ENQUISA
Hai unha enquisa colgada, coa que remataremos o ciclo
Hai unha enquisa colgada, coa que remataremos o ciclo
Alberte, o austero, o que ía a arranxalos despilfarros en tres meses, descúbrase como o meirande fraude da democracia. Como home recto, adxudicoulle os contratos, sen publicidade, pra varios proxectos informáticos a una sobriña de Romay Becaría, seu padriño político. As necesidades do contrato, ó revés do normal, xurdiron dos contratos. Anulou varios cotratos adxudicados en firme, indemnizou os beneficiarios e adxudicounos, por adxudicación directa a supostos patrozinadores da súa campaña. El, e o seu goberno íanse mover por Galicia en transporte público, pero xa vemos a forma austera de xestionar o parque móbil, renovando a flota con modelos de alta gama e adxudicando contratos de aluguer de vehículos a empresas creadas solo con ese fin. Lonxe de adelgaza-la Administración; consolida os chiringuitos, creas as Superdelegacións da Xunta, co único obxectivo de te-lo control político. Pra presentar esta reforma como un aforro di que suprime ás Delegacións Provinciais das Consellerías. O que fai, é simplemente mudarlles o nome, pasando a chamarlles Servicios Territoriais, equiparándoos a Subdirectores Xerais e incrementándolles o soldo en 300 euros, Seguiremos.
O PSOE ten un problema con Zapatero, non so vive de costas o mundo, alleo ós problemas reais. Pra min vive nun mundo de fantasía e é incapaz de dar solucións a algo que se nega a recoñece-la súa existencia.
As decisións que adopta son froito de presións externas, e sempre en prexuízo dos mais febles, porque lle falta valor pra traslada-las medidas fiscais ós mais ricos.
Os organismos internacionais non lle poden servir de escusa; porque non lle dixeron que sector da poboación tiña que paga-la factura.
Nade dubida de que Zapatero é merecente do título do peor presidente da democracia.
Dende hoxe, os pobres son aínda mais pobres, o incremento do IVE, cos tramos xa existentes, fai que os que menos teñen teñan que paga-los desatinos da súa incompetencia. Non lle deu por introducir un tramo novo de IVE pra gravar productos de luxo. O seu é foder ós fodidos. Mal imos e mal vai.
Non comprendo como se poden gastar 90 millóns de euros, por edificio, na cidade da cultura, cuns gastos estimados de mantemento de 30 millóns de euros anuais, e o mesmo tempo se di que non hai cartos pra facer un hospital público en Vigo.
Cómo se pode presupostar a vía rápida da Costa da morte cun sobrecusto inicial de 395 millóns de euros, e se fai adxudicacións directas a empresas vinculadas ó PP. Esto da carraxe.
O da vía rápida xa estaba en obras, pero Feijoo indemnizou a empresa con seis millóns de euros e rescindiu o contrato. Iniciou de novo o proxecto e adxudicouno con ese sobrecusto. Hai que comprendelo, ós amigos hai que pagarlles os favores, non andan gratis. Na historia da política ningún goberno saqueou o Tesouro Público como esta panda. Resulta difícil de entender ese salvaxe sobrecusto. Quixera saber, o mesmo que moitos, ónde foron parar eses cartos, qué se financia con eles realmente.
Como é posible que se pense en facer un faraónico proxecto na illa de San Simón, despois da mamonada da cidade da cultura.
Cómo é posible que o PPg teña a intención de voto que din ter. Non acredito. O pobo é soberano, o que non quita que nos de gañas de emigrar.
Ou se é un tanto me da, ou se indigna un con estas cousas.
O mellor apagalumes é a auga que cae do ceo. Eso foi o que pasou en Lugo. Unha tormenta apagou a festa romana e desfixo o tinglado. A culpa foi da Xunta, que malia que o PP dixo que eran unhas festas pra pasalo ben, Feijoo, no seu papel de Cesar de Finisterrae, quería protagonismo absoluto; non quería comparti-la gloria co cónsul Blanco. E votoulles o meigallos os lucenses.
Feijoo aproveita a treboada pra votarlle a culpa de falta de previsión ó PSOE, nembargantes eu teño dúbidas de que non tivera algo que ver o Servicio contraincendios da Xunta, xa que é o xeito habitual que teñen de apaga-los lumes
A atracción principal do ARDE LUCUS era a carreira de cuadrigas, na que ía a participar Feijoo, pero Orozco, con mala leite, ordenou que lle engancharan uns cabalos roxos. Xa sabemos da fixación que ten Feijoo co roxo. Total que se retirou, porque dixo que non ía permitir que os roxos foran diante del, non aturaba mirarlle pro cu a un roxo. O auriga Rueda solidarizouse con Feijoo, e traba de conve5ncelo de que os cabalos non eran os roxos que el aborrecía, ademais, solo eran un pouco colorados, como se os tinxiran pra festa. O séquito da Xunta emprendeu viaxe pra Santiago.
Feijoo viaxou mustio e calado todo o camiño, non era admisible que ó cesar se lle dera un trato tan vexatorio. Unha conselleira que formaba parte do séquito, non deixaba de preguntar sobre as vodas celtas. Rueda consolaba como podía a Feijoo, recordáballe que o reparto de fondos locais pronto se faría. Naquela comitiva de retorno parecía o retorno dos restos dun exercito vencido, e cada un, ía ó seo
Hai unha enquisa colgada
O bipartito repartiu subvencións, aínda que menos que gobernos anteriores. As subvencións en Galicia, que non é un caso único no Estado español, non teñen a finalidade de incentivar, nin protexer ningún sector social, ou productivo; a finalidade das subvencións é a de asegurarse o voto. Son casos moi recentes o das subvencións na emigración, en concellos nos que houbo cambios de goberno, así como naqueles concellos do color do goberno.
O bipartito quixo mudar os criterios de adxudicación das subvencións, e eso foi unha das moitas portas polas que se lle escaparon votos. Dende o punto de vista dunha ética política parecía unha medida correcta; os subvencionables non o entenderon así. Pensaron que se lles negaba algo ó que se crían con dereito
A volta dos populares ó goberno implicou a recuperación das vellas prácticas, feito que foi denunciado pola oposición no Parlamento. Como ven sendo habitual o PP irritouse, ameazou e puxo a pel dos interlocutores en busca
A Política lingüista da Xunta en contra do galego cústalle a autonomía cerca de seis millóns de euros. Esta cantidade desglósase: en campañas de consulta, declaradas ilegais, promoción propagandística da política da Xunta de marxinación do galego, subvencións a entidades particulares afíns ideoloxicamente e perda de publicacións de texto pro ensino, escritos en galego. Non está mal o despilfarro dun goberno que nos vende austeridade. Pra Feijoo a cultura debe estar nos escusados.
Unha enquisa do CIS salienta que as clases sociais medias e altas, en modo algún, rexeitan o galego; e aínda que non o falen, son partidarios do galego. É entre estas clases sociais é onde o BNG ten mais apoio.
Xa temos a resposta ós nosos sufrimentos. Segundo a Conferencia Episcopal, o problema noso é que non sabemos recoñecer o moito que lle debemos á Airexa e os nosos católicos dirixentes. Están ben empregados eses mais de 38.000 millóns de euros que o Estado lle da anualmente á Airexa. Segundo o seu voceiro; acontecementos como a visita do Papa e o camiño de Santiago xeneral mais diñeiro do que o Estado lle da á Airexa. Como galego, quedeime sorprendido, non sabía que o Camiño de Santiago tiña peaxe. Seguro que Feijoo non sabe desta fonte de riqueza.
Propoño pra sair da crise que se enxugue o déficit cos 38.000 de euros que os Estado lle da a Airexa, que se deixe e paz ós pensionistas e os funcionarios. España é un estado laico, ¿non si?, o que queira cregos que lles pague.
Hai unha enquisa colgada
En cirolas foi como nos deixou Aznar, logo de vender tódalas xoias da coroa. Non merece a pena lembrar outras calamidades que sufrimos no seu mandato, porque son de sobra coñecidas. Pola súa parte Zapatero acabou de nos afundir; como non lle quedou que vender, afundiunos en débedas.
Non importa que o mandatario sexa alto como Zapatero, ou baixo como Aznar, nin que se digan de esquerdas ou dereitas; os mercados son os que manda, os que nos dictan o camiño que temos que seguir. Os gobernantes son inquilinos ocasionais da Moncloa; ilusos que se creen o papel. Non son actores independentes, solo interpretan o guión que outros lles escriben.
A oposición montou nun tremendo rebumbio polas cadeiras do Gaias. Hai tres cousas que a oposición non comprende: O Gaias en si, xa é unha desfeita, alí todo é posible,menos o razoable; o que alí se gasta é do peto dos galegos, non do PP, polo que é normal, en contra da austeridade de Feijoo, que é un engano, xa nade cree nela, despilfarrar; os que se van sentar nas cadeiras son grospanzas, que necesitan asentos especiais pros seus delicados traseiros. Con todo, neste tempo nade no seu san xuízo, agás o PP, atopa razóns pra poñer cadeiras de mil euros.
Xa no pasado, as cadeiras tiveron un lugar na historia. Chega con recordar cando o cura de Seipoeira puxo unha cadeira no escusado pra face-las necesidades sentado. Aclaremos co escusado era un simple furado, onde había que aniñarse pra evacuar.
As pousadeiras, o cu en sentido amplo, hai que coidalo.
Merquei un pazo do século XVI que necesita moitos arranxos. Gracias á política fiscal de Feijoo, anovalo vaime saír barato.
Este Podía se o comentario modelo do que merque unha vivenda pra restaurala.
Non importa que a vivenda mercada sexa a 1ª, a 2ª ou a 10ª. O único requisito é que a restaure; logo podo vendela ou utilizala como inversión, refuxio de diñeiro sobrante, Banco privado, etc.
Os que dificilmente poden chegar a adquirir unha primeira vivenda, ou os que sequera non teñen posibilidade de soñar cunha miserenta choza, axudaranme, cos seus impostos, a que eu sexa mais rico. Esa é a política fiscal de Feijoo, rebaixar impostos pros mais ricos.
A política fiscal de Feijoo parece inspirada no personaxe de Robin Hoot, cunha diferencia, roubase ós pobres pra darllo ós ricos.
No imposto de Actos Xurídicos documentados o PPg tamén introduce unha rebaixa, 25% pra primeira vivenda un 32% pra adquisición da segunda vivenda. O porcentaxe parece alto, pero si temos en conta que o tipo é 0,50% da base impoñible. Pra incidencia recadatoria que ten podían poñer unha deducción maior. Eso solo se explica porque a reducción introducida ten soamente unha finalidade demagóxica. Deixan unha perla: nas deduccións non se teñen e conta a renda do contribuínte. Outras rebaixas de mais calado quedaron en promesas electorais.
Non esquezamos que a financiación mediante a débeda, é unha subida encuberta de impostos, mais prexudicial pras rendas baixas.
É unha constante, sempre se é bo despois de morto. En parte pódese considerar que é camiño mais axeitado, xa que non ten sentido facer unha crítica do morto, entre outras razóns, porque non se pode defender. Pero tampouco ten sentido que fagamos do morto unha fonte de virtudes. Nin unha cousa nin outra, deixemos que os mortos repousen no descanso eterno.
O desexo de que os mortos repousen no descanso eterno, nada ten que ver conque a historia conte os feitos mais salientables da vida dos que formaron parte dela.
Vitorino Núñez foi un home de Franqueira, que foi o que o lanzou o estrelato da política galega; non creo que respondera con lealdade o seu mentor; aínda que hai unha cousa, ó marxe deste feito, que merece a pena ser recordado: O amor ó pais implica antepoñelo o dun propio. Gracias os seus oficios evitou que se consolidara unha formación nacionalista similar a Converxencia, I Unió, entregándolle o poder a Fraga. Esto mereceulle a súa promoción a cargos na autonomía. Que cada quen xulgue.
Non é nada bo que Feijoo saliente do finado solo dúas cousas: o seu apoio ó PP, e a el mesmo.
Que descanse en paz, e a cada quen o seu.
Os extremos soen ter semellanzas, será por aquelo de que as mesmas armas: repetición de obviedades, boa interpretación e o contrario perfecto.
Ambos menten coa mesma naturalidade e poñendo unha imaxe de inxenuidade e seriedade pra facer mais cribles as súa mentiras. Son uns consumados demagogos e parece que non van romper un prato, pero se os deixan romperan a vaixela completa.
As semellanzas son moitas. Pra moitos será como unha blasfemia buscar neles concomitancias, pero sería bo que todos reflexionaramos e buscáramos os paralelismos entre os dous, porque ben seguro que atopamos moitos.
Feijoo é especialista en votarlle a culpa ó veciño, fai o mesmo que os nenos pequenos. Tamén Zapatero ten esa tendencia, agravada pola súa negativa a recoñecer o evidente.
Zapatero tiña a fixación de chegar á Moncloa, non sabía pra que, pero sabía o que quería. O mesmo lle pasa a Feijoo, quere chegar á Moncloa, por que se considera uncido polo destino. A cuestión é si lle deixaran achegarse ó panal, utilizando a Xunta como trampolín. Dáme que non; de feito, en sectores da dereita xa lle empezaron a cortar as ás; queren que se limite o seu feudo. rectas tenden a formar unha curva.
Dando por feito de que a equipa de Rajoy vive na indefinición, quizá pra muda-lo rumbo e a opinión, cando as cousas o aconsellen. Zapatero ten en Feijoo un espello perfecto. Se obviamos o afán privatizador de Feijoo, das políticas sociais, e nos centramos nos personaxes, veremos que usan a súa capacidade de comunicación utilizando as dotes interpretativas.
A nivel europeo os dous líderes téñena moi crúa, mentres Zapatero xa perdeu todo o prestixio na Comunidade Europea, Feijoo atópase de fociños coa política de alianzas de Merkel e Cameron; pra mais, con Aznar detrás non vai gañar moitas simpatías europeas
Algunhas institucións perderon a credibilidade. A xente xa non segue ós líderes sindicais como se foran ovellas. Os sindicatos, acomodados nunha situación de privilexio, non se inmutaron por un paro do 20%, e en dous anos foron incapaces de acordar unha reforma laboral, polo que se gañaron a pulso a súa fama.
O sindicalismo español recorda ó sindicalismo vertical; son protexidos do goberno, comen na súa man, a súa independencia e profesionalidade queda minguada, dende o momento en que reciben unha forte axuda económica do Estado pra subsistir. Esto, xunto coa protección xurídica dos seus membros, convérteos nunha casta privilexiada, allea ós problemas dos traballadores. Si hai unha folga a eles non se lles desconta nada, si hai despedimentos son os últimos ós que lles afecta; por eso os traballadores vennos con récelo.
As medidas económicas restrictivas, o mesmo que as reformas laborais son impostas dende fora, o que lles mingua calquera reacción.
As reformas laborais son entendidas de distinto xeito, segundo quen as analice: Pros empresarios solo centran a reforma no despedimento libre; os sindicatos navegan nun mar de indecisións, e o único que lles preocupa perder protagonismo. Si se quere inventar algo novo, distinto do noso entorno, iremos mal. Do que se trata é de alivia-la carga sindical, que a negociación dos convenios sexa por empresas, non por sectores productivos, que se limite a contratación temporal, ó mesmo tempo que se rebaixen os privilexios dos contratos fixos, e se simplifiquen as modalidades de contratación; e sobretodo formar a man de obra.
Os sindicatos está nun camiño de fuxida empéñanse en que cada vez os comprendan menos. Seguro que hai razóns, segundo un criterio sindical, pra unha folga xeral, pero pensar que o goberno vai retira-lo Decreto, non deixa de ser unha chorrada. Non asumen responsabilidades propias, non dan solucións, solo nos prometen a folga; elesir que o sana todo.
PP e PSOE déronse leña na Cámara do Pazo do Hórreo, facendo do lugar un calexo escuro dun barrio portuario. O debate non era tal, ámbolos dous xefes de Grupo: Feijoo e Pachi Vázquez interpretaban monólogos e evitaban escoitarse. As bancadas apupaban o seu líder, patexaban e aplaudían; era seareiros, autómatas sen criterio; a festa está montada así.
O BNG asistía atónico, sen intervir, porque a regueifa era entre dous. Nesta pelexa estamos todos implicados, é imprescindible que tomemos partido. Como dicía Bertolt Brecht non podemos facernos alleos ó debate, porque o que se considere a salvo non o estará, a volta do camiño irán a por el.
Feijoo defendíase atacando, non respóndeo a ningunha pregunta; no canto deso acusou ó interpelante de todo, bueno de todo non, faltoulle acusa-lo do cambio climático, mesmo votou man de traer a colección a Zapatero, que non pintaba nada no debate, pero servía pra irse polos cerros de Úbeda.
A liorta que se montou no Pazo do Hórreo poñía colorados ós da Tribuna. Feijoo pediu desculpas polo espectáculo, mentres Pachi Vázquez dicía que o espectáculo se houbera evitado si Feijoo acudira á Cámara pra responder ás interpelacións.
Liorta á marxe, si non quedou nada claro ningún dos temas de debate, porque Feijoo non acudiu con ánimo de responder, unha cousa si quedou clara, a pouca calidade parlamentaria.
A finais dos noventa, Aznar liberalizou o chan e promoveu unha construcción desaforada, coa axuda da banca, incitou ás familias españolas a endebedarse. Ós bancos pra atende-las peticións de crédito recorreron a pedir préstamos no estranxeiro. Un bo día como tiña que ser, a oferta de vivenda era tan grande que xa non había suficiente demanda pra ela. Os bancos prestaban tomando como garantía o hipotecado, non a capacidade do endebedado pra pagar; así, atopáronse cun montón de ladrillos e coas caixas baleiras; entrampados como as mesmas familias ás que empurraron a un gasto suicida.
Alvarez Cascos atopaba unha explicación sinxela pra carestía da vivenda, dicía: a vivenda sube porque a economía vai moi ben. Parece que a economía non ía tan ben, que o desenrolo español tiña os pes de barro. Cando houbo que devolve-los préstamos, o castelo derrubouse e a economía fundiuse. Claro, algúns, como Zapatero non viron o que se lle viña enriba. Outros, como Aznar, aínda pensan que o fixo moi ben, que é un gran gobernante.
Houbo quen acordou a tempo, que viu o que se aveciñaba, Jove vendeu FADESA a tempo, meteulle un bocado ó Bilbao e a vivir.
Os bancos franceses e alemáns teñen grandes empréstitos no sector privado e público español. Parece que hai que devolver, xa, 600.000 de euros, que non temos, que non temos. Zapatero deulles ós sindicatos Iberoamericanos. Eu propoño que lles demos a Zapatero en prenda e en cirolas, como nos vai deixar a nos.
A ministra de Economía española ten a mesma credibilidade en Europa que Zapatero. Temos moi próxima unha intervención europea na economía española. Deus nos acolla. Aínda que será a única maneira de librarnos de Zapatero.
Hai dous Barreiros que escriben na Nosa Terra, o que eu digo asina como M. Barreiro, na foto que sale del ten barba e sen pelo.
A Xunta, en mística procesión, non regatea esforzos, nin medios, en buscar unha financiación ilegal do PSOE, que o seu portavoz, Rodríguez Miranda denunciou, nunha comparecencia. A denuncia non tiña consistencia, foi unha bravuconada que, parodiando a Feijoo, diríamos que pinta mal, moi mal.
O intentar desvia-la atención mediática do asunto de Gondomar vaille resultar custoso ó PP.
Poñer a Administración ó servicio do PP, tanto en San Caetano como a visita simultánea dos Servicios de Inspección de traballo a 13 sedes de Unións Agrarias, ten indicios da comisión de varios delictos.
A utilización dos medios de comunicación da Xunta como instrumentos de propaganda do PP, en lugar de dar unha información rigorosa, evidencia a súa tendiosidade política, que os desacredita.
Hai unha enquisa colgada
Galicia pais idílico, faro do mundo mundial, dende que goberna Feijoo. É retratado o fenómeno Feijoo nun artigo do profesor e politólogo Barreiro, que se publicou no xornal A NOSA TERRA.
O artigo ten a xenialidade do autor, que destaca, en clave irónica, o afán de notoriedade de Núñez Feijoo, convertido nun engreido personaxe que se cree a súas propias fantasías, levando o pais a un precipicio sen retorno.
O famoso plan Feijoo, sen concretar, pretende, basicamente, converxer con Europa. O horizonte do 2020, que se fixa como obxectivo, da idea da ridiculez do plan.
A pretensión de Feijoo ten algo de orixinal, o normal é que Europa queira converxer con Galicia, non ó revés; un pais que ten a sorte de ser gobernada por un líder único, irrepetible, onde a xente é feliz. O esencial dun gobernante é facer feliz á xente, hai que ser un titiritero,un actor de feira, vender fume, conxeladores no Polo Norte. Eso a Feijoo dáselle ben. O pobo gústalle que o fodan, con fundamento.
O artigo vai mais aló do plan Feijoo e pon de manifesto o egocentrismo e a egolatría do líder popular, pregúntase cómo é que os membros do Club Binderberg non o invitaron ás súas xuntanzas, cómo é que descoñecen a valía de Feijoo. Por certo, Aznar non conseguiu que o invitaran, pero aí está Berlusconi con esa Univesidade pra políticos na que Aznar, Blair e Busch serían os profesores.
Un artigo que recomendo ler. O enderezo é: www.anosaterra.org. Pero si queredes póñovolo aquí, ou profundizamos nalgunha cousa.