Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

OPORTUNO VERQUIDO

OPORTUNO VERQUIDO

 

  Un oportuno verquido na ría do Burgo deulle  oportunidade á Conselleira do Mar a pechar ó marisqueo a ría do Burgo; así queda disimulado que está esquilmada polos furtivos e cun alarmante nivel de contaminación. A Consellería do Mar, seguindo as pautas do goberno bonsai, gasta un diñeiral en propaganda, nin un euro en coida-las areas de  marisqueo. 

 

CANDO ABRE A BOCA

CANDO ABRE A BOCA

 

     Facendo pais, ou promoción persoal,  o noso presidente estivo de viaxe en  Ceuta. A mais de arremeter contra do PSOE, recordando como Zapatero herdou o pais, e como o deixa feito uns zorros. En parte ten razón; pero as verdades ditas a medias solen ser grandes mentiras; nade lle nega que Zapatero é un nefasto xestor, il tamén o é, e aínda por riba non ten oposición. Zapatero herdou unha Facenda saneada. Pra sanea-la Facenda, Aznar malvendeu tódalas grandes empresas públicas. Iso seguro que se lle esqueceu dicilo a Feijoo. Zapatero non soubo dirixir o goberno no medio dunha crise mundial e  fracasou, igual que outros líderes.  Sen dúbida interésanos, porque nos afecta,o estado de España; pero a arbore non nos pode impedir velo souto. A situación en Galiza é catastrófica, e iso, a mais de ser culpa da crise, tamén é culpa de Feijoo.      

DOADOS DE ENGANAR

DOADOS DE ENGANAR

 

 

    PP e PSOE chegaron a un acordo pra reforma-la constitución e poñer un teito de gasto; así os mercados verán que somos un pais disciplinado,  dignos de confianza. Prestarannos os cartos mais baratos, e seguiremos nese mundo de YUPI, podendo gastar en gastos correntes mentres esganamos os gastos produtivos e sociais e empobrecémo-lo pais. Dun golpe, cumprimos o obxectivo de engana-lo mercados, facéndolles crer  que temos como meta a austeridade.  Pero seguimos facendo unha política, que unicamente vai enriba dos mais febles. A pobreza que se xera e moi do gusto do liberalismo económico, que da como intocables ós ricos.

   Se o PSOE  fai unha política de dereitas, ten sentido votar ó PP. Dese xeito, xa sabemos cal será a folla de ruta; un camiño cara a néboa. 

PREDICAR CO EXEMPLO

PREDICAR CO EXEMPLO

 

     A renuncia de Carme Adán, do BNG, ó coche oficial, da crédito a súa coherencia  política.  Mais que un aforro, que o é, marca o vieiro que debían segui-los políticos. A decisión de Carme Adán molestou ós políticos do  PP e ós do PSOE, ós que deixou co cu o aire. Mentres piden austeridade ós electores,  eles viven na opulencia e no despilfarro.

DESPOIS DO XANTAR

DESPOIS DO XANTAR

 

 

   Non sei ben si a papancia dos peperos en Arteixo se pode considera-lo comezo de algo, ou o fin de un período. O que si deu lugar a pesadas dixestións, que xunto cos efluvios alcohólicos soltou a lingua do principal orador. Por suposto, sen nada novedoso, dedicouse a despotricar contra do Goberno Central e poñer grandes esperanzas nun futuro goberno do PP. Sabendo como sabe que ese previsible goberno non lle vai dar nin auga, que tódalas desculpas do seu mal goberno se van a esborrallar; non se entende ben porque non se dedicou a contar chistes. Os políticos en canto lles poñen un micro de diante non se resisten a dicir estulticias.      

SEN MIRAR PRO EMBIGO

SEN MIRAR PRO EMBIGO

 

        Sen mirar pro embigo o Superconselleiro do goberno bonsai, arremete contra do Ministro de Fomento por non inverter mais no AVE. Estaría de acordo co Superconselleiro si el fixera algunha obra pública. O cinismo fase insoportable cando na súa Consellería se reducen os proxectos de obra pública nun setenta por cento. Tampouco se presenta un plan reivindicativo que que o faga crible; porque se limita á circunstancia de desgaste ó goberno do PSOE. O futuro pinta moi negro si é certo o pacto secreto do PP e CIU pra paraliza-lo AVE  a Galiza. Rajoy xa o deixou claro: pra el o AVE  a Galiza no é prioritario. Asi que a poñer velas ó Cristo dos Miragres.

        No presente, limítanse as  axudas ós concellos, non a todos o mesmo, porque o goberno bonsai e xusto e goberna pra tódolos galegos, non é un goberno caciquil; cousa que costa crer.

 

MAIS CON MENOS

MAIS CON MENOS

 

   Este lema de Feijoo  úsao con machacona insistencia. De tanto usalo vai gastalo, sen poñelo en practica. Cos mesmos cartos vai duplicalos postos de traballo pra xente nova. Non é maxia, nin sequera boa administración; pois a boa administración é un concepto que solo se usa en propaganda; na realidade é tan escasa como os pozos de diamantes. Cál é, pois, o misterio do singular prodixio.  Moi doado, se os contratos antes eran de 12 meses de duración, agora son de seis. Tamén se elimina todo gasto de inserción laboral e cotizacións varias; así, co mesmo o mago Feijoo fai mais. Mais contratos, mais precarios, pero con menos duración.

 

DA SOCORRIDA AUSTERIDADE

DA SOCORRIDA AUSTERIDADE

 

      Está ben ser austero; pero hai que empezar por ser sincero. Vemos que os políticos do PP, que en  campaña prometeron paraísos e obras sen fin, agora anúncianos que non se realizaran obras, que hai moitas débedas. A culpa, como sempre, do goberno anterior O paraíso prometido quedou en promesas e volveuse fume.   Hai algo difícil de entender,- si non hai fondos; por qué subvencionan as touradas, por qué se dan subvencións a asociacións afíns, creadas no momento, mentres se nega a outras xa consolidadas; por qué non hai oposicións e medra o gasto de persoal; por qué hai mais chiringuitos e se di que se vai reducir esta administración. Realmente, ¿son necesarios os chiringuitos, ou  son neales  de favores. ?

 

O PE DA CAÑÓN

O PE DA CAÑÓN

 

     O que lea declaracións de Feijoo non lle quedará a mais mínima dúbida de que sigue no  temón pilotando a nave; daranos  a impresión de que Galiza nada ten que temer; porque o piloto segue no seu posto, e a nave está segura na súa singradura polos mares procelosos da gobernabilidade.  O certo é que as declaracións gárdanas os supostos entrevistadores no caixón da gabeta, e sácanas cando lles ven ó caso, co que dan a sensación de actualidade. As entrevistas concedidas, fai tempo, a periodistas de confianza adquiren un verniz de autenticidade con esas aparicións nas touradas de Pontevedra, con entradas de balde, pra un selecto e nutrido grupo de peperos, facilitadas pola Deputación de Pontevedra.  A Deputación de Pontevedra t7amén facilitará ó PP o castelo de Soutomaior, pr6a inicia-la precampaña electoral. Alguén dirá: o PP sempre estivo en precanmpaña. Xa vemos que as Deputacións son Entes moi útiles; e nin o PSOE, nin o PP as queren suprimir,. Non será útiles pra sociedade, pros políticos si.

CÁL É O EXEMPLO

CÁL É O  EXEMPLO

 

 

     “Viva a morte, morra a cultura”; é a famosa frase de Millán Astray. A súa crueldade é lexendaria,. O goberno da República viuse na obriga de pasalo á reserva. Franco recuperouno na sublevación. Cando xa se pasara páxina e se intentaba deixar atrás o cruento enfrontamento civil, chega o PP e volve recupera-lo polémico guerreiro. Paralelamente, o alcalde pepero de Sada esconde unha estatua dun  veciño sobresainte na cultura. Loxicamente non era do PP, nin ten méritos de sangue. Está claro quén ten, e que non méritos, segundo os valores do PP.  

ADIANTO

ADIANTO

 

    Os peperos galegos propoñen o adianto das eleccións autonómicas. Ata agora estiveron votándolle a culpa da súa ineficacia ó Goberno Central. Cando goberne o PP a Feijoo acabaránselle  as disculpas e terá que gobernar, momento en que se esfumará o político e todos veremos o  charlatán. Como charlatán votará man da astucia e irase pra Madrid, deixando o marrón pra outros. Agora ten unha ocasión de ouro pra revalidar os resultados electorais, xa que a oposición non consígueo organizarse.

 

FANATICOS

FANATICOS

 

    As tres grandes relixións monoteistas, teñen grupos ultras que se consideran, en exclusiva, en posesión da verdade. Estes fanáticos pretende unha involución social no tempo, e son contrarios a calquera tipo de avance social, ou científico. No noso caso, as posturas inmobilistas da airexa, tanto en materia social como científica, son escandalosas; atopándose, curiosamente,  en maridaxe con réximenes políticos represores das liberdades e, sempre, en conivencia co poder económico.  

    Ós que se opoñen a que o goberno dedique cuantiosos recursos pros faustos da visita do PAPA, que detrae doutras partidas necesarias, chámanlles intolerantes. Chámalle o forno ó muíño queimado.

    Católicos de base e cidadáns laicos rexeitas os fastos, uns por ostentosos e outros porque non están pola labor de que se destinen fondo públicos ó acto.

      A manifestación prolaicismo suponse que tiña un itinerario autorizado. Mentres os católicos pechaban zonas de Madrid, non solo Cibeles, a policía cargaba con desmesura contra a manifestación dos laicos. Perigosos elementos da terceira idade quedaban ensangretados e tirados polo chan. O Goberno non se pon dacordo sobre  unha investigación da actuación da policía. A mesma policía investigarase a si mesma.

CON DOUS COLLÓNS

CON DOUS COLLÓNS

 

 

   Un edil pepero de Cádiz aparca na zona reservada a eivados  pra ir ós touros. Iso, a mais de demostrar pouca sensibilidade social, reflexa o nulo ríspeto que ten polas normas de convivencia, unha prepotencia e unha chulería propia dos señoritos andaluces do pasado. Tanto el, como un número significativo de peperos gaditanos retiran os vehículos do depósito municipal, ó que son levados os  seus coches por aparcar en zoas prohibidas sen paga-las taxas. As leies solo  son pro pobo chan. Véselle a patiña os peperos.

 

MAIS NEOLIBERALISMO

MAIS NEOLIBERALISMO

 

      O neoliberalismo fixo un grupo de ricos;  e mais ricos, os ricos. Un grupo que mantén recen ós estados. Uns estados gobernados na sombra por eses ricos. A maioría dos cargos clave, pros xogos económicos, son simples mandados dos que manexan os mercados. Os gobernos dos países non manda sobre eses cargos, aínda que nos queiran da-la sensación do contrario. As propostas pra soluciona-la crise, segundo estes políticos, é mais liberalismo. Mais miseria e mais concentración da riqueza.

 

LECCIÓN TRASALPINA

LECCIÓN TRASALPINA


Pra aforrar, en Italia van suprimir e refundir mil concellos e outras estruturas representativas e administrativas. En España, suprimen o alpiste ó loro, e pensan que con iso estamos salvados. As ocorrencias de Zapatero pra aforrar, que non son mais que ocorrencias, limítanse a rebaixalos salarios mas baixos e conxela-las pensións, co efecto inmediato de contrae-lo cosumo. O que se pode chamar un sociolisto, porque de socialista a súa política non ten nada. Cando concedeu o do cheque bebé e outras achegas similares, conseguiu dúas cousas, colleitas de votos e baleiralas arcas do Tesouro. Foron unha compra de votos. Rubalcaba abre o melón das Deputacións como unha gran e novedosa proposta; o certo é que o PSOE nunca estivo pola supresión das Deputacións, nin a refundición de concellos; solo agora que perdeu as municipais saca o tema, sen convición algunha, y é que as Deputacións son órganos de influencia caciquil e colleitadoras de votos, e aínda poden volver a ocupalas. Por si as suprimen, Feijoo xa se anticipou e creou as Superdelegacións. Se hai que reducir custes vaise polos dos salarios baixos e os pensionistas, e redúcese o estado do benestar. Neso están dacordo PSOE e PP.

Á DIVINA PROVIDECIA

Á DIVINA PROVIDECIA

 

     Hai alcaldes moi preocupados polo abastecemento  de auga, entreles o Presidente da FEGAM, do que dixo a Xunta que non expresa o sentir de tódolos alcaldes. Dende logo, non expresa o sentir dos que non van ter problemas de abastecemento de auga, nin dos peperos mais recalcitrantes, pros que os veciños son solo facenda doméstica, e único que lles importa é o partido, poren non van a incomoda-lo líder con problemas. Entre os preocupados está o alcalde de Vigo, que dixo que se non chove, haberá problemas de abastecemento en menos de dous meses. O Conselleiro de infraestruturas de vacacións, solo lle preocupa, polo menos é o único que  fai é facerlle a puñeta ó Ministro de Fomento.  Que por certo, Rajoy xa deu a entender, que de chega-lo  poder o AVE  a Galiza non sería prioritario. Clariño .

     A Xunta sigue confiando na divina providencia; os curas farán rogativas e procesións pra que chova. Esa é a política da Xunta. A auga do ceo é o mellor sistema contra incendios e contra a seca.  Imos desexar que mexen por nos.   

CENTRÁNDOSE

CENTRÁNDOSE

 

   29 alcaldes do BNG xuntáronse pra debater  sobre a política que debe ser a liña directriz do BNG. Non houbo unanimidade na resolución final; unha decena de alcaldes, que parece que representan a liña dos coroneis da UPG, apartáronse da opinión da maioría dos alcaldes, que aconsellaban un programa mais pragmático, que tivera un papel predominante os problemas diarios da xente, mais pragmatismo e menos ideoloxía. Dende un sector dominante minimízanse as propostas de vinte alcaldes, dando como argumento, que a minoría de alcaldes que disentiron, da maioría, representan a un número elevado de electores. Eu preguntaríame, cáles deses alcaldes foron elixidos por maioría absoluta. NINGÚN. A UPG ten que evolucionar; non pode manter as proclamas de cando naceu; tampouco pode pretender manter secuestrada a Galiza. O inimigo de Galiza está na casa, e non é solo Feijoo e Gloria Lago. Declárome galeguista e sinto que o corazón se me encolle e a esperanza fuxe de min,  cando escoito os upegallos antepoñer a súa trasnoitada ideoloxía ós intereses da Galiza. Debían facer un exame profundo pra explica-la paulatina perda der apoios.  

NUNCA VOS ESQUECEREMOS

NUNCA VOS ESQUECEREMOS

 

     Fostes semente de conciencias firmes, regastes co voso sangue o sagrado chan amado, gañastes un posto no olimpo. Co voso exemplo, dando a vida por Galiza, marcastes o  vieiro das xeracións vindeiras, dos puros de corazón, que non buscan gloria; porque nos ensinastes que a meirande gloria é servir a Galiza.

     A  crueldade e o terror que instauraron os fascistas trala sublevación, fai que o número de asasinatos teña unha importancia relativa; pois cada vítima foi unha traxedia pra súa familia e os seus achegados.

     O que costa entender, coa perspectiva que da o tempo, é que hai castas profesionais do poder; que estiveron no poder antes da  sublevación, coa ditadura e agora coa democracia.

     Neste día de Galiza mártir lembremos a todos aqueles que deixaron a súa pegada na historia de Galiza.

CAEN OS PREZOS

CAEN OS PREZOS

 

     Os prezos caeron, no conxunto do estado un 5%, en Galiza un 8%, como se ve un éxito do bo goberno de Feijoo. Seguro que  presenta os datos como un éxito da súa política. Como consecuencia da súa política seguro. Os prezos son  un parámetro que reflexa a oferta e a demanda. En Galiza grazas á política de Feijoo caeu a demanda, porque o nivel de ingresos das familias levas a pobreza. 700.000 galegos viven no umbral da pobreza, cerca de 100.000, na pobreza extrema. Cómo van consumir.

SUBVENCIÓNS ÁS TOURADAS

SUBVENCIÓNS ÁS TOURADAS

 

       Non me gustan os bois, non teño o mesmo gusto que as vacas; por elo non me gustan as touradas; como espectáculo, paréceme cruel e deprimente. Postos a tolerar esas festas de sangue; non podo transixir que dende a Xunta, cos meus cartos e cos de tódolos  galegos que non participan desa crueldade, se subvencionen esas touradas. Axuda-la xente, a ser cruel, a subvenciona-la crueldade, namentres non se axuda ós dependentes,  se deixa pasar, (literalmente) fame a millares de galegos, paréceme un sinsentido. A concelleira de cultura do Axuntamento da Coruña, seguro que ve nas touradas un espectáculo magnífico. Temos os gobernantes Que eliximos, nosa é a culpa.