Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

MANOS LIPIAS UÑAS LARGAS

MANOS LIPIAS UÑAS LARGAS

 

    El líder de Manos Limpias militou en partidos de Ultradereita, con escaso éxito electoral; porque o PP xogaba nese campo, o que o levouno a inventarse un sindicato, que apenas tiña militantes e carecía de recursos económicos; pero a necesidade aviva o inxenio e dedicouse a interpoñer querelas, algunhas con carga ideolóxica, pero a maioría pra extorsionar e obter diñeiro. Pro nome inspirouse nunha organización italiana similar. Despois de un inicio prometedor uníuselle Ausbanc, e as denuncias ampliaron o campo.   En Galicia Manos Limpias foi coñecido especialmente pola denuncia presentada en xaneiro 2003 contra Nunca Máis. A organización denunciou a plataforma social por presuntos delitos de estafa e apropiación indebida, unha demanda que foi inmediatamente tramitada (en tres días), polo daquela fiscal xeral do Estado, Jesús Cardenal. Pola contra, as denuncias por delito ecolóxico contra Jaume Matas e Francisco Álvarez Cascos que neses días (dous meses despois do afundimento do Prestige,  tiveran que agardar tres semanas e unha semana, respectivamente, para ser tramitadas pola Fiscalía, o que poñía en evidencia o fondo ideolóxico. A querela foi arquivada, logo de tres penosos anos, como a maioría das súas querelas, por falta de base. Nalgúns casos retirouna, logo de chegar a acordos cos demandados.

SORIA, ESE HOME

Non teñades pena, xa está preparado o berce en REDE  ELECTRICA pra recibir a un dimitido Soria. En algo se tiña que nota-los moitos privilexios que lles otorgou as eléctricas.  A caída foi consecuencia de que o PP o abandou e das moitas mentiras e contradicións en que incorría. Esixe certo esforzo crer na teoría da suplantación de Soria. Esixe mesmo acordarse da invasion dos ultracuerpos, aquela película de terror de Don Siegel. Puido ocorrerlle algo parecido a Soria mentres durmía. Pensabamos que o seu dobre era José María Aznar, a conta o asombroso parecido físico, ata ideolóxico, pero a teoría do ministro implica que o seu papel executivo nunha sociedade de Bahamas e noutra británica ,as dúas co mesmo nome, UK Lines, e coa súa sinatura,  proveñen dunha falsificación identitaria   Pero pensar que a súa marcha vai traer cambios, sería un error. A política enexétca e industrial é d PP, Soria solo foi un entusiasta peón. 

GRAN HONOR

GRAN HONOR



  O ex presidente José María Aznar foi considerado pola revista Foreign Policy como un dos cinco peores ex presidentes do mundo. O honroso título, que comparte con Olesegun Obasanjo (presidente de Nixeria entre 1999 e 2007), Joseph Estrada (presidente de Filipinas entre 1998 e 2001) e Thaksin Shinawatra (primeiro ministro de Tailandia. A revista cita en primeiro lugar como actitude merecedora do título de ?peor presidente? a postura de Aznar durante o 11-M, cando ?tratou de culpar dos atentados en Madrid á banda terrorista ETA cando en realidade eran levados a cabo por extremistas islámicos coa esperanza de castigar a España polo seu apoio á impopular guerra de Iraq?. Desde entón, continúa a publicación. Aznar distinguiuse principalmente pola extremidade da súa retórica. Ás consideracións posiblemente racistas do ex presidente, tamén son un mérito para entrar nesta exclusiva lista. A súa brillante idea de que os musulmáns se desculpen pola invasión de España, a súa opinión sobre o diálogo interrelixioso, as súas peculiares observacións sobre a elección de Barack Obama como presidente de EEUU. E iso non é todo. A revista tamén fai referencia á defensa de beber alcohol (viño) ata si vaise a conducir, en contra de todas as campañas de tráfico do mundo. 

INTERPELADO

INTERPELADO

 

    Núñez Feijoo respostou a Francisco Jorquera, “O problema non é os mozos que se van, senón que é os que non nacen”. A resposta é preocupante reflicte a ideoloxía de Provida. O asunto que lle preocupa non é que a mocidade non teña futuro en Galiza, senón que non nazan mais crianzas, por suposto para engrosa-las listas de pobreza, senón almas pra Deus e corpos pro Demo.

O DESMARQUE

 

 

  Seguen as detencións de islamistas en Bélxica; o que preocupa e a mobilidade  destes grupos, que aproveitan a ausencia de alfándegas pra desprazarse por toda Europa. Cada atrocidade cometida polos islamistas é seguido de grandilocuentes declaracións de musulmáns instalados en occidente, desmarcándose dos islamistas radicais e enumerando as virtudes e regras da relixión musulmán. Queren con elo frear a crecente islamofobia, aínda que a xente segue desconfiando e veno solo como unha estratexia. Eu tamén penso así.

 

FESAN

FESAN

 

   Organización de propaganda do PPg dedicada a apañar todo o que non pode arramplar EULEN, a empresa da que apoderada a irmá e Feijoo, conta coa protección do Grupo Parlamentar do PPg,  non pode ser investigada polo Parlamento. Feijoo, a falta de argumentos sacou o tema de Podemos, Venezuela e o Bipartito, todo menos falar do que se supoñía era o tema do debate. Pero non era o único asunto que acontecía na casa do Hórreo; a policía foi deter un membro de Podemos, acusado de difundir pornografía por internet. Beiras intentou evita-la detención, cando o que debía facer é sacalo a rastras polos collóns pra demostrar que no seu Grupo non se toleran esas condutas. Hai que impedir quje o Hórreo se converta na casa da collona

FONDOS RESERVADOS

FONDOS RESERVADOS

 

 Non solo no goberno do PP, noutros gobernos anteriores foron utilizados os Fondos Reservados pra fins escuros, pero o goberno de Rajoy subiu un chanzo mais; financiou á oposición  cubana, xunto coa CIA, logo  EEUU xogou os seus intereses e deixounos co cuj ó aire; financiou, xunto coa CIA, á oposición venezolana. Logo, pra despistar acusa a PODEMOS de ser financiado por Chavez. Argumento que se cae solo, pois Chávez xa no morrera cando naceu PODEMOS; pero, pese os fallos xudiciais, o PP pra desvia-la atención e pra confundir segue insistindo no tema. O PP tan obsesionado está con Venezuela, que compara uns supostos papeis de Venezuela, eles sabera cales son, con os papeis de Panamá.  A obsesión do PP con Venezuela é igual que a que tiñá Aznar co 11 M. Pediranlle ó PP que devolva o diñeiro`gastado na obsesión copn Venezuela

MALA CALIDADE


  
   A OCU afirma que, na actualidade e en liñas xerais, a calidade de leite é peor que a analizada fai dez anos. Este feito podería ter a súa causa en que as esixencias da lei relaxáronse. O descenso da calidade afecta ás calidades nutricionais e composición do leite. O uso de leite con elevada antigüidade (proteínas degradadas); a necesidade de engadir produtos pra enmascara-lo leite e outras manipulacións. Fan que algúns destes resultados poden cualificarse como fraude.  Do estudo da OCU despréndese que no mercado hai leites de boa e mala calidade, ademais, moitas cadeas de alimentación ofrecen un prezo económico deste alimento porque saben que é un bo reclamo para os clientes.  No estudo de OCU, que encabeza  Pascual, como leite de mello calidade, hai un raking é o leite coa mellor cualificación (80 sobre 100), seguida por Hacendado, Consum, Kaiku, Galega, Deleite e Carrefour, sendo Muu a que mellor relación calidade-prezo presenta, todas elas por encima dos 70 puntos. Tamén hai neste grupo, outras marcas galegas. No outro extremo da táboa temos as dez marcas que OCU recomenda non comprar, con notas que non superan os 30 puntos sobre 100 e que son, de mellor a peor, Altamita, Carrefour Discount, Condis, O Castelo, Llet Nostra, Puleva, RAM, Reny Picot, Rio, todas elas con 30 puntos, ademais de Polesa, que ocupa a última posición con só 10 puntos. Culpa das autoridades administrativas, que non da información ó consumidor  permiten a importación de leite estranxeira, da que  se desprenden as industrias doutros países, ó sobrepasar o número de reciclaxes e non ter calidade, en definitiva, hai un fraude que administración consinte
 

MA

CARA ADIANTE

 

  Con sumo coidado e xenerosidade, a oposición a Feijoo ten que afrontalos vindeiros comicios autonómicos; non se trata de dividir, senón de sumar. Hai un inimigo común, que xoga sucio; o mesmo lle da utiliza-los medios de comunicación como incluso a xustiza; ten avezados caciques pra espallar rumores, onde outros medios non chegan.  Pouca xente no noso país entendería a dispersión de cara a participar nas vindeiras eleccións galegas restando forzas, uns a outros. É difícil, pero a proposta sería a unión con único discurso; pois é moito mais o que nos une que o que nos separa. Unidos, a pola gaivota. Mais importante que a pureza ideolóxica dun soño nacionalista é o país e a súa xente no PP non hai escrúpulos pra alcanzalos seus fins

 

POR AMOR

POR AMOR

 

  Feijoo presentase ás eleccións autonómicas, segundo el, por amor a Galiza. O amor a Galiza, versus, por amor ó poder, do que é prisioeiro. Qué   sería da irmá, da curmá, das empresas que teñen beneficios doados, da sanidade privada, dos colexios privados, dos conseguidores, etc. Si non consigue maioría absoluta deixa a política autonómica. Amancio Ortega quere recoñecelo como fillo pra que erde o seu imperio, PEMEX de director executivo, Marcial Dorado de socio e apoderado. Pero o seu amor está en Galiza, pero non é Galiz

OS PATRIOTAS

OS PATRIOTAS

 

 

    Os patriotas soen ser persoas moi relixiosas; porque a relixión, calquera que sexa, é sempre a aliada dos seus intereses; é o medio pra que os ignorantes se conformen coa súa miserable vida e non pidan xustiza social. Claman patriotismo e teñen as fortunas en paraísos fiscais. Artellan mil maneiras de non pagar impostos. Os gobernos corruptos, do que son cómplices ós cos elixen, encúbrenos. Viva o patriotismo.

 

UN AS DA POLITICA

UN AS DA POLITICA

 

  A compañía de Marcial Dorado, non solo os paseos pola ría, facían pensar que o noso heroe se podía dedicar ó mundo da droga. Naquel tempo en que droga e política parecían ter unha gran relación, e que os camiños dos personaxes eran impredicibles, o noso personaxe, guiado, ou de muto propio, optou pola política; con excelentes resultados pra el, e pros seus amigos. Repartiu contratos amañou oposicións, e no mais estilo do nepotismo, enchufou a familiares e políticos afíns. A súa  ambición, ser o número un dos xenoveses. ¿Consigirao?

PARADOS DE LUXO

 

  Os 63 Deputados que non saíron elexidos cobraran ata 2.800 euros ´mes, durante dous anos, en concepto de subsidio de  paro. Aínda  que non houberan reducido as axudas ós parados, este privilexio escoce. O pouco aprecio que a clase política ten entre os cidadáns gáñano  a pulso. Tódolos grupos participan no festín. Os Deputados españois son dos que mais privilexios teñen do mundo, entre eles o aforamento

 

DESMADRE

 

 

   O desmadre no hospital de Ourense é alucinante. Carecen de todo, no medio dunha monumental desorganización. Non se sabe hasta que punto é culpa da  xestión desastrosa de Eloína Núñez ou é algo algo xeneralizado nos hospitais de Galiza. Eloina, xerente da área sanitaria de Ourense, é curmá do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nepotismo puro. O caso máis asombroso é o do doente, cuxa operación foi suspendida cando xa se atopaba  deitado e anestesiado. Era a segunda vez que vía como cancelaban a súa intervención cirúrxica. Agora me explico porque o SERGAS ten tantos curas

 

NOVA HORA

NOVA HORA

 

  Róubannos unha hora de sono; por riba temos que agradecérllelo. Non é pra dárllela ós bancos, agora é pra outros explotadores. Non  importa rompelos biorritmos da xente; trátase de aforrar. O asunto é quén se beneficia dese suposto aforro

 

ACOLLONIDOS

ACOLLONIDOS

 

 

  Os yihadistas deben de estar acolloados polas floreciñas, as veliñas e o noso enérxico todos somos Bruxelas. E ata a próxima. O peche das Mezquitas e a expulsión dos que non se integren na sociedade europea, así como os que delincan, son medidas imprescindibles, nada de  veliñas. Ós que non respeten o noso xeito de vida hai que amosarlles fortaleza e determinación. Consideran que Europa é feble e traen violencia a nosa terra, agora entendo ós israelitas, que son capaces de vivir no avispeiro. Solo entende o idioma da estopa. Todos estes lodos traen un crecemento dos grupos xenófobos ós que a poboación lles da credibilidade. 

 

CREANDO EMPREGO

CREANDO EMPREGO

 

 O autoemprego foi a solución que o PP atopou pro paro. O alcalde de Antas entendeuno ben e crea catro prazas no concello; unha pra el, outra pra súa muller e as dúas restantes pra dous significados peperos do concello. Viva o autoemprego

XIRANDO

  As portas xiratorias non solo non seguiran existindo, senon que serán mais grandes; neso están dacordo tódolos partidos. Por unha desas portas xiratorias colocouse Agustín Conde, que ía de número tres, polo PP de Toledo pro Congreso. O acomodo que lle atoparon foi de conselleiro en Rede Eléctrica. Que o prezo da luz é dos mais altos de Europa, atopa a razón nestas portas.

 

CORTALOS

CORTALOS

 

  A oposición en Galicia corre a mesma sorte cos espárragos. O  PP xa os corta antes de medrar. Según van saíndo posibles candidatos á Presidencia da Xunta impútanlles algún delito, tan pintorescos como os que se lle imputan a Besteiro: viaxes da época de Cacharro, ou un DIU ordenado polo médico a unha funcionaria con cancro. A separación entre Poder Xudicial e Executivo non existe en Galicia. Basta ve-la historia e os resultados da oposición ó PP. Pra ser imputsdo, non importa por qué, solo fai falla que despunte como candidato á Presidenia da Xunta                    

CORTALOS

CORTALOS

 

  A oposición en Galicia corre a mesma sorte cos espárragos. O  PP xa os corta antes de medrar. Según van saíndo posibles candidatos á Presidencia da Xunta impútanlles algún delito, tan pintorescos como os que se lle imputan a Besteiro: viaxes da época de Cacharro, ou un DIU ordenado polo médico a unha funcionaria con cancro. A separación entre Poder Xudicial e Executivo non existe en Galicia. Basta ve-la historia e os resultados da oposición ó PP. Pra ser imputsdo, non importa por qué, solo fai falla que despunte como candidato á Presidenia da Xunta