Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

ENQUISAS HABEMOS

ENQUISAS HABEMOS

  Malia ós recortes sociais a corrupción e tódolos escándalos, o PP gañará as  vindeiras eleccións. Explicación,  á xente deste  país gústalle que lle dean polo cu. Leña ó mono 

SETE ANOS

SETE ANOS

 

  Feijoo leva sete anos traballando o seu asalto a Xénova. Sempre foi un discreto e intentaba non presionar pero que souberan que estaba aí. En Madrid ben sabía o que quería, pero pro oso que Feijoo pretende hai moitos cans, e todos se consideran con posibilidades. Ó PP interésalle que Feijoo estea en Galiza, porque é o candidato que ten pra presentar á Xunta con mais garantía. A Feijoo, que traballou o asunto con paciencia e discreción, ve que a presa pódeselle escapa, eleva a aposta, ameaza con deixa-la política e irse á empresa privada. Rajoy, malia a súa delicada situación, sigue con cara de poker.  

ACURRALDO

ACURRALDO

 

  Son tantos os casos de corrupción e malas compañías que cercan a Feijoo; dende a compañía e amizade con narcos ás axudas ós mais variados grupos de intereses. Destacan empresas dedicadas á sanidade, á educación, á dependencia, os cursos ós parados, as obras públicas e   os servizos, etc. Alí onde haxa un euro están os amigos de Feijoo, pero el nunca foi investigado. Domina todo que pode pasar en Galiza, nada se move sen o seu consentimento e iso explica a súa impunidade. Tubo que vi-la orde de fora de Galiza, pra descorre-lo velo. A oposición leva anos acusando a Feijóo de favorecer desde as institucións á empresa Eulen, da que a súa irmá é apoderada en Galicia. A defensa formulada ata agora polo PP é que a citada é unha gran empresa cun importante número de traballadores. O argumento  esfarélase  trala intervención da Policía Xudicial  no Concello da Coruña, onde requisou, entre outros, un contrato por 2,3 millóns de euros asinado con Eulen en 2012, durante o mandato do entón alcalde, Carlos Negreira, un dos dirixentes do PP máis próximos ao presidente da Xunta. 

LEITE RIO

 

  O propietario de LEITE RIO ameaza con leva-la empresa leiteira pra Madrid. Este home é un dos principais espoliadores dos traballadores do agro galego. Grazas a el pecharon un gran número de granxas polas condicións leoninas que lles impón. Os métodos  de chantaxe á Xunta  e o Concello, así como as presións sobre os gandeiros, son o pan de cada día. Sinistro personaxe 

TÉÑENO CALADO

 

 

  Neste ano os terroristas do 11 M sairán do cárcere. A culpa non é da Xustiza, que se limita a aplica-la Lei; a culpa é dos lexisladores. Trinta anos prometendo reformas, que nunca levaron a cabo. O que mais me asombra é que a AVT, próxima ó PP esté calada. Non se pode dicir que sexa  cómplice, porque esperaba que o PP non estivera no goberno pra entrar en acción. Son uns sucios manipuladores, ós que non lles importa as vítimas, senón os réditos políticos  

 

NON SE APEA DA BURRA

NON SE APEA DA BURRA

 

  Non se apea da burra, o que é o mesmo do poder. Teme que o afastarse de Xénova xa no haxa sobres. Xa non é Alverto Rivera o que pide a súa xubilación, un paso atrásbres, Xa dento do PP se escoitan tímidas voces pedíndolle a Rajoy ese paso atrás, pero Rajoy coñece  ben o funcionamento do partido que on ten nadade dem, polo ben  de España. Tremendo error, a Rajoy non lle interesa España, senón os soocratizo, é piramidal e dixital, e encanto se afaste d poder xa non pintará nada

DELICUENTE E AMORAL

DELICUENTE E AMORAL

 

 É un clamor as peticións de cese do adxunto do Valedor do Pobo de Andalucía por publicar un falso denudo de Teresa, a líder de PODEMOS Andalucía. Susaana Diaz perde outro aliado; pois é sabido que pese a ser un cargo do PP, era un aliado na súa loita con Tersa   Rodríguez. Xa nada mais gordo podía pasar. A perda de confianza nos gardiáns dos dereitos é un paso hacia o precipicio desta sociedade empeñada nun suicidio colectivo. A Susana, cun pouco mais dun ano de lexislatura xa se lle amorean os casos de corrupción, Teresa Rodríguez ataca Susana e o seu cortixo sen piedade. 

OS LOGROS

OS LOGROS

 

  Os logros do Goberno Feijoo son preocupantes. No tempo que leva no Goberno Galiza pasou de ser unha rexión cunha riqueza equivalente ó 90% da media europea a ter menos do 80%. En sanidade retrocedemos 15 anos e o mesmo en educación. En dereitos sociais estamos na cola do estado, agravado pola existencia de organizacións utras financiadas pola Xunta. Hai unha fuga constante e alarmante de xente nova, de cerebros e de empresas. Dende o PP din que a deslocalización de empresas débese a que noutras autonomías a man de obra é mais barata. Mentira, Galiza ten os salarios e as pensións mais baixas do Estado. O peche de granxas alcanza proporcións catastróficas, as mulleres teñen que ir interrumpi-lo embarazo a Madrid. Galiza país desolado, solo con vellos. Ese é o aval de Feijoo.

A MENSAXE

A MENSAXE

 

  A lideresa andaluza, Susana Diaz, coñecidos os resultados da investidura de Pedro Sánchez, deulle dúas mensaxes: baixo ningún concepto deberá pactar con PODEMOS e inmediato inicio de negociación co PP, pra permitirlle gobernar  na terceira votación. É como un combate de boxeo amañado. Susana Diaz foio a portavoz dun selecto grupo de baróns do PSOE, iso si,de dubidabas crenzas socialistas. Estes e outros episodios levan a prantexa-la pregunta de qué pinta Pedro Sánchez 

DESPISTADOS

 

  A oposición a Feijoo anda despistada e teñen a mesma estratexia coma si a celebración das eleccións autonómicas non fora a celebrarse nunca. A desorganización é tal, que non sería de extrañar que Feijoo adiantara as eleccións para collelos en cirolas. Á falta de políticos solventes é alarmante e así, o reinado de Feijoo non corre perigo

LEI DESIGUAL

   Os que acosaron e perseguiron ó Concelleiro de Seguridade Cidadán de Madrid nin foron multados, nin sufriron ningunha. O pouco unha manifestación non autorizada, de ultras na Cibeles tampouco foi molestada. Un bombeiro forestal que se manifestou diante da Ministra de Agricultura foi sancionado con 2.600 euros. A diferenza pode ser que o asunto se organice dende Génova, ou que simplemente o vexa distinto a Virxe do Amor. Eu non o entendo. 

 

XIRANDO

XIRANDO

 

 

  As portas xiratorias non solo non seguiran existindo, senon que serán mais grandes; neso están dacordo tódolos partidos. Por unha desas portas xiratorias colocouse Agustín Conde, que iba de número tres, polo PP de Toledo pro Congreso. O acomodo que lle atoparon foi de conselleiro en Rede Eléctrica. Que o prezo da luz é dos mais altos de Europa, atopa a razón nestas portas.

VEXACIÓN

  Ningunha muller dicide abortar por pracer. Detras de cada decisión de interrupi-lo embarazo hai un drama, que solo as interesadas coñecen. É petulante e ofensivo que organizacións ultras as xulguen e as presionen pra impoñe-lo seu credo. Ten que haber unha serie de dereitos e os que os violen, en base a supostas crenzas relixiosas, teñen que responder delo. Nos hospitais públicos de Galiza as mulleres non teñen garantido o dereito ó aborto, teñen que abortas solas, na Soedade dunha habitación sen asistencia sanitaria. Todo isto é política do PP, que se pasa polo forro a existencia dun delito de auxilio e dos dereitos das mulleres a asistencia sanitaria. Os médicos alegan obxeción de conciencia,  mentres en clínicas privadas a conciencia se lles esquece, o cal demostra que a conciencia é cuestión de cartos. Si o SEERGAS quere garanti-los dereitos tería que contratar médicos especialistas e pagarlles adecuadamente; así acabaríase esta tomadura de pelo.

 

PRIMEIRO MITIN

 

 

   A intervención Sánchez no discurso de investidura podía ser  o primeiro mitin da campaña electoral que se aveciña de Pedro Sánchez. O xogo consiste en adivinar que pretende. Sabe que non vai consegui-los apios necesarios, e hai dúas posibilidades: que intente xustificar diante da militancia e os electores un futuro apoio a Rajoy, o que explicaría a tranquilidade do PP, ou poñer contra as cordas a Podemos, pra deixalos en mal lugar diante do seu electorado e facerse coa clientela que consideraba súa, pra iso lle fixo o xeneroso ofrecemento dunhas tixolas vellas e uns pucheiros rotos da mugrenta cociña que compartía co PP. Por suposto vaguidades e incongruencias pensadas no pacto e no PP, que non deixa de velo como o seu aliado natural  

COLADO O CREACIONISMO

COLADO O CREACIONISMO

  Á Xerarquía eclesiástica correspóndelle sinalar os contidos do ensino, si queredes adouctrinamento, será de oferta obrigatoria pros centros. A miúdo atópose a xente que cre que España é un Estado laico. Bótase as mans á cabeza con estas cousas. Con todo, temos que afrontar a realidade: España NON é un Estado laico, é un Estado aconfesional, que non é o mesmo. Nun Estado laico a separación sería tallante e sería imposible que ocorresen influencias oficiais deste tipo, non obstante o artigo 16 da nosa Constitución, tras proclamar altivo que en España temos liberdade relixiosa e que ninguén será queimado por herexe como en tempos pasados, outorgase privilexio a  iglesia apostólica e romana, que se adoitaba engadir en tempos do xeneralísimo, por encima doutras confesións relixiosa. Un choio que para si  quixesen outras ducias de relixións. Aínda así, e entrando neste tipo de accións dentro do que cabe esperar dun goberno de dereitas e católico sen concesións, o máis preocupante de todo é o creacionismo que rezuma todo o texto e que, ó cabo será a base pola que se examine e puntúe ó alumno. Ofrécese ó alumno a resposta á orixe do universo e todo canto nil hai, creado por un Deus omnipotente, omnipresente e omnisapiente. Tamén vingativo. 

A QUÉ XOGAN

 

 

  PP e CIUDANOS teñen prevista unha xuntanza pro día seguinte a que se estrele Pedro Sánchez, o programa sería o mesmo. Si non van xuntos agora os tres é pola  obsesión de  Rajoy de agarrarse ó poder. O único logro das negociacións POSOE- CIUDADANOS que vende Pedro Sánchez, xa foi proposto polo  BBVA. O BBVA propuxo en 2014 os tres tipos de contrato que recolle o acordo de goberno PSOE-C´s. Menuda viaxe o de Pedro

PRA BOAS TRAGADEIRAS

PRA BOAS TRAGADEIRAS

 

 

  Non é doado ser socialista cando os ideais de xustiza social son ignorados e se intenta facer mofa das bases. Houbo unha perda constante de militantes socialistas, non porque a xente non se queira implicar en política, se non por que ven que os ideais xa non contan e solo os trepas, que non teñen mais obxectivo que vivir do poder, medran. Pero o mazazo definitivo pras conciencias socialista chegou co acordo con CIUDADANOS, no que non se trata da reforma laboral, da Lei Wert, da Lei Mordaza, dos recortes en sanidade, e tódalas leis antisociais aprobadas polo PP. Incluso a éstrella do acordo, a supresión das Deputacións, foi matizado e solo será un cambio de nome. Ribera foi felicitado por Rajoy por haber desactivado ós socialistas, que non lograron impoñer no acordo mais do 10%  do seu programa. Triste acordo pra xente de esquerdas, traizoados unha vez mais, solo Susana Diaz gaña.

ÓNDE VAN

 

  O pacto do PSOE e CIUDADANOS non suma o número suficiente de Deputados pra logra-la investidura de Pedro Sánchez, o cal obriga buscalo verdadeiro obxectivo desta operación. Pedro Sánchez gañou puntos por atreverse a desbloquear a parálise gobernamental das urnas. Pero hasta qué punto foi libre pra negocia-lo pacto. De entrada, os baróns marcáronlle o camiño. Os condicioamentos mais claros viñéronlle da lideresa andaluza, o acordo veu xestado pola lideresa, que era unha das mais firmes opositoras a  un pacto con PODEMOS. Susana sufre en Andalucía a  oposición dura de PODEMOS, os enfrontamentos no Parlamento entre Teresa Rodríguez e Susa Diaz son terribles. Susana utiliza a mesma linguaxe que o PP pra atacar a Podemos e Teresa sóltalle toda a podredume do POSOE andaluz. Os enfrontamentos en Andalucía xa tiveron repercusións en Asturias e outras autonomías.  O tsunami non fixo mais que empezar.

 

MOI MALA

  

:

  A erdanza  que nos deixa Rajoy é catastrófica un paro monstruoso, anulación dos dereitos laborais dos traballadores, pobreza dos novos traballadores, que pese a ter traballo forman parte dos 13 millóns de pobres  que hai en España, reforma fiscal que solo favorece os ricos, que motivou unha baixada alarmante da recadación, recorte nas liberdades, protección ós grupos ultras, sobretodo un incremento da débeda pública en 365.000 millóns de euros. Gobernou pros empresarios, pros defraudadores, pra eirexa e pra troika. O señor Rajoy xogou un papel moi negativo no que respecta aos intereses dos españois. Fíxoo aceptando políticas que basicamente serviron para empuxar a España cara a un estado de profunda recesión a longo prazo, mentres o presentaban como unha historia de éxito. Iso permitiu que o Goberno de Madrid, o de Berlín e a Troika poñan a España como o alumno de éxito para propagar este tipo de recesión a outros países europeos. O Goberno de Rajoy foi un dos perpetuadores desta innecesaria recesión que está fragmentando a UE. 

 

ENCRUCILLADA PRO NACIONALISMO

ENCRUCILLADA PRO NACIONALISMO

 

 

 

  Está próxima a celebrarse unha asemblea do BNG na que se tratará  sobre o futuro do BNG e do propio nacionalismo. Fernando Blanco foi un persoeiro destacado do nacionalismo e pensa que BNG ten que cambiar de líderes e de linguaxe. A cuestión é hasta que punto a UPG está disposta a permitir  as disensións e opinións fora da súa doutrina. Dende a súa fundación á UPG foi unha organización monolítica que evitou calquera disensión interna, pero ultimamente naceron voces dentro da organización, que permiten albiscar un auténtico debate sin consignas da dirección. Si o BNG pretende ter protagonismo na política galega ten que adaptarse ós tempos e ás circunstancias. Non valen dogmatismos, nin metas lexanas, ó pobo hai que ofrecerlle primeiro comida, os soños pra despois. Fálase da refundación total do BNG, que implicase, si non a desaparición, si a perda de protagonismo exemónico e exclusivista de organizacións, que por si, nunca houberan tido protagonismo. A organización do BNG hai que simplificala e adaptala ós tempos de hoxe, non se trata de ir en alianzas electorais, que demostraron que, pese o éxito electoral, non pintan nada en Madrid; trátase de que a conciencia nacionalista siga viva e teña futuro, aínda que non sexa inmediato.