Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

ENQUISA

ENQUISA

 

    ímos facer unha enquisa por cada partido. Gracias por participar.

ETICA

 

              Feijoo tivo un cara a cara con Pachi Vázquez, no que lle reiterou o compromiso ético do seu goberno. Vázquez pediulle que explicara as contradiccións do seu goberno co que prometeu no discurso de investidura. A selección de persoal, onde está dando exemplos de sectarismo solo superados polas subvencións ós concellos afíns. O xeito do que o PPg responde as acusacións foi  acusando o PSOEg de chanchullo de subvencións a Entidades Agrarias afíns. A reacción do PSOE foi denunciar no  xulgado ó portavoz do PPg. Neste peloteo,       os cidadás rasos asistimos alleados ós riferrafes dos políticos.

           A ética é propiedade de Feijoo, non sabe en que consiste, ou semella non sabelo, pero usa a menudo esa palabrexa. Non sei si é certo o dito: “dime de que presumes e direiche do que careces”. Claro, débese referir á ética como unha parte da filosofía, o que non supón que se tome como un xeito de conducta. A ética de Feijoo é a utilización  de   calquera medio, calquera, pra conseguir un fin.

           Vimos, e lemos, nos xornais a rebusca dos parlamentarios do PPg nos arquivos de San Caetano na procura de papeis que fundamentaran a súa acusación.

              O PSOEg retou ó PPg pra que abrira unha comisión de investigación usando a súa maioría parlamentaria; parece que o PPg non vai recoller ese guante. De calquera xeito, as Comisións de Investigación non teñen antecedentes de resolver nada, sobre o que á maioría no lle interese.

           Feijoo, na linea da campaña electoral, dixo que lle preocupaban os mais de 200.000 galegos en paro. Non    deixa esa preocupación de ser unha demagoxia, visto o incremento do paro.

           A conselleira de traballo, responsable de xestiona-lo paro, respondeu á interpelación parlamentaria que lle fixeron sobre a promoción do emprego, como se quixera morder o interpelante, e ameazándoo con represalias. Non sei si hai algún pais, dos democráticos, nos que o goberno teña estes comportamentos. Coido que, en política comparada, a actitude do PP debe ser un caso moi singular.

 

CALCULO ERRADO

CALCULO ERRADO

 

  

        O PPg quería que os focos no se centraran no xuizo de Gondomar, que aquelo non fora o centro dun Gürtel galego, ó líder podía quedar ó descuberto; poñer de manifesto a corrupción que hai nalgunhos concellos. O xurado popular xa se pronunciou, atopounos culpables. O caso non esta solucionado, solo foi un comezo. A partir de agora poderase desface-la madeixa e seguir investigando; ó mellor, o mais seguro, porque eran os que controlaban o PP en Pontevedra, Feijoo, Rueda e Louzao terán que verse coa corrupción que sementaron.

        A preocupación no PPg é grande. Acusaron a todo o mundo de corrupción, calumniaron a xente, acusacións que poden terminar en xuízo. Pra buscar munición con que defenderse comisionaron deputados que van levanta-las alfombras de San Caetano pra buscar no lixo do goberno anterior. Si atopan algo será un éxito da democracia. Hai que sacar todo á luz, pero como non atopen nada relacionado coas súas acusacións, fundiranse un pouco mais e, solo os incondicionais seareiros os creran no futuro.

        O calígrafo escollido polo PP pra certificar irregularidades nas solicitudes de axuda, completou o informe, amosando dúbidas sobre 16 solicitudes, pero non   se pronunciou sobre o que o PPg quería, xa que as dúbidas suscitadas non lle levaron a conclusións concluíntes. Medios de difusión do PPg e o mesmo PPg están dando un resultado concluínte e poñendo en  boca do perito cousas que non dixo. A razón é que a verdade do PPg nada ten que ver coa ciencia, senón cos seus intereses, e nosoutros a respirar estes cheiros.

ENQUISA

ENQUISA

                 Colguein unha enquisa sobre a valoración de líderes políticos. Nesta vai o PP, despois poñerein a de outros partidos.

MILAGRO

MILAGRO

 

 

           Un resiste do mellor xeito posible a propaganda, pero algunhas persoas teñen unha perseveranza na exposición dos seus argumentos que, cando menos prodúcenos un aturdimento, que nos impide discerni-la verdade da fantasía.

           Houbo un político que sentiu a necesidade de enche-lo seu ego facéndose notorio nun pais que el admiraba. Daba subvencións a universidades pra que o convidaran a dar conferencias. Dirixíndose dende a tarima ó seu público, nun macarrónico inglés, quería que sentiran a súa talla de estadista, non lle importaba ser pequeno, nin  sequera baixo; porque o home é solo home dos ombros pra riba. O de aquel francés que se refería a el como o pequeno español, non facía senón convencelo da decadencia da vella Europa.

          O que lle preocupaba era gaña-lo recoñecemento do pais por el admirado, destinou mais de dous millóns de euros en gañar vontades pra conquerir unha condecoración, pero non o conseguiu, eso foi o seu meirande fracaso persoal.

           Conseguiu colar a España na sociedade europea, aínda que pra dar cumprimento ós parámetros económicos tivera que vender todo o que de valor tiña o estado. O pais cumpriu cos parámetros, pero seguiu cos mesmos alicerces pro seu desenrolo económico. O que algúns chaman milagre español, non  deixou de ser un lostrego, que iluminou un momento o noso negro horizonte coa venta das nosas xoias. Cando a bonanza do ladrillo tocou o seu fin, o castelo de naipes derrubouse.

           Pra facer mais grande a desgracia, o novo inquilino da Moncloa viviu na fantasía, sen preocuparlle a realidade do pais.

           Desprestixia-lo pais en canto foro se atopa, mais que reivindica-la grandeza do personaxe, faino, ademais de baixo e pequeno, anano.

           Pros galegos deixounos no recordo a meirande catástrofe. O Prestige; pero tampouco podemos esquece-lo de Atocha, a guerra de Iran, etc. Hai personaxes que estaban mellor desaparecidos. Solo espero que o pobo siga tendo memoria.

 

PUNTEIROS

PUNTEIROS


En Galicia case somos punteiros: non en desenrolo, nin nesas gaitas; case somos punteiros en endebedamento. A Xunta ten que abonar case trescentos millóns de euros ó ano no capítulo de débeda. Non se lle pode vota-la culpa deste brutal endebedamento solo a Feijoo. En aras a austeridade de predica Feijoo e a súa promesa de alivia-la carga fiscal, era de esperar que non incrementara a débeda. Os gobernos que precederon ó actual Presidente recorreron con demasiada alegría a ese sistema de financiación, polo que os nosos alicerces financeiros non son nada sans.
Cando Feijoo tomou posesión, a emisión de débeda foi unha das súas primeiras medidas de goberno. Estando nunha situación de Tesourería tan feble, non parece que fora a medida mais acertada. A finalidade do endebedamento non foi efectuar un investimento, senón dar subvencións e pagar favores, co que se fai mais incomprensible esa medida de goberno. Nembargantes o disparate meirande é a Cidade da Cultura.

Os disparates non paran aí; o home de Finisterre, o estadista das terras de Brigantium ten pensado emitir mil millóns de euros ó ano en débeda. O importante xa non é pra qué, senón esa teima en nadar contra corrente. Cando se urxe unha reducción do déficit, decide entramparse mais e incrementa-lo déficit. Si con ese disparate pretende amolar a Zapatero e se-la punta de lanza do PP contra Zapatero, o que esta facendo é asulugarnos cunha monumental débeda, hipotecando o futuro do pais.
Os concellos, non todos, teñen unha débeda monstruosa. Din que si se aplica a mesma rigorosidade orzamentaria de Grecia, un 80% dos axuntamentos terían que desaparecer.
As Deputacións de Ourense e Pontevedra, ambas gobernadas polo PP, teñen unha elevada carga de débeda. Non me estraña. A xestión de ambas, repartindo subvencións e ganando vontades, con fines estrictamente partidarios, lévanos a onde estamos.

DISCURSO GRAVADO

DISCURSO GRAVADO

 

 

            As opinións dos blogueiros, que deixaron nos comentarios de onte, fixéronme sorrir. Imaxineime a Rajoy deitado no sobrado, vendo pasa-lo cadáver de Zapatero; porque pra colle-lo poder non precisa facer mais; o PP non precisa gañar porque Zapatero empéñase en perder. Ós alemáns preguntándose quén será ese glorioso líder das terras de Brigantium, que coa súa voz pregoa na nación de Breogán milagrosas recetas pra crise.

           Que Feijoo repite, como un autómata, o mesmo discurso de sempre, reproducción do de Xénova, ou mais ben da factoría de FAES,  próbao que, a miúdo, diga que o PP é incompatible coa corrupción. Magoa que os feitos veñen contradicindo o seu discurso. Non fai falla rebuscar na operación retablo, en contratos, no parque móbil, e un longo etc. O caso de Gondomar, a mais de enrarece-las relacións políticas e sociais, trasládase ós foros de opinión. O pronunciamento do xurado popular, esixe que o PPg non pase de puntillas sobre o asunto. E busque desvia-la atención con imaxinarias corruptelas da oposición.

            As declaracións de Feijoo, lonxe de evidenciar unha ética, desataron unha viva polémica na redacción dixital de EL PROGRESO. Nin o PP, nin Feijoo saían moi ben parados. Concluían a maioría, sen xeneralizar, PP e corrupción teñen moitos encontros.

            A gran sorte do PP é ter quen lle leve ó poder sen que teñan que facer nada. Polo de pronto Feijoo xa anda na procura do padriño Aznar.

DIFICIL DE ENTENDER

DIFICIL DE ENTENDER

 

 

           Fai poucos días o PP, que fai como Zapatero, cada día fala dun plan de aforro, ou crítica de goberno, con proxectos indefinidos, falou dun plan de aforro, nesta caso explícito, no que propoñía o recorte da campaña electoral; pois ben, nun exercicio de congruencia coa proposta, xa está colgando carteis con propaganda pras vindeiras municipais de dentro dun ano.

           Por fin, cansos de vaguidades, o PP vai presentar no  Senado un Plan de reducción do déficit, no que se contempla a supresión de catro Ministerios. Eu apúntome á proposta e penso que van polo único camiño válido; nembargantes póñolle a obxección de que o adelgazamento da Administración que propón  PP non é rigoroso é, mais ben, político. Da a  impresión que  fai a proposta co único afán de incomodar ó PSOE. Non trata das Autonomías, das Deputacións, dos Concellos das empresas públicas e das institucións  de  representación.

SENTIDO DE ESTADO

SENTIDO DE ESTADO

                                

              No recente debate parlamentario Converxencia e Unió. Facilitou coa súa abstención a aprobación do Decreto de reducción do déficit. En determinados círculos gabouse o sentido de estado de Converxencia. Pra min este sentido d Estado hai que atemparalo, polo feito de que, en xeito algún, Converxencia quere que as eleccións catalanas coincida coa do Estado., ademais convenlle un goberno agónico en Madrid; o mesmo Durán calificou a Zapatero de cadáver político. Foi por todo eso polo que apuntalou ó goberno, prolongando a Agonía.

             Non é asumible o Decreto de insuficiente, así  que fagamos un burato mais pra aperta-lo cinto. É un Decreto insolidario, que fai recae-lo peso da crise sobre os mais débiles,

             O PP votou en contra e, dende sectores económicos reprocháronlle o nulo sentido de Estado. Certo que o decreto é inasumible, certo que o Decreto é un intento de respostar ás presión internacionais, pero o PP foi incapaz de ofrecer unha alternativa crible. Utiliza-la defensa dos pensionistas e funcionarios como escusa é a actitude dun carrañento e inmoral político.reducción do déficit, por insuficiente e insolidario. Os mesmos que forzaron  a ZP a tomar medidas de austeridade xa sinalaron que a reducción proposta por ZP é insuficiente, así que o peor aínda non chegou.

O VENTILADOR DAS MUNICIPAIS

O VENTILADOR DAS MUNICIPAIS

 

                                   

            O portavoz Popular dos deputados autonómicos, ese que ten nome  de refresco, dixo que o PSOE utilizara 600.000,- euros do diñeiro público pra gastalos nas últimas eleccións autonómicas pra capta-lo voto da emigración. Pode ser, o mais seguro que sexa mentira. O PPg usa a táctica do calamar. O PSOE anuncia a interposición dunha querela por difamación. Nesta cousa de xulgados, O PSOE acusa ó PPg de usar mais de medio millón de euros, concretamente os encausado de Gondomar, admiten ter recibido 540.000 euros de coimas, na pasada campaña das eleccións locais, destinados á campaña do PPg no Uruguay. A alcaldesa da Porqueira condénana por un uso indebido, ou desfalco de 30.000 euros.

            Os líderes do PPg fan un xira, con manifesta finalidade partidista e reparten subvencións, no seu recente viaxe a Sudamérica. Paga a Xunta, e dicir, nos.

            Feijoo vai a Andalucía a matines do PP, á costa da Xunta.

            O Conselleiro de Cultura gasta nun viaxe a China un disparate, 14.147, cando un billete de ida e volta costa algo mais de mil euros. A cantidade gastada permitiría  dar varias voltas ó mundo.

            O Conselleiro da Presidencia incrementa os gastos de funcionamento, gastos correntes, nun 6%, malia desprenderse da Dirección Xeral da Función Pública. Asegura que aforra en parque móbil, o que se contradí co gastado en conxunto. O gastado non se pode disimular dividindo as compras entre organismos e consellerías. Esta descentralización é, en todo caso, unha mala xestión, A este desbaraxuste hai que engadir a introducción do sistema de aluguer a empresas de amigos acredores quizá, creadas con este fin.

            Eso é solo o que se ve, a punta do iceberg, nun goberno que presume de ser austero.

            Co ventilador en marcha, o calamar soltando tinta, recórdanos Mirinda que a Conselleira de Cultura do Bipartito gastou 1.200.000 (un millón douscentos mil euros), nos mojitos (deu un viño na recepción do Centro Galego da Habana).  Mirinda cando dixo eso parecía sobrio. Pola súa parte o BNG, ante tamaño burrada, considerou que non ea necesario pronunciarse.

            Despois austeridade pros mais débiles. !que cara teñen!. Esto é un cachondeo.

  

FACENDO POBRES

FACENDO POBRES

 

          O ATRACO.-As medidas de Zapatero pra reduci-lo déficit son como unha triloxía.   

          Se as  cousa seguen así, o da viñeta non vai ser algo ficticio, vainos levar a un mundo sórdido, no que todo é posible.

          Os funcionarios non teñen uñas; porque ós mengüados salarios impónselles un recorte pra arranxar unha crise que non crearon e teñen que come-las uñas. Haianos mais osados, que non dubidan en asaltar un supermercado, pero son os menos, porque os funcionarios sempre foron xente de orden.

          A compra compulsiva, tirando de tarxeta, en lugares con estanterías repletas de productos,acabouse.

          Tódolos males dun pais en ruínas preténdeno arranxar á costa dos funcionarios e dos pensionistas, empobrecendo mais ós pobres. Os grospanzas, pra que non se diga, tamén se baixaran o soldo; solo espero que non fagan o mesmo que Feijoo, que lles  baixara o 3% pero compasóullelo por outro lado.

 

       OS ESMOLEIROS.-Paseando pola rua, atopeime a un famélico esmoleiro, votei man ó peto pra darlle unha moeda, foi un acto reflexo, do que espertei  cando non atopei nada no peto os meus petos estaban baleiros; limparamos Zapatero. Aquelo tróuxome ó recordo a fábula de Samaniego, e decateime que por ai fora hai mais pobres que eu. A sorpresa aínda foi meirande cando comprendín que o que pedía esmola era Ramón. Ramón fora compañeiro meu de Trallo. Ramón xubilárase fai uns meses, a pensión non lle alcanzaba mais aló de mediados de mes. Agora pedía esmola pra chegar a fin de mes

 

       O CONSUMO é a terceira pata  pra reducción do déficit topamos coa  subida do IVE. Aqui non solo o goberno se apunta, algunhas marcas están tan ansiosas por incrementa-los beneficios, que incrementaron os prezos coa escusa do incremento do IVE, a avaricia non ten límite.

Non importa o motivo, hai moitos que queren meternos a man no peto.

     Se baixan os salarios dos funcionarios e as pensións, o mesmo tempo que soben o IVE resentirase o consumo, haberá un estancamento da economía maior da economía, o caso é quitarlle o alpiste ó loro, que é o mais débil da familia.  

 

SUPRESION DO CONSORCIO

SUPRESION DO CONSORCIO

 

 

 

          Ós concellos non soamente lles cortan as alas da financiación, tamén se modifican unilateralmente as canles de colaboración coa Xunta.

          O Consorcio era un órgano no que non solo participaba a Xunta, senón tamén os concellos; dun xeito especial os concellos pequenos. No Consorcio os    axuntamentos tiñan voz e voto, como socios que eran. A disolución unilateral do Consorcio pode ter consecuencias de un acordo ilegal, pero a Xunta confía en que os concellos non rechisten, pra eso creou un fondo de apoio económico ós concellos, que o repartirá discrecionalmente. Se algún concello ousa protestar sabe as consecuencias, pero  a política da Xunta pódese volver contra súa, n medida en que intente afogar a algún concello.

           Axencia e Consorcio eran dúas cousas distintas. Mentindo tanto van ir ó inferno; nos xa estamos nel.

           Xa que os concellos se atopan chantaxeados, tería que se-los Deputados os que impugnaran a disolución do Consorcio.

          Con toda seguridade a asistencia a dependentes e outras obras sociais serán as primeiras víctimas duns concellos débiles, a menos que lle rendan obediencia e servidume a Feijoo.

          O concepto feudal e patrimonial que Feijoo ten da Xunta vai ser a norma desa relación clientelar cos concellos. Este concepto patrimonial reflíctese nesa doazón de 120.00 euros ó representante do PPg en  Venezuela. Un diñeiro de tódolos galegos. Feijoo dispuxo partidistamente del, porque pensa que a Xunta é súa.

           Cando lle pediron a Feijoo explicacións no Parlamento respostou iradamente, acusando á oposición. A min recordoume a sesión do Senado da comparecencia de Zapatero, cun gamberrismo nas bancadas do PP, que nada ten que ver coa seriedade que se require das Institucións.

CACICADA

CACICADA

 

           O reparto de fondos da Xunta ós concellos fase dun xeito clientelar, atendendo a unha concepción feudal e patrimonial da Administración. Ó día de hoxe non se sabe se responde ó xeito de gobernar do clásico caciquismo.

           O descarado aopoio económio da Xunta ós concellos do PPg, acrecentase co apoio directo a veciños, vía concelleiros do PPg, naqueles concellos nos que o PPg non ten alcalde.

            Días pasados houbo unha protesta de alcaldes diante do edificio de San Caetano. As normas obxectivas de distribución de Fondos de Cooperación, publicadas polo bipartito foron derogadas; agora a distribución fase conforme a criterios discrecionais.

            En axudas polo paro, os concellos do PPg reciben un 105% mais que o ano anterior, pola contra os gobernados pola oposición reciben unha media do 35% dos concellos gobernados polo PPg.

            Feijoo presentou ós candidatos peperos ás sete poboacións mais importantes de Galicia. De aperitvo, acusou de dispilfarro ós concellos gobernados pola oposición,  A campaña do PPg  vai seguir polos mesmos vieiros que as autonómicas. Non importa que sexan certas ou falsas as acusacións que se fagan, sempre queda algo, e cando non se teñen proposta, queda a difamación como unha sombra de dúbida. 

            Mal empezamos con ese reparto do Fondos de Cooperación Local, repartindo case todo ós do PP, e logo ten o morro de acusar á oposición de despilfarro.

ÓNDE SITUARAN A ELIMINAIÓN DE RESIDUOS

ÓNDE SITUARAN A ELIMINAIÓN DE RESIDUOS

      

         A Xunta proxecta construír no sur unha central de eliminación de residuos similar á de Cerceda.  Nada se sabe do seu posible emprazamento. A Xunta oculta celosamente o dato do posible emprazamento porque non queren que ese dato lles reste votos nas municipais, tanto  nese concello, como en zoas limítrofes.

         É un novo xeito de facer política, Os feitos consumados e  sen custo político.

         A ubicación da planta farase por decisión administrativa, despois de que se celebren as municipais.

         O Parlamento non o consideran depositario da soberanía popular, polo que tampouco se lle dará vela neste enterro. Nin sequera se establecen uns criterios obxectivos pra logo situa-la planta. Sospeitase do lugar elixido, pero....

          Óptase pola incineración e prescíndese da compostaxe.

AS COUSAS MAL FEITAS

AS COUSAS MAL FEITAS

 

           As cousas mal feitas sempre nos traen inconvintes: non fagamos de Garzón un santo, nin tampouco un vilán. Irremediablemente os que o quixeron ensuciar, sen pretendelo, elevárono ós altares e fixeron del un heroe internacional.

           O gran erro estibo en darlles capacidade procesal ás organizacións de extrema dereita, con connotacións franquistas. Son, mais que nada, os actores os que desacreditan o proceso. 

            A imaxe da Xudicatura española quedou moi deteriorada, tanto a nivel interno, como a nivel internacional. A postura entusiasta do PP deulle ó proceso un carisma netamente político, o que contribuíu a que se vexa a Garzón como a un perseguido político.

             Garzón foi un xuíz polémico, ó que nade lle pode negar a súa valentía en asuntos delicados; todo o contrario do que fan algúns dos que participaron na súa cacería, que se esconden tras da acta de Deputado pra eludir responsabilidades.

             O verdadeiro pecado de Garzón, pra xera-la feroz persecución, foi a trama Gürtel; o dos crimes do franquismo foi a espoleta, e tamén é o que lle resta mais lexitimidade moral o seu procesamento, e que levantou nos organismos Internacionais unha ola de indignación.

IGUALDADE OU COMPETITIVIDADE

IGUALDADE OU COMPETITIVIDADE

 

            O establecemento de unha política de falsa igualdade, esquecéndose de unha competitividade, que estimulara a superación persoal, é o legado que nos deixa Zapatero.

            Un dos seus grandes fracasos, a nivel europeo, foi que non aceptaran a súa política de igualdade. Os demais países ven a igualdade dentro da competitividade e que os mellores non sexan marxinados, sexa cal sexa o seu sexo ou condición, porque nunha sociedade  competitiva sería un suicidio prescindir dos mellores.

            Un Ministerio de Igualdade, na actual situación económica, expandindo o gasto, sen entrar sequera na idoneidade da titular, é unha extravagancia que non fai senón sobrecarga-los custos.

            As empresas privadas, vixiadas por esa policía da igualdade, están condicionadas na política de persoal; temen unha inspección de Facenda, da Seguridade Social ou de Traballo. Con todo a exclusión de contratos do sector público tamén pesa.

            As mesmas mulleres saen prexudicadas, porque non se valoran xustamente; así cando os cidadáns ven a unha muller nun posto directivo, pensan que é por ser muller, non polo que vale.

            Non se trata de ter floreiros en postos directivos, trátase de ser competitivos. Do contrario xa sabemos en que lugar nos colocara o mundo.

 

IGUALDADE OU COMPETITIVIDADE

IGUALDADE OU COMPETITIVIDADE

 

            O establecemento de unha política de falsa igualdade, esquecéndose de unha competitividade, que estimulara a superación persoal, é o legado que nos deixa Zapatero.

            Un dos seus grandes fracasos, a nivel europeo, foi que non aceptaran a súa política de igualdade. Os demais países ven a igualdade dentro da competitividade e que os mellores non sexan marxinados, sexa cal sexa o seu sexo ou condición, porque nunha sociedade  competitiva sería un suicidio prescindir dos mellores.

            Un Ministerio de Igualdade, na actual situación económica, expandindo o gasto, sen entrar sequera na idoneidade da titular, é unha extravagancia que non fai senón sobrecarga-los custos.

            As empresas privadas, vixiadas por esa policía da igualdade, están condicionadas na política de persoal; temen unha inspección de Facenda, da Seguridade Social ou de Traballo. Con todo a exclusión de contratos do sector público tamén pesa.

            As mesmas mulleres saen prexudicadas, porque non se valoran xustamente; así cando os cidadáns ven a unha muller nun posto directivo, pensan que é por ser muller, non polo que vale.

            Non se trata de ter floreiros en postos directivos, trátase de ser competitivos. Do contrario xa sabemos en que lugar nos colocara o mundo.

 

FACENDO POBRES

FACENDO POBRES

 

              As políticas neoliberais foron tradicionalmente recetas da dereita, pero, dende fai tempo, os partidos que teoricamente concibíamos como mais sociais, veñen practicando unha política fiscal, que se alonxa moito dun modelo distributivo das cargas. Aínda que o mais inmediato  é esa reducción do déficit, e neso temos que estar de acordo, porque no lo impoñen dende Europa; o que resulta indignante é que todo o peso da solución da crise a faga recaer sobre  os débiles, creando mais pobres.

              O modelo Zapatero acabouse. Se o PSOE quere ter unha mínima posibilidade de rete-lo poder, úrxelle desprenderse de Zapatero

                As erráticas políticas económicas, dende que se marchou o anterior Ministro de Facenda, solo é superada polo descrédito internacional que colleita o goberno español. A magoa é que a oposición tampouco esperta confianza nos foros internacionais, e a nivel doméstico, se prescindimos das vaguidades e da salmodia  indescifrable de Montoro e Cospedal, descoñecemos a súa proposta. Se nos atemos os indicios cos que nos deixan asústannos mais.

 

ENGANA, MINTE...

ENGANA, MINTE...

 

 

           Os tan traidos e manipulados coches do Bipartito, quedan lonxe do gasto de case dous millóns de euros en seis meses que a Consellería do Medio Rural gastou en aluguer de coches. Tamén pro parque móbil se presupostaron case tres millóns de euros pra alugar vehículos, a esto aínda hai que engadirlle a compra de 58 vehículos. Moito coche de Deus. A flota de vehículos do Bipartito era obsoleta, aproveitaban demasiado os vehículos. O novo goberno, facendo gala da súa austeridade, cambiou toda a flota, pero alugando os vehículos a unha misteriosa empresa, da que no imos dar o nome, nin as vinculacións, á que se derivan as peticións. Os beneficios, ó haber un solo provedor, de adxudicación directa, son fabulosos. Con dicir que é o provedor é o que fixa os prezos. O Parque móbil é un pozo escuro; o  do aluguer debe ser un buenísimo negocio. Xa hai mais no chollo.

          Hai unha empresa, que en campaña lle prestou un coche a Feijoo, e agora está facendo o agosto; por parte da empresa é habilidade comercial. Camps está sendo  encausado por tres traxes.

          Pontevedra, finca de Telmo, do Presidente da Deputación e do mesmo Feijoo, tamén ten a curiosa honra de liderar un subministro de pezas de reposto pros vehículos da Xunta cun sobreprezo superior o 200%. Si, douscentos por cen.

           Cando se vive no medio da meirande crise que se recorda, dende o 29, estas alegrías no gasto, parecen obscenas.  

            Hai, nesa esterqueira, moito mais lixo. Feijoo é un gran fornecedor de bos negocios. Os gobernados, cunha boa manipulación son mansiños e obedientes

DISTRACION

DISTRACION

           Na natureza cando non se dispón de medios pra vencer en limpo combate, evítase o enfrontamento e recorrese á distracción. Do mesmo xeito esa teima de Feijoo en recorrer a cousas que non unen, senón que dividen, son manobras de distracción. Dese xeito non se fala da súa nefasta política, da súa incapacidade pra gobernar, do nepotismo, da corrupción, ect; mesmo se algún Deputado os enfronta as súas contradicións, ou lles plantexa algún tema polémico, recorren a ameaza.

           Non se discute do incremento do paro, nin da diarrea de ERES. Tampouco se fala da desatención dos dependentes, do nepotismo nunhas oposicións trucadas, dos contratos ós amigos, das subvencións por votos, do despilfarro no parque móbil.

           O campo de xogo dialéctico de Feijoo é o idioma. El non ve o tema como algo sensible, non lle importa abrir unha fenda na sociedade, si con eso ten entretido ó persoal.

           A desvergonza deste patético político lévao a propoñer un pacto sobre a lingua. Si a política lingüística fora acordada por unanimidade e el rachou esa unanimidade; que agora ofreza consenso, coa boca pequena, parece unha burla, un desprezo á oposición. Nade sabe que se esconde tras esta estraña e sorprendente proposta, xa que dun trilero pódese esperar calquera cousa. 

           O seu   escudeiro, e ilustre persoeiro, onde os haxa, alega pra xustifica-la política xenocida, que contan co respaldo da maioría dos cidadáns. Independentemente de que non tódolos votantes do PP comparten esa política de enfrontamento, hai que admitir que tampouco sabe sumar. Feijoo votouno un 40 dos votantes, a maioría logrouna gracias ó actual sistema electoral. Si a esto lle restamos a abstención, o respaldo non chega o 30 da poboación. Con tan grande respaldo, o noso gobernante considérase uncido pra facer vestiadas.

           Haberá que pedi-la proporcionalidade pura nas eleccións. Pero sobretodo non esquecer que nos intentan  desviar de outros asuntos de goberno que a el lle interesan mais.

          É sabido que o do idioma foi un invento de Rosa Díez, que falta de ideas ocorréuselle ese asunto, Feijoo apropiouse da idea, co fin de evitar unha fuga de votos,  e  que lle servira de distracción pra ocultar outras eivas.

           As declaracións dese tal Anxo Lorenzo, afirmando que o modelo lingüístico do PPg é equiparable ó catalán, produce un tremendo dolor intestinal, e danos unha idea de como é  o personaxe.