seguridade detrás. !moi valente, ou moi cobarde!.

PROFESIONAIS DA DÉBEDA

PROFESIONAIS DA DÉBEDA

 

 

       A prohibición de endebedarse é sorteada pola Administración Local mediante o que é coñecido por débeda oculta; mediante este sistema non se paga ós provedores, co cal  a quebra de empresas, pode producir unha quebra en cadea e a ruína do pais. Urxe que dende o goberno da nación se poña orde; se prohiban estas prácticas e se impida que os políticos  cobren, mentres a administración que gobernan  teña débedas. Non é admisible que se vote a culpa a gobernos anteriores, e se caia no desleixo e terminen pagando os de sempre a base de recortes de salarios e servizos. Hai que recortar salarios e privilexios ós políticos.

SEN NADA QUE INAUGURAR

SEN NADA QUE INAUGURAR

 

 

     Ós políticos gústalles mais inaugurar que un caramelo a un tolo. O Superconselleiro de Infraestructuras non ten que inaugurar. A Xunta non fai obras, incluso as que iniciou tenas a ritmo lento pra que duren mais, tal é o caso do empalme de Curros, en Pontevedra, que ten tres obreiros. Esa parálises ten moi triste ó Conselleiro, que non ten que inaugurar. Por si fora pouco, o Ministro de Fomento ínchase en asistir a inauguracións e primeiras pedras de obras do seu  departamento en Galiza; incluso o Ministro de Xustiza pavonase polas obras da Administración Central na costa da Morte, que o goberno da Xunta estivo entorpecendo. Nade invita ó Superconselleiro, o Superconselleiro está triste 

XA NADA É OCULTO

XA NADA É OCULTO

 

        O PP xa non pode esconde-lo programa, mais o intento por facelo. O PSOE despexoulle o camiño, e consígueo o goberno de cidades e CCAA. Grazas a estes gobernos podemos saber cal vai ser o programa do goberno do PP. Polo de pronto o peso da crise recaerá sobre as costas dos mais pobres. A clase media será unha especie en extinción. Os ricos serán mais ricos. Total, con que o PP goberne o tempo suficiente; este será un pais de moi ricos, e moi pobres.  Non ofrece moita confianza ós votantes, despois do goberno Zapatero, un PSOE, que non se sabe que rumbo tomará. No caso de Galiza, solo o BNG parece dar unha idea das súas intencións. A incógnita está en si conectará co electorado; un electorado moi controlado polo caciquismo

O PASEANTE, MUÑIDOR DE VOTOS

O PASEANTE, MUÑIDOR DE VOTOS

 

       Exprimido, ó currante non lle queda outra que asistir asombrado, como convidado de pedra, ós bacanais que se montan os que mais teñen e os políticos. Vemos, e segue, que NCG xubila anticipadamente a moitos directivos. Son xubilacións millonarias que lles pagamos os clientes de NCG. Os empregados pedíuselles   un sacrificio pra  salva-la Entidade. Agora eles, que grazas a súa ineptitude e desleixo, a  caixa está na UVI, marchan cobrando hasta o último euro. De igual xeito o Presidente da Xunta marcha pras américas a facer  campaña pro PP cos cartos da Xunta, de todos nos; mentres recorta inversións en infraestruturas, sanidade,  educación , et. Os currantes son, unha vez mais os que sosteñen esta tropa.  

NIN TOCALOS

NIN TOCALOS

  

       Na recuperación do Imposto sobre o Patrimonio, o PP oponse a que se toque o mais mínimo ós ricos. É un proceder similar ós prantexamentos dos Republicanos en EUA , poñendo de manifesto que está mais cerca da dereita americana que da dereita europea. Este imposto está desfasado. I é curioso, como dicía Cospedal, que despois de oito anos facéndolle a pelota ós ricos e cargando as costa dos pobres, se acorden, ó final da segunda lexislatura, deste imposto, mais a título de lavado de cara, que fiscal

ENSAIANDO

ENSAIANDO

 

       Despois da comunión entre Airexa e Estado, na que parecía que a Airexa se integraba na estrutura do Estado, formando parte del. A constitución quixo aclarar que Airexa e Estado eran Institucións independentes. Os herdeiros do vello réxime seguiron fieis ás costumes preconstitucionais retoman o vello costume e presiden tódalas manifestacións relixiosas que poden. Vendo a Rueda presidindo unha cerimonia relixiosa en Ourense; asáltanos a dúbida do papel do delfín do PPg.

¿ CANCRO OU HOMIÑO?

¿ CANCRO OU HOMIÑO?

  Nunha rede social, dixeron do Director de Política Lingüística era como un cangro pra Galiza. O Director Xeral contestou a este comentario coa agresividade típica dos que non teñen mais argumentos que atacar como cans salvaxes a quenes os  critican. Incluso berran, como fai Feijoo. A comparanza que fixeron na rede social non deixa de ser acertada. Un cancro come un organismo hasta que o mata; do mesmo xeito, a Xunta ataca a lingua galega utilizando ó Director de Política Lingüística  como un cancro. A encomenda do Director Xeral de Política Lingüística é sucia e de alta traizón, solo un homiño patético a pode realizar.

 

E MIRANDA DIXO...

E MIRANDA DIXO...

 

       A supresión das axudas o ensino é entendida po PP como un avance na política social. Iso foi o que manifestou o portavoz do PP no pazo do Hórreo. Pra darlle mais lustre a súa intervención, tamén comparou esa decisión do PPg coa recuperación do Imposto de Patrimonio. Iso chámase mezclar churras con merinas.

ANTECORRUPCION NON PASA POR GALIZA

ANTECORRUPCION NON PASA POR GALIZA

 

     As axudas económicas da Xunta a algúns centros de ensino privado son de escándalo, especialmente ós integristas relixiosos. Por cada euro que a Xunta inverte no ensino público, gasta seis no ensino privado. Non todo o ensino privado recibe o mesmo trato. Os centros pertecentes a setas integristas católicas son os mais privilixiados. Isto fai medra-lo descontento no ensino público, que queda como un servizo de beneficencia. Os contratos, outórganse, sen o menor complexo, a dedo. Da  igual que sexa adxudicación directa ou concurso. As normas,  como no caso da sobriña de Romay, pásanse polo arco de triunfo. A empresa da sobriña de Romay, que concorría con outras empresas, e que, de largo, era a mais cara, resultou a beneficiada. Normal, si temos en  conta que Romay foi o padriño de Feijoo e débelle todo a el. A adxudicación de contratos de obra e suministros e parella á política de persoal. O casos de clientelismo impregnan toda a acción política da Xunta.  

TEITO DE GASTO

TEITO DE GASTO

 

 

    Unha parella, unión que non  estaba bendicida pola airexa, tiña unha táboa no tálamo nupcial pra durmir separados; o cura, preocupado por un posible pecado, preguntoulles que ocorría si tiñan unha tentación. Con resolución, sen dubidalo, repotáronlle, que entón quitaban a táboa. O TEITO DE GASTO, aprobado pola Xunta é parecido,  cando a un goberno  lle interese muda a lei; ademais, como demostrou Feijoo e doado de cumprir, basta con usa-la tesouro onde interesa. O obxectivo de déficit do presuposto revela unha ideoloxía, que non por coñecida deixa de ser preocupante, Feijoo recorta en obras, en investigación, en sanidade , en educación e gastos sociais. Non se toca, incluso se incrementan, pese ó que di, os gastos correntes, os de propaganda e as transferencias e subvencións a asociacións privadas afíns. Sobresaen, a subvención a Galicia bilingüe, mentres se elimina a promoción do galego e o incremento das achegas ó ensino privado.

!QUE PAIS!

!QUE PAIS!

 

  Pego, directivo de NCG, xubílase os cincuenta e pouco anos co 98% do salario millonario que cobraba en NCG. O salario millonario, hasta a idade de xubilación, será  abonado por NCG. Un currante, co salario mínimo, xubilarase ós 70 anos coa pensión mínima.  Ós traballadores de NCG prexubílanos cunha magra pensión, aínda que pra si a quixeran moitos. Non me estraña que NCG fora  de cu con esta xente.

 

NON É POR CASUALIDADE

NON  É POR CASUALIDADE

 

         O conflito cos docentes non é por casualidade. Foi unha confrontación buscada, dentro da estratexia do PP de acoso ós servizos públicos. Non se trata dunha simple protesta,  da defensa duns  dereitos, aínda que haxa docentes que a defensa dos seus  dereitos sexa suficiente motivo pra i á folga.  No fondo latexa un conflito ideolóxico sobre o papel da educación; non se tra simplemente de concibi-la educación como unha inversión ou un servizo; o PP concibe a educación como un negocio, ó mesmo tempo que canle de adestramento ideolóxico. O protagonismo do integrismo relixioso está na base do conflito. Saído é que as organizacións integristas relixiosas márcanlle a Xunta o vieiro en política educativa. A estas organizacións interésalles desprestixia-los docentes do ensino público, atacando,  así, á competencia; pero ademais,  de esganala detraendo recursos que incorporarán o seu sistema. Nalgunhas Comunidades gobernadas polo PP, a financiación de proxectos de ensino de grupos integristas alcanza niveles de escándalo, non solo se lles dan solares gratis pra construción de colexios, senón que as mesmos gobernos implícanse no proxecto. O sostemento con fondos públicos do ensino privado, discrimina aqueles proxectos non confesionais dos relixiosos: aínda entre  estes últimos, diferenciase entre o simple ensino en colexios relixiosos, dos que son rexentados por organizacións integristas. Como norma xeral, e quizá neso radica a súa orixinalidade, os colexios son rexentados por segrares, pero a dirección do sistema e as normas, emanan da seita relixiosa á que pertenecen.

 

EN FORA DE XOGO

EN FORA DE XOGO

 

    A decisión da deputada do BNG, Carme Adán, de  prescindir do coche oficial, comezou sendo unha anécdota, á que os políticos de outros partidos intentaron minimizar e mesmo ridiculizar, calificándoa como unha extravagancia do BNG. A decisión de Carme Adán está na liña dunha política consecuente coa ideoloxía do seu grupo. Carme Adán deixou co cu ó aire ós que falan a cotío de austeridade; unha austeridade que practican esganando servizos esenciais, mentres medra o gasto corrente, e eles seguen instados no luxo, insensibles ás estreiteces nas que viven os cidadáns. Unha das moitas mentiras de Feijoo do despilfarro do bipartito co parque móbil, pronto será un sarcasmo, cando dicídeo, sexa polo compromiso que adquiriu cun dos seus patrocinadores, ou polo seu gusto pola exclusividade, sentando o cu no plástico,  anova-lo parque móbil da Xunta, mercando mais de mil unidades  dunha determinada marca de coches. E agora ven Carme Adán e esnaquiza esa política de austeridade que nos vende Feijoo. A renuncia ó coche oficial. Pode se-lo comezo de un adelgazamento de gastos santuarios, que hasta agora foron intocables; ós que os políticos, instalados no luxo van ter que renunciar.

            O alcalde da Coruña xa se apuntou á idea lanzada por Carme Adán, aínda que coñecendo o personaxe, queda un na expectativa de cal será o resultado, non deixa der un indicio de cal ha de se-lo vieiro. O dos coches oficiais é unha tradición dos países latinos, que queren  exterioriza-los  privilexios e estatus. Nos Países Nórdicos e de Centroeuropa non se da  esta moda, i é normal quer os políticos viaxen en transporte público. Unha mostra mais da nosa mala administración e os problemas co déficit.

CUMPLEANOS NO PODER

CUMPLEANOS NO PODER

 

     Os cumpleanos no poder  son distintos. Un sente que se lle escapa algo mais que os anos, é un ano menos no poder; avisan que o poder non é eterno. Na residencia de Montepío había unha torta como a roda dun carro; o Presidente cumpría anos, medio século. Moitos parabéns, que cumpra moitos mais, pero non no poder. A plana maior do PP non arroupou neste día a Feijoo. Refírome o PP das españas, que a que enche e lle da motivo á vida de Feijoo; o PPg estaba  co seu xefe, ó menos  en espírito. Se non,  xa se sabe, podes caer en desgraza. Aínda que moitos  querían estar no festexo, por iso de sentirse preto do poder, pasaba como nos banquetes de Jesucristo. Negreira e Louzao rivalizaban pra organiza-lo evento. O final, nin  un, nin o outro, levaron a auga o seu muiño. O castelo de Soutomaior houbera sido un lugar idóneo. Un banquete medieval con Feijoo encarnando a Pedro Madruga. Louzao e Negreira de bufóns. Ningún dos dous logro igualar ó Conselleiro de Industria, que nestes cometidos é un profesional.         

DOS PRIMEIROS

DOS PRIMEIROS

 

 

   A Galiza de Feijoo, xunto con outras tres CCAA, todas do PP, teñen o privilexio de ser das primeiras, empezando pola cola, en servizos sanitarios e noutros servizos sociais. Si de por si é mala a situación sanitaria, o futuro aínda é mais escuro, si se ten en conta as débedas ós provedores e o endebedamento coa xestión privada de infraestruturas. En pouco tempo a sanidade pública colasarase. Posiblemente ese é o obxectivo do PP. 

 

ESTA DE MODA

ESTA DE MODA

 

     A austeridade está de moda; o PSOE  di que a Xunta pode aforrar cincuenta millóns de euros, pechando chiringuitos, con duplicidade de funcións, e as Superdelegacións, inútiles e prescindibles todos eles. Nesa liña precisamente vai Feijoo, que xa anunciou a creación de mais chiringuitos, ós que chamará axencias. O persoal, como é lóxico, nomearase a dedo. O único fin que teñen é política de partido, sectarismo  e control dos votantes, ós que se ve como un gando que hai que levar ó curral propio. Nesa de simplificación e austeridade está a creación dese  Órgano paralelo  a FEGAM, formado polos concellos galegos do PP. !Pedazo de Presidente!. Non o merecemos; eu son conscente deso, e renuncio a miña parte.

 

ENCOROS VALDEIROS

ENCOROS VALDEIROS

 

     Os encoros en Galiza están a un nivel preocupante.  Feijoo ordenoulles ós conselleiros que mexaran nos encoros. Si señor, ese é un pedazo de Presidente, preocupado polo  pais, con solucións.  

     Con acerto  alguén dixo:

      “A condición actual do presidente non é a de vítima. Gobérnanos na impostura. No tempo que vai vir, Feijoo debería atender o diagnóstico de Samuel Johnson: “A impostura enfraquece a confianza e arrefría a benevolencia.” Galiza non é Tunisia ou Exipto, pero no seu almanaque, cando menos se pense, tamén se pode riscar un Día da Ira que esnaquice o restos de confianza e benevolencia que unha parte da sociedade galega aínda lle ten.”

 

 

GRANDES REMEDIOS

GRANDES REMEDIOS

 

     O peche de empresas en Galicia é alarmante. Xa sería moi forte votarlle a culpa a Zapatero do afundimento económico do noso tecido empresarial.  O viaxeiro Presidente sr.  Feijoo escóndese en problemas de estado, que non lle competen, mentres abandona o pairo o goberno de Galicia, que deixa en mans de válidos; non quere aparecer, porque o mellor é estar lonxe dos problemas. O Conselleiro de Industria; ese que non é capaz de gastar ni o 10% do orzamento, atopou a solución pro peche de industrias. A solución pro ermo industrial que se lle ocorreu ó conselleiro é que o que queira montar unha empresa o faga sen necesidade de autorización algunha. Liberalismo total