Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

TOCARON FONDO

TOCARON FONDO

 

      Albricia, A Xunta xa chegou ó fondo do pozo. Xa no haberá mais seca. A Xunta estabiliza nos orzamentos do vindeiro ano á inversión.  E     digo eu, parece que si había inversións , aínda que non se notara moito. O mais destacable dos orzamentos é que se manterán os pluses de altos cargos. Iso chamase austeridade e bo goberno. Se vos decatades a manufactura de chourizos está en alza.  Polo de pronto á Xunta comunicoulles ós adxudicatarios das obriñas que paraliza os pagos hasta a Semana Santa, en que Feijoo e o Superconselleiro se visten de nazarenos

TOCARON FONDO

TOCARON FONDO

 

      Albricia, A Xunta xa chegou ó fondo do pozo. Xa no haberá mais seca. A Xunta estabiliza nos orzamentos do vindeiro ano á inversión.  E     digo eu, parece que si había inversións , aínda que non se notara moito. O mais destacable dos orzamentos é que se manterán os pluses de altos cargos. Iso chamase austeridade e bo goberno. Se vos decatades a manufactura de chourizos está en alza.  Polo de pronto á Xunta comunicoulles ós adxudicatarios das obriñas que paraliza os pagos hasta a Semana Santa, en que Feijoo e o Superconselleiro se visten de nazarenos

¿ MAIS FRASO ESCOLAR?

¿ MAIS FRASO ESCOLAR?

 

   O fracaso escolar   ten unha posible efecto na calidade do ensino, polo que é lóxico pensar que os recortes no ensino público terán como consecuencia inmediata unha merma na calidade do ensino público. Os recortes que a Xunta efectuou no ensino público, non tiveron a mesma mingua nas cantidades destinadas ó ensino privado, antes ben, houbo un incremento selectivo pra colexios de elite e de orientación católica.

   As protestas dos ensinantes, os políticos  da Xunta procuraron que o público as vira como a defensa dos privilexios dun colectivo insolidario. Esta é unha tendenciosa e simple desvirtuación dos feitos e dos motivos das protestas. Admitindo a posibilidade de que houbera elementos movidos por intres persoal; asociacións de pais e profesionais do ensino decátanse de que o que o PP pretende e fomenta-lo clasicismo social a base dun ensino de calidade pra que os privilixiados sigan sendo privilixiados e formar unha clase de persoas, similares ós servos da gleba da Idade Media, pra que siga tendo a clase privilixiada uns servidores baratos, sen posibilidade de redención.

 

REDUCCION DE DEPUTADOS

REDUCCION DE DEPUTADOS

 

        Prantexada así a cuestión é difícil non estar de acordo, pero hai trampa. O PP, por medio do Conselleiro da Presidencia, do que non me fío, prantexa unha redución de Deputados; hasta aí ben. Si realmente quere reducir gasto; por qué non suprimi-las Deputacións, porqué non reducir Concellos e número  de concellas, por qué non reduci-lo parque móbil.  Opino que o que pretende é entreter ós parlamentarios con cuestións baladís e que non  se discuta sobre os temas que preocupan, e que a Xunta lle poden importunar; como son os recortes en sanidade, educación, servizos sociais e infraestruturas, mentres medra o gasto corrente, viaxe do Presidente ás américas, incenios forestais, subvencións e determinadas transferencias a particulares.

OUTONO NEGRO

OUTONO NEGRO

 

 

     Ca chegada do outono os lumes forestais parecen recuperar forza. Se non fora que os lumes forestais son cousa moi seria, podíamos supoñer que había centos de magostos. Os incendios collen á Xunta cos brazos caídos,  e poñen en evidencia que a o plan da Xunta de loita contra incendios non existe. Con mais de 10.000 hectarias queimadas, e aínda estamos a mediados, é o peor mes do ano.  É doado dicir que o Conselleiro de Medio Rural é un inútil, pero ademais de non dicir nada novo, non estaríamos aportando nada a solución desta catástrofe. A actual Xunta, xogando con condicións meteorolóxicas propicias, desmonto o sistema contraincendios do anterior goberno, nun acto de arrogancia  e irresponsabilidade. Os resultados son os que se ve. Acentua-la acción nos medios contraincendios, que desgraciadamente tampouco foi o caso, non é a solución. Os medios contraincendios teñen que implementarse con medidas de prevención, que foi onde mais a Xunta se abandonou. Non hai sistema perfecto, solo menos malos, sobretodo cando os incendiarios fan das súas, pero Feijoo debera ser menos arrogante e recorda-lo que fixo na oposición. A dimensión da catástrofe é tremenda, hasta a Unidade de Emerxencias así o viu. Total Galiza perde, a Feijoo elle o mesmo.  

ACENOS OU REALIDADES

ACENOS OU REALIDADES

 

 

       Os novos directivos de NCG pretenden que os anteriores directivos, ós das indemnizacións millonarias, os que ca súa mala xestión levaron á ruína a Caixa, devolvan parte  das cantidades cobradas, insinuando cunha posible accudicial. O primeiro a destacar é que non se lles esixe a devolución dunha cantidade concreta; en segundo lugar parece que se  apela mais a unha razón de forza moral, pouco efectiva neste caso, que a razóns legais.   Habida conta que as indemnizacións recibiron o consentimento do BE, Consello de Administración e Xunta de Galicia ou, á menos, un mirar pra outro lado, parece que unha acción xudicial tería unha débil posición; nembargantes, si temos en conta que as remuneracións extraordinarias dos banqueiros deben estar condicionadas pola labor dos beneficiados.  Eu mais ben me inclino por requirirlles en vía xudicial un resarcimento dos danos causados á Entidade pola súa neglixente e culposa xestión.

      Si cremos a versión dos membros do Consello e de Feijoo, segundo o cal houbo unha deliberada ocultación ó Consello e a Xunta do botín a repartir; daríase un feito que se podería calificar como delito. Repartiríanse as indemnizacións, ó marxe do procedemento establecido, con ánimo de prexudica-la Entidade, apropiándose dun diñeiro alleo, pra elo conspirando pra delinquir. A acción xudicial gozaría dun mais claro apoio de feitos. Cousa distinta é que a Xunta, os actuais órganos de  dirección, BE, ou Fiscalía queiran facelo. Supoño que calquera impositor estaría lexitimado pra exercer unha acción penal. Así que, a non escondela cabeza como as avestruces.  

¿ A CASO CONSPIRACIÓN?

¿ A CASO CONSPIRACIÓN?

   O espolio de NCG non me da acougo; canto mais penso nelo, mais incógnitas atopo. Non acabo de comprender, como se pode esfumar un patrimonio de miles de millóns de euros. Aínda que houbera un desfase contable, é moita a diferenza entre as distintas valoracións feitas. Non é doado comprender que unha entidade que ten o 50% do mercado bancario valia solo 180 millóns de euros. É fácil sospeitar que unha valoración tan baixa obedece a unha intención deliberada, a un proxecto premeditado de quita-la NCG do mercado e entregarlle os despoxos a un competidor a prezo de saldo. Este feito, sen esquece-lo saqueo practicado polos directivos da Caixa, debera ser motivo dabondo pra que a Fiscalía investigue unha fraudulenta conivencia entre o BE, os directivos da Caixa  e algúns políticos. Penso darlle mais voltas.

 

DE COÑA

DE COÑA

 

 

     O Presidente da Xunta, a mais de intentar facernos crer que el non ten nada que ver nas primas millonarias dos elementos da directiva de NCG, pon a guinda cunha carta ó Presidente do BE pra que lles obrigue a devolve-las primas; con elo o único que pretende é desvia-la súa responsabilidade reforza-la argumentación de que el non ten nada que ver . Non comprendo cómo se ensarilla en cousas banais en lugar de buscar unha solución á desfeita. O Presidente Feijoo tiña xente, ademais de no Consello,na Dirección; el mesmo considerábase o Patrón da Caixa. Por iso non deixan de ser patéticas maneiras de evadi-la responsabilidade, baixo unha unha actuación teatrera, impropia dun gobernante responsable. Todos sabemos que os responsables son o Gobernador do BE, o Consello de Administración e o Presidente da Xunta; sen que uns se escondan tralos outros.

 

PROGRAMAS

PROGRAMAS

 

 

     Quixen saber que era o que ofrecían os candidatos do PP e do PSOE; porque, xa   se sabe, neste momento todo son farturas, teñen solucións pra todo. Nembargantes vin que o PSOE ofrece o que non fixo no goberno, e o PP sigue sen dici-lo que pensa facer, salvo vaguidades; non queren perder votos.  

O EMPERADOR

O EMPERADOR

 

 

   Acudiu o emperador da terra de Fisterra á convención do PP, rodeado polo mais florido e valioso do seu goberno. Escoltábano a Conselleira de Traballo, responsable do incremento do paro e da destrución dos Servizos  Sociais; o Conselleiro de industria, que pode presumir de que a produción industrial caeu o ano pasado nun 12%, mentres no resto de España tivo un lixeiro incremento, cun concurso eólico embeleñado. Menos mal  que nin abriron a boca.

PILLADO

PILLADO

    Feijoo mentiu cando dixo que nunca se reunira con Darribo. Descuberta a mentira, di que o fixo no seu despacho  oficial, pronto se saberá que visitou Monte Pío, por suposto, polo ben de Galiza. Hai dúas cousas certas: Blanco fíxoo nun lugar público, á vista do chofer  e dos escoltas; Dorribo non recibiu subvención algunha do Goberno Central despois da reunión. Feijoo reuniuse en segredo, lonxe de testigos con Dorribo. Despois da reunión  con Feijoo, Dorribo recibe subvencións da Xunta.  Agora solo falta saber  a cambio de que lle deu eses catro millóns  de euros. ¿Sería pra que lle axudara a desfacerse de  Blanco?, ou en concreto, qué lle pediu Feijoo a Dorribo?. ¿ Cántas reunións previas houbo, e ónde?.

NADA QUEDA

 

 

   Salvo as palabras goras e grandielocuentes de Feijoo, xa nada queda en Galiza. Os nosos medios financeiros foron dinamitados. Galiza esfarélase. BE, Consello de Administración e Xunta son culpables do que pasou en NCG. É inmoral e de chourizos o que fixeron os directivos de NCG; por riba pedíndolle ós empregados sacrificio. Mar Barcón estivo no Consello no que se acordaron as primas. Feijoo coñecía, por adiantado, o que pasaba. PSOE obtiña financiación de Caixa Nova, e o PP de Caixa Galicia. Todo era un contubernio entre os políticos e os que manexaban as caixas; uns obtiñan financiación e outros a forrarse;  ían cada un  ó seu. Agoa Feijoo, na súa liña habitual, intenta votarlle a culpa a outros; a súa Conselleira de facenda, nunha intervención subrealista no Parlamento, culpou hasta  ós Reis Católicos

  É dunha inmoralidade que raia a burla, tanto o comportamento de  Feijoo como os exdirectivos das caixas.  Sinto unha fonda dor escoita-lo trilero e charlatán, sen asumi-la responsabilidade do que pasou. Non   debemos esquece-la nosa responsabilidade se non facemos o posible pra librarnos desta praga.  

O XINETE DO MEDO

O XINETE DO MEDO

    O paro é un xinete da apocalipse que percorre o pais sacando chispas cos casos ó trotar. Cando Feijoo recibiu o goberno había un 11, case un doce, por cen de paro; agora xa nos achegamos a 18%, aínda por debaixo da media española, pero sendo a CCAA onde mais medra o paro, co cal, nun ano podemos sobrepasa-la media española. Iso a pesar da emigración a outras CCAA  e o estranxeiro. Un problema que Feijoo ía arranxar en tres meses.

ESTRATEXIA DE COBATE

ESTRATEXIA DE COBATE

 

 

 

    A lea de acusacións do empresario farmacéutico Dorrego ben puidera ser unha estratexia argallada pra fortalece-la súa defensa; pero os feitos poden ter outra finalidade, poden obedecer a unha necesidade do PP  de diluír e distraer da súa responsabilidade. Non se pode ignorar que Dorrego está na cadea acusado de corrupción, por cobros e comisións co PPg de Feijoo. A estratexia do PP e estender unha sombra de dúbidas sobre as outras opcións políticas pra disimula-la súa responsabilidade. Que mellor oportunidade pra atar ó Ministro de Fomento, ó que lle teñen ganas, e lixar un posible contrincante de Feijoo. Este feito abálano dúas sospeitosas coincidencias; por un lado a montaxe fotográfica, xa que é estraño que sen premeditación houbera fotógrafos apostados, en segundo lugar a difusión da campaña nun medio que ten acreditada unha traxectoria de campañas tendenciosas; como as do caso Atocha ou Faisán, coroado todo esa lera dos Deputados do PP . O deputado do BNG simplemente é un engado, ó que lle ven ben empregado por incauto. Co PP sempre hai que estar alerta.

SEMPRE AS OPSICIONS

SEMPRE AS OPSICIONS

 

 

    As oposicións ó concello de Vigo son cuestionadas por CCOO. Hasta aquí nada novo. Non confío na limpeza das oposicións na Administración Local; pero desconfío tamén de  que sexa unha organización que nada novo ten aportado á limpeza dos procedementos selectivos de persoal. O de CCOO parece unha rabexa dun malcriado que non tivo asento no convite. Á Xunta ten un representante no Tribunal, algo terá que dicir, si hai algo que dicir, se non o de CCOO da a sospeita de algo sucio quería facer.

UN DELITO

UN DELITO

 

    Feijoo propón nun foro en Madrid,  que o deixar facturas nos caixóns sen pagar, sexa un delito, que se estableza o delito contable. Non podo deixar de estar de acordo coa proposta de Feijoo. Que se baleiren as cadeas, que solten os presos que hai nelas e que encadeen a moitos políticos; tanto por falsidade contable como por mal uso dos fondos públicos.

PROPORCION INVERSA

PROPORCION INVERSA

 

   As xubilacións, as indemnizacións, etc; gardan unha proporción inversa á situación financeira da Entidade que as abona. Son premios o desleixo e a incompetencia. O reparto de 23 millóns de euros entre tres exdirectivos de NCG é un premio de escándalo por arruina-la Entidade, pero iso non é o único caso; outros directivos tamén foron  premiados. Tamén o Gobernador do BE e o Presiden te da Xunta. Os acordos son de coñecemento   do BE; e a Xunta tutelaba  e controlaba a Entidade. A devolve-lo que é noso, cesalos incompetentes e a presidio os culpables.

¿HAI RESPONSABLES DA DESFEITA DE NCG?

¿HAI RESPONSABLES DA DESFEITA DE NCG?

 

 

         Sen dúbida que hai responsables. É obvio que ten que habelos. Non resulta doado comprender que unha Entidade que tiña unha cota de mercado do 45% chegue a semellante situación. ¿Haberá actuacións Xudiciais pra depurar responsabilidades?. Penso que non. Os delitos de guante branco parece que non teñen o mesmo tratamento que os que son consecuencia dun estado de necesidade; como sería o caso do que furtara un bolo de pan pra darlle de comer ós fillos.  A valoración de NCG feita pola Xunta, da a entender que os órganos de dirección  das caixas e os controladores da Xunta estaban confabulados, que a Xunta miraba  pra outro lado, sen querer sabe-lo que pasaba.

ABRAIANTE

ABRAIANTE

 

 

 A valoración  de  NCG, á que o Banco de España lle da un valor inferior a 200 millóns de euros, deixa a un perplexo. A mais da indignación, na que se ve todo ben nacido, xorden un montón de preguntas. Cómo é posible que dende o tempo transcorrido dende a fusión, que é relativamente pequeno, o balance que fixera a Xunta tivera tanto desfase coa valoración do BE. Solo cabe unha conclusión: non se recollía a situación real, é dicir, era falso.

 

NADA QUE DESFACER, NADA QUE INAUGURAR

NADA QUE DESFACER, NADA QUE INAUGURAR

 

 

      Un titular tan simple reflexaría o esta do desgoberno de Feijoo. Onte escribía sobre a seca de inauguracións do goberno galego. Feijoo, o mesmo tempo que intenta manter alta a moral do seu equipo de goberno e narcotizado ó pais. A palabrería de Feijoo xa empeza a semellarse a eses traxes que se poñen a cotío durante anos; son traxes gastados, que nos recordan tempos mellores do usuario. Nun  tempo Feijoo quixo vende-la imaxe de modelo de goberno pepero; pero ese papel non foi do total agrado de Xénova, porque os logros de Feijoo eran o esborrallamento do construído polo anterior goberno, a narcotización  dos gobernados cun propaganda, como nade podía imaxinar, nos medios de comunicación; de feito, unha importante parte dos presupostos dedicounos a este fin, cada euro, cada acción de goberno, ia acompañada dunha campaña publicitaria. Agora, que nada hai que desfacer, nin nada que inaugurar; porque  nada se construíu; chega a parálise. A  Culpable a crise, malia que é pra tódolos paises.